As NerdNites conmemoran os ’50 anos da revolución de novembro’

A NerdNite entronca nesta nova edición co desenvolvemento da sétima edición da Semana da Ciencia do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) e celebrarase baixo o lema ’50 anos da revolución de novembro’ en relación ao descubrimento da partícula J/psi.
Nunha sesión que arrancará ás 20.00 horas na Nave de Vidán, está prevista a intervención do catedrático en Electromagnetismo da USC Jorge Mira, do investigador do IGFAE Víctor López e do catedrático en Física atómica, molecular e nuclear e investgador do mesmo Instituto Bernardo Adeva. Os tres protagonistas desta nova sesión realizarán un percorrido pola historia do estudo dos quarks, con especial atención ao charm, as súas bases teóricas e as grandes implicacións que supuxo a súa detección case simultánea dos equipos de Ting e Richter no ano 1974.