Ir o contido principal

Conferencia 'Comisión Europea: funcións e oportunidades laborais'

Cartaz do evento
Cartaz do evento

O mércores 23 de abril terá lugar, ás 12.30 horas no Salón de Graos Luis Suárez-Llanos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC, a charla 'Comisión Europea: funcións e oportunidades laborais', impartida por Lois Pimentel Iglesias, Policy Assistant European Commission. 

Neste relatorio, o ex alumno da Facultade compostelá falará do traballo que se realiza na Comisión Europea (prioridades, relación con outras institucións, áreas de traballo, ‘decisión-making’, etc.) así como das oportunidades laborais que se ofrecen, en especial o programa de prácticas da Comisión ‘Blue Book’, e a súa experiencia na Institución. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.04.2025.