A solicitude de preinscrición para iniciar estudos oficiais de grao é única e obrigatoria para realizar estudos en calquera das universidades públicas de Galicia. Nela relacionaranse os graos e centros aos cales se desexa acceder segundo unha rigorosa orde de preferencia, que comezará coa de maior interese. A devandita orde será vinculante durante todo o proceso de admisión.
Na solicitude debes relacionar os graos e os centros aos cales desexas acceder segundo a túa orde de preferencia, que comezará cos de maior interese. Esta orde será vinculante durante todo o proceso de admisión.
- Dentro do prazo de preinscrición, poderás realizar as modificacións que desexes e consideres necesarias.
- Podes facer a solicitude de acceso ou preinscrición cumprimentando este formulario a través da aplicación informática NERTA.
- Se non tes os teus datos persoais ou académicos na aplicación de NERTA, debes rexistrarte previamente. Consulta estas instrucións para alumnado sen datos en NERTA.
- Tamén se pode realizar a preinscrición nun LERD (Lugar de Entrega e Recollida de Documentación) en horario de 09:00 a 14:00 horas.
Preinscrición para o acceso e Matrícula
Preinscrición anticipada |
12 xuño - 1 xullo (ata ás 14:00h. |
Preinscrición da Convocatoria Ordinaria |
19 xuño - 1 xullo (ata ás 14:00h. |
Prazo límite para que o estudantado poidan comunicar erros na gravación de datos (especialmente os erros nas cualificacións) | 4 de xullo (ata ás 14:00h. |
Preinscrición para persoas tituladas en xuño/xullo de 2024 | 14 a 26 xullo (ata ás 14:00h.) |
Preinscrición da Convocatoria Extraordinaria (persoas que non solicitaron na ordinaria) | 17 a 22 xullo (ata ás 14:00h) |
Solicitude de Admisión (Prescrición) para alumnado que realizou as ABAU, en setembro, fóra da C.A. de Galicia. Será convocado do 2 ao 5 de outubro. | 23 a 27 setembro (ata ás 14:00h.) |