Skip to main content

IV Xuntanza de Investigador@s Nov@s no ámbito da Química (XINQ_4)

11.11.2024-11.12.2024

Santiago de Compostela
Facultade de Química

Quen desexe participar debe inscribirse antes do día 25 de outubro

O encontro diríxese a estudantado de mestrado ou dun programa de doutoramento da USC relacionado co ámbito da química. Foto: Santi Alvite
O encontro diríxese a estudantado de mestrado ou dun programa de doutoramento da USC relacionado co ámbito da química. Foto: Santi Alvite

Por cuarto ano consecutivo, a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Química impulsa a cuarta edición da Xuntanza de Investigador@s Nov@s no ámbito da Química, espazo de encontro no que as investigadoras e investigadores novos que desenvolven o seu traballo no eido da química poden dalo a coñecer ao tempo que potencian as súas capacidades de comunicación en público en lingua galega.

O encontro consiste nunha sesión aberta de comunicacións orais nas que calquera estudante dun máster ou dun programa de doutoramento da USC relacionado co ámbito da química presentará, en lingua galega e cun enfoque divulgativo, algún aspecto máis ou menos específico do traballo que desenvolve ou da súa área de investigación.

Para inscribirse cómpre encher este formulario antes do día 25 de outubro, e acompañalo cun resumo da intervención, que debe respectar o modelo formal que propón o comité organizador na circular da convocatoria.

The contents of this page were updated on 10.01.2024.