Skip to main content

Relacións Laborais acolle este venres a entrega de diplomas do IX Máster Paulo Fabio en Dirección de Recursos Humanos

A Escola Universitaria de Relacións Laborais do campus de Lugo acolle este venres, día 22 de maio, a partir das 18.00 horas, o acto académico de entrega de diplomas á novena promoción do Máster Paulo Fabio en Dirección de Recursos Humanos.

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno, presidirá a cerimonia académica no salón de graos do centro universitario lugués, nun acto no que, entre outros, tamén participarán o responsable de Recursos Humanos do Sergas, Antonio Fernández Paniagua, quen intervirá como padriño desta nova promoción de posgraduados; así como os directores deste máster, Mercedes Montes Rodríguez e Guillermo Álvarez de Neira.

The contents of this page were updated on 05.21.2015.