
Entre o 18 de marzo e o 2 abril, estudantes de 4º grao dos graos de ADE e Economía e alumnado do Máster en Dirección e Xestión Contable terán a oportunidade de coñecer de xeito práctico o funcionamento dunha ferramenta básica de xestión (Enterprise Resources Planning) que automatiza e axuda na administración dos procesos empresariais das distintas áreas: contabilidade, finanzas, fabricación, vendas, cadea de subministros, recursos humanos etc e permite aos xestores e directivos das empresas e organizacións a extraer datos de forma que a toma de decisións sexa mais sinxela
Profesor: Javier Villar Magán - EDISA
Data de comezo: martes 18 de marzo 2025
DURACIÓN: 5 sesións de 3 h
Horario: martes 18/3, 25/3 e 1/4 de 9: 30 a 12:30 e mércores 19/3 e 2/4 de 11:30 a 14:30
Lugar: Aula de informática 2
Dirixido a: alumnado da Facultade (preferentemente 4º e másteres)
Preinscrición ata o xoves 13/3 cubrindo o formulario enviado por correo electrónico
Máis información a través do teu correo @rai.usc.es e en ecoade.aulaprofesional [at] usc.es (ecoade[dot]aulaprofesional[at]usc[dot]es)