Skip to main content

Presentación en Humanidades dun curso de verán da USC sobre o impacto da prensa local no tecido social e político

cartaz do curso de verán da USC
cartaz do curso de verán da USC

A decana da Facultade de Humanidades do campus Terra da USC, María Isabel González Rey, e a concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, Carmen Basadre, presentarán este mércores 11 de maio, ás 12.00 horas, no salón de graos da Facultade de Humanidades o curso de verán da USC titulado ‘O impacto da prensa local na configuración do tecido social e político. O caso de la Voz de Ortigueira’

Este programa formativo, incluído na Universidade de Verán da USC 2016 e dirixido pola profesora González Rey e Xosé López García, desenvolverase do 2 ao 4 de xuño nas instalacións da Facultade de Humanidades de Lugo, así como no centro de maiores Afundación de Viveiro e na Fundación Ortegalia, no Concello de Ortigueira.

The contents of this page were updated on 05.10.2016.