04.23.2025 | 16.30h
O relatorio correrá a cargo de Ana Margarida Cruz da Silva

Ana Margarida Cruz da Silva será a relatora na sesión do 23 de abril das Xornadas de Nova Investigación que o Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) desenvolve ao longo dos meses de marzo, abril e maio na Facultade de Humanidades do Campus de Lugo da USC. A conferencia leva por título ‘A riqueza e o valor cultural da Serra da Estrela de Portugal’.