Skip to main content

A Cátedra Juana de Vega asómase ás fiestras e postigos dixitais das mulleres que habitan a contorna rural e mariñeira

Imaxe do cartel
Imaxe do cartel
Seminario online organizado e financiado pola Cátedra Juana de Vega da USC e no que colabora o proxecto Género, Sustentabilidad y Saberes Rurales (Instituto de las Mujeres), reunirá o 7 e o 9 de xullo unha decena de voces femininas rurais para falaren das oportunidades e das eivas que supoñen para elas internet e as redes sociais.

Baixo o título 'Mulleres rurais: fiestras e postigos no ecosistema dixital' desenvolverase un seminario online organizado e financiado pola Cátedra Juana de Vega da USC e no que colabora o  proxecto "Género, Sustentabilidad y Saberes Rurales" (Instituto de las Mujeres-Ministerio de Igualdad). Aberto para todos os públicos, celabrarase en dúas sesións —luns, 7 de xullo, ás 11.15h. e mércores, 9 de xullo ás 17.15 horas—. A ligazón para seguir as mesas de debate e as conversas, que se conciben como un espazo para a reflexión e o partillado de experiencias, será https://bit.ly/mulleresruraisecosistemasdixitais.

Para a xornada do luns 7 de xullo están convocadas as gandeiras Tania Rancaño (A Fonsagrada) e Lucía Casal (Melide), dúas mozas con perfís activos en redes sociais. Así mesmo, participarán o colectivo estatal Ganaderas en Red, a través de Sandra Barros, e Sarah Hart, unha das socias do proxecto de fermentados lácteos La Lleldiría nos Valles Pasiegos, en Cantabria. O seminario online do mércores 9 de xullo contará con colectivos como Bosqueados, na voz de Belén, e Somos Comuneros e Entretantos, por quen falará Eru. A mariscadora da ría de Muros e Noia María Maceiras Louro, Mariquiña, e o proxecto Mallata de pastoreo no Pireneo aragonés, de Lucía López Marco, tamén terán o seu espazo. Completan a mesa do mércores a xornalista Patricia Dopazo, da revista Soberanía Alimentaria, e Tania Sáchez Gómez, educadora social da cooperativa Outonía, que opera na montaña de Lugo e Ourense.

Esta iniciativa ten como obxectivo poñer en valor os coñecementos, prácticas e experiencias das mulleres do rural, recoñecéndoas como axentes centrais na loita fronte á crise ecosocial.

Cartel do seminario
Programa 1
Programa 2
The contents of this page were updated on 07.06.2025.