Skip to main content

A ETSE celebrou o Día da Escola coa entrega de premios

A ETSE celebrou o Día da Escola coa entrega de premios
A ETSE celebrou o Día da Escola coa entrega de premios

A Escola Técnica Superior de Enxeñaría celebrou este xoves 21 o Día da Escola, que inaugurou no salón de actos o vicerreitor de Comunicación e Coordinación, Xosé Pereira. O acto contou coa intervención do director xeral de Lonza Biologics Porriño S.L., Luis Sánchez Ureña, que pronunciou a conferencia ‘Lonza delivering the biopharmaceuticals of tomorrow, today’.

Logo da lectura da memoria de actividades no curso 2014/2015 pola secretaria da ETSE, Purificación Cariñena Amigo, tivo lugar a entrega de premios a alumnado destacado dos diversos títulos que se imparten na escola. Así, recolleron o seu premio extraordinario fin de carreira 2014/15 Daniel Carrera, Lucía Cid, Sara Elisa Arribas, Jorge Alberto Suárez, Pablo Sandomingo, Germán Rodríguez, Nicolás Botana, Saúl Domínguez, Aleixo Cambeiro e Daniel Cores.

Os mellores TFM foron para Adrián Casanova, David Valiño, Santiago Sexto, Brais Bosquet e Miguel García; mentres que de TFG destacaron Nicolás Botana, Francisco Manteiga, Jacobo Bouzada, Aleixo Cambeiro, Daniel Cores e Álvaro Ordóñez. Os premios aos mellores PFC foron para Beatriz Carpintero, Diego Zas e Lidia Enrique.

Recolleron tamén o seu premio polos mellores expedientes Daniel Carrera, Nicolás Botana, Aleixo Cambeiro, Sala Elisa Arribas, Jorge Alberto Suárez, Germán Rodríguez e Pablo Sandomingo.

Calidade lingüística, Leonardo e Viaqua
O premio á calidade lingüística na modalidade TFM foi para Fabio Dacosta polo traballo ‘ Saliencia e crowd sourcing: gatches útiles para avaliar o deseño de páxinas web’, mentres que Alberto Liñares gañou na modalidade de traballo académico por ‘Aproveitamento de materias primas. Petróleo e biomasa’.

No acto entregáronse tamén os distintos galardóns Leonardo, que nesta ocasión foron para Patricia Barral, Eva Rodil, Anselmo Tomás Fernández, Francisco Manuel Fernández, Alejandro José Tobar, Manuel Borobio, Ana María Soto, Gumersindo Feijoo, Beatriz Loreto Prieto, Trinidad de Miguel, Dolores Gómez, Manuel Dámaso Rodríguez, José Varela, Francisco Santiago Argüello e Antonio Jesús García na modalidade de docencia. Na de investigación, foron recoñecidos Juan Manuel Lema, Teresa Moreira, Gumersindo Feijjo, Antonio García, Javier Díaz e David Losada.

Finalmente, o premio ViAQUA ao mellor TFM do mestrado de Enxeñaría Ambiental foi para Adrián Arias e Nadia Torregrosa.

The contents of this page were updated on 04.21.2016.