Skip to main content

O desafío, unha xornada de xogo e convivencia universitaria

Un momento da xornada da segunda edición do Desafío
Un momento da xornada da segunda edición do Desafío
A segunda edición desta actividade, coas prazas esgotadas, repetiu o éxito da primeira do ano pasado
Santiago de Compostela

Coa vontade de fortalecer a convivencia e o sentido de pertenza á comunidade universitaria, estudantado de cuarto curso do Grao en Mestra/e de Educación Primaria volveu celebrar, logo do éxito do pasado curso con 120 participantes, unha edición do Desafío. A actividade consiste nun conxunto de probas nas que se participa individualmente ou en equipos que constitúen un espazo seguro e inclusivo para xogar, coñecer xente nova e compartir experiencias.

Foi este mércores na Facultade de Ciencias da Educación do Campus Norte cando máis de cen participantes, todas e todos membros da comunidade universitaria, pularon por darlle un novo significado ao feito de ser universitario/a, entendendo a universidade non só como un espazo de aprendizaxe académica, senón tamén como un lugar para desfrutar e desenvolver novas competencias como o traballo en equipo, a comunicación efectiva, a empatía, a escoita e cooperación.

O Desafío conta sempre cunha compoñente solidaria, que busca conectar a comunidade universitaria coa realidade social que a rodea. A acción deste ano foi unha recollida para o banco de alimentos de Santiago de Compostela, na que participaron as xogadoras e xogadores.
 

Posto de recollida para o banco de alimentos de Santiago
Posto de recollida para o banco de alimentos de Santiago
The contents of this page were updated on 11.20.2025.