Skip to main content

Recepción ás Bolsas Europa

07.14.2025-09.14.2025 | 09.30h

Salón Nobre

O acto será no Salón Nobre do Colexio de Fonseca. Foto: Santi Alvite
O acto será no Salón Nobre do Colexio de Fonseca. Foto: Santi Alvite

O reitor da Universidade de Santiago, Antonio López, recibe este luns 14, ás 9.30 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, a comitiva de 50 persoas beneficiarias das Bolsas Europa. Acompañan o estudantado beneficiario das bolsas a directora executiva de Bolsas Europa, Carola Díaz de Lope-Díaz; o director académico, Juan Serrano; e a coordinadora das Bolsas Europa, Anna Bofill, así como nove docentes da Universidade e cinco persoas monitoras, todas elas estudantes que acaban de graduarse na Escola de Liderado Universitario.

O Programa Becas Europa é unha iniciativa que nace do esforzo conxunto do Banco Santander e a Universidade Francisco de Vitoria por premiar e potenciar o talento do estudantado preuniversitario de España. Pretende, por un lado, darlles a coñecer Europa e a súa Universidade e, por outro, facer a mocidade partícipe do desafío que supón a creación dun ámbito universitario europeo fomentando o seu liderado persoal e académico. Para iso, coñecen de primeira man a realidade universitaria europea nun percorrido polas súas principais universidades.

A visita na Universidade compostelá continuará cunha visita guiada ao seu patrimonio e unha conferencia ás 12.30 horas da profesora Begoña Fernández no Paraninfo da Universidade, na Facultade de Xeografía e Historia. Xa ás 16:30 horas asistirán a unha conferencia do profesor Jorge Mira no Salón Nobre de Fonseca.

Percorrido desta edición do 2025

A comitiva que chega este luns comezou na Universidade de Alcalá para logo trasladarse a Londres, onde visitaron o Clare College de Cambridge. De aí marcharon a París e Bruxelas, onde coñeceron a Universidade Libre e a de Lovaina. 

The contents of this page were updated on 07.11.2025.