Skip to main content

Últimos días para inscribirse no Programa Akademia para estudantado da USC

A convocatoria diríxese ao estudantado
A convocatoria diríxese ao estudantado
Ofértanse tres convocatorias con prazos e horarios diferentes
Lugo, Santiago de Compostela

A inscrición no Programa Akademia da Fundación Innovación Bankinter para estudantado da USC apura os seus últimos días. O curso ten, como en edicións anteriores, 3 convocatorias, unha cuxo prazo de inscrición remata o 23 de setembro, e outras dúas cuxo prazo estará aberto ata o día 30.

Trátase dunha iniciativa innovadora con docentes con experiencia de referencia internacional que axudarán a que o estudantado faga fronte ao seu futuro e “leve a súa carreira ao seguinte nivel”, explican dende a organización. As persoas inscritas aprenderán a analizar, interpretar e ollar as tendencias do futuro ademais de “vivir unha experiencia de crecemento para a súa vida profesional e persoal, así como aprender a crear un algoritmo de intelixencia artificial dende cero”, engaden.

Ofértanse tres convocatorias con prazos e horarios diferentes e cxada unha das sesións do curso será guiada por una persoa experta de referencia no seu campo, e trataranse temáticas diversas que van dende a enerxía e a auga ata a intelixencia artificial ou o big data. O programa desenvolverase dende outubro deste ano ata xaneiro de 2026 e para participar é necesario formalizar previamente a inscrición.

The contents of this page were updated on 09.18.2025.