Skip to main content

Aberto o prazo para presentar propostas á edición 2026 da Universidade de Verán

A convocatoria, que remata o 30 de decembro, completarase coa selección dun máximo de 50 cursos
A convocatoria, que remata o 30 de decembro, completarase coa selección dun máximo de 50 cursos
A convocatoria, que remata o 30 de decembro, completarase coa selección dun máximo de 50 cursos

A Universidade de Santiago mantén aberta ata o 30 de decembro a convocatoria pública para a selección de propostas de cursos para a edición 2026 da Universidade de Verán, á que poden concorrer o PDI da USC así como os departamentos, institutos, servizos, facultades ou escolas superiores.

Pódense presentar propostas en dúas categorías: cursos de 25 ou máis horas de duración, recoñecidos con 2 créditos transversais ECTS, ou cursos de 15 a 24 horas, recoñecidas con 1 crédito. Quen a organice, terá que acadar o financiamento necesario para a súa realización. Por parte da Universidade de Verán, recibirán o 80% do total de ingresos que se obteñan pola matrícula.

As propostas pasarán por dúas fases, unha primeira de preselección que rematará na segunda quincena de xaneiro cunha relación provisoria das propostas preseleccionadas, e unha segunda de avaliación coa que se conformará o programa da Universidade de Verán 2026, que incluirá un número máximo de 50 cursos.

Dilatada traxectoria

A Universidade de Santiago de Compostela vén desenvolvendo desde hai décadas cursos a Universidade de Verán como unha plataforma de servizo e contacto coa sociedade, respondendo á esencia mesma da extensión universitaria que procura a formación integral do individuo ao longo de toda a vida.

Eses cursos e actividades conforman un foro activo para difundir e compartir saberes e experiencias, así como para a actualización e debate da innovación científica en todos os ámbitos do coñecemento, incluíndo actividades e participantes que non teñen fácil cabida no período lectivo ordinario. Permiten, ademais, unha convivencia activa e intensa entre o estudantado, o profesorado da USC e persoal investigador e especialistas doutros ámbitos.
 

The contents of this page were updated on 11.04.2025.