Ir o contido principal

Acceso para maiores de 40 anos con experiencia laboral e profesional

O acceso para maiores de 40 anos con experiencia laboral e profesional é específico para persoas que acrediten experiencia laboral e profesional relacionada co título de grao que desexen estudar.

Requisitos

  • Cumprir, ou ter cumpridos, 40 anos antes do 1 de xaneiro de 2024.

  • Acreditar experiencia laboral e profesional relacionada co grao que se desexa realizar.

  • Superar unha entrevista persoal de adecuación da experiencia ao perfil do grao solicitado.

  • Non posuír ningunha titulación académica para acceder á universidade por calquera outra vía.

A avaliación da experiencia laboral e profesional estrutúrase en dúas fases obrigatorias. Para superar a avaliación hai que obter un mínimo de 4 puntos sobre 10 en cada unha delas.

  • 1.ª fase: experiencia laboral e profesional (ata 6 puntos); formación (ata 2 puntos); galego (ata 1 punto); outros méritos (ata 1 punto)

  • 2.ª fase: entrevista persoal (ata 10 puntos)

Debes acompañar a túa solicitude dunha copia do DNI ou pasaporte, do teu currículo (seguindo o modelo da convocatoria) e, se é o caso, dun xustificante da redución ou exención dos prezos públicos.

A presentación da solicitude debes facela na Sede Electrónica da USC. Só no caso de imposibilidade de presentación na Sede Electrónica é posible facer a solicitude de forma presencial no Servizo de Xestión Académica en Compostela ou na Vicexerencia do Campus de Lugo.

Coa presentación da solicitude na sede, xerarase o impreso de liquidación do pago da taxa de inscrición por un valor de 63,67 euros, que tes que aboar nese mesmo momento.

Se fas a solicitude de forma presencial, xerarase o impreso de liquidación no momento de presentala.

Unha vez aboadas as taxas debes enviar copia do xustificante de ingreso ao enderezo electrónico do Servizo de Xestión Académica (sxa [at] usc.gal (sxa[at]usc[dot]gal)). O ingreso tes que realizalo dentro do prazo de matrícula.

Só podes solicitar unha titulación en cada convocatoria. Excepcionalmente poderá autorizarse optar a máis dunha titulación se as datas da segunda fase (entrevista) non son coincidentes. Nese caso xerarase unha liquidación de taxas por cada titulación.

Se superas a proba, terás que matricularte na titulación elixida no prazo que che marcará o Servizo de Xestión Académica.

Presentación de solicitudes

10 a 28 de febreiro

Publicación dos tribunais

9 de marzo

Publicación dos criterios de valoración da primeira e a segunda fase

15 de marzo

Publicación de resultados da primeira fase

30 de marzo

Segunda fase: entrevistas

19 a 21 de abril*

Publicación das cualificacións da segunda fase e das cualificacións finais

27 de abril

Publicación das cualificacións definitivas tras a revisión

11 de maio

* Publicaranse as datas e horas específicas de cada candidato xunto coas cualificacións da primeira fase.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.02.2023.