Skip to main content

A ETSE celebra o Día da Escola

A Escola Técnica Superior de Enxeñaría celebra este xoves 16 o día do patrón cun acto que presidirá ás 12.00 horas no salón de actos o vicerreitor de Comunicación e Coordinación, Xosé Pereira. Na xornada o director xerente do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), Javier García Tobío, pronunciará a conferencia ‘Cesga: computar para competir’. Logo da lectura da memoria de actividades do centro do curso pasado a cargo da secretaria, Purificación Cariñena Amigo, desenvolveranse diversas entregas de premios. Por unha banda, os académicos ao alumnado e, por outra, os premios Leonardo (a Docencia e a Investigación), o que entrega Coremain ao mellor traballo de fin de grao e de máster en Enxeñaría Informática e o premio VIAQUA ao mellor traballo de fin de máster en Enxeñaría Ambiental.

The contents of this page were updated on 04.15.2015.