Skip to main content

As historias e mitos da Facultade de Dereito, obxecto de análise da vindeira Nerd Nite

Imaxe de arquivo da Facultade de Dereito da USC. FOTO: Santi Alvite
Imaxe de arquivo da Facultade de Dereito da USC. FOTO: Santi Alvite
A sesión desenvolverase o día 29 de abril, ás 20.00 horas, na Nave de Vidán

A Nerd Nite do mes de abril porá o foco na Facultade de Dereito e nas historias e mitos que alberga este centro da USC. A sesión terá lugar o martes 29 de abril na Nave de Vidán e botará a andar ás 20.00 horas. José María Miranda Boto, catedrático de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da USC; Belén Trigo García, profesora de Dereito Civil da USC; e Carlos Lema Devesa, catedrático de Dereito Mercantil e discípulo de Carlos Fernández-Nóvoa, en cuxa figura profundará, serán as persoas relatoras.

O profesor Miranda Boto percorrerá, na súa intervención, as celebridades que pasaron pola Facultade de Dereito. A seguir, Belén Trigo García pronuncirá o relatorio titulado 'Do batallón universitario e a Casa da Troia ás carpas douradas e a IA: outra historia de Dereito'. Finalmente, Carlos Lema Devesa deterase no legado de Carlos Fernández-Nóvoa Rodríguez e lanzará a pregunta 'Por que hai tantos cracks en mercantil da USC?'

Nerd Nites

As Nerd Nites, organizadas polo catedrático da USC Jorge Mira Pérez, son conversas divulgativas nas que especialistas de diferentes ámbitos dialogan co público das disciplinas que os apaixonan fóra do ámbito académico, nun ton distendido e en horario nocturno. As Nerd Nites naceron hai anos en Estados Unidos, unha proposta orixinal á que se sumou Santiago de Compostela en 2012, sendo a primeira cidade española en facelo.

Cartel da Nerd Nite de abril
Cartel da Nerd Nite de abril
The contents of this page were updated on 04.16.2025.