Skip to main content

Presentación do libro ‘Terra a nossa! Discurso e identidade agrária na Galiza moderna (1875–1936)’

06.05.2025 | 19.00h

Sala de profesorado

A presentación ten lugar na Facultade de Xeografía e Historia. Foto: Santi Alvite
A presentación ten lugar na Facultade de Xeografía e Historia. Foto: Santi Alvite

O 5 de xuño, ás 19:00 na Sala de profesorado da Facultade de Xeografía e Historia, terá lugar a presentación do libro Terra a nossa! Discurso e identidade agrária na Galiza moderna (1875–1936), do historiador galego e antigo membro de HISTAGRA, Antom Santos. Xunto a el participará o catedrático da USC e investigador principal de HISTAGRA, Lourenzo Fernández Prieto.

«Terra a Nossa!» foi unha das consignas mais recorrentes e significativas da Galicia do primeiro terzo do século XX, unha bandeira da fachenda colectiva, que implicitamente recoñecía as orixens labregas dos diferentes estratos de clase e ámbitos culturais que a abrazaron. Quizais as súas orixes fiquen no poema rosaliano que, con este título, aparece en Follas Novas: un retrato dos padecementos da Galicia campesiña e, ao tempo, a exaltación das paisaxes e da lingua que foron desprezadas na imaxes española dominante.
 

The contents of this page were updated on 06.02.2025.