Últimos días para inscribirse nos test de nivel dos cursos intensivos de verán do CLM

O próximo martes 14 remata o prazo de inscrición no test de nivel para os cursos de alemán, francés e inglés que organiza o Centro de Linguas Modernas con carácter intensivo en verán en Santiago e Lugo. As probas celebraranse o mércores 15 e os resultados coñeceranse, previsiblemente, dende as 14.00 horas do xoves 16. Unha vez realizado o test, a matrícula nos cursos poderá realizarse dende as 14.00 horas do venres 17 ata as 24.00 horas do 30 de xuño.
No Campus de Santiago, o test de nivel para inglés comezarás ás 14.00 horas na Aula 1 de Dereito, mentres que o de francés celebrarase na Aula 3 a partir das 15.00 horas e o de alemán a partir das 16.00 horas. No campus lugués está previsto a celebración do test de inglés a partir das 14.00 horas na Facultade de Humanidades.