Skip to main content

Misión, visión e valores

Marco estratéxico do iHUS

O iHUS ten como meta situarse coma centro de referencia de excelencia científica nas novas Humanidades a través da investigación de fronteira, a conxunción inter e transdisciplinaria dos seus obxectivos e a proxección e impacto social dos seus resultados.

O iHUS constitúese como unha contorna de excelencia para a investigación interdisciplinar no eido das Humanidades, nucleado ao redor dunha Axenda Científica estratéxica compartida que formula os obxectivos do centro potenciando novas formas de abordar os retos da nosa sociedade.

Organizado como referente disciplinar e metodolóxico, o iHUS preséntase como un espazo atractivo e creativo para o desenvolvemento da carreira científica en Humanidades, con capacidade e compromiso para a atracción, formación e retención de talento.

Por outra parte, o iHUS sitúase como un socio estratéxico da administración e os actores sociais para abordar conxuntamente os retos que enfronta a sociedade actual, ao tempo que achega vantaxes competitivas ao entorno económico e social a través do acceso a novo coñecemento innovador e transformador que debe desenvolver o novo centro.
 

  • Excelencia científica.
  • Colaboración inter e transdisciplinaria: O iHUs nace cunha vocación e organización interdisciplinaria para abordar os problemas de investigación dende unha perspectiva holística e de colaboración estreita.
  • Compromiso coa formación e o apoio ao desenvolvemento da carreira investigadora no ámbito das Humanidades.
  • Equilibrio entre a “directed research” como resposta a necesidades e problemáticas específicas (recollidas na Axenda Científica) e “exploratory research” para xerar solucións e oportunidades inimaxinábeis até o momento.
  • Ciencia Cidadá e Ciencia aberta.
  • Compromiso coa sociedade e a innovación social, cultural, artística e educativa.
  • Participación e ciencia cidadá, esluíndo a verticalidade entre ciencia e cidadanía, a través da participación e de procesos investigación-acción.
The contents of this page were updated on 12.09.2024.