Skip to main content

Goberno e organización

O iHUS conta con órganos de goberno colexiados (Consello Científico) e unipersoais (dirección científica e secretaría) e cun órgano consultivo (Comisión Asesora Externa). Para o desenvolvemento da estratexia institucional dótase dunha unidade técnica de xestión.

Organigrama, composición e función 

D. Antonio López Díaz, Reitor da USC (presidente) 
Dna. Mª Pilar Bermejo Barrera, Vicerreitora de Política Científica da USC
D. Tomás S. Cuesta García, vocal en representación do Consello de Gobierno da USC
Dna. Cecilia Sierra Rey, vocal en representación do Consello Social da USC
Dna. Laura Lojo Rodríguez, directora do iHUS
D. Valerià Paül Carril, secretario do iHUS

  1. Aprobar a elección do Director do Instituto tras a proposta do Consello Científico e, de darse o caso, propoñerlle a súa remoción ao Reitor, mediante acordo adoptado pola maioría absoluta dos seus membros.
  2. Aprobar a proposta de orzamento e a programación do Instituto.
  3. A aprobación da memoria anual de actividades e a memoria económica, da que se lle dará conta ao Consello de Goberno da USC.
  4. A promoción do financiamento e a dotación do Instituto.
  5. A proposta ao Consello de Goberno da USC da incorporación á Xunta de Goberno do Instituto de novos membros, en representación da comunidade universitaria ou de institucións públicas ou privadas.
  6. A proposta ao Consello de Goberno da USC da modificación do Regulamento de Réxime Interno do Instituto.
  7. Outras funcións que estableza o Regulamento de Réxime Interno do Instituto en desenvolvemento dos Estatutos da USC.
  1. O/a director/a do Instituto que o convocará e o presidirá. 
  2. O/a secretario/a do Instituto que o será tamén do Consello Científico. 
  3. Os doutores membros do persoal científico do Instituto que especifique o Regulamento de Réxime Interno. 
  4. Unha representación do persoal investigador non permanente e en formación vinculado ao Instituto equivalente ao 15% do total do Consello Científico. 
  1. A proposta á Xunta de Goberno da persoa que exerza a dirección do Instituto. 
  2. A aprobación do ingreso de novos membros do persoal científico do Instituto, e o seu cesamento. O acordo correspondente deberá contar co informe previo da Comisión Asesora Externa e deberá ser ratificado pola Xunta de Goberno do Instituto.
  3. A información das propostas de programas, orzamento e memoria económica e de actividades do Instituto. 
  4. A programación das actividades científicas, docentes e de asesoramento técnico do instituto e a vixilancia da súa realización. 
  5. A información dos contratos do Instituto ou do seu profesorado. 
  6. Outras funcións que dispoña o seu Regulamento en desenvolvemento dos Estatutos da USC.

Laura Lojo Rodríguez, Directora do iHUS

Valerià Paül Carril, Secretario do iHUS

  • A convocatoria do Consello Científico, a súa presidencia, a execución dos seus acordos e a xestión ordinaria do Instituto.
  • A representación do Instituto no ámbito da súa competencia.
  • A elaboración das propostas de orzamento e programación de actividades.
  • A redacción das memorias anuais de actividades e económica.
  • A proposta ao reitor do nomeamento de secretario/a do Instituto.
  • A autorización de gastos do orzamento anual.

Pendente

  • Asesorar ao director/a do Instituto e á Xunta de Goberno sobre calquera aspecto relacionado co funcionamento do Instituto e sobre a súa Axenda Científica.
  • Avaliar periodicamente a actividade do Instituto e do seu persoal investigador, e emitir os correspondentes informes de valoración.
  • Informar do interese de vinculación de novos membros ao Instituto.
  • Informar o nomeamento dos coordinadores/as das unidades do Instituto, de habelas.
  • Avaliar o plan de acción cuadrienal do Instituto.

Regina Carreira López, Técnico Superior de Xestión

Jorge Rodríguez Durán, Técnico Superior de Xestión

Organigrama do iHUS
Organigrama do iHUS
The contents of this page were updated on 12.09.2024.