Skip to main content

Campus de Santiago

Bom vinyo d’Ourens: historia e arte do viño na Idade Media ourensá -SANTIAGO-

11, 12 e saída o 19 febreiro de 2025 de 10:30 a 12:30 h

Arquivo Histórico Universitario

Diego Fernández

Bom vinyo d’Ourens. Estas verbas, pertencentes a unha cantiga de escarnio atribuída a Afonso X o Sabio (1221-1248), poden servir como evidencia da importancia e prestixio que acadou o viñedo da actual provincia de Ourense en tempos medievais. Co beneficio económico que supuxo este produto agrícola e a súa comercialización, o enriquecemento de certos centros relixiosos en zonas como o Ribeiro de Avia ou a Ribeira Sacra permitiu a proliferación e concentración dun rico patrimonio artístico que, sumado ao terreo vitivinícola, configura na actualidade unha auténtica paisaxe cultural con fondas raíces na Idade Media e nas súas idiosincrasias.
O seminario abordará a historia das rexións vinícolas do Ribeiro e a Ribeira Sacra durante a Idade Media, atendendo ao seu desenrolo, a participación directa ou indirecta das comunidades monásticas nesta actividade e as pegadas de época medieval que a día de hoxe permanecen vivas na arte das súas igrexas e mosteiros.

The contents of this page were updated on 01.29.2025.