Educación emocional inclusiva: estratexias, metodoloxías e alumnado con necesidade específica de apoio educativo
Autoría
K.A.R.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario

Data da defensa
03.09.2025 11:30
03.09.2025 11:30
Resumo
A presente investigación desenvolveuse mediante unha revisión sistemática, a cal analiza o impacto da educación emocional na inclusión do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE) nas aulas ordinarias da etapa de educación primaria. Para iso, seguíronse os principios metodolóxicos do modelo PRISMA e consultáronse tres bases de datos científicas (Scopus, Web of Science e Dialnet) co fin de seleccionar e analizar estudos publicados nos últimos cinco anos. Como resultado, incluíronse oito estudos realizados en diferentes contextos socioeducativos que daban resposta aos obxectivos da investigación. A partir da súa análise abórdanse variables clave como a participación, o rendemento académico, o manexo emocional, o clima de aula e a cohesión grupal. Os resultados poñen de manifesto un impacto positivo xeneralizado das metodoloxías e estratexias baseadas na educación emocional, tanto no alumnado con NEAE como tamén nos compañeros e nas compañeras que non posúen tal diagnóstico. Evidéncianse melloras na convivencia, na autoestima, na autorregulación emocional, no benestar persoal, no autocoñecemento e na integración grupal. Así mesmo, sublíñase o papel protagonista do profesorado como axente de transformación educativa, así como a necesidade dunha formación docente en competencias e habilidades emocionais. A pesar de certas limitacións metodolóxicas, como o tamaño das mostras ou a duración das intervencións, os achados avalan a incorporación da educación emocional no currículo de educación primaria para a construcción de espazos escolares máis inclusivos, empáticos e equitativos, nos que o alumnado con diagnóstico de NEAE poida participar activamente na aula e desenvolverse persoal e académicamente.

Dirección
DIZ LOPEZ, MARIA JULIA (Titoría)
DIZ LOPEZ, MARIA JULIA (Titoría)
Tribunal
SOTELINO LOSADA, ALEJANDRO (Coordinador)
GRADAILLE PERNAS, RITA (Presidente/a)
LONGUEIRA MATOS, SILVANA (Secretario/a)
QUIROGA CARRILLO, ANAIS (Vogal)

O rol do Traballador Social na educación formal
Autoría
P.A.P.
Máster Universitario en Procesos de Formación
P.A.P.
Máster Universitario en Procesos de Formación
Data da defensa
09.07.2025 16:00
09.07.2025 16:00
Resumo
O Traballo Social no ámbito educativo gañou relevancia dende a implantación da LOGSE, que promoveu a educación inclusiva. A súa labor abarca tanto necesidades educativas como problemáticas sociais que afectan ó alumnado, así como o absentismo ou a exclusión e require dun enfoque interdisciplinar en colaboración con outros profesionais do sistema educativo. Este traballo ten como obxectivo analizar rol que ten o profesional do Traballo Social na educación formal e que beneficios ofrece ó ámbito a partir dunha revisión sistemática. Para isto, realizouse unha búsqueda en cinco bases de datos (Dialnet, Proquest, WOS, ERIC y Scopus) seguindo a declaración PRISMA para a selección de artigos. Seleccionáronse sete artigos que abordan o papel do Traballo Social na educación dende diversas perspectivas: dende a súa función chave na garantía do dereito a educación, a súa perda de visibilidade e propostas de intervención, ata o seu papel na inclusión, a colaboración con outros profesionais e experiencias concretas de apoio á diversidade. Conclúese que o Traballo Social educativo é chave para a inclusión, prevención e apoio integral nas escolas. Ainda que a súa presencia en España é limitada, experiencias internacionais demostran o seu impacto positivo na equidade, benestar estudiantil e a cohesión educativa.

FERNANDEZ REY, ELENA (Titoría)
FERNANDEZ REY, ELENA (Titoría)
Tribunal
GARCIA MURIAS, REBECA (Presidente/a)
PARADA GAÑETE, ANA (Secretario/a)
REGUEIRO FERNANDEZ, BIBIANA (Vogal)
GARCIA MURIAS, REBECA (Presidente/a)
PARADA GAÑETE, ANA (Secretario/a)
REGUEIRO FERNANDEZ, BIBIANA (Vogal)
Diseño de una propuesta formativa para la empresa Maga Vigo: cualificación profesional de operador de grúa-torre
Autoría
J.E.A.M.
Máster Universitario en Procesos de Formación
J.E.A.M.
Máster Universitario en Procesos de Formación
Data da defensa
09.07.2025 16:00
09.07.2025 16:00
Resumo
A proposta formativa que se presenta a continuación enmárcase no contexto do Máster Universitario en Procesos de Formación da Universidade de Santiago de Compostela. O seu obxectivo é dar resposta a unha necesidade real detectada no ámbito da construción en Galicia: a escasa oferta formativa para desempeñar a ocupación de operador de grúa torre, e a consecuente carencia de operadores debidamente cualificados. Os operadores de grúa torre están incluídos no Catálogo de Ocupacións de Difícil Cobertura do Servizo Público de Emprego Estatal. En consecuencia, este Traballo de Fin de Máster adopta a modalidade de deseño dunha proposta formativa semi-presencial, a cal ten como obxectivo cualificar a persoas adultas a través dun programa flexible e axustado á realidade do posto de operador de grúa torre. Esta proposta permitirá adquirir as competencias necesarias para o manexo seguro deste tipo de maquinaria, de acordo coas disposición legais e regulamentarias vixentes. Para iso, recórrese a unha concepción da formación fundamentada na aprendizaxe ao longo da vida, incorporando metodoloxías activas, recursos dixitais e prácticas contextualizadas no sector da construción

CEBREIRO LOPEZ, BEATRIZ (Titoría)
CEBREIRO LOPEZ, BEATRIZ (Titoría)
Tribunal
GARCIA MURIAS, REBECA (Presidente/a)
PARADA GAÑETE, ANA (Secretario/a)
REGUEIRO FERNANDEZ, BIBIANA (Vogal)
GARCIA MURIAS, REBECA (Presidente/a)
PARADA GAÑETE, ANA (Secretario/a)
REGUEIRO FERNANDEZ, BIBIANA (Vogal)
Do relato á aula: a obra literaria de Manuel Rivas como ferramenta para a análise do Franquismo
Autoría
X.L.A.D.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)

07.07.2025 12:30
07.07.2025 12:30
Resumo
O presente traballo é unha Unidade Didáctica aplicada ao ensino da materia de Historia de España para segundo de Bacharelato nun centro de ensino medio en Galicia. O traballo versa sobre a aplicación dos recursos literarios como soporte explicativo dun período histórico concreto. O período escollido é o da Guerra Civil Española e o sucesivo réxime de Francisco Franco nos seus primeiros anos. Na Unidade propónse o traballo sobre os textos literarios escollidos de Manuel Rivas, autor galego, ambientados e baseados en sucesos concretos do devandito período. Ademais, preséntase unha breve reflexión sobre a experiencia educativa e o fenómeno da aprendizaxe no contexto presente (anos 2020) nos que se podería desenvolver a Unidade de maneira hipotética.

REQUEIXO CUBA, ARMANDO (Titoría)
REQUEIXO CUBA, ARMANDO (Titoría)
Tribunal
ARMAS CASTRO, JOSE ANGEL (Presidente/a)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Secretario/a)
GARCIA SOTO, LUIS MODESTO (Vogal)
ARMAS CASTRO, JOSE ANGEL (Presidente/a)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Secretario/a)
GARCIA SOTO, LUIS MODESTO (Vogal)
A sexualidade baixo a lente do patriarcado: como viven a súa sexualidade homes e mulleres.
Autoría
S.A.R.
Máster Universitario en Igualdade, Xénero e Educación
S.A.R.
Máster Universitario en Igualdade, Xénero e Educación
Data da defensa
14.02.2025 11:30
14.02.2025 11:30
Resumo
Neste traballo estúdase como o patriarcado influíu na construción da sexualidade e, en consecuencia, como esta estrutura social impacta tanto a nivel individual como a nivel interpersoal nas relacións afectivas e sociais. A través dunha análise crítica e multidisciplinar, analízanse as organizacións simbólicas e culturais que perpetúan as desigualdades de xénero, do mesmo xeito que estas desigualdades inflúen na percepción dun/ha mesmo/a, contribúen ás dinámicas de poder e afectan ás experiencias emocionais. Ademais, analízanse as construcións patriarcais como as principais responsables de moldear a sexualidade masculina e feminina, as cales reforzan estereotipos, fomentan inseguridades e restrinxen a capacidade das persoas para construír relacións igualitarias e satisfactorias. O estudo tamén aborda a imperiosa necesidade de incluír no currículo das etapas educativas a Educación Sexual Integral (ESI) como unha ferramenta fundamental para desafiar estas dinámicas. Este traballo busca contribuír ao entendemento das raíces da desigualdade de xénero para, no futuro, poder propoñer camiños cara á súa superación.

GARCIA MARIN, JORGE (Titoría)
GARCIA MARIN, JORGE (Titoría)
Tribunal
REY CASTELAO, OFELIA (Presidente/a)
VARELA VAZQUEZ, PEDRO (Secretario/a)
RODRIGUEZ ALVAREZ, ANA (Vogal)
REY CASTELAO, OFELIA (Presidente/a)
VARELA VAZQUEZ, PEDRO (Secretario/a)
RODRIGUEZ ALVAREZ, ANA (Vogal)
Plan Formativo para Docentes de Secundaria: Estratexias para Desenvolver a Alfabetización Dixital e o Pensamento Crítico no Alumnado
Autoría
L.A.C.
Máster Universitario en Procesos de Formación
L.A.C.
Máster Universitario en Procesos de Formación
Data da defensa
10.07.2025 10:00
10.07.2025 10:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster propón un plan formativo dirixido ao profesorado de Educación Secundaria co obxectivo de dotalo de estratexias e recursos pedagóxicos para fomentar a alfabetización dixital crítica no alumnado. Parte da necesidade urxente de preparar á xuventude para desenvolverse nun entorno dixital caracterizado pola desinformación, a sobrecarga informativa e os riscos asociados ao uso acrítico da tecnoloxía. A proposta se fundamenta no Marco de Referencia da Competencia Dixital Docente (MRCDD), especialmente na área 6.1, así como na LOMLOE e nas recomendacións europeas sobre competencias clave. O programa estructúrase en cinco bloques temáticos, desenvoltos ao longo dun curso académico, cun total de 60 actividades, avaliadas mediante unha metodoloxía activa e reflexiva. Avaliar o plan se plantexa coma un proceso formativo e continuo, baseado na observación, o portfolio, a coavaliación e a entrega de evidencias prácticas a través dun entorno virtual. Como conclusión, se contrata a necesidade de integrar a alfabetización dixital e o pensamento crítico de forma transversal no currículo, e se ofrece unha proposta viable, contextualizada e transferible a centros educativos reais.

FERNANDEZ MORANTE, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
FERNANDEZ MORANTE, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
Tribunal
MARTINEZ PIÑEIRO, MARIA ESTHER (Presidente/a)
VILA COUÑAGO, ESTHER (Secretario/a)
SANJUAN ROCA, MARIA DEL MAR (Vogal)

Proposta didáctica de creación audiovisual a través da reutilización do arquivo persoal
Autoría
C.A.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)

11.07.2025 16:00
11.07.2025 16:00
Resumo
O presente traballo expón unha proposta didáctica deseñada para a materia de Cultura Audiovisual de 1º de Bacharelato que propón e investiga o uso do arquivo como ferramenta didáctica e como recurso de creación audiovisual. O proxecto busca analizar as posibilidades do arquivo propio e familiar como instrumento para poñer en valor o patrimonio e a memoria colectiva dunha sociedade. Dita proposta enfócase na remontaxe como medio para dar a coñecer as prácticas de creación audiovisual baseadas na reutilización e reciclaxe de materiais preexistentes, traballando así a montaxe de maneira crítica e creativa e fomentando, ao mesmo tempo, a alfabetización audiovisual.

DIAZ SEOANE, ANGELES (Titoría)
CORTIZAS VARELA, OLALLA Cotitoría
DIAZ SEOANE, ANGELES (Titoría)
CORTIZAS VARELA, OLALLA Cotitoría
Tribunal
GILLANDERS , CAROL JEAN (Presidente/a)
Clavero Ibañez de Garayo, Sergio (Secretario/a)
Trigo Martínez, Cristina (Vogal)

Violencias machistas no ámbito das esquerdas galegas
Autoría
C.A.M.
Máster Universitario en Igualdade, Xénero e Educación
C.A.M.
Máster Universitario en Igualdade, Xénero e Educación
Data da defensa
14.02.2025 11:30
14.02.2025 11:30
Resumo
As violencias machistas no ámbito das esquerdas continúan a ser un tema tabú dentro da esquerda partidaria, mais a loita feminista cada vez ten máis altofalantes para denunciar esta situación, estando moi pouco aproveitado ó do ámbito académico. Este Traballo de Fin de Máster é unha investigación empírica e mixta, que analiza as violencias machistas e ós autores destas, no ámbito das esquerdas galegas, mediante un cuestionario respondido por mulleres e persoas no espectro non binario participes do movemento de esquerdas da Galiza. Este estudo describe con que frecuencia e de que modo se dan as violencias machistas neste eido, examina ós agresores descritos determinando que tipo de masculinidade teñen. Os resultados indican que a violencia machista atravesa á esquerda como a calquera outra ideoloxía, coa particularidade da camufluxe dos agresores.

DIZ OTERO, ISABEL (Presidente/a)
VILLALBA SANCHEZ, ALICIA (Secretario/a)
AÑON LOUREIRO, LORENA (Vogal)
DIZ OTERO, ISABEL (Presidente/a)
VILLALBA SANCHEZ, ALICIA (Secretario/a)
AÑON LOUREIRO, LORENA (Vogal)
Estudo e investigación sobre as posibilidades da historia da arte no cinema trasladado a un público de secundaria.
Autoría
L.A.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
L.A.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
Data da defensa
14.07.2025 11:00
14.07.2025 11:00
Resumo
Neste traballo proponse unha unidade didáctica dirixida ao alumnado de 2º de Bacharelato da materia de Fundamentos Artísticos. A través da proxección de películas biográficas sobre artistas, preténdese favorecer unha comprensión profunda e contextualizada dos contidos teóricos da materia, así como estimular o pensamento crítico, a reflexión persoal e a apreciación estética. A proposta metodoloxía une o visionado, a análise colectiva das películas e a elaboración de reflexións persoais escritas, co fin de fomentar o diálogo entre a linguaxe audiovisual e a historia da arte. A temporalización flexible das actividades permite a súa inserción natural ao longo do curso, coincidindo cos bloques temáticos correspondentes a cada artista tratado. A proposta sitúase dentro dun enfoque competencial e participativo, #de acordo con os principios da LOMLOE, e busca reforzar a aprendizaxe significativa a través de metodoloxías activas e interdisciplinares.

CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
Tribunal
FRANCO VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Secretario/a)
LOPEZ CARRETERO, XOSÉ MARÍA (Vogal)

A cidade española no contexto da globalización: patrimonio, desafíos e sostibilidade. Unha propoesta educativa para a educación secundaria
Autoría
A.A.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
A.A.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
10.09.2025 18:00
10.09.2025 18:00
Resumo
Preséntase unha proposta de unidade didáctica para a materia de Xeografía e Historia de 2º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). Nela procúrase facer unha aproximación á xeografía urbana para alumnos de doce a catorce anos, a partir da interpretación e valoración do patrimonio ou a paisaxe e a sensibilización ante os desafíos urbanos desde a perspectiva da sustentabilidade. A unidade pretende formar a alumnos que se convertan en cidadáns críticos e responsables, que saiban aplicar o razoamento e o coñecemento científico á realidade que perciben diariamente e que participen en iniciativas que teñan como finalidade a procura do ben común. A incorporación dunha perspectiva multidisciplinar ou de metodoloxías activas de aprendizaxe (como o traballo cooperativo ou a realización dun itinerario didáctico) distinguen esta proposta das unidades de contido típicas dos manuais escolares.

ARMAS QUINTA, FRANCISCO JOSE (Titoría)
ARMAS QUINTA, FRANCISCO JOSE (Titoría)
Tribunal
LOPEZ MONDEJAR, MARIA LETICIA (Presidente/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Secretario/a)
PIÑEIRA MANTIÑAN, MARIA JOSE (Vogal)

Proposta formativa para profesionais sanitarios de contextos penitenciarios: abordaxe sobre os problemas de saúde mental das persoas reclusas.
Autoría
U.A.G.
Máster Universitario en Procesos de Formación
U.A.G.
Máster Universitario en Procesos de Formación
Data da defensa
09.07.2025 16:00
09.07.2025 16:00
Resumo
A atención á saúde mental en contextos penitenciarios constitúe un reto profesional e ético de grande relevancia, especialmente pola elevada prevalencia de trastornos mentais entre a poboación relcusa. Sen embargo, o persoal sanitario que traballa en prisión conta con formación específica limitada para abordar esta realidade de maneira integral. Este Traballo de Fin de Máster presenta unha proposta formativa dirixida ao persoal sanitario dos centros penitenciarios de Galicia, orientada a fortalecer a capacidade de intervención sanitaria dende un enfoque máis humano, colaborativo e psicosocial. A proposta céntrase na construción compartida de saberes, a sensibilización ética e a mellora do traballo en rede con otros axentes implicados e implicadas. Incorpora metodoloxías activas, actividades participativas e ferramentas de avaliación continua; todo elo, co obxectivo de favorecer aprendizaxes significativas, impulsar prácticas sanitarias máis respectuosas cos dereitos humanos e promover a transformación do contexto institucional.

FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Titoría)
VALCARCE FERNANDEZ, MARGARITA Cotitoría
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Titoría)
VALCARCE FERNANDEZ, MARGARITA Cotitoría
Tribunal
GARCIA MURIAS, REBECA (Presidente/a)
PARADA GAÑETE, ANA (Secretario/a)
REGUEIRO FERNANDEZ, BIBIANA (Vogal)
GARCIA MURIAS, REBECA (Presidente/a)
PARADA GAÑETE, ANA (Secretario/a)
REGUEIRO FERNANDEZ, BIBIANA (Vogal)
A Educación Afectivo-Sexual: a materia pendente do sistema educativo español. Unha revisión sistemática
Autoría
S.A.G.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
S.A.G.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
02.09.2025 11:00
02.09.2025 11:00
Resumo
A Educación Afectivo-Sexual constitúese como un dos piares esenciais para o desenvolvemento das persoas, ao non abordar, exclusivamente,contidos biolóxicos e preventivos, senón tamén ao traballar con aspectos relacionais, emocionais e éticos, promovendo o respecto pola diversidade, o autocoñecemento e a construción de vínculos seguros e sans, baseados na responsabilidade afectiva, a igualdade e o mutuo consentimento. Con todo, a súa presenza dentro do sistema educativo español estivo marcada, ao longo dos anos, por unha desigualdade e fragmentación, limitantes na súa implantación efectiva. Este Traballo de Fin de Máster ten como obxectivo principal analizar a existencia e/o implementación de Programas de Educación Afectivo-Sexual en España durante o últimos quince anos. Para iso, se levou a cabo unha revisión sistemática, empregando os principios da declaración PRISMA, concretamente revisáronse 8 investigacións as que se accedeu a través de Web of Science, Scopus, Dialnet, o Google Académico. Os resultados revelaron unha clara prevalencia de modelos nos que predomina o enfoque biologicista, en detrimento de unha perspectiva centrada nunha dimensión afectiva. Así mesmo, se detectou unha falta de continuidade nos programas e unha reducida presenza, destes, en etapas iniciais. A pesar da existencia de certas limitacións, tamén se puideron identificar estudos con propostas máis transformadoras e inclusivas, que apostan por unha sexualidade emocionalmente saudable, respectuosa e libre. Este traballo concluíu coa presentación dunha seriede propostas para unha implementación máis efectiva da Educación Afectivo-Sexual como ferramenta para a formación integral das nenas e nenos dentro do contexto educativo.

ALONSO RUIDO, PATRICIA (Titoría)
ALONSO RUIDO, PATRICIA (Titoría)
Tribunal
OLVEIRA OLVEIRA, MARIA ESTHER (Presidente/a)
MIGUEZ SALINA, GABRIELA DOLORES (Secretario/a)
GARCIA VINUESA, ANTONIO (Vogal)

Máis alén da pantalla
Autoría
V.A.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)

14.07.2025 10:00
14.07.2025 10:00
Resumo
O uso abusivo das redes sociais na adolescencia está a xerar un impacto preocupante no ámbito educativo, afectando negativamente á concentración, ao rendemento académico, ao benestar emocional e ás relacións interpersoais. Esta realidade require unha resposta preventiva e formativa por parte do Departamento de Orientación, dirixida a fomentar un uso consciente e saudable da tecnoloxía. Neste contexto, preséntase unha proposta de intervención educativa baseada nun programa formativo dirixido ao profesorado titor de 1.º da ESO, integrado no marco do Plan de Acción Titorial (PAT). O obxectivo principal deste traballo é capacitar ao profesorado titor para incorporar estratexias de mindfulness nas titorías, fomentando a súa autonomía na prevención da adicción dixital e actuando como extensión da figura do orientador na aula. Deste xeito, tamén se promove a autorregulación emocional e o benestar do alumnado nun marco inclusivo e adaptado á diversidade. A metodoloxía segue un enfoque por programas e está deseñada para ser realista, sostible e transferible ao contexto educativo actual. Con esta proposta preténdese contribuír á formación docente e á innovación pedagóxica nos centros, mediante prácticas que promovan o uso responsable e inclusivo da tecnoloxía no contexto escolar actual.

Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Titoría)
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Titoría)
Tribunal
MARIÑO FERNANDEZ, RAQUEL (Presidente/a)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Secretario/a)
GARCIA MURIAS, REBECA (Vogal)
MARIÑO FERNANDEZ, RAQUEL (Presidente/a)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Secretario/a)
GARCIA MURIAS, REBECA (Vogal)
Ciencia na aula: experimentando coa pedagoxía Montessori
Autoría
E.A.R.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
E.A.R.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Data da defensa
08.09.2025 16:30
08.09.2025 16:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Mestrado, o cal se corresponde como un estudo de caso cualitativo, analiza a influencia da pedagoxía Montessori na aprendizaxe das características e propiedades da auga a través de experimentos en Educación Infantil. A intervención desenvolveuse nunha aula de 5º de Infantil con 26 nenas e nenos de 5 a 6 anos, dividida en dous subgrupos para garantir unha experimentación segura e organizada. A recollida de datos forma parte dunha combinación entre observación directa gravada en audio, fichas de hipóteses/conclusións e listas de control. Os resultados evidenciaron unha maior comprensión dos contidos científicos sobre os procesos e características da auga e un claro aumento na motivación, na participación e na aprendizaxe do alumnado.

Blanco Anaya, Paloma (Titoría)
Blanco Anaya, Paloma (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ BLANCO, MARIA TERESA (Presidente/a)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Secretario/a)
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA (Vogal)

O canto coral en educación secundaria. Análise da percepción e da formación do profesorado de música e a súa aplicación nas aulas.
Autoría
D.A.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
D.A.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
Data da defensa
14.07.2025 12:30
14.07.2025 12:30
Resumo
Esta investigación ten como obxectivo analizar a formación e a percepción dos docentes de música de educación secundaria de Galicia con respecto ao canto coral e o seu uso nas aulas. Para lograr o obxectivo óptase por un deseño metodolóxico mixto empregando como instrumentos de recollida de datos un cuestionario e unha entrevista semiestruturada elaborados ad hoc. A mostra está formada por cento vinte docentes de música de educación secundaria, no caso do cuestionario, e por catro participantes nas entrevistas. Os resultados manifestan que a meirande parte do profesorado recoñece que a súa formación inicial sobre práctica vocal e canto coral é insuficiente e demandan un maior tratamento desta cuestión nos plans de estudo das universidades e conservatorios de música. Así mesmo, tamén consideran necesario unha mellora da formación continua, atendendo ás necesidades do profesorado. Con todo, recoñecen que o canto coral posúe unha serie de beneficios psicosociais e curriculares moi importantes para a adolescencia.

LOPEZ FERNANDEZ, CARME (Titoría)
LOPEZ FERNANDEZ, CARME (Titoría)
Tribunal
FRANCO VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Secretario/a)
LOPEZ CARRETERO, XOSÉ MARÍA (Vogal)
FRANCO VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Secretario/a)
LOPEZ CARRETERO, XOSÉ MARÍA (Vogal)
Adecuación das sesións de ESTALMAT ás aulas ordinarias da ESO: estudo de caso
Autoría
B.A.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)

10.07.2025 09:00
10.07.2025 09:00
Resumo
O proxecto ESTALMAT nace como unha iniciativa para desenvolver as competencias e coñecementos matemáticos de rapazas e rapaces dos primeiros cursos de ESO que teñan talento e curiosidade polas matemáticas. A pesar de que as sesións impartidas dentro deste proxecto non se centran en contidos que tradicionalmente se imparten nos centros de ensino secundario, si que poden ter cabida dentro do currículo da LOMLOE Ademais, trátase de contidos que, pola súa novidosa formulación e vinculación con ámbitos como a tecnoloxía, poden resultar especialmente atractivos tamén para o alumnado en xeral. Neste traballo de fin de máster proponse a adaptación dunha sesións de ESTALMAT, centrada na teoría de autómatas, como proposta didáctica destinada ao alumnado de 3º da ESO. Ademais, levouse a cabo a súa implementación nun contexto real de aula, co obxectivo de avaliar tanto a eficacia da proposta en termos de aprendizaxe, como a resposta afectiva que xerou no alumnado. Os resultados obtidos permiten concluír que a intervención foi exitosa en ambas dimensións e suxiren que sería interesante explorar a integración de iniciativas similares no ámbito ordinario da Educación Secundaria Obrigatoria.

RODRIGUEZ RAPOSO, ANA BELEN (Titoría)
RODRIGUEZ RAPOSO, ANA BELEN (Titoría)
Tribunal
Diz Pita, Érika (Coordinador)
ALONSO TARRIO, LEOVIGILDO (Presidente/a)
CORTIZAS VARELA, OLALLA (Vogal)

Estratexias para traballar a arqueoloxía en educación primaria
Autoría
I.A.P.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
I.A.P.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Data da defensa
10.02.2025 16:30
10.02.2025 16:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster examina a integración do patrimonio arqueolóxico e a arqueoloxía na educación primaria a través dunha proposta pedagóxica innovadora baseada na aprendizaxe cooperativa. Este enfoque ten o potencial de enriquecer e diversificar o currículo escolar, espertando no alumnado un interese activo pola historia, a cultura e a identidade. Ao mesmo tempo, fomenta competencias fundamentais como o pensamento crítico, a colaboración e a reflexión. A importancia desta temática radica na súa capacidade para achegar o patrimonio arqueolóxico aos discentes, mellorando a súa experiencia educativa e fortalecendo a súa conexión coa contorna histórica e social, á vez que é promovida unha educación máis comprometida coa conservación do legado cultural.

LOPEZ MONDEJAR, MARIA LETICIA (Titoría)
LOPEZ MONDEJAR, MARIA LETICIA (Titoría)
Tribunal
ARMAS CASTRO, JOSE ANGEL (Presidente/a)
FAYA CERQUEIRO, FATIMA MARIA (Secretario/a)
Rodríguez Fernández, José Eugenio (Vogal)

Revisión sistemática dos programas de prevención do consumo de substancias en España: posibilidades e retos do departamento de orientación
Autoría
S.A.A.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
S.A.A.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
14.07.2025 09:00
14.07.2025 09:00
Resumo
A adolescencia constitúe unha etapa crítica na que conflúen diversos factores biolóxicos, psicolóxicos e sociais que incrementan a vulnerabilidade ao consumo de sustancias. A elevada incidencia do consumo de alcohol, tabaco ou cannabis en España evidencia unha necesidade urxente de implementar estratexias preventivas dende os centros educativos, pois representan un contexto ideal para promover hábitos saudables e previr condutas de risco. Este Traballo de Fin de Máster ten como obxectivo analizar os programas de prevención implementados no noso país a través dunha revisión sistemática baseada no protocolo PRISMA. Os programas revisados susténtanse en metodoloxías activas para fomentar habilidades sociais, emocionais e cognitivas, así como para limitar a presión que exerce o contexto. En termos xerais, evidénciase un impacto positivo na redución do consumo, tanto se son aplicados por docentes como por profesionais externos/as. Sen embargo, destácase a escasa implicación dos departamentos de orientación, polo que se conclúe que a prevención debe abordarse dende un enfoque integral e transversal, que involucre tamén ás familias e á comunidade, situando ao/a orientador/a como peza clave para garantir a eficacia e continuidade das accións preventivas dentro do centro educativo.

