Skip to main content

Descubrimento de novas pedras no Xardín das Pedras que Falan

03.31.2025 | 11.00h

Xardín de Fonseca

Dedicadas a Uxío Novoneyra, Moon Chung-Hee e Tenório Telles

Xardín de Fonseca
Xardín de Fonseca

O Xardín das Pedras que Falan (xardín de Fonseca) engade a partir deste luns 31 de marzo tres novos protagonistas, todos do eido da poesía: o galego Uxío Novoneyra, a coreana Moon Chung-Hee e o brasileiro Tenório Telles.

O descubrimento destas tres novas pedras terá lugar no decorrer dun acto no que intervirán, a partir das 11.00 horas, o reitor Antonio López e a alcaldesa Goretti Sanmartín. Ademais, contarase coa participación de Claudio Rodríguez Fer, poeta e director da Cátedra Valente de Poesía e Estética da USC; Branca Novoneyra, filla de Uxío Novoneyra, e a propia Moon Chung-Hee.
 

The contents of this page were updated on 03.28.2025.