Ir o contido principal

Plan Formativo Campus Terra 2025

Introdución ao modelado e impresión 3D

16, 17, 18 e 19 de xuño

Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Seminario de Construción

Organizador: Escola Politécnica Superior

O curso ten por obxectivo ofrecer os conceptos necesarios para manexar software de modelado 3D, saber como xerar o arquivo STL e GCODE empregando os laminadores e, por último, coñecer tipos de impresoras 3D e filamentos.

Imaxe do curso
Imaxe do curso

Este curso, impartido por Adriana Conde Fernández, Francisco Javier López  González e Patricia Eva Tato Sánchez del Valle, será eminentemente práctico e permitirá ás persoas asistentes adquirir destrezas para modelar e imprimir os seus deseños en 3D, dende obxectos simples a obxectos máis complexos. Os contidos do curso irán dende o modelado 3D, pasando pola preparación para a impresión, ata chegar á propia impresión e postprocesado.

O curso iniciarase o vindeiro 16 de xuño, en horario de 10:00 a 14:00 horas, e desenvolverase ata o 19 de xuño. As persoas interesadas en asistir poderán formalizar a súa inscrición no seguinte Formulario.

 

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.06.2025.