RODRIGUEZ GROBA, ANA (Titoría)
RODRIGUEZ GROBA, ANA (Titoría)
Tribunal
MARIÑO FERNANDEZ, RAQUEL (Presidente/a)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Secretario/a)
GARCIA MURIAS, REBECA (Vogal)
MARIÑO FERNANDEZ, RAQUEL (Presidente/a)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Secretario/a)
GARCIA MURIAS, REBECA (Vogal)
Unveiling Éire: unha proposta didáctica para o tratamento da cultura irlandesa nas aulas de inglés da Escola Oficial de Idiomas
Autoría
A.A.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)

09.07.2025 11:00
09.07.2025 11:00
Resumo
Este TFM constitúe unha proposta para introducir aspectos culturais dos países anglófonos nas aulas de inglés como lingua estranxeira (EFL) dunha Escola Oficial de Idiomas en Galicia. En concreto, búscase achegar a cultura de Irlanda ao alumnado sen deixar de lado o traballo das actividades de lingua e contidos lingüísticos. O obxectivo principal é, polo tanto, deseñar unha unidade didáctica que integre no currículo a aprendizaxe de aspectos culturais, promovendo a competencia intercultural e a motivación intrínseca do alumnado a través do uso de materiais adecuados ao seu nivel. Para acadar esta fin, o traballo estruturarase da seguinte maneira: en primeiro lugar, un marco teórico no que se reflexionará sobre a relevancia e motivacións de incorporar cultura ás aulas de EFL, a continuación, unha breve reflexión sobre a metodoloxía empregada, seguida da propia unidade didáctica, encadrada nos contidos previamente defendidos.

PEREIRA ROMASANTA, RAQUEL (Titoría)
PEREIRA ROMASANTA, RAQUEL (Titoría)
Tribunal
LOPEZ SANDEZ, MARIA (Coordinador)
Fuentes Ríos, Aránzazu (Secretario/a)
PALACIOS MARTINEZ, IGNACIO MIGUEL (Vogal)

As emocións na aprendizaxe da física e química ó longo do instituto. análise e estudo das metodoloxías didácticas para motivar ó alumnado.
Autoría
D.B.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
D.B.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
07.07.2025 09:00
07.07.2025 09:00
Resumo
Un dos maiores problemas ó longo da ESO e bacharelato é o rexeitamento, medo e preocupación do alumnado ó ter que afrontarse á materia de Física e Química. Estas emocións negativas non só dificultan a comprensión dos conceptos, senón que tamén diminúen a motivación e o interese pola asignatura, creando unha barreira entre os estudantes e a materia que non todos son capaces de afrontar. Como consecuencia, o estudo da física e da química nesta etapa faise especialmente árduo, sendo unha das materias nas que, como norma xeral, os alumnos obteñen peores resultados. Ó longo do presente traballo de investigación estudaranse as causas e motivos que levan ó alumnado a desenvolver estes sentimentos negativos, co fin de comprender cales son os factores que contribúen a esta aversión pola materia. Analizando estes datos identificaremos os puntos máis febles do tratamento que recibe a física ó longo do instituto, para rematar recalcando a necesidade do profesorado na creación dun ambiente emocionalmente positivo mediante metodoloxías e estratexias didácticas efectivas.

GARCIA MURIAS, REBECA (Titoría)
GARCIA MURIAS, REBECA (Titoría)
Tribunal
PUIG MAURIZ, BLANCA (Presidente/a)
GARCIA ANTELO, BEATRIZ (Secretario/a)
FERRADAS RIAL, YOLANDA (Vogal)
PUIG MAURIZ, BLANCA (Presidente/a)
GARCIA ANTELO, BEATRIZ (Secretario/a)
FERRADAS RIAL, YOLANDA (Vogal)
O emprego de tecnoloxías educativas como apoio ao desenvolvemento do pensamento matemático en educación infantil
Autoría
P.B.Q.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
P.B.Q.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Data da defensa
16.07.2025 15:30
16.07.2025 15:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Mestrado, na modalidade de deseño dunha proposta de intervención, céntrase na etapa de Educación Infantil e no emprego de recursos tecnolóxicos educativos para a aprendizaxe das matemáticas. O obxectivo principal é elaborar unha proposta que fomente o traballo das matemáticas mediante tecnoloxías educativas, a través dun enfoque interdisciplinario, proactivo e afectivo. Inclúe un marco teórico sobre o ensino das matemáticas, o uso da tecnoloxía na aula e os materiais adecuados para esta etapa. A proposta desenvólvese durante o período de prácticas e contén actividades nas que o alumnado interactúa con recursos tecnolóxicos en contextos lúdicos e colaborativos, favorecendo o desenvolvemento da competencia STEAM. A avaliación baséase na observación e en cuestionarios, e permite validar se a proposta promove unha aprendizaxe interdisciplinaria, proactiva e afectiva. Os resultados esperados buscan demostrar como a tecnoloxía pode innovar o ensino das matemáticas desde idades temperás.

ALBELLA MARTINEZ, JORGE (Titoría)
NUÑEZ GARCIA, CRISTINA Cotitoría
ALBELLA MARTINEZ, JORGE (Titoría)
NUÑEZ GARCIA, CRISTINA Cotitoría
Tribunal
FRANCO VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
Clavero Ibañez de Garayo, Sergio (Secretario/a)
CASTIÑEIRA VEIGA, GONZALO (Vogal)

Elaboración dun roteiro xeolóxico por Santiago de Compostela para o ensino
Autoría
L.B.A.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
L.B.A.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
08.09.2025 16:00
08.09.2025 16:00
Resumo
O ensino da Xeoloxía na educación secundaria, ademais de non estar moi patente no curriculo, vese limitada pola complexidade e a escala temporal dos procesos xeolóxicos, así como a falta de materiais actualizados ou acceso a observacións directas, o que provoca desconexión con esta ciencia por parte do alumnado. Esta proposta didáctica presenta un itinerario xeolóxico urbano por Santiago de Compostela que pretende tender unha ponte entre o coñecemento xeolóxico e a realidade do estudantado. Baseada na aprendizaxe situada, o pensamento crítico e o traballo colaborativo, a proposta emprega metodoloxías motivadoras, como a gamificación, e deseña unha avaliación multidimensional que implica activamente ao alumnado no seu propio proceso de aprendizaxe. Deste modo, a proposta pretende superar as dificultades tradicionais do ensino da Xeoloxía, ofrecendo un modelo innovador, contextualizado e adaptable, que contribúe á formación dunha cidadanía crítica e comprometida co seu entorno.

PARADELO NUÑEZ, REMIGIO (Titoría)
PARADELO NUÑEZ, REMIGIO (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ RAPOSO, ANA BELEN (Presidente/a)
GILLANDERS , CAROL JEAN (Secretario/a)
Gómez Tato, Antonio M. (Vogal)

Campos de conformación da identidade adolescente en conflicto
Autoría
J.F.B.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
J.F.B.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
11.09.2025 13:00
11.09.2025 13:00
Resumo
A sociedad actual amosase cunha complexidade e nun estado de cambio permanente e acelerado coma quizáis en ningún outro momento da historia humán. Este marco, no que nacen e se desenvolven as novas xeracións, proporciona condicións pra que diversos campos nos que se conforma a identidade de adolescentes e xóvenes interactúen en conflito. Este traballo, que adopta a modalidade de revisión bibliográfica, ten coma obxetivo desvelar o papel que diferentes campos (o correspondente á familia, á escola, aos pares e aos medios) xogan na formación da identidade dos xóvenes, máis en particular, tratará de desentrañar os conflitos que, entre os citados campos, resultan da fragmentación ou dispersión de valores que manifestan entre sí

PARDO PEREZ, JUAN CARLOS (Titoría)
PARDO PEREZ, JUAN CARLOS (Titoría)
Tribunal
Castro Fernández, Belén María (Presidente/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Secretario/a)
GILLANDERS , CAROL JEAN (Vogal)

Toma de decisións sobre alimentación en educación secundaria: previndo enfermedades cardiovasculares
Autoría
F.B.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
F.B.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
08.07.2025 09:00
08.07.2025 09:00
Resumo
A presente intervención educativa englóbase no enfoque de aprendizaxe das ciencias mediante a participación en prácticas científicas, concretamente, na argumentación e toma de decisións. Ten dous obxectivos principais: explorar a capacidade do alumnado de secundaria á hora de avaliar a información sobre alimentación nas redes sociais e analizar o seu desempeño ao empregar información científica no ámbito da alimentación, adoptando o rol de dietista-nutricionista nunha situación de aprendizaxe contextualizada. Neste estudo de caso participan 25 estudantes de 3º de ESO dun instituto público na materia de Bioloxía e Xeoloxía. A información recóllese a través de cuestionarios, actividades abertas escritas en soporte físico e, de forma dixital, mediante o emprego dun software de nutrición; posteriormente é analizada de forma cualitativa e cuantitativa. Os resultados mostran que a capacidade do alumnado á hora de avaliar a información sobre alimentación nas redes sociais é moi mellorable, sendo a verificación do contido unha cuestión presente en baixa proporción. Os criterios que empregan ao recomendar certos alimentos para previr enfermidades cardiovasculares son principalmente relativos á presenza de nutrientes e a unha clasificación dicotómica dos alimentos.

BROCOS MOSQUERA, PABLO (Titoría)
BROCOS MOSQUERA, PABLO (Titoría)
Tribunal
Blanco Anaya, Paloma (Presidente/a)
CASAS QUIROGA, LUCIA (Secretario/a)
RODRIGUEZ GACIO, MARIA DEL CARMEN (Vogal)

A Voz e o Canto no Desenvolvemento do Alumnado: Proposta Didáctica para o Segundo Curso de Educación Secundaria
Autoría
M.B.T.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
M.B.T.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
Data da defensa
11.02.2025 09:00
11.02.2025 09:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Máster (TFM) desenvolve unha proposta didáctica para o segundo curso de Educación Secundaria que pretende aportar ideas e actividades para o traballo da voz na aula de música. Esta proposta está deseñada para levar a cabo durante sete sesións e nela exponse actividades relacionadas coa voz e o canto. Desta forma, seleccionouse unha canción para traballar cada dúas sesións: nas dúas primeiras, unha peza para cantar ao unísono; na terceira e cuarta, unha peza para cantar acompañada dun ostinato rítmico e outro melódico; na quinta e sexta, unha peza para cantar a dúas voces e a sétima está dedicada a levar a cabo un concerto no que se interpretaría a última peza traballada. Preténdese traballar así, unha secuencia de aprendizaxe que conduza de maneira natural ao alumnado dende a monofonía á polifonía. Tamén se recolle en cada sesión distintas actividades relacionadas co pulso, o ritmo, a afinación ou os saltos interválicos, necesarias para traballar as aptitudes musicais no alumnado durante a aprendizaxe das pezas.
O presente Traballo de Fin de Máster (TFM) desenvolve unha proposta didáctica para o segundo curso de Educación Secundaria que pretende aportar ideas e actividades para o traballo da voz na aula de música. Esta proposta está deseñada para levar a cabo durante sete sesións e nela exponse actividades relacionadas coa voz e o canto. Desta forma, seleccionouse unha canción para traballar cada dúas sesións: nas dúas primeiras, unha peza para cantar ao unísono; na terceira e cuarta, unha peza para cantar acompañada dun ostinato rítmico e outro melódico; na quinta e sexta, unha peza para cantar a dúas voces e a sétima está dedicada a levar a cabo un concerto no que se interpretaría a última peza traballada. Preténdese traballar así, unha secuencia de aprendizaxe que conduza de maneira natural ao alumnado dende a monofonía á polifonía. Tamén se recolle en cada sesión distintas actividades relacionadas co pulso, o ritmo, a afinación ou os saltos interválicos, necesarias para traballar as aptitudes musicais no alumnado durante a aprendizaxe das pezas.
Dirección
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Titoría)
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Titoría)
Tribunal
Castro Fernández, Belén María (Presidente/a)
GILLANDERS , CAROL JEAN (Secretario/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Vogal)

Ensinando os Rexistros da Lingua Inglesa
Autoría
S.B.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
S.B.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
09.07.2025 12:30
09.07.2025 12:30
Resumo
Os rexistros abarcan unha gran rama da sociolingüística, que se dedica a estudar as linguas no seu contexto, as súas funcións e variantes, entre outros factores. Os rexistros son estudados en relación á conexión entre a variación lingüística e o contexto social. Os diferentes rexistros están deseñados para diferenciar os contextos nos que se pode atopar unha interacción entre falantes. As e os falantes cambian os rexistros para adaptarse aos contextos nos que se atopan, polo que os rexistros afectan ás palabras que se empregan. Partindo destas premisas, este traballo presenta unha proposta de intervención didáctica para ensinar os rexistros da lingua inglesa nunha aula de Escola Oficial de Idiomas (EOI), para o nivel B2.1. O traballo presenta a historia das EOI, o marco teórico que apoia a proposta e a proposta en si, coa súa descrición, os obxectivos que hai que alcanzar, as diversas actividades que serán levadas a cabo, xunto coa súa temporalización, a metodoloxía que será empregada, o contexto do centro e a avaliación da proposta.

HERMIDA GULÍAS, MARÍA DO CARME (Titoría)
HERMIDA GULÍAS, MARÍA DO CARME (Titoría)
Tribunal
LOPEZ SANDEZ, MARIA (Coordinador)
Fuentes Ríos, Aránzazu (Secretario/a)
PALACIOS MARTINEZ, IGNACIO MIGUEL (Vogal)
LOPEZ SANDEZ, MARIA (Coordinador)
Fuentes Ríos, Aránzazu (Secretario/a)
PALACIOS MARTINEZ, IGNACIO MIGUEL (Vogal)
Perspectivas e metodoloxías da literatura universal
Autoría
S.B.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
S.B.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
09.07.2025 19:00
09.07.2025 19:00
Resumo
O obxectivo principal deste traballo é analizar os enfoques educativos das materias Literatura Universal e Lingua A: Literatura, centrando a atención nos aspectos metodolóxicos, no tratamento do canon literario e nos modelos de avaliación de cada currículo, para entender como cada sistema configura a educación literaria. A metodoloxía empregada baséase na revisión documental e comparativa de ambos currículos, mais atendendo tamén a bibliografía didáctica máis recente e a dous manuais cos que se analizará a posta en práctica das materias. A análise estrutúrase primeiramente comparando os diferentes apartados de ambos currículos, e posteriormente utilizando o tratamento do xénero teatral nos libros de texto como caso de estudo. Mediante o contraste de dous modelos educativos preténdese identificar as fortalezas e debilidades de cada un, para así poder vislumbrar posibles vías de mellora, especialmente no que atinxe á promoción da lectura autónoma, á inclusión de voces periféricas no canon e á avaliación competencial. Neste sentido, o traballo contribúe á reflexión crítica sobre a educación literaria na actualidade.

