A USC participou activamente nas I Xornadas Nacionais de Campus Periféricos
O vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga López, participa estes días na primeira edición das Xornadas Nacionais de Campus Periféricos que está a ter lugar no Campus de Ponferrada da Universidade de León.
O vicerreitor interveu nun panel sobre as principais demandas e puntos prioritarios a resolver xunto con Salvador del Barrio García, do campus de Ceuta e Melilla da Universidade de Granada; María de la Luz Martín Rodríguez, do de Algeciras da Universidade de Cádiz; e Pablo Andrés Bernabéu Soler, do de Alcoi da Politécnica de Valencia.
Ademais, participou nunha mesa de experiencias sobre comunicación e Márketing dixital, dedicada a compartir experiencias e estratexias que contribuíron a fortalecer a identidade, visibilidade e comunidade dos campus periféricos.