Skip to main content

II Encontro Didáctica da Filosofía

11.19.2025-11.22.2025

Santiago de Compostela
Salón de Actos

Facultade de Filosofía. Foto: Santi Alvite
Facultade de Filosofía. Foto: Santi Alvite

A Asociación NEXOS de Didáctica da Filosofía en colaboración coa Facultade de Filosofía organiza entre os días 19 e 22 de novembro o II Encontro Didáctica da Filosofía, que se desenvolverá no Salón de Actos do centro.

O mércores día 19 ás 18:00 terá lugar a primeira actividade, ‘Ciclo Cine Filosófico', con Rémy David (Collège International de Philosophie) e Xavier de Donato, decano da facultade. O filme que se proxectará nesta ocasión nesta ocasión é 'Touch of evil' [Sede de mal] (1958), de Orson Welles. 

O xoves 20 ás 12:30 horas, o profesor Rémy David impartirá, no marco das Conferencias Mazarelos, o relatorio ‘Pensar a sociedade das normas con Georges Canguilhem e Michel Foucault’. Xa os días 21 e 22 terán lugar unha serie de relatorios e mesas redondas sobre didáctica da filosofía nos que participarán Rémy David, Domingos Faria, Miguel Ángel Martínez Quintanar, Isabel Bernardo e Elisete Tomazetti. Os temas a tratar serán 'O pensamento filosófico na tradición lusófona e o canon académico. Sobre a posible inclusión de ideas, temas e/ou autores e autoras no currículo de filosofía de ensino medio' e 'Uso dos novos medios dixitais no ensino e aprendizaxe da filosofía'.

The contents of this page were updated on 11.04.2025.