Se es alumno/a de un país membro da Unión Europea ou dun país co que haxa acordo internacional, tes acceso á universidade española sempre que reúnas os requisitos de acceso á universidade no teu país de orixe.
Se realizaches a proba de acceso no teu país de orixe, debes solicitar á UNED (Universidade Nacional de Educación a Distancia) unha credencial que acredite que reúnes os requisitos de acceso á universidade no teu país de orixe.
A credencial é título suficiente para o acceso, e este ordenarase de acordo coa cualificación obtida sobre un máximo de 10 puntos.
Aínda que non é obrigatorio realizar as Probas de Acceso á Universidade, se desexas aumentar as posibilidades de acceso, podes mellorar a nota media ata 4 puntos mediante a realización da parte voluntaria das probas. Se es estudante de sistemas educativos da Unión Europea, podes facelo a través da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED/UNED). Se tes residencia en Galicia, podes facer a proba a través da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG)
Existen graos con moita demanda onde a nota de acceso pode superar os 10 puntos. Recoméndase ao alumnado que desexe preinscribirse en titulacións con límite de prazas facer a proba voluntaria.
Aconsellamos consultar e ter en conta aquelas materias que teñen un maior coeficiente de ponderación para os graos aos que se desexa acceder.
Se tes un título, un diploma ou realizaches estudos en países alleos á Unión Europea ou noutros Estados cos cales no haxa acuerdos internacionais que equivallan aos estudos españois que dan acceso á universidade (bacharelato, técnico superior de formación profesional...), podes acceder aos estudos oficiais de grao na USC homologando os teus estudos ao sistema educativo español.
A cualificación tras a homologación é a nota de acceso aos estudos universitarios.
Os trámites de homologación dos estudos pódense realizar no Ministerio de Educación, ou nas comisións de educación das Embaixadas de España no exterior. Se o domicilio que indicas na solicitude atópase en Galicia, podes realizar o trámite a través da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
A credencial de homologación é título suficiente para o acceso á universidade. Este ordenarase atendendo á cualificación media obtida sobre un máximo de 10 puntos.
Aínda que non é obrigatorio realizar as Probas de Acceso á Universidade, se desexas aumentar as posibilidades de acceso, podes mellorar a nota media ata 4 puntos mediante a realización da parte voluntaria das probas. Se es estudante dun sistema educativo estranxeiro, podes facelo a través da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED/UNED). Se tes residencia en Galicia, podes facer a proba a través da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG).
Existen graos con moita demanda onde a nota de acceso pode superar os 10 puntos. Consulta e ten en conta aquelas materias que teñen un maior coeficiente de ponderación para os graos aos que desexas acceder.
Unha vez solicitada a homologación, co resgardo acreditativo xa podes solicitar praza nos graos que che interesen. A solicitude de homologación ten carácter condicional e ten un valor de 5 puntos. Esta nota poderá modificarse, cando se resolva a homologación, co valor que se che recoñeza.