Skip to main content

O Consello Social fai pública a listaxe definitiva das persoas adxudicatarias de prácticas externas extracurriculares

O estudantado dispón ata o 22 de marzo para entrevistarse coa empresa. Foto: Santi Alvite
O estudantado dispón ata o 22 de marzo para entrevistarse coa empresa. Foto: Santi Alvite
O estudantado dispón ata o 22 de marzo para entrevistarse coa empresa

O Consello Social da USC fixo pública a listaxe definitiva de adxudicación de prácticas externas extracurriculares no taboleiro electrónico da USC. O estudantado dispón ata o 22 de marzo para entrevistarse coa empresa e acordar os termos das prácticas, que deberán desenvolverse entre o 1 de abril e o 30 de setembro deste ano.

Tras a entrevista coa empresa e como moi tarde o 25 de marzo, o estudantado deberá achegar ao Consello Social o anexo ao convenio cuberto e asinado por todas as partes. Logo disporán ata o día 27 deste mes para realizar a matrícula na práctica. 

The contents of this page were updated on 03.13.2025.