Pasar al contenido principal

Arranca Mática!

mática luns 28
mática luns 28
O campamento tecnolóxico está orientado a rapazas de ESO, Bacharelato e FP interesadas nas TIC.
Santiago de Compostela

A ETSE acolle ata o mércores cerca de 30 rapazas de entre 12 e 18 anos interesadas nas tecnoloxías. 

As actividades de hoxe luns inclúen talleres de programación, talleres de robótica e desenvolvemento de apps. As rapazas tamén farán activides de pensamento computacional. 

O campamento é impulsado polo Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).

María Caseiro, Cristina López, Helena Castro, Andrea Blanco e Clara Suárez, todas elas alumnas do centro, son as encargadas de titorizar as actividades de hoxe. 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.06.2021.