Skip to main content

Conferencia ‘Explorando a selección xenética, a diversidade funcional e a adaptabilidade futura’

04.10.2025 | 12.30h

Salón de Actos

A conferencia será na Facultade de Filosofía. Foto: Santi Alvite
A conferencia será na Facultade de Filosofía. Foto: Santi Alvite

A investigadora do Instituto para Estudos de Futuros de Estocolmo Julia Mosquera, egresada da Facultade de Filosofía da USC, intervirá o 10 de abril no ciclo de conferencias Mazarelos que trata de enfocar problemas actuais da nosa sociedade desde o rigor filosófico pero tamén desde unha perspectiva divulgativa.

Julia Mosquera intervirá ás 12.30 horas co relatorio ‘Explorando a selección xenética, a diversidade funcional e a adaptabilidade futura’.

Logo de estudar a carreira en Santiago, a conferenciante cursou un mestrado en Filosofía Analítica en Barcelona e defendeu a súa tese de doutoramento en 2017 na Universidade de Reading, no Reino Unido.

O seu traballo, no que intersectan a ética, a filosofía práctica e os estudos do futuro, ten que ver cos conceptos de desigualdade, discapacidade e xustiza no contexto dos cambios sociais e na composición de poboacións.

Cartel da conferencia
Cartel da conferencia
The contents of this page were updated on 03.26.2025.