Organizador: Escola Politécnica Superior
Este seminario tratará as bases científico-técnicas para o establecemento da Infraestrutura Verde de Galicia

Este seminario, impartido por Enrique Luis de Salvador Sánchez, director do Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia, ten como obxectivo dar a coñecer a toda a comunidade universitaria, ademais de egresados, profesionais e público xeral a “Estrategia Gallega de Infraestructura Verde y de la Conectividad y la Restauración Ecológicas [Estrategia Gallega de Infraestructura Verde]. Nesta estratexia se establece o marco xeral da infraestrutura verde para o ámbito mariño e terrestre de Galicia, así como para os grandes ámbitos urbanos-periurbanos, e como ferramenta para dar cumprimento aos requirimentos fixados polas normas e estratexias da Unión Europea e do Estado.