Skip to main content

A USC lanza un programa de mentorías para acompañar persoas emprendedoras no desenvolvemento de plataformas dixitais

Pensado para proxectos que prioricen a figura cooperativa, a inscrición pecharase o 5 de decembro
Pensado para proxectos que prioricen a figura cooperativa, a inscrición pecharase o 5 de decembro
Pensado para proxectos que prioricen a figura cooperativa, a inscrición pecharase o 5 de decembro

A Universidade de Santiago de Compostela lanza un programa de mentorías gratuíto para acompañar persoas emprendedoras no  desenvolvemento de plataformas dixitais. A convocatoria está dirixida a quen queira crear a súa propia plataforma (por exemplo xestionar compras compartidas ou produción a demanda, free tours, actividades deportivas ou aulas particulares,  entre outros). As plataformas poden ser concebidas como novas liñas de negocio ou como novos proxectos empresariais e priorizarase a figura cooperativa.

O programa ofrece mentorización especializada e formación práctica, en modalidade virtual e presencial. As mentorías serán personalizadas e a formación abrangue as fases iniciais de selección e traballo coas ideas de plataformas dixitais, a definición do modelo de negocio e a capacitación do equipo, xunto coas fases máis técnicas enfocadas no desenvolvemento da plataforma, así como a definición dun plan comercial e de captación de persoas usuarias, co obxectivo de acurtar tempos de saída ao mercado e consolidar o proxecto.

A inscrición permanecerá aberta ata o 5 de decembro. As persoas interesadas tamén poderán solicitar información a través do teléfono 687 333 709 e do correo usc [at] es-factory.eu (usc[at]es-factory[dot]eu). Tamén poderán seguir as novidades a través de @economia_social_usc

Esta actuación desenvólvese no marco de ES-Factory (Interreg España–Portugal), un proxecto de cooperación interrexional para impulsar emprego de calidade e promover a economía social na Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal. O partenariado esta composto pola Xunta de Galicia, USC, AGACA, EspazoCoop, UTAD, InCubo e TecMinho, e conta con AESGAL como socio sen financiamento.

The contents of this page were updated on 11.17.2025.