Skip to main content

#11FnaUSC

Ultravioletas IV - Visibilizando a igualdade: Divulgación e Perspectiva de Xénero

02.11.2025 | 19.15h

A perspectiva de xénero na divulgación científica centra este evento organizado por Luzada

A perspectiva de xénero na divulgación científica centra este evento organizado por Luzada
A perspectiva de xénero na divulgación científica centra este evento organizado por Luzada

A asociación de estudantes Luzada organiza a cuarta edición de ‘Ultravioletas’, no marco do 11 de febreiro Día da Muller e a Nena na Ciencia. O evento, ás 19.15 no iMATUS, céntrase nesta ocasión na divulgación científica con perspectiva de Xénero, para o que contan con varias divulgadoras con dilatada experiencia neste campo.

O programa comeza coa charla ‘Divulgación científica con perspectiva de xénero. Monologuista remata en A’ a cargo da doutora en Veterinaria, docente de FP e divulgadora Eva Cabanelas Dopazo, que destacará referentes de dentro e fóra de Galicia e compartirá a súa experiencia persoal no mundo do monólogo científico.

A continuación desenvolverase unha mesa redonda na que se explorarán diversos aspectos relacionados coa divulgación científica desde unha perspectiva de xénero. Nela contarase coa experiencia e a visión do papel da muller na comunicación da ciencia da propia Eva Cabanelas, promotora xunto con Andrea Muras do proxecto Ciencia Calidade, da técnica superior no Cesga Mariamo Mussa Juane e da investigadora posdoutoral no iMATUS María Jesús García Guimarey, ambas as dúas últimas integrantes da iniciativa da USC ‘Unha enxeñeira ou científica en cada cole’.
 

Cartel do evento
Cartel do evento
The contents of this page were updated on 02.10.2025.