Skip to main content

Estudarán nun curso o impacto cotiá da pegada ecolóxica

Estudarán nun curso o impacto cotiá da pegada ecolóxica
Estudarán nun curso o impacto cotiá da pegada ecolóxica

Ao longo dunha semana, do 29 de agosto ao 2 de setembro, o curso ‘Pegada ecolóxica, o noso impacto cotiá’ reunirá na Aula Magna da Escola Técnica Superior de Enxeñaría ata un máximo de 100 participantes que se familiarizarán con este concepto e as súas implicacións no día a día.

Na primeira xornada realizarase unha introdución teórica á xornada e reflexionarase sobre a importancia da pegada ecolóxica e a lexislación asociada, ademais de achegar posibles metodoloxía e aplicacións para o seu cálculo. Outra das cuestións a tratar será a dimensión lexislativa e emisións de CO2, aludindo ao Rexistro Nacional de Emisión e á importancia da compra venta dos dereitos de emisións para o desenvolvemento económico.

A partir do mércores 31 os relatorios achegarán unha análise sobre a captación de CO2 por métodos naturais a través da masa forestal e tamén por métodos físico-químicos. Tamén se revisará a aplicación á industria da pegada ecolóxica a través do estudo do seguimento de control de refugallos na industria pesqueira galega de proximidade e da produción, tratamento e envasado in situ no sector da alimentación. Para completar o programa estudarase a pegada ecolóxica na USC levada a cabo dende a Oficina de Desenvolvemento Sostible e realizarase un simulacro da pegada e tratamento de datos que realizará o propio alumnado.

Matrícula
A matrícula xa se pode formalizar tanto a través da web como de xeito presencial e estenderase ata aproximadamente dez días antes antes do inicio do curso en cuestión.

Sempre e cando se asista ao 80% das horas lectivas, as persoas inscritas recibirán un diploma acreditativo da súa participación. A USC recoñece os cursos de verán 2016 a efectos de créditos para o estudantado: dous créditos para cada curso de 25 ou máis horas e un crédito polos de menos de 25 horas (en todo caso, ata un máximo de seis créditos en total). A taxa xeral de matrícula é de 120 euros para os cursos de máis carga lectiva e de 70 para os de menos de 25 horas. Ademais, existe unha taxa reducida (de 70 e 40 euros, respectivamente) aplicable a alumnado universitario, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, persoas en situación de desemprego, socios/as da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC e PDI e PAS da USC.

Ligazóns relacionados:

The contents of this page were updated on 06.28.2016.