Fuentes Ríos, Aránzazu (Titoría)
Fuentes Ríos, Aránzazu (Titoría)
Tribunal
TRILLO ALONSO, JOSE FELIPE (Presidente/a)
PEREIRA ROMASANTA, RAQUEL (Secretario/a)
FERNANDEZ FERNANDEZ, MARTIN (Vogal)

Un novo reto no ensino de FLE: A avaliación formativa.
Autoría
A.B.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
A.B.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
08.07.2025 14:30
08.07.2025 14:30
Resumo
Este traballo de fin de máster (TFM) céntrase na integración da avaliación formativa no ensino de francés como lingua estranxeira (FLE), considerando o seu potencial para promover aprendizaxes máis significativas e personalizadas. A investigación analiza como a avaliación formativa pode ir máis alá da simple medición de resultados, converténdose nunha ferramenta clave para mellorar o proceso de ensino- aprendizaxe. Os obxectivos principais deste traballo son, mediante unha análise crítica dos métodos de avaliación empregados no ensino do FLE, por unha banda demostrar como a avaliación formativa contribúe ao desenvolvemento de competencias comunicativas e transversais e por outra banda deseñar unha unidade didáctica innovadora onde esta avaliación sexa o eixo central adaptado ao contexto educativo galego-español e aliñada co MCER. A metodoloxía combina unha revisión bibliográfica sobre avaliación formativa e FLE, o deseño dunha proposta didáctica baseada en principios pedagóxicos actualizados e a análise da súa execución se fora posible. Os resultados esperados inclúen a validación da eficacia deste tipo de avaliación para mellorar a competencia comunicativa e cultural do alumnado, así como a súa implicación activa no proceso de aprendizaxe. Agárdase que este traballo contribúa a repensar os modelos avaliativos en linguas estranxeiras, propoñendo un enfoque máis inclusivo, dinámico e orientado ao desenvolvemento integral das competencias comunicativas dos estudantes.

BOURGOIN VERGONDY, EMMANUEL CLAUDE (Titoría)
BOURGOIN VERGONDY, EMMANUEL CLAUDE (Titoría)
Tribunal
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Presidente/a)
RODRIGUEZ NIETO, SANDRA (Secretario/a)
NOGUEIRA PEREIRA, MARIA XESUS (Vogal)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Presidente/a)
RODRIGUEZ NIETO, SANDRA (Secretario/a)
NOGUEIRA PEREIRA, MARIA XESUS (Vogal)
Quevedo e Maquiavelo: literatura, discurso político e construción da cidadanía
Autoría
M.B.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
M.B.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
11.02.2025 10:00
11.02.2025 10:00
Resumo
Este traballo plantexa unha proposta didáctica orientada ó desenvolvemento do pensamento crítico do alumnado, indispensable para responder ós desafíos da era dixital. A proposta procura facilitar a adquisición das habilidades analíticas necesarias para enfrontarse ó discurso público contemporáneo mediante o estudo comparativo de dúas obras clásicas: O príncipe de Maquiavelo e Discurso de las privanzas de Quevedo. A análise articularase desde o marco da Análise Crítica do Discurso, integrando teorías e conceptos de distintos autores, co obxectivo de desenvolver competencias transferibles á interpretación do discurso político ou mediático. Deste xeito, espérase poder dotar ó alumnado das ferramentas necesarias para evitar os perigos da desinformación e a manipulación informativa.

GARCIA SOTO, LUIS MODESTO (Titoría)
GARCIA SOTO, LUIS MODESTO (Titoría)
Tribunal
Castro Fernández, Belén María (Presidente/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Secretario/a)
GILLANDERS , CAROL JEAN (Vogal)
Castro Fernández, Belén María (Presidente/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Secretario/a)
GILLANDERS , CAROL JEAN (Vogal)
Orientación Académica e Profesional e toma de decisións no ensino secundario: unha revisión sistemática
Autoría
S.B.C.
Máster Universitario en Procesos de Formación
S.B.C.
Máster Universitario en Procesos de Formación
Data da defensa
10.07.2025 10:00
10.07.2025 10:00
Resumo
A orientación académica e profesional na etapa de ensino secundario é un elemento fundamental para acompañar ao alumnado no proceso de toma de decisións e promover o seu desenvolvemento integral. Este Traballo Fin de Máster presenta unha revisión sistemática de programas de orientación vocacional dirixidos a estudantes de secundaria, aplicando o método PRISMA para garantir unha busca e selección rigorosa da evidencia científica, baseada en criterios definidos de inclusión e exclusión. Os resultados evidencian a necesidade de intervir mediante programas de orientación vocacional contextualizados, adaptados ás características específicas de cada centro e á diversidade do alumnado, resaltando a importancia da coordinación entre os axentes implicados e o papel central da orientadora. Detectáronse limitacións na dispoñibilidade de tempo, continuidade ou implicación na súa implementación, así como a carencia de avaliacións sistemáticas da súa efectividade. A investigación propón futuras liñas de traballo para asegurar a continuidade e mellora destes programas, destacando o potencial das tecnoloxías dixitais e a inclusión de contidos emerxentes como o emocional ou a perspectiva de xénero. En definitiva, a orientación académica e profesional consolídase como un piar esencial para o desenvolvemento académico, persoal e profesional do alumnado na etapa de ensino secundario.

MOSTEIRO GARCIA, MARIA JOSEFA (Titoría)
MOSTEIRO GARCIA, MARIA JOSEFA (Titoría)
Tribunal
MARTINEZ PIÑEIRO, MARIA ESTHER (Presidente/a)
VILA COUÑAGO, ESTHER (Secretario/a)
SANJUAN ROCA, MARIA DEL MAR (Vogal)
MARTINEZ PIÑEIRO, MARIA ESTHER (Presidente/a)
VILA COUÑAGO, ESTHER (Secretario/a)
SANJUAN ROCA, MARIA DEL MAR (Vogal)
Estratexias educativas para a inclusión da diversidade sexual e de xénero nas aulas de secundaria: unha revisión sistemática
Autoría
L.B.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
L.B.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
15.09.2025 16:00
15.09.2025 16:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Mestrado consiste nunha revisión sistemática seguindo o modelo PRISMA para analizar estratexias educativas que promovan a inclusión da diversidade sexual e de xénero en aulas de educación secundaria. Inclúense 24 estudos internacionais publicados entre os anos 2015-2025, identificando entre as intervencións máis efectivas: políticas educativas inclusivas, currículos de educación sexual integral, modificacións curriculares inclusivas en diversas materias, formación docente, emprego de linguaxe inclusiva, creación de espazos seguros e grupos de apoio ao alumnado LGTBIQ+, adaptacións estruturais (baños neutros, actividades mixtas...), eventos de sensibilización e celebración de datas sinaladas para o colectivo LGTBIQ+, e prácticas pedagóxicas queer. Os estudos suxiren que estas estratexias proporcionan sensación de seguridade, conexión e pertenza no alumnado, fomentando climas escolares máis respectuosos e menos discriminatorios e violentos, diminuíndo o acoso escolar e mellorando o benestar e a saúde mental do alumnado LGTBIQ+. Atópanse limitacións como o predominio de estudos cualitativos e en contextos anglófonos, ou a escaseza de enfoques interseccionais. Dende a Orientación Educativa, propóñense liñas de actuación encamiñadas á transformación do sistema educativo como base para o cambio social.

PARADA GAÑETE, ANA (Presidente/a)
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Secretario/a)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Vogal)
PARADA GAÑETE, ANA (Presidente/a)
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Secretario/a)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Vogal)
A Participación das Familias Inmigrantes na Escola. Unha revisión no marco español (2014-2024).
Autoría
L.B.G.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
L.B.G.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Máster trátase dun estudo sobre a participación das familias inmigrantes na escola. No marco das dinámicas migratorias actuais, a participación e implicación das familias inmigrantes na escola constitúe un factor crave para promover a súa inclusión social e fortalecer a cohesión comunitaria nas sociedades de acollida. O seu principal obxectivo é a análise e a síntese de estudos teóricos e empiricos sobre a cuestión mencionada, no contexto español, durante o últimos dez anos (2014-2024). Para iso, levouse a cabo unha revisión documental, mediante a procura de bibliografía en bases de datos tales como Dialnet, Web of Science ou Scopus, e, tendo en conta, algúns criterios de procura como a acotación temporal e contextual. Tras a realización da análise conclúese outorgando importancia ás Administracións Educativas, o centro escolar, a comunidade educativa e as entidades do terceiro sector como principais ferramentas para a xestión da participación das familias inmigrantes na escola e a súa inclusión na sociedade.

SANTOS REGO, MIGUEL ANGEL (Titoría)
SANTOS REGO, MIGUEL ANGEL (Titoría)
Tribunal
GRADAILLE PERNAS, RITA (Presidente/a)
LONGUEIRA MATOS, SILVANA (Secretario/a)
QUIROGA CARRILLO, ANAIS (Vogal)
GRADAILLE PERNAS, RITA (Presidente/a)
LONGUEIRA MATOS, SILVANA (Secretario/a)
QUIROGA CARRILLO, ANAIS (Vogal)
O leite dos soños
Autoría
E.B.L.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
E.B.L.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
Data da defensa
12.09.2025 09:00
12.09.2025 09:00
Resumo
Este traballo recolle unha proposta didáctica centrada na creación de pezas volumétricas co obxectivo de fomentar unha aprendizaxe activa e reflexiva sobre a relación entre arte, natureza e corpo. A actividade convida ao alumnado a experimentar co espazo e os materiais, poñendo en diálogo o corpo, a contorna e a creación artística. A través desta práctica, búscase diluír as fronteiras entre o humano e o natural, explorando novas formas de habitabilidade e interacción co medio. Pártese dunha visión do espazo como lugar vivo, cargado de significado e que se constrúe mediante a percepción, a imaxinación e a interacción corporal. Deste xeito, a actividade artística transfórmase nun espazo para a reflexión, a transgresión e a reconfiguración das relacións entre individuo e contorno, apostando por unha educación artística comprometida, crítica e sensíbel ás problemáticas do mundo contemporáneo, como a crise ambiental ou a construción da identidade.

CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Vogal)

Mulleres e fluxos migratorios: unha análise dende a educación
Autoría
M.C.P.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
M.C.P.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
17.07.2025 10:30
17.07.2025 10:30
Resumo
O presente traballo de Fin de Máster (TFM) céntrase no papel fundamental da educación no procedemento de integración a nivel social, cultural e laboral do colectivo feminino migrante. Para isto, analízanse aspectos como a feminización dos fluxos migratorios, os desafíos socioculturais e o rol activo que desenvolve a educación como unha ferramenta de transformación social e de loita contra as desigualdades. Así, esta investigación plantexase como unha revisión sistemática, a través do uso do método PRISMA, co obxectivo de analizar sistemáticamente a literatura científica existente na relación coa integración do colectivo feminino migrante no contexto europeo, dende unha perspectiva centrada no ámbito educativo. Cabe destacar que a complexidade existente no fenómeno migratorio intensifícase aínda máis no contexto das migracións femininas, as cales foron históricamente invisibilizadas tanto nas motivacións que as impulsan a migrar, como nas características que lles son atribuídas durante o proceso. Dada a súa relevancia, é crucial profundizar en ditas experiencias dende un enfoque pedagóxico, que non só contribua á súa visibilización, senón que tamén cuestione as estructuras patriarcais que condicionaron a representación das experiencias migratorias femininas.

LORENZO MOLEDO, MARIA DEL MAR (Titoría)
LORENZO MOLEDO, MARIA DEL MAR (Titoría)
Tribunal
GRADAILLE PERNAS, RITA (Presidente/a)
LONGUEIRA MATOS, SILVANA (Secretario/a)
QUIROGA CARRILLO, ANAIS (Vogal)
GRADAILLE PERNAS, RITA (Presidente/a)
LONGUEIRA MATOS, SILVANA (Secretario/a)
QUIROGA CARRILLO, ANAIS (Vogal)
Proposta de ensinanza educativa dirixida ao alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil para a prevención e detección do maltrato infantil.
Autoría
V.C.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)

09.09.2025 09:00
09.09.2025 09:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Máster desenvolve unha proposta de intervención educativa orientada ao alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil, centrada na prevención, detección e actuación fronte ó maltrato infantil. A proposta nace da constatación da persistencia desta problemática na nosa sociedade, evidenciada polos datos dos informes recentes tanto a nivel estatal como autonómico. A intervención proponse como parte do módulo de “Intervención con Familias e Atención a Menores en Risco Social” e desenvólvese a través dunha secuencia de sesións baseadas na metodoloxía activa e participativa. A través de actividades como debates, resolución de casos, análise de sinais de alerta ou deseño de recursos preventivos, preténdese dotar ó alumnado de ferramentas prácticas e éticas para intervir ante situacións de risco. O traballo xustifica a pertinencia desta proposta desde tres piares: a evidencia empírica do aumento de casos, o marco legal que obriga á formación específica, e a necesidade pedagóxica de integrar de xeito máis profundo estes contidos de no currículo de FP.

VARELA PORTELA, CRISTINA (Presidente/a)
RODRIGUEZ GROBA, ANA (Secretario/a)
GARCIA MURIAS, REBECA (Vogal)
VARELA PORTELA, CRISTINA (Presidente/a)
RODRIGUEZ GROBA, ANA (Secretario/a)
GARCIA MURIAS, REBECA (Vogal)
Aprendizaxe anacrónica do relato histórico artístico: Unha proposta didáctica dende a cultura (audio)visual contemporánea
Autoría
L.C.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
L.C.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
07.07.2025 18:00
07.07.2025 18:00
Resumo
Este traballo aspira a configurar unha proposta didáctica para o curso de 4º da materia de Xeografía e Historia de Educación Secundaria Obrigatoria. Esta proposta parte da comprensión das imaxes como elemento central das sociedades contemporáneas e recupera a noción de anacronismo definida polo historiador da arte Georges Didi-Huberman como chave conceptual que permite poñer en común as formas artísticas e visuais do pasado co contexto presente. Así, foméntase unha aprendizaxe do pasado sempre en relación coa mirada e os dispositivos culturais das nosas inmediacións. Por este motivo, a cultura (audio)visual se propón como un recurso didáctico axeitado para a consecución e o deseño de actividades da nosa proposta. En última instancia, a proposta aspira a que o alumnado adquira non só as competencias definidas polo currículo oficial, senón tamén a que comprenda mellor os seus contextos artístico-culturais e a que ensaie unha mirada máis crítica, reflexiva e sensible para co feito artístico e as imaxes da súa contorna.

