Pasar al contenido principal

Modificación do Grao en Enxeñaría Informática

A Axencia de Calidade do Sistema Universitario de Galicia vén de informar favorablemente sobre a modificación do título de Graduado/a en Enxeñaría Informática impartido no noso centro. 
Santiago de Compostela

A proposta de modificación do plan de estudos do Grao en Enx. Informática foi tramitada pola ETSE en primavera de 2020 e supón unha modernización do título que incorpora, entre outros cambios, novas materias como Ciberseguridade, Intelixencia Artificial ou Seguridade da Información.

A avaliación da modificación foi realizada por unha Comisión da Rama de Coñecemento de Enxeñaría e Arquitectura, formada por expertos nacionais e internacionais do ámbito académico, profesionais e estudantes.

No curso 2021/2022 implantarase esta modificación do plan de estudos que incorpora tamén outros axustes nas Prácticas Externas e no Traballo de Fin de Grao. 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 14.05.2021.