Seminario de Construción
Organizer: Escola Politécnica Superior
O curso ten por obxectivo ofrecer os conceptos necesarios para manexar software de modelado 3D, saber como xerar o arquivo STL e GCODE empregando os laminadores e, por último, coñecer tipos de impresoras 3D e filamentos.

Este curso, impartido por Adriana Conde Fernández, Francisco Javier López González e Patricia Eva Tato Sánchez del Valle, será eminentemente práctico e permitirá ás persoas asistentes adquirir destrezas para modelar e imprimir os seus deseños en 3D, dende obxectos simples a obxectos máis complexos. Os contidos do curso irán dende o modelado 3D, pasando pola preparación para a impresión, ata chegar á propia impresión e postprocesado.
O curso iniciarase o vindeiro 16 de xuño, en horario de 10:00 a 14:00 horas, e desenvolverase ata o 19 de xuño. As persoas interesadas en asistir poderán formalizar a súa inscrición no seguinte Formulario.