ECTS credits ECTS credits: 3
ECTS Hours Rules/Memories Expository Class: 30 Total: 30
Use languages Spanish, Galician
Type: Ordinary Fourth Cycle subject
Departments: 4th Cycle External Department
Areas: Área externa de 4º Ciclo
Center IV Ciclo
Call: Second Semester
Teaching: With teaching
Enrolment: Enrollable | (Yes)
Abordar o concepto de mito para entendelo dende o contexto clásico ao actual.
Coñecer a mitoloxía greco-romana.
Descubrir os mitos máis destacados.
Explorar a mitoloxía a través da arte.
Introducción á mitoloxía clásica: conceptos básicos, orixe e evolución.
Mito e pensamento.
Mito e relixión.
Os mitos máis representativos.
A interpretación dos mitos.
A adaptación romana dos deuses gregos.
A proxección nas artes da mitoloxía clásica.
A mitoloxía clásica no Renacemento.
A importancia dos mitos clásicos na arte e na sociedade.
A mitoloxía clásica na actualidade.
C. Falcón, E. Fernández-Galiano, R. López Melero, Diccionario de mitología clásica, Madrid: Alianza Editorial, 2013.
Humbert, J., Mitología griega y romana, Editorial GG, 2017.
García Gual, C., Introducción a la mitología griega, Madrid: Alianza Editorial, 2013.
Hamilton, E., Todos los mitos griegos, romanos y nórdicos, Barcelona: Editorial Ariel, 2021.
Capacidade de reflexión sobre a herdanza da tradición clásica.
Manexar as fontes e a bibliografía básicas para coñecer os mitos clásicos.
Saber identificar as representacións dos mitos, da tradición clásica, na arte.
Aplicar os conceptos específicos para unha explicación correcta.
Aptitudes para analizar e razoar sobre os mitos.
Presentacións. Exposicións.
Asistencia ao curso e a participación nas actividades.
As horas correspondentes á asistencia ás clases. De forma optativa, as demais actividades que se programen durante o curso.
ASISTENCIA A CLASE. Regulamento de asistencia á clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
ENTREGA DE TRABALLOS. Os traballos realizados polo estudantado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI
É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL
Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE:
Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS
No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
NOTA: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Verónica Blanco Magariños
Coordinador/a- Department
- 4th Cycle External Department
- Area
- Área externa de 4º Ciclo
- veronicablanco.magarinos [at] usc.es
- Category
- External area professional_máx. 30 h