Skip to main content

Conferencia de Lluís Orriols: ‘Unha disciplina útil en tempos complexos’

03.26.2025 | 12.30h
Lluís Orriols
Lluís Orriols

O politólogo Lluís Orriols Galve (Barcelona, 1977), doutor pola Universidade de Oxford e profesor da Universidade Carlos III de Madrid, imparte este mércores 26 de marzo na USC a conferencia ‘Unha disciplina útil en tempos complexos’. O relatorio será ás 12.30 horas no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Políticas.

O campo principal de estudo de Orriols é o comportamento político e electoral e as súas investigacións publicáronse en numerosas revistas académicas. É ademais colaborador habitual en palestras políticas como Al Rojo Vivo en La Sexta e La Hora de La 1 en RTVE. 

Cartel do evento
Cartel do evento
The contents of this page were updated on 03.24.2025.