Lopez , Lucrezia (Titoría)
Lopez , Lucrezia (Titoría)
Tribunal
ARMAS QUINTA, FRANCISCO JOSE (Presidente/a)
SOUTO BLANCO, MARIA JESUS (Secretario/a)
PASTORIZA ROZAS, JOSE LUIS (Vogal)

Proxecto de formación de profesorado para a alfabetización audiovisual: deseño de técnicas para fomentar a creatividade
Autoría
L.C.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
L.C.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
Data da defensa
11.07.2025 11:00
11.07.2025 11:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster presenta unha proposta formativa dirixida ao profesorado de educación secundaria, centrada na ideación e no proceso creativo como eixos fundamentais da alfabetización audiovisual. A través dunha revisión teórica, identifícase unha tendencia recorrente no uso do cinema na aula como mero recurso ilustrativo, sen aproveitar plenamente o seu potencial expresivo, narrativo e educativo. Como resposta a esta realidade, deseñouse un conxunto de quince estratexias de estimulación creativa adaptadas á creación audiovisual, recollidas en fichas didácticas orientadas ao contexto educativo. Estas técnicas teñen como obxectivo fomentar no profesorado a capacidade de guiar procesos de ideación con sentido pedagóxico, promovendo unha aprendizaxe baseada na experimentación, na reflexión crítica e na expresión persoal do alumnado. A proposta pretende contribuír á mellora da formación docente desde unha perspectiva innovadora, interdisciplinaria e centrada no proceso, recoñecendo o valor da creatividade como competencia esencial para unha educación transformadora e comprometida co mundo actual.

Clavero Ibañez de Garayo, Sergio (Titoría)
Clavero Ibañez de Garayo, Sergio (Titoría)
Tribunal
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
DIAZ SEOANE, ANGELES (Secretario/a)
CAPELAN FERNANDEZ, MONTSERRAT (Vogal)

Un Mundo dividido: A Guerra Fría. Memoria e Resistencia contra o Esquecemento
Autoría
M.C.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
M.C.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
10.09.2025 17:00
10.09.2025 17:00
Resumo
Resumo O contexto educativo actual esixe modelos de ensino innovadores que respondan ás necesidades e competencias do alumnado do século XXI. Este Traballo de Fin de Máster propón unha intervención didáctica baseada nun enfoque construtivista e en metodoloxías activas, concretamente no Aprendizaxe Baseado e Proxectos (ABP) en no Aprendizaxe Baseado en Problemas (ABPr), aplicada á materia obrigatoria de Historia do Mundo Contemporáneo en 1º de Bacharelato. Desde unha perspectiva construtivista, a aprendizaxe enténdese como un proceso activo no que os estudantes constrúen coñecemento a partir das súas experiencias previas. Neste marco, o ABP promove a realización de proxectos significativos como vía para desenvolver aprendizaxes contextualizadas, mentres que o ABPr parte da resolución de problemas reais que estimulan a reflexión crítica e a toma de decisións. A proposta metodolóxica pon especial énfase no fomento da autonomía do alumnado, no traballo cooperativo e na integración das TIC como ferramentas de aprendizaxe interactiva. A través destas estratexias, bótase man dunha aprendizaxe profunda, orientada ao desenvolvemento de competencias clave e á formación dunha cidadanía activa, crítica e informada.

GARCIA DOCAMPO, LAURA (Titoría)
GARCIA DOCAMPO, LAURA (Titoría)
Tribunal
LOPEZ MONDEJAR, MARIA LETICIA (Presidente/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Secretario/a)
PIÑEIRA MANTIÑAN, MARIA JOSE (Vogal)
LOPEZ MONDEJAR, MARIA LETICIA (Presidente/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Secretario/a)
PIÑEIRA MANTIÑAN, MARIA JOSE (Vogal)
As matemáticas que fixeron Ordes: unha proposta didáctica para a Educación Secundaria
Autoría
A.C.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
A.C.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
10.07.2025 12:30
10.07.2025 12:30
Resumo
Neste traballo de fin de máster preséntase unha proposta didáctica dirixida a un grupo de estudantes de 2º da ESO, centrada nos contidos e competencias relacionados co sentido espacial e da medida. O obxectivo principal é favorecer unha aprendizaxe significativa da materia a través da introdución de elementos vinculados ao concello de Ordes, ao tempo que se promove unha actitude máis positiva do alumnado cara ás matemáticas. Inclúese unha revisión teórica sobre as dificultades habituais na aprendizaxe das matemáticas, así como sobre a relevancia do dominio afectivo e as vantaxes que ofrece a adopción dun enfoque contextualizado e transversal. A continuación, descríbese a proposta didáctica, o seu desenvolvemento na aula e os resultados obtidos a través dos distintos instrumentos de avaliación. Por último, preséntanse as conclusións, resaltando os principais achados que confirman a eficacia da proposta tanto a nivel académico como afectivo.

Gómez Tato, Antonio M. (Titoría)
CASTIÑEIRA VEIGA, GONZALO Cotitoría
Gómez Tato, Antonio M. (Titoría)
CASTIÑEIRA VEIGA, GONZALO Cotitoría
Tribunal
Diz Pita, Érika (Coordinador)
ALONSO TARRIO, LEOVIGILDO (Presidente/a)
CORTIZAS VARELA, OLALLA (Vogal)
Diz Pita, Érika (Coordinador)
ALONSO TARRIO, LEOVIGILDO (Presidente/a)
CORTIZAS VARELA, OLALLA (Vogal)
Atención á diversidade en Formación Profesional: percepción do profesorado dun CIFP.
Autoría
L.C.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
L.C.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
Data da defensa
07.07.2025 16:00
07.07.2025 16:00
Resumo
Nos últimos anos produciuse na Formación Profesional un importante incremento de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE), impulsado polo desenvolvemento de políticas educativas que fomentan a súa inclusión. Con todo, a pesar desta realidade, a FP aínda non incorporou todas as adaptacións necesarias para garantizar a súa plena inclusión. O presente Traballo de Fin de Mestrado (TFM) sitúase nesta linea de estudo e pretende coñecer a percepción que teñen os/as docentes dun Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) sobre a inclusión e a importancia de atender á diversidade do alumando na aula. A metodoloxía aplicada neste TFM é a de investigación de campo, empregando unha metodoloxía cualitativa de enfoque fenomenolóxico. Os datos obtidos amosan que a formación e o coñecemento dos/as docentes nesta temática é escasa a pesar de que a presenza deste tipo de alumnado é cada vez maior. Ante esta situación, reclaman máis oportunidades de formación e máis recursos humanos que lles axuden a proporcionarlle aos estudantes unha educación adaptada as súas necesidades.

GARCIA ANTELO, BEATRIZ (Titoría)
GARCIA ANTELO, BEATRIZ (Titoría)
Tribunal
VARELA PORTELA, CRISTINA (Presidente/a)
NIETO VIEITES, ANA (Secretario/a)
MARIÑO FERNANDEZ, RAQUEL (Vogal)
VARELA PORTELA, CRISTINA (Presidente/a)
NIETO VIEITES, ANA (Secretario/a)
MARIÑO FERNANDEZ, RAQUEL (Vogal)
Unha aproximación teórico-práctica ao ensino da pronuncia de forma creativa e innovadora na aula de inglés de secundaria.
Autoría
I.C.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
I.C.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
11.07.2025 13:30
11.07.2025 13:30
Resumo
Este traballo aproxímase á ensinanza da pronuncia en inglés na Educación Secundaria Obligatoria do sistema educativo español a través dunha perspectiva teórico-práctica. Así pois, céntrase nunha proposta de intervención enfocada na pronunciación e dirixida a dita etapa. Paralelamente, inclúe unha análise documentada das crenzas e tendencias do alumnado respecto á pronuncia, cuxos resultados se obtiveron a partir dunha investigación de campo. Nesta liña, o obxectivo principal é achegarse a unha ensinanza máis creativa, á par que efectiva, da pronuncia en inglés como lingua estranxeira. Para isto, impleméntanse tanto a proposta como a investigación nun centro de Secundaria, o que permite maior precisión e fidelidade á realidade tanto na análise do éxito da proposta como nas cuestións recollidas na investigación.

PALACIOS MARTINEZ, IGNACIO MIGUEL (Titoría)
PALACIOS MARTINEZ, IGNACIO MIGUEL (Titoría)
Tribunal
ZAS VARELA, MARIA LUZ (Presidente/a)
PEREIRA ROMASANTA, RAQUEL (Secretario/a)
FERNANDEZ VAZQUEZ, MARIA DEL MAR (Vogal)

Cara unha visión menos determinista do alumnado con dislexia: proposta de intervención educativa na materia de lingua castelá e literatura
Autoría
S.C.O.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
S.C.O.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
07.07.2025 12:30
07.07.2025 12:30
Resumo
A dislexia é un trastorno específico da aprendizaxe da lectura de base neurobiolóxica, que afecta de maneira persistente á decodificación fonolóxica (exactitude lectora) e/ou ao recoñecemento de palabras (fluidez e velocidade lectora) interferindo no rendemento académico cunha tardanza na capacidade lectora de polo menos dous anos. Cando falamos de alumnado con dislexia, polo tanto, facemos referencia a quen presenta dificultades para ler e escribir correctamente (sen que teñan, doutra banda, discapacidade intelectual, motriz, visual ou en calquera outro ámbito que explique mellor devandito trastorno). O propósito do presente traballo de fin de máster é achegar ao corpo docente o coñecemento desta Dificultade da Aprendizaxe na etapa de Educación Secundaria Obrigatoria. O traballo dividirase en dúas partes. Na primeira establecerase o marco teórico do traballo, no cal darase resposta a diferentes cuestións, entre elas: que é a dislexia?, que tipos de dislexia existen?, características do alumnado con dislexia na etapa da Educación Secundaria Obrigatoria, etc. Na segunda parte desenvolverase unha proposta de intervención educativa, para alumnado con dislexia, na materia de lingua castelá e literatura. Dita proposta de intervención realizarase dende un modelo de educación inclusiva.

MAYO PAIS, MARIA EMMA (Titoría)
MAYO PAIS, MARIA EMMA (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA (Presidente/a)
GARCIA DOCAMPO, LAURA (Secretario/a)
AMADO RODRIGUEZ, MARIA TERESA (Vogal)

Diversidade Sexual e Corporalidades Intersex: Unha proposta educativa para a inclusión nas aulas
Autoría
T.C.M.
Máster Universitario en Igualdade, Xénero e Educación
T.C.M.
Máster Universitario en Igualdade, Xénero e Educación
Data da defensa
08.09.2025 16:30
08.09.2025 16:30
Resumo
A intersexualidade é unha realidade corporal, histórica e discursiva. Esta continúa sendo obxecto de debate, un tema politizado, silenciado e con tensións entre os saberes médicos, xurídicos e sociais. Ao longo da historia, as persoas intersex foron obxecto de intervencións quirúrxicas, ocultamentos legais e exclusión educativa, baixo unha lóxica binaria de xénero que impón normas inamovibles sobre a corporalidade e a identidade. Esta proposta xorde da necesidade de visibilizar esta realidade dentro do ámbito educativo, promovendo unha educación inclusiva e crítica que recoñeza a diversidade corporal como parte da dignidade humana. Ten como finalidade abordar os discursos médicos, sociais e políticos que rodean a intersexualidade. Con base no anterior formúlase un proxecto piloto de intervención educativa orientado a introducir esta realidade nas aulas de Secundaria, que ten como finalidade fomentar a reflexión crítica e o respecto pola diversidade.

AÑON LOUREIRO, LORENA (Titoría)
AÑON LOUREIRO, LORENA (Titoría)
Tribunal
GOMEZ VAZQUEZ, BEGOÑA (Presidente/a)
AMMERMAN YEBRA, JULIA (Secretario/a)
GARCIA MARIN, JORGE (Vogal)
GOMEZ VAZQUEZ, BEGOÑA (Presidente/a)
AMMERMAN YEBRA, JULIA (Secretario/a)
GARCIA MARIN, JORGE (Vogal)
Xogando coa Luz: Novas técnicas de divulgación activa para a difusión de contidos de Física e Óptica
Autoría
B.C.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
B.C.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
02.09.2025 12:30
02.09.2025 12:30
Resumo
A Humanidade acada hoxe un nivel de desenvolvemento tecnolóxico sen precedentes, froito do avance científico. Porén, esta mesma evolución afasta á sociedade do coñecemento dos fundamentos que a fan posible. Esta desconexión dá lugar a fenómenos preocupantes como o negacionismo, a desinformación e o auxe de discursos anticientíficos, con consecuencias graves para a saúde pública e o pensamento crítico. Neste contexto, faise evidente que a ciencia erra nun aspecto clave: a divulgación. A transmisión do coñecemento científico continúa a depender de métodos tradicionais e pasivos, afastados dos intereses do público xeral. Isto evidencia a urxencia de desenvolver novas formas de comunicación que sexan máis accesibles, participativas e atractivas. Este Traballo de Fin de Mestrado propón novas estratexias de divulgación activa no ámbito da Física, enfocadas na interactividade e na horizontalidade comunicativa. En particular, céntrase no deseño e realización de experimentos interactivos de Física e Óptica, mediante o deseño da proposta didáctica Xogando coa luz. O obxectivo principal é contribuír a unha divulgación científica máis próxima e efectiva, que non só transmita coñecemento, senón que esperte curiosidade, fomente a participación e conecte emocionalmente co alumnado.

BROCOS MOSQUERA, PABLO (Presidente/a)
CASTIÑEIRA VEIGA, GONZALO (Secretario/a)
CAMBEIRO LOURIDO, MARIA DO CARMEN (Vogal)

A ortografía dos adolescentes nas redes sociais: ao redor dunha variedade diafásica da lingua
Autoría
M.C.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
M.C.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
07.07.2025 18:00
07.07.2025 18:00
Resumo
Unha das características que acompaña ás novas xeracións é a utilización frecuente das redes sociais: aquí os/as mozos/as desenvolven novas habilidades, estratexias e novas formas de comunicarse. Estas novas formas de comunicación implican tamén unha innovación por parte dos grupos dos máis novos/as en relación ca súa modalidade escrita, que entra ás veces en contradición coa norma divulgada pola propia Real Academia Española. Con este traballo búscase coñecer como esta nova linguaxe pode estar a impactar na escritura, atendendo aos distintos contextos comunicativos nos que participan os/as estudantes da Educación Secundaria Obrigatoria. Para iso, exponse un traballo de iniciación á investigación, concretamente realizouse un estudo de casos, a través dunha metodoloxía cualitativa. Os resultados poñen de manifesto as características desta nova escritura, así como tamén sinalan certos riscos asociados a unha familiaridade nalgunhas expresións, debido a que ás veces estas, asociadas ao informal, acaban aparecendo en contextos formais. Por outra banda, a través do grupo de discusión realizado con adolescentes, puido comprobarse como estes si consideran importante saber escribir segundo a norma.

