10.09.2025 | 16.00h-18.00h
Aula Magna
A Xornada de Presentación e Benvida dos Programas de Doutoramento en Matemáticas e en Matemáticas e Aplicacións ten como obxectivo ofrecer ao novo alumnado unha visión xeral sobre o funcionamento dos programas, as liñas de investigación, o profesorado participante e as oportunidades de formación e colaboración que ofrecen.
Organizan:
As Comisións Académicas dos Programas de Doutoramento en Matemáticas e en Matemáticas e Aplicacións.
Dirixida a:
- Estudantes de primeiro ano de ambos programas de doutoramento.
- Aberta tamén a estudantes dos títulos de Máster da Facultade de Matemáticas e de último curso do Grao en Matemáticas (ou dos dobres graos que o inclúan) da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Máis información sobre os programas: