Ir o contido principal

Plan Formativo Campus Terra 2025

Estratexia Nacional de Infraestructura Verde e da Conectividade e Restauración Ecolóxicas

24.04.2025 | 10.00h-14.00h

Salón de Actos da EPS de Enseñaría

Organizador: Escola Politécnica Superior

Seminario para coñecer o ENIVCRE, o documento de planificación estratéxica que regula a implantación e o desenvolvemento da Infraestrutura Verde en España.

Imaxe do Seminario
Imaxe do Seminario

Este seminario técnico, impartido por María Jesús Rodríguez de Sancho, directora xeral de Biodiversidad, Bosques y Desertificación - Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico,  ten como obxectivo dar a coñecer a toda a comunidade universitaria, ademais de egresados, profesionais e público xeral a “Estratexia Nacional de Infraestrutura Verde e da Conectividade e Restauración Ecolóxicas” (ENIVCRE), como ferramenta que establece o marco administrativo e técnico harmonizado para o conxunto do territorio español, incluíndo as augas marítimas baixo soberanía ou xurisdición nacional.

A protección e conservación da diversidade biolóxica e os ecosistemas, así como a promoción de infraestruturas verdes, son aspectos clave da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible e figuran de forma destacada en moitos dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e metas asociadas. 

As persoas interesadas en participar neste seminario poden facer a súa inscrición na seguinte ligazón.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.04.2025.