VIDAL ESTEVEZ, BENJAMIN (Secretario/a)
Criado Boado, Cecilia (Vogal)
ZAS VARELA, MARIA LUZ (Presidente/a)
VIDAL ESTEVEZ, BENJAMIN (Secretario/a)
Criado Boado, Cecilia (Vogal)
A titoría na educación secundaria obrigatoria: análise do modelo de acompañamento educativo en centros de ensinanza de Vigo
Autoría
L.C.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
L.C.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
14.07.2025 11:00
14.07.2025 11:00
Resumo
Este Traballo Fin de Máster analiza a relación educativa entre o profesorado titor e o alumnado na Educación Secundaria Obrigatoria, con especial atención ao impacto do acompañamento educativo no desenvolvemento do estudantado. A investigación adopta un enfoque mixto, cunha metodoloxía descritiva que combina cuestionarios a 562 estudantes de 3º e 4º da ESO con grupos focais a 27 titores/as de seis centros educativos de Vigo, tanto públicos como concertados. Os resultados evidencian unha valoración positiva do vínculo afectivo co profesorado titor, especialmente en aspectos como a confianza, o respecto e a amabilidade. Con todo, detectáronse áreas de mellora no desenvolvemento de estratexias que fomenten a autonomía, a reflexión persoal e a toma de decisións do alumnado. As rapazas e o alumnado de centros concertados mostran percepcións máis favorables en ambas escalas. O estudo subliña a importancia do estilo educativo democrático e dunha titoría entendida como acompañamento integral, emocional e académico. Conclúese coa necesidade de fortalecer a formación e os recursos do profesorado titor, así como de impulsar cambios nas culturas dos centros que recoñezan e consoliden a súa función como figura clave na construción do proxecto vital do estudantado.

Mulleres europeas na música barroca: Voces silenciadas, composicións eternas. Proposta didáctica para 3º da ESO. Traballo Fin de Máster
Autoría
T.C.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
T.C.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
Data da defensa
11.07.2025 17:00
11.07.2025 17:00
Resumo
Este traballo aborda a visibilización de compositoras europeas do período barroco, tradicionalmente excluídas do canon musical. Con este fin, elabórase un marco teórico que contextualiza a exclusión histórica das mulleres compositoras e fundamenta os principios pedagóxicos que sustentan a proposta didáctica. A partir desta base, deseñouse unha proposta educativa non implementada, dirixida ao alumnado de 3º da Educación Secundaria Obrigatoria, centrada nas figuras de Élisabeth Jacquet de La Guerre, Barbara Strozzi, Francesca Caccini e Isabella Leonarda. A proposta baséase na metodoloxía da Aprendizaxe Baseada en Proxectos (ABP) e concrétase nunha secuencia didáctica de oito sesións que integra contidos musicais, históricos e de xénero. A través de actividades colaborativas, recursos dixitais e estratexias activas, búscase fomentar a participación do alumnado, a reflexión crítica e o enfoque interdisciplinar. Para rematar, analízase a escasa representación das mulleres nos currículos actuais e destácase a necesidade de incorporar propostas educativas con perspectiva de xénero que promovan un ensino musical máis inclusivo e equitativo.
Este traballo aborda a visibilización de compositoras europeas do período barroco, tradicionalmente excluídas do canon musical. Con este fin, elabórase un marco teórico que contextualiza a exclusión histórica das mulleres compositoras e fundamenta os principios pedagóxicos que sustentan a proposta didáctica. A partir desta base, deseñouse unha proposta educativa non implementada, dirixida ao alumnado de 3º da Educación Secundaria Obrigatoria, centrada nas figuras de Élisabeth Jacquet de La Guerre, Barbara Strozzi, Francesca Caccini e Isabella Leonarda. A proposta baséase na metodoloxía da Aprendizaxe Baseada en Proxectos (ABP) e concrétase nunha secuencia didáctica de oito sesións que integra contidos musicais, históricos e de xénero. A través de actividades colaborativas, recursos dixitais e estratexias activas, búscase fomentar a participación do alumnado, a reflexión crítica e o enfoque interdisciplinar. Para rematar, analízase a escasa representación das mulleres nos currículos actuais e destácase a necesidade de incorporar propostas educativas con perspectiva de xénero que promovan un ensino musical máis inclusivo e equitativo.
Dirección
LOPEZ FERNANDEZ, CARME (Titoría)
LOPEZ FERNANDEZ, CARME (Titoría)
Tribunal
GILLANDERS , CAROL JEAN (Presidente/a)
Clavero Ibañez de Garayo, Sergio (Secretario/a)
Trigo Martínez, Cristina (Vogal)
GILLANDERS , CAROL JEAN (Presidente/a)
Clavero Ibañez de Garayo, Sergio (Secretario/a)
Trigo Martínez, Cristina (Vogal)
Análise documental dos Plans de Igualdade dos centros de educación secundaria da comarca de Santiago de Compostela
Autoría
M.F.C.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
M.F.C.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
14.07.2025 12:30
14.07.2025 12:30
Resumo
A igualdade de dereitos e oportunidades está recoñecida internacionalmente na Declaración Universal dos Dereitos Humanos, porén, a desigualdade de xénero continúa presente en multitude de ámbitos, na educación ou no laboral. O sistema educativo pode ter un papel fundamental para o fomento de principios e valores nesta dirección. Así, a normativa anima a isto e establece que cada centro elabore un Plan de Igualdade, podendo ser o/a orientador/a educativo/a unha figura clave no seu desenvolvemento. No presente Traballo Fin de Máster lévase a cabo unha investigación documental dos Plans de Igualdade dos centros de educación secundaria da comarca de Santiago de Compostela para analizar en profundidade a estrutura e as medidas propostas en ditos plans. Os resultados mostran que non se realiza unha análise da situación dos centros e que as medidas propostas non están contextualizadas, senón que tenden a reproducir as recomendadas na normativa que os rexe. Os Plans de Igualdade semellan ser un trámite burocrático que non responde ás necesidades reais, porén, unha proposta contextualizada e ben deseñada podería ser clave no fomento da igualdade de xénero nunha etapa clave.
A igualdade de dereitos e oportunidades está recoñecida internacionalmente na Declaración Universal dos Dereitos Humanos, porén, a desigualdade de xénero continúa presente en multitude de ámbitos, na educación ou no laboral. O sistema educativo pode ter un papel fundamental para o fomento de principios e valores nesta dirección. Así, a normativa anima a isto e establece que cada centro elabore un Plan de Igualdade, podendo ser o/a orientador/a educativo/a unha figura clave no seu desenvolvemento. No presente Traballo Fin de Máster lévase a cabo unha investigación documental dos Plans de Igualdade dos centros de educación secundaria da comarca de Santiago de Compostela para analizar en profundidade a estrutura e as medidas propostas en ditos plans. Os resultados mostran que non se realiza unha análise da situación dos centros e que as medidas propostas non están contextualizadas, senón que tenden a reproducir as recomendadas na normativa que os rexe. Os Plans de Igualdade semellan ser un trámite burocrático que non responde ás necesidades reais, porén, unha proposta contextualizada e ben deseñada podería ser clave no fomento da igualdade de xénero nunha etapa clave.
Dirección
RODRIGUEZ GROBA, ANA (Titoría)
RODRIGUEZ GROBA, ANA (Titoría)
Tribunal
MARIÑO FERNANDEZ, RAQUEL (Presidente/a)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Secretario/a)
GARCIA MURIAS, REBECA (Vogal)
MARIÑO FERNANDEZ, RAQUEL (Presidente/a)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Secretario/a)
GARCIA MURIAS, REBECA (Vogal)
Ferramentas de avaliación da competencia motriz en Educación Infantil: Unha revisión da literatura
Autoría
C.C.B.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
C.C.B.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Data da defensa
10.02.2025 17:30
10.02.2025 17:30
Resumo
A avaliación das habilidades motrices básicas en Educación Infantil é unha tarefa de gran importancia, así coma de gran complexidade. Atopar a forma de facelo e coñecer as posibilidades que existen podería aportar eficacia no traballo. No presente traballo estúdanse todas as baterías de avaliación que existen na literatura de forma recorrente (10 baterías en total) e discútese a posibilidade do seu uso en distintos casos, tendo en conta as vantaxes e contras que cada unha ten.

Abelairas Gómez, Cristian (Titoría)
Abelairas Gómez, Cristian (Titoría)
Tribunal
ARMAS CASTRO, JOSE ANGEL (Presidente/a)
FAYA CERQUEIRO, FATIMA MARIA (Secretario/a)
Rodríguez Fernández, José Eugenio (Vogal)
ARMAS CASTRO, JOSE ANGEL (Presidente/a)
FAYA CERQUEIRO, FATIMA MARIA (Secretario/a)
Rodríguez Fernández, José Eugenio (Vogal)
Proposta de alfabetización dixital para profesorado de Educación Primaria
Autoría
S.C.G.
Máster Universitario en Procesos de Formación
S.C.G.
Máster Universitario en Procesos de Formación
Data da defensa
10.07.2025 10:00
10.07.2025 10:00
Resumo
No presente Traballo Fin de Máster proponse un programa de alfabetización dixital para docentes de Educación Primaria na cal se profundiza sobre o uso seguro, crítico e responsable das tecnoloxías a través dunha formación integral e práctica. Ademais, abórdanse as principais problemáticas vinculadas ao uso inadecuado das tecnoloxías, ofrecendo estratexias e recursos para a súa prevención e intervención desde a figura do docente. Doutra banda, neste programa formativo preténdese capacitar aos docentes para recoñecer o risco asociado á exposición temperá das TIC 's, introducindo o marco normativo ao redor da competencia dixital e achegando estratexias pedagóxicas para un uso crítico e responsable das tecnoloxías. Ademais, a presente formación baséase nun dobre enfoque metodolóxico de carácter práctico e reflexivo, centrado na mellora da competencia dixital docente e a integración adecuada das TIC 's na aula.
No presente Traballo Fin de Máster proponse un programa de alfabetización dixital para docentes de Educación Primaria na cal se profundiza sobre o uso seguro, crítico e responsable das tecnoloxías a través dunha formación integral e práctica. Ademais, abórdanse as principais problemáticas vinculadas ao uso inadecuado das tecnoloxías, ofrecendo estratexias e recursos para a súa prevención e intervención desde a figura do docente. Doutra banda, neste programa formativo preténdese capacitar aos docentes para recoñecer o risco asociado á exposición temperá das TIC 's, introducindo o marco normativo ao redor da competencia dixital e achegando estratexias pedagóxicas para un uso crítico e responsable das tecnoloxías. Ademais, a presente formación baséase nun dobre enfoque metodolóxico de carácter práctico e reflexivo, centrado na mellora da competencia dixital docente e a integración adecuada das TIC 's na aula.
Dirección
FERNANDEZ MORANTE, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
FERNANDEZ MORANTE, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
Tribunal
MARTINEZ PIÑEIRO, MARIA ESTHER (Presidente/a)
VILA COUÑAGO, ESTHER (Secretario/a)
SANJUAN ROCA, MARIA DEL MAR (Vogal)
MARTINEZ PIÑEIRO, MARIA ESTHER (Presidente/a)
VILA COUÑAGO, ESTHER (Secretario/a)
SANJUAN ROCA, MARIA DEL MAR (Vogal)
Asociacionismo cultural, desenvolvemento comunitario e participación cidadá no concello de Ames
Autoría
R.C.M.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
R.C.M.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
05.09.2025 10:15
05.09.2025 10:15
Resumo
A presente investigación asocia as súas principais achegas á realización dun estudo exploratorio, levado a cabo mediante a realización dun traballo de campo centrado na participación cidadá e no papel das asociacións culturais nas políticas municipais e para o desenvolvemento comunitario, unha cuestión ata agora pouco ou nada indagada no concello de Ames. Mediante un enfoque mixto e unha mostra cun perfil tridimensional, composta polo sector asociativo cultural, as corporacións políticas e a técnica de cultura, analizouse a participación cidadá no eido sociocultural do municipio, atendendo ás políticas locais e as dinámicas asociativas, procurando fundamentalmente: identificar e coñecer as prácticas socioculturais que se promoven, tanto a nivel institucional como cidadá, polo movemento asociativo; analizar, explicar e interpretar a súa converxencia coa Animación Sociocultural e o desenvolvemento comunitario local; e postular ou propor futuras liñas de actuación que permitan mellorar as dinámicas asociativas, as prácticas profesionais e as políticas municipais nese ámbito. Como resultados principais detectouse unha situación de fraxilidade do terceiro sector sociocultural, marcada pola inactividade das asociacións e polo predominio daquelas entidades dedicadas unicamente á organización dos festexos populares ou as que só se centran en temas vinculadas coa convivencia, que denotan unha falta de participación social en xeral, máis acusado nas zonas urbanas e entre os novos residentes, debido ás carencias que se aprecian na construción da súa identidade e do sentimento de pertenza. A súa vez, as políticas culturais do concello identifícanse dentro da democratización e oferta e xestión cultural, pese a activar outras vías de participación, minorando as potencialidades inherentes á procesos e prácticas congruentes cunha verdadeira democracia cultural. Con todo, evidenciouse a existencia de asociacións que promoven activamente a participación da veciñanza e a cultura popular, sendo referentes no seu ámbito e no conxunto municipal.

CARIDE GOMEZ, JOSE ANTONIO (Titoría)
CARIDE GOMEZ, JOSE ANTONIO (Titoría)
Tribunal
ALONSO RUIDO, PATRICIA (Presidente/a)
CABALLO VILLAR, MARIA BELEN (Secretario/a)
DIZ LOPEZ, MARIA JULIA (Vogal)

Deseño e implementación dunha proposta didáctica centrada na argumentación a partir do caso Prestige como cuestión sociocientífica en 2º de ESO
Autoría
A.C.L.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
A.C.L.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
11.07.2025 09:00
11.07.2025 09:00
Resumo
Este estudo analizou como o alumnado de 2º de ESO en Física e Química (Prácticum II) abordou a cuestión sociocientífica relativa ó desastre do Prestige, a través da práctica científica da argumentación. Seis grupos de 4–5 estudantes elaboraron, en tres sesións de 50 minutos, un informe de actuación que valoraba medidas ambientais, sociais e económicas fronte ao desastre. Os resultados mostran que as propostas eran, en xeral, coherentes, aínda que as xustificacións apoiábanse con frecuencia en criterios pouco precisos ou incorrectos. A dimensión ambiental foi a prioridade en todos os informes, seguida da social, mentres que a económica foi a menos considerada, aparecendo sempre de xeito implícito. Nas cuestións de reflexión posteriores, o alumnado revelou unha alfabetización mariña implícita: comprenderon a interconexión global do océano, a súa magnitude e as implicacións para os modos de vida costeiros, sen nomear formalmente os principios da cultura oceánica. Estes resultados evidencian a necesidade de integrar as prácticas científicas e actividades de argumentación sociocientífica no currículo para fortalecer a aprendizaxe significativa, o pensamento crítico e a alfabetización mariña.

