23.04.2025 | 12.30h

O mércores 23 de abril terá lugar na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC a charla Comisión Europea: funcións e oportunidades laborais, impartida por Lois Pimentel Iglesias, Policy Assistant European Commission.
Neste relatorio o ex alumno desta Facultade falaranos do traballo que se realiza na Comisión Europea (prioridades, relación con outras institucións, áreas de traballo, ‘decisión-making’, etc.), e tamén das oportunidades laborais, presentando especialmente o programa de prácticas da Comisión ‘Blue Book’, e a súa experiencia na Institución.
Será no Salón de Graos Luis Suárez-Llanos o mércores 23, ás 12:30.