Skip to main content

Os últimos achados no ámbito da química orgánica sintética preséntanse nun foro internacional co organizado pola USC

A ECSOC, coordinada por persoal investigador do Campus Terra, chega este ano á súa 29 edición
A ECSOC, coordinada por persoal investigador do Campus Terra, chega este ano á súa 29 edición
A ECSOC, coordinada por persoal investigador do Campus Terra, chega este ano á súa 29 edición
Lugo

Desde hai 24 anos, profesorado da Facultade de Ciencias da USC xunto co Instituto Multidisciplinario de Publicacións Dixitais (MDPI, polas súas siglas en inglés) organiza a Conferencia Electrónica Internacional sobre Química Orgánica Sintética (ECSOC), un evento virtual científico que se está a desenvolver durante este mes de novembro cun programa no que se presentan 167 comunicacións completas de varios países.

A 29 edición da ECSOC, dirixida e coordinada polos docentes e investigadores pertencentes ao grupo Novas Metodoloxías Sintéticas (SWT) do Campus Terra da USC Julio A. Seijas e M. Pilar Vázquez Tato, abarca unha ampla gama de aspectos relacionados coa química orgánica sintética: Síntese orgánica xeral; Química de produtos bioorgánicos, medicinais e naturais; Polímeros e química supramolecular; e Química computacional.

As Conferencias Electrónicas sobre Química Orgánica Sintética (ECSOC) desenvólvase en liña desde 1997, orixinariamente pola MDPI aínda que máis tarde se uniu a USC. Na actualidade é a conferencia electrónica más antiga do mundo, que ademais non supón ningún custo nin para as persoas asistentes nin para o persoal investigador que desexe presentar algún traballo.

As sesións virtuais proporcionan á comunidade científica unha plataforma aberta, a xeito de conferencia académica sen barreiras xeográficas, para o debate e a discusión no campo da química orgánica. As singularidades propias do formato en liña da ECSOC, cuxo escenario de debate está aloxado nunha plataforma web, favorece e fomenta a participación dunha audiencia diversa e global, sendo todas as contribucións científicas recibidas supervisadas previamente por un comité de especialistas.

A Conferencia contempla a concesión de dous premios que recoñecerán o mellor traballo e a mellor presentación de entre un total de seis finalistas. Ademais, a publicación Chemistry Proceedings publicará as achegas xurdidas ao abeiro deste foro.
 

Banner da 29 edición da ECSOC
Banner da 29 edición da ECSOC
The contents of this page were updated on 11.18.2025.