TORRON CASAL, CAROLINA (Presidente/a)
Couce Santalla, Ana Isabel (Secretario/a)
Crujeiras Pérez, Beatriz (Vogal)

Aprender inglés na adolescencia: Desmontando a crenza do comezo temperán
Autoría
M.C.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
M.C.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
11.09.2025 17:00
11.09.2025 17:00
Resumo
Este traballo ten como obxectivo analizar a adolescencia e a madurez coma períodos óptimos para a aprendizaxe dunha lingua estranxeira, concretamente o inglés como segunda lingua, cuestionando a idea, cada vez máis estendida, de que a inmersión lingüística en idades temperás é a única vía para acadar un alto nivel de competencia en inglés. Preténdese investigar se esta crenza é válida ou se, pola contra, é posible adquirir unha lingua estranxeira durante a adolescencia ou incluso en etapas posteriores. O obxectivo principal do traballo é recoñecer e reivindicar a adolescencia coma unha etapa plenamente válida, mesmo para iniciar a aprendizaxe de linguas. A metodoloxía baséase na revisión crítica da literatura sobre adquisición e aprendizaxe de linguas nas etapas iniciais e na adolescencia, defendendo esta última coma un período igual ou máis válido ca infancia para a adquisición de segundas linguas.

RODRIGUEZ NIETO, SANDRA (Presidente/a)
PALACIOS MARTINEZ, IGNACIO MIGUEL (Secretario/a)
Fuentes Ríos, Aránzazu (Vogal)

(Re)conectar coa música clásica: Deseño dunha proposta de intervención para educación secundaria
Autoría
A.C.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
A.C.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
Data da defensa
14.07.2025 10:00
14.07.2025 10:00
Resumo
Este Traballo Fin de Mestrado presenta una proposta didáctica para o ensino da música clásica na educación secundaria, partindo do desinterese que este xénero adoita xerar entre a mocidade. A proposta combina metodoloxías activas e o uso de ferramentas dixitais cun enfoque creativo que vincula a música clásica co contexto e cos intereses do alumnado. Procúrase fomentar a conexión emocional, cultural e artística coa música clásica, promovendo a súa valoración como parte do patrimonio cultural e como ferramenta educativa. As actividades propostas inclúen escoita activa, análise contextual e reinterpretacións creativas, ofrecendo ao alumnado una experiencia dinámica e significativa. Este traballo pretende contribuír á innovación no ensino musical, potenciando competencias como a creatividade, o pensamento crítico e a sensibilidade artística, ao tempo que adapta a música clásica ás necesidades e ás formas de aprendizaxe do século XXI.

GILLANDERS , CAROL JEAN (Titoría)
GILLANDERS , CAROL JEAN (Titoría)
Tribunal
FRANCO VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Secretario/a)
LOPEZ CARRETERO, XOSÉ MARÍA (Vogal)
FRANCO VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Secretario/a)
LOPEZ CARRETERO, XOSÉ MARÍA (Vogal)
Programas de reinserción de agresores por violencia de xénero. Unha revisión crítica.
Autoría
M.C.G.
Máster Universitario en Igualdade, Xénero e Educación
M.C.G.
Máster Universitario en Igualdade, Xénero e Educación
Data da defensa
10.09.2025 16:00
10.09.2025 16:00
Resumo
A presente investigación céntrase en analizar os principais programas de reinserción de agresores por violencia de xénero a nivel nacional. A través dunha revisión documental exhaustiva, abórdase o funcionamento, os obxectivos e a avaliación da eficacia destes programas, entre os que destacan o Programa PRIA-MA, Contexto e iniciativas autónomas como é o Programa de reeducación galego. Programas que se levaron a cabo coa entrada en vigor da Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero, e que aplican novas estratexias para a súa erradicación. O estudo pon de manifesto a existencia dunha importante fenda entre os obxectivos teóricos das intervencións e os resultados reais cuestionando a súa eficacia á hora de provocar un cambio profundo nas crenzas machistas dos varóns, así como o feito de que a participación responda máis ao interese por reducir a condena que a vontade de transformación. Ademais, reflíctese a limitación da avaliación real da eficacia de ditas intervencións.

GOMEZ VAZQUEZ, BEGOÑA (Titoría)
GOMEZ VAZQUEZ, BEGOÑA (Titoría)
Tribunal
AGUAYO LORENZO, EVA MARIA (Presidente/a)
GIL OTERO, LIDIA (Secretario/a)
Alonso Salgado, Cristina (Vogal)

A santidade como símbolo identitario e cultural das parroquias galegas
Autoría
R.C.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
R.C.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
08.09.2025 09:00
08.09.2025 09:00
Resumo
Este Traballo Fin de Máster (TFM) ten por obxectivo principal a asimilación do paradigma da santidade como un dos responsables da conformación dunha identidade e sentimento de pertenza dos habitantes das diversas parroquias da xeografía galega ao longo da historia. Se pretende que o alumnado ao que vai dirixido a presente proposta didáctica entenda, mediante a presentación de múltiples exemplos de manifestacións patrimoniais (tanto materiais como inmateriais), o importante rol levado a cabo polas figuras de santos e santas, presentadas como símbolo cultural e identitario: comprender o vínculo entre a relixión, as festas populares e a construción da identidade galega.

Castro Fernández, Belén María (Titoría)
Castro Fernández, Belén María (Titoría)
Tribunal
SOUTO BLANCO, MARIA JESUS (Presidente/a)
ARMAS QUINTA, FRANCISCO JOSE (Secretario/a)
GARCIA SOTO, LUIS MODESTO (Vogal)
SOUTO BLANCO, MARIA JESUS (Presidente/a)
ARMAS QUINTA, FRANCISCO JOSE (Secretario/a)
GARCIA SOTO, LUIS MODESTO (Vogal)
Refacendo redes: Intervencións artísticas desde a Escola de Artes para revitalizar o patrimonio invisibilizado do rural galego
Autoría
C.C.L.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
C.C.L.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
08.07.2025 18:00
08.07.2025 18:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster (TFM) ten como obxectivo principal analizar o impacto da arte comunitaria na revitalización do patrimonio invisibilizado do rural galego a través dunha proposta didáctica innovadora. A hipótese principal sostén que a educación artística pode actuar como ferramenta de transformación social, fortalecendo as redes comunitarias e fomentando a identidade cultural do territorio. A investigación explora como a cocreación artística e a fotografía documental permiten ao alumnado implicarse activamente na recuperación da memoria colectiva e na resignificación do espazo rural, promovendo unha aprendizaxe significativa baseada no diálogo interxeracional e na participación cidadá.

REQUEIXO CUBA, ARMANDO (Presidente/a)
HERMIDA GULÍAS, MARÍA DO CARME (Secretario/a)
FERNANDEZ VAZQUEZ, MARIA DEL MAR (Vogal)
REQUEIXO CUBA, ARMANDO (Presidente/a)
HERMIDA GULÍAS, MARÍA DO CARME (Secretario/a)
FERNANDEZ VAZQUEZ, MARIA DEL MAR (Vogal)
Proposta formativa para o profesorado galego de secundaria: desenvolvemento da competencia intercultural mediante o uso do cine como recurso didáctico
Autoría
H.C.N.
Máster Universitario en Procesos de Formación
H.C.N.
Máster Universitario en Procesos de Formación
Data da defensa
09.09.2025 09:30
09.09.2025 09:30
Resumo
O desenvolvemento da competencia intercultural por parte do profesorado dos centros educativos supón un reto ineludible na sociedade globalizada actual. Obsérvase, non obstante, unha carencia relativa ao tratamento da interculturalidade na oferta de formación do profesorado galego de secundaria. Por outra banda, diversos estudos destacan a potencialidade do cine como recurso didáctico alternativo. En base a isto, o presente Traballo de Fin de Máster presenta unha proposta formativa coa finalidade de dotar ao profesorado galego de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) de coñecementos e habilidades pedagóxicas para o axeitado tratamento da interculturalidade e diversidade cultural nas aulas, a través do uso do cine como ferramenta didáctica. Trátase dunha proposta enmarcada nun contexto realista, baseada nun enfoque constructivista, inclusivo e colaborativo, que pon énfase no uso de metodoloxías innovadoras para a mellora da calidade da formación.

VILA COUÑAGO, ESTHER (Titoría)
VILA COUÑAGO, ESTHER (Titoría)
Tribunal
CEBREIRO LOPEZ, BEATRIZ (Presidente/a)
REGUEIRO FERNANDEZ, BIBIANA (Secretario/a)
FRAGA VARELA, FERNANDO (Vogal)

Marcos para a boa dirección escolar: Un estudo comparativo entre Chile e España e propostas para a mellora
Autoría
N.D.C.C.P.
Máster Universitario en Procesos de Formación
N.D.C.C.P.
Máster Universitario en Procesos de Formación
Data da defensa
09.07.2025 10:00
09.07.2025 10:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Máster analiza comparativamente os Marcos para a Boa Dirección Escolar de Chile (MBDLE, 2015) e de España (MEBD, 2022), co obxectivo de identificar semellanzas, diferenzas e áreas de mellora, tomando como referencia bibliografía especializada na dirección escolar. A través dunha metodoloxía cualitativa e cun enfoque descritivo-comparativo, examínanse tres dimensións da dirección escolar: contexto de formulación, liderazgo e xestión; ademais do relacionado co formato dos Marcos. Os resultados evidencian coincidencias na concepción do liderazgo como un proceso ético e orientado á mellora institucional, así como na integración de competencias directivas arredor de dimensións clave. Porén, identifícanse diferenzas claras: mentres Chile adopta un enfoque normativo e centralizado, cunha vinculación entre avaliación e permanencia no cargo, España propón un modelo orientador con énfase na autonomía e na formación. Finalmente, preséntanse recomendacións para actualizar e reforzar ambos marcos, tanto nos seus fundamentos técnicos como no seu formato e aplicabilidade práctica.

FERNANDEZ REY, ELENA (Presidente/a)
Couce Santalla, Ana Isabel (Secretario/a)
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Vogal)

Ondas de resistencia: A contribución feminina ao patrimonio marítimo industrial vigués na época franquista
Autoría
P.C.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
P.C.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
08.07.2025 11:00
08.07.2025 11:00
Resumo
Este Traballo Fin de Máster pretende poñer en valor o papel da muller nos oficios marítimos da área de Vigo entre 1939 e 1975, destacando a súa importancia histórica e social. Proponse vincular o ensino coa historia local, entendida como ferramenta de transformación social e de construción da identidade cultural. O traballo subliña a necesidade de rescatar do esquecemento as voces tradicionalmente excluídas dos relatos históricos, especialmente as das mulleres, promovendo a reflexión crítica dende a perspectiva de xénero. Dende un enfoque pedagóxico inclusivo, promovemos unha aprendizaxe significativa e colaborativa que fomente a implicación activa do alumnado na comprensión do pasado. Para iso utilízanse as fontes orais como recurso metodolóxico central, valorando o seu potencial para recuperar experiencias persoais e enriquecer a memoria colectiva. A proposta culmina co deseño dunha unidade didáctica dirixida ao alumnado de 4º da ESO, co obxectivo de desenvolver a conciencia histórica, o diálogo interxeracional, e unha perspectiva crítica sobre o patrimonio local. Deste xeito, ofrecemos un modelo educativo comprometido coa xustiza social, a igualdade de xénero e a recuperación da memoria.

SANJUAN ROCA, MARIA DEL MAR (Titoría)
SANJUAN ROCA, MARIA DEL MAR (Titoría)
Tribunal
Castro Fernández, Belén María (Presidente/a)
VARGAS CALLEJAS, GERMAN (Secretario/a)
Lopez , Lucrezia (Vogal)

Simulación Clínica no Ciclo Formativo de Grao Medio de Técnico/a en Emerxencias Sanitarias: unha proposta de intervención didáctica.
Autoría
E.V.C.T.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
E.V.C.T.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
Data da defensa
12.02.2025 10:00
12.02.2025 10:00
Resumo
A simulación clínica proporciona múltiples beneficios e oportunidades de aprendizaxe grazas á súa relación coa adquisición de habilidades prácticas e ten un papel relevante nos estudos relacionados coas ciencias da saúde. Debido ao carácter práctico e profesionalizante da Formación Profesional, ten xeito que estea presente nas súas ensinanzas. O obxectivo do presente traballo de fin de máster é elaborar unha proposta de intervención didáctica innovadora que transforme e optimice as actividades de simulación clínica incluídas no módulo “atención sanitaria inicial en situacións de emerxencia” pertencentes ao Ciclo Formativo de Grao Medio de Técnico/a en Emerxencias Sanitarias dun centro educativo concreto. Ao longo do traballo realízase unha revisión do marco teórico no que se basea a proposta e desenvólvese a propia proposta de intervención didáctica, que inclúe unha avaliación de necesidades, a planificación de espazos, actividades e recursos, a contextualización da proposta no módulo, a sistemática das actividades e a proposta de avaliación da intervención. Finalmente, atópase unha análise e discusión dos resultados obtidos na aplicación hipotética da intervención, que globalmente animan á súa revisión, mellora e verdadeira posta en práctica.

LOPEZ GOMEZ, SILVIA (Presidente/a)
ALVAREZ SEOANE, CARMEN DENEBOLA (Secretario/a)
VILLAR VARELA, MILENA (Vogal)

O uso de xogos de rol de mesa no ensino de Portugués como Lingua Estranxeira
Autoría
L.C.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
L.C.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
08.07.2025 13:30
08.07.2025 13:30
Resumo
Este traballo de fin de máster investiga o potencial da innovación didáctica a través do uso dos xogos de rol de mesa, coñecidos tamén como role-playing games, aplicados nas aulas de lingua portuguesa como segunda lingua estranxeira para alumnado de 3º da ESO. A partir dunha base teórica que caracteriza este tipo de xogo e metodoloxías como o enfoque comunicativo no ensino de linguas, a investigación tamén presenta os resultados dunha actividade na que o alumnado xogou co obxectivo de consolidar contidos traballados na Programación Didáctica do curso, tanto gramaticais como culturais. Os datos, obtidos mediante cuestionarios e enquisas, amosan un alto grao de motivación entre o alumnado, evidenciando o éxito do uso de métodos lúdicos e creativos, así como un claro estímulo no uso da lingua e na consolidación da gramática.

RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA (Titoría)
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA (Titoría)
Tribunal
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Presidente/a)
RODRIGUEZ NIETO, SANDRA (Secretario/a)
NOGUEIRA PEREIRA, MARIA XESUS (Vogal)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Presidente/a)
RODRIGUEZ NIETO, SANDRA (Secretario/a)
NOGUEIRA PEREIRA, MARIA XESUS (Vogal)
Análise das dificultades na aprendizaxe dos Fundamentos de Óptica a través dunha Intervención Educativa Innovadora na Aula
Autoría
A.C.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
A.C.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
02.09.2025 10:00
02.09.2025 10:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Mestrado analiza as dificultades máis frecuentes que presentan os estudantes de 2.º de Bacharelato na comprensión dos fundamentos da óptica. Realizouse unha intervención didáctica innovadora mediante unha secuencia de tres actividades deseñadas para identificar as dificultades do alumnado na aplicación da argumentación científica e no uso práctico dos conceptos ópticos. A través da análise cualitativa de cuestionarios, actividades en grupo e observacións na aula, identifícanse erros conceptuais comúns, carencias na aplicación do coñecemento a contextos reais e limitacións na comprensión histórica da disciplina.

TORRON CASAL, CAROLINA (Titoría)
TORRON CASAL, CAROLINA (Titoría)
Tribunal
BROCOS MOSQUERA, PABLO (Presidente/a)
CASTIÑEIRA VEIGA, GONZALO (Secretario/a)
CAMBEIRO LOURIDO, MARIA DO CARMEN (Vogal)
BROCOS MOSQUERA, PABLO (Presidente/a)
CASTIÑEIRA VEIGA, GONZALO (Secretario/a)
CAMBEIRO LOURIDO, MARIA DO CARMEN (Vogal)
“Siempre Love You”: Unha proposta Tecnolóxica para a promoción dunha Educación Afectivo-Sexual Integral.
Autoría
A.C.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
A.C.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
Data da defensa
09.09.2025 10:00
09.09.2025 10:00
Resumo
Esta proposta aborda a necesidade de integrar a educación afectivo-sexual e emocional no currículo da Formación Profesional. Nun contexto marcado por carencias formativas e desafíos sociais, proponse o deseño dunha plataforma dixital educativa baseada en principios de igualdade e inclusión que facilite recursos didácticos accesibles e rigorosos para profesorado e estudantado. A proposta fundaméntase nun marco teórico que analiza a relevancia destes contidos, a formación docente e as necesidades do estudantado, destacando o seu impacto no benestar emocional, a prevención da violencia e a construcción de relacións saudables. Este traballo busca contribuír ao fortalecemento dunha educación integral en FP, promovendo valores de igualdade, respecto e diversidade, expondo unha ferramenta educativa transformadora para mellorar a práctica docente e responder as demandas reais da comunidade educativa.

MARIÑO FERNANDEZ, RAQUEL (Titoría)
MARIÑO FERNANDEZ, RAQUEL (Titoría)
Tribunal
VARELA PORTELA, CRISTINA (Presidente/a)
RODRIGUEZ GROBA, ANA (Secretario/a)
GARCIA MURIAS, REBECA (Vogal)
VARELA PORTELA, CRISTINA (Presidente/a)
RODRIGUEZ GROBA, ANA (Secretario/a)
GARCIA MURIAS, REBECA (Vogal)
O TIL en Galicia: estudo da súa implantación nun centro de Ensino Secundario
Autoría
X.C.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
X.C.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
07.07.2025 19:00
07.07.2025 19:00
Resumo
Este traballo analiza o Tratamento Integrado de Linguas (TIL) desde unha perspectiva teórica, normativa e práctica, con especial atención ao seu desenvolvemento no contexto galego. Tras revisar os fundamentos pedagóxicos e o marco legal, examínase a implantación concreta desta metodoloxía no IES Félix Muriel de Rianxo, centro pioneiro na súa aplicación. A análise compleméntase cunha reflexión crítica baseada na experiencia persoal da autora, que permite visibilizar tanto os logros como os retos do enfoque. O estudo pretende contribuír á comprensión e valorización do TIL como ferramenta clave para a educación plurilingüe e a normalización do galego.
Este traballo analiza o Tratamento Integrado de Linguas (TIL) desde unha perspectiva teórica, normativa e práctica, con especial atención ao seu desenvolvemento no contexto galego. Tras revisar os fundamentos pedagóxicos e o marco legal, examínase a implantación concreta desta metodoloxía no IES Félix Muriel de Rianxo, centro pioneiro na súa aplicación. A análise compleméntase cunha reflexión crítica baseada na experiencia persoal da autora, que permite visibilizar tanto os logros como os retos do enfoque. O estudo pretende contribuír á comprensión e valorización do TIL como ferramenta clave para a educación plurilingüe e a normalización do galego.
Dirección
HERMIDA GULÍAS, MARÍA DO CARME (Titoría)
HERMIDA GULÍAS, MARÍA DO CARME (Titoría)
Tribunal
ZAS VARELA, MARIA LUZ (Presidente/a)
VIDAL ESTEVEZ, BENJAMIN (Secretario/a)
Criado Boado, Cecilia (Vogal)
ZAS VARELA, MARIA LUZ (Presidente/a)
VIDAL ESTEVEZ, BENJAMIN (Secretario/a)
Criado Boado, Cecilia (Vogal)
A educación propia como alternativa á Educación Intercultural Bilingüe nos pobos indíxenas do Ecuador: unha revisión sistemática
Autoría
M.J.C.M.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
M.J.C.M.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
17.07.2025 09:00
17.07.2025 09:00
Resumo
A proposta de educación propia dos pobos indíxenas no Ecuador xorde como un modelo educativo construído desde as comunidades, baseado nos seus saberes, linguas, cosmovisións e formas de organización. A educación propia preséntase como unha alternativa fronte ao sistema educativo oficial, ao que se lle atribúen limitacións estruturais e epistémicas. Co obxectivo de coñecer as características e singularidades pedagóxicas do modelo de educación propia e a súa relación coa Educación Intercultural Bilingüe (EIB), realizouse esta investigación documental. Para iso, levouse a cabo unha revisión sistemática da literatura científica, seguindo o protocolo PRISMA 2020. A busca realizouse nas bases de datos (RedALyC, FLACSO Andes e Dialnet), priorizando documentos en castelán, de acceso aberto e con pertinencia temática directa. Os resultados mostran que a educación propia xorde como unha estratexia de resistencia fronte á exclusión histórica e cultural exercida polo sistema educativo estatal. Identifícanse como principais deficiencias da EIB a verticalidade institucional, o colonialismo epistémico e a perda de lexitimidade. En contraste, a educación propia baséase na xestión comunitaria, no uso de linguas orixinarias, na recuperación de saberes ancestrais e no deseño curricular participativo. Conclúese que a educación propia no Ecuador non só representa unha alternativa pedagóxica, senón unha estratexia educativa vencellada á autodeterminación, á autonomía territorial e ao fortalecemento identitario dos pobos indíxenas.

VARGAS CALLEJAS, GERMAN (Titoría)
VARGAS CALLEJAS, GERMAN (Titoría)
Tribunal
OLVEIRA OLVEIRA, MARIA ESTHER (Presidente/a)
MIGUEZ SALINA, GABRIELA DOLORES (Secretario/a)
GARCIA VINUESA, ANTONIO (Vogal)
OLVEIRA OLVEIRA, MARIA ESTHER (Presidente/a)
MIGUEZ SALINA, GABRIELA DOLORES (Secretario/a)
GARCIA VINUESA, ANTONIO (Vogal)
Actividade innovadora para o ensino das ciencias na Formación Profesional Básica
Autoría
J.C.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
J.C.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
10.07.2025 09:00
10.07.2025 09:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Mestrado analiza o desempeño do alumnado da FP básica na posta en práctica dunha unidade didáctica para a aprendizaxe das formas da materia. O tema escóllese principalmente debido á súa relevancia na comprensión básica dos diferentes sucesos que ocorren na natureza e no día a día. A proposta enmárcase na Unidade Didáctica Formas da materia correspondente ao módulo de Ciencias Aplicadas I da Formación Profesional Básica (FPB). A proposta tenta potenciar unha actitude positiva do alumnado cara as ciencias fomentando unha aprendizaxe contextualizada, promovendo deste xeito a alfabetización científica, así coma establecer relacións entre Ciencia, Tecnoloxía, Sociedade e Ambiente. Para o desenvolvemento desta proposta didáctica, proponse unha metodoloxía de indagación como estratexia de aprendizaxe activo e colaborativo, fundamentada no modelo construtivista, co obxectivo de que a súa aprendizaxe sexa máis significativa. Así mesmo, o alumnado implicarase no seu propio proceso de ensinanza-aprendizaxe. Para elo, empregaranse unha serie de estratexias de resolución de problemas, de argumentación científica e de traballo activo e colaborativo, buscando que o alumnado recolla datos e información a partir da formulación de problemas próximos á súa contorna, que os analice e que, posteriormente, estableza conclusións.

CASAS QUIROGA, LUCIA (Vogal)

02.09.2025 09:00

Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible a través do traballo cooperativo na aula de Inglés de 1º de Bacharelato
Autoría
P.C.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
P.C.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
11.07.2025 09:00
11.07.2025 09:00
Resumo
Nun contexto internacional cada vez máis marcado pola desigualdade e polas inxustizas, a necesidade de avanzar na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) vólvese urxente. Neste escenario, a educación transfórmase nunha humilde ferramenta para realizar pequenos cambios cun impacto significativo. Na situación de aprendizaxe que se presenta neste traballo, o alumnado convértese nun axente do cambio e desenvolve as súas competencias e habilidades sociais para promover avances na igualdade de xénero en todo o mundo no contexto dunha simulación de asemblea das Nacións Unidas. Seis países membros da ONU expoñen a súa visión sobre o estado actual do ODS 5: igualdade de xénero, e proporán políticas para garantir a construción dunha sociedade xusta. Ademais, introdúcese a Interpretación pedagóxica como recurso educativo para o mellora na confianza da produción oral en lingua inglesa. En termos xerais, podemos concluír que o proxecto proposto favorece o desenvolvemento competencial do alumnado, sobre todo no tocante á seguridade á hora de se expresar nunha lingua estranxeira así como de conciencia social, imprescindible para comprender os retos actuais como sociedade.
Nun contexto internacional cada vez máis marcado pola desigualdade e polas inxustizas, a necesidade de avanzar na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) vólvese urxente. Neste escenario, a educación transfórmase nunha humilde ferramenta para realizar pequenos cambios cun impacto significativo. Na situación de aprendizaxe que se presenta neste traballo, o alumnado convértese nun axente do cambio e desenvolve as súas competencias e habilidades sociais para promover avances na igualdade de xénero en todo o mundo no contexto dunha simulación de asemblea das Nacións Unidas. Seis países membros da ONU expoñen a súa visión sobre o estado actual do ODS 5: igualdade de xénero, e proporán políticas para garantir a construción dunha sociedade xusta. Ademais, introdúcese a Interpretación pedagóxica como recurso educativo para o mellora na confianza da produción oral en lingua inglesa. En termos xerais, podemos concluír que o proxecto proposto favorece o desenvolvemento competencial do alumnado, sobre todo no tocante á seguridade á hora de se expresar nunha lingua estranxeira así como de conciencia social, imprescindible para comprender os retos actuais como sociedade.
Dirección
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA (Titoría)
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA (Titoría)
Tribunal
ZAS VARELA, MARIA LUZ (Presidente/a)
PEREIRA ROMASANTA, RAQUEL (Secretario/a)
FERNANDEZ VAZQUEZ, MARIA DEL MAR (Vogal)
ZAS VARELA, MARIA LUZ (Presidente/a)
PEREIRA ROMASANTA, RAQUEL (Secretario/a)
FERNANDEZ VAZQUEZ, MARIA DEL MAR (Vogal)
Unha ollada á contorna: o que o mar nos ensina
Autoría
N.C.C.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
N.C.C.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Data da defensa
08.09.2025 17:30
08.09.2025 17:30
Resumo
Este estudo analiza a eficacia do uso de analoxías e da modelización como estratexias didácticas para mellorar a comprensión do ecosistema mariño no alumnado de 4 anos de Educación Infantil. A investigación desenvolveuse nun CEIP dunha vila costeira galega cunha mostra de 13 estudantes. A recollida de datos incluíu un pretest e un postest sobre a clasificación de animais mariños segundo a zona oceánica, así como a observación e análise de tres actividades manipulativas baseadas na flotación, a visión mariña e a presión do mar. Os resultados mostran unha mellora xeneralizada na comprensión do alumnado, especialmente ao establecer relacións entre elementos coñecidos e as adaptacións dos peixes ao seu medio. Ainda que persisten algúns erros relacionados co coñecemento previo limitado dalgunhas especies, a investigación evidencia que as analoxías fomentan aprendizaxes máis significativas e conectadas coa contorna próxima. Entre as implicacións educativas destaca a relevancia de empregar estratexias didácticas contextualizadas e adaptadas á etapa evolutiva do alumnado para introducir conceptos científicos dende idades temperás.
Este estudo analiza a eficacia do uso de analoxías e da modelización como estratexias didácticas para mellorar a comprensión do ecosistema mariño no alumnado de 4 anos de Educación Infantil. A investigación desenvolveuse nun CEIP dunha vila costeira galega cunha mostra de 13 estudantes. A recollida de datos incluíu un pretest e un postest sobre a clasificación de animais mariños segundo a zona oceánica, así como a observación e análise de tres actividades manipulativas baseadas na flotación, a visión mariña e a presión do mar. Os resultados mostran unha mellora xeneralizada na comprensión do alumnado, especialmente ao establecer relacións entre elementos coñecidos e as adaptacións dos peixes ao seu medio. Ainda que persisten algúns erros relacionados co coñecemento previo limitado dalgunhas especies, a investigación evidencia que as analoxías fomentan aprendizaxes máis significativas e conectadas coa contorna próxima. Entre as implicacións educativas destaca a relevancia de empregar estratexias didácticas contextualizadas e adaptadas á etapa evolutiva do alumnado para introducir conceptos científicos dende idades temperás.
Dirección
Blanco Anaya, Paloma (Titoría)
