Skip to main content

Max Jean Zins pecha o ciclo ‘Unha viaxe por España a través da India’ cunha análise da xeopolítica do subcontinente indio

Max Jean Zins, no seu despacho na Facultade de Humanidades
Max Jean Zins, no seu despacho na Facultade de Humanidades
A conferencia, de entrada libre e de balde para o público interesado, desenvolverase este martes 22, a partir das 20.00 horas no auditorio da Casa do Saber de Lugo

O profesor ad honorem na Facultade de Humanidades do campus de Lugo da USC Max Jean Zins abordará este martes 22 de xaneiro, a partir das 20.00 horas, a situación xeopolítica do subcontinente indio a no marco xornada de clausura do ciclo ‘Unha viaxe por España a través da India’, un programa de relatorios a través do que Max Jean Zins afondou sobre as semellanzas advertidas entre estes dous países, ao tempo que tratou outras problemáticas análogas en ambos territorios.

O experto xeopolítico e director de investigación honorario do Centro Nacional de Investigacións Científicas (CNRS) Max Jean Zins, disertará nesta sesión sobre as actuais relacións institucionais e políticas que manteñen entre sí e tamén con terceiros estados países de especial relevancia no Leste, tal e como o poden ser Rusia, China e mesmo India.

Na súa intervención, Max Jean Zins relatará algúns dos episodios máis salientables e significativos da relación que mantiveron de sempre dúas potencias mundiais como o son Rusia e China, a tempo que explicará a posición adoptada pola India ante a influencia de dous estados de fonda pegada comunista. A sesión, de entrada libre e gratuíta para todo o público interesado, comezará ás 20.00 horas.

The contents of this page were updated on 01.21.2019.