Skip to main content

O CLM abre en xaneiro a matrícula nos seus cursos de alemán, catalán, checo, francés, inglés, italiano, galego e portugués

En febreiro iniciará o prazo para participar nas Conversas de francés, inglés e checo. Foto: Santi Alvite
En febreiro iniciará o prazo para participar nas Conversas de francés, inglés e checo. Foto: Santi Alvite
En febreiro iniciará o prazo para participar nas Conversas de francés, inglés e checo
Lugo, Santiago de Compostela

A Universidade de Santiago de Compostela abrirá a comezos de xaneiro o prazo de matrícula para os seus cursos de idiomas, para os que nalgún caso hai que realizar un test de nivel previo.

No campus de Santiago, o Centro de Linguas Modernas ofrece cursos de inglés, alemán, catalán, francés, italiano, portugués e galego para non galego falantes, e no de Lugo haberá nese semestre de alemán, francés, galego e inglés en distintas modalidades. Os cursos diríxense a persoal e estudantado da USC, pero están tamén abertos a calquera persoa maior de 18 anos interesada, aínda que non forme parte da comunidade universitaria.

Non terá que realizar un test de nivel previo o estudantado do nivel inicial do idioma ou quen poida acreditar un nivel inmediatamente anterior do MECRL aprobado no ano ou semestre anterior no propio CLM. O estudantado coa acreditación allea ao CLM, debe poñerse en contacto previo co Centro a través do enderezo clm [at] usc.gal (clm[at]usc[dot]gal). Nos restantes casos, é preciso realizar un test de nivel previo á matrícula, que será presencial e/ou en liña. Para realizalo hai que inscribirse de balde no período sinalado para cada caso no anexo da convocatoria.

Conversas en linguas modernas

A USC convoca tamén para o segundo semestre do ano académico 2025-2026 unha nova edición das Conversas en linguas modernas, que se ofrecen en niveis intermedio e avanzado de francés, inglés e checo. Para participar nelas, os requisitos son moi similares á convocatoria dos cursos, aínda que os prazos de matrícula e de inscrición no test de nivel darán comezo en febreiro.
 

The contents of this page were updated on 12.16.2025.