07.23.2025 | 12.00h

A profesora titular da Universidade Complutense de Madrid e investigadora do grupo Mediaflows Eva Campos ofrece o 23 de xullo a conferencia ‘Esfera pública posmediática e participación cidadá: enfoques e camiños metodolóxicos’, que terá lugar ás 12.00 horas na Sala de Doutoramento da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC.
Organizada polo grupo de investigación Novos Medios, a asistencia é libre e gratuíta, mais é necesario inscribirse previamente a través desta ligazón ou escaneando o código QR da imaxe.
