Campus COETICOR
Almudena Hospido Quintana (Coordinadora do GrEQ)
Rubén Beiroa Mosquera (Formador e integrador de soluciones IoT | 5G| NBIoT| LoRaWAN | MAKER | STEAM | Arduino)
O Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de A Coruña (COETICOR) é unha entidade de dereito público e carácter profesional, que agrupa aos enxeñeiros técnicos industriais da provincia da Coruña, con delegacións en Santiago de Compostela e Ferrol.

Mediante a súa plataforma formativa en liña, Campus COETICOR, o Colexio promove o desenvolvemento continuo das competencias técnicas e profesionais dos seus colexiados e colexiadas. Ofrece unha oferta formativa actual, práctica e adaptada ás necesidades reais do ámbito industrial. O seu propósito é impulsar a profesionalización, fomentar a innovación tecnolóxica responsable e reforzar unha comunidade profesional comprometida co ben común e o progreso da sociedade industrial galega. O Campus COETICOR é un punto de encontro e crecemento colaborativo, aberto á colaboración con outras entidades e profesionais interesados nunha formación de calidade orientada ao desenvolvemento humano e profesional.
Datas e horarios: os cursos descorren en liña e no caso da oferta para este 1º semestre deberán rematarse antes do 31/12/2025
AP05-25a: Curso Introducción Arduino (30 horas)
AP05-25b: Curso Avanzado Arduino (30 horas)
AP05-25c: Introducción a la programación en Python (35 horas)
AP05-25d: Visión artificial (40 horas)
AP05-25e: Introducción a Raspberry pi, Node-red e IoT (40 horas)
AP05-25f: Automatización de tareas con No-Code e IA (35 horas)
Para o estudantado do GrEQ: Avaliarase cada curso a través das súas respectivas probas de avaliación directamente na plataforma.
Procedemento de inscrición en 2 pasos:
INSCRIPCIÓN NA PLATAFORMA: https://campus.trainontech.com/course/index.php?categoryid=11
CORREO A aula.profesional [at] usc.es (aula[dot]profesional[at]usc[dot]es) indicando no asunto AP05_25x
Titulacións: Todas as da ETSE.