Día da Escola na ETSE
A Escola Técnica Superior de Enxeñaría celebra este xoves 21 o Día da Escola, que inaugurará ás 12.00 horas no salón de actos o vicerreitor de Comunicación e Coordinación, Xosé Pereira.
Logo da lectura da memoria de actividades no curso 2014/2015 pola secretaria da ETSE, Purificación Cariñena Amigo, e da entrega de premios extraordinarios Fin de Carreira, aos mellores TFM, TFG, PFC e expedientes e de calidade lingüística de TFG, o director xeral de Lonza Biologics Porriño S.L., Luis Sánchez Ureña, pronunciará a conferencia ‘Lonza delivering the biopharmaceuticals of tomorrow, today’.
O acto rematará coa entrega dos premios Leonardo á Docencia e á Investigación e do ViAQUA aos mellores TFM no Máster en Enxeñaría Ambiental.