Skip to main content

Proposta cultural

FEITAS AO SISEL

11.20.2025 | 18.00h

Este poemario foi bailado antes que escrito nos torreiros que eran e son lugares de sedución masiva

FEITAS AO SISEL
FEITAS AO SISEL

FEITAS AO SISEL

Co obxectivo de contribuír á dinamización da vida cultural dentro da Facultade, dende a unidade de xestión, o colectivo de PTXAS (persoal técnico de xestión e administración de servizos) achega nova proposta ao abeiro da convocatoria de axudas para a organización de actividades culturais do ano 2025. 

A proposta artística nace do poemario premiado na última convocatoria do XXVII Premio de poesía erótica das Illas Sisargas, escrito por unha das integrantes do grupo: Diana Kurich

Neste poemario faise un percorrido metafórico entre o baile tradicional e a sedución entre dúas mulleres. Mestúrase tamén o recoñecemento do “moderno” ou da necesidade de ser eco con voz propia do establecido, intentando ser unha bisagra entre as propostas hexemónicas e a revisión dos patróns heteronormativos para quen habita corporalidades pertencentes á outredade.

Día: xoves 20 de novembro
Hora: 18h
 

 

cartaz
The contents of this page were updated on 11.10.2025.