A Escola Universitaria de Relacións Laborais de Lugo abre o prazo de matrícula nun curso de iniciación ao chinés
A Escola Universitaria de Relacións Laborais do campus de Lugo mantén aberto o prazo de inscrición nun curso de iniciación ao chinés que comezará a impartirse o vindeiro 17 de febreiro.
As persoas que estean interesadas en participar neste programa formativo poden formalizar a súa matrícula ata o día 14 de febreiro na secretaria do propio centro universitario. As sesións formativas deste curso, que está estruturado en 50 horas de formación, desenvolveranse luns e xoves, do 17 de febreiro ao 26 de maio, nas instalacións da propia escola, en horario de 17.00 a 19.00 horas. O prezo da inscrición neste curso de iniciación ao chinés é de 50 euros. O número total de prazas ofertadas é de 40. Para obter máis información ao respecto, as persoas interesadas poden chamar ao número de teléfono 982 824 801 ou tamén a través do enderezo de correo electrónico josefina.bergantinos [at] usc.es (josefina[dot]bergantinos[at]usc[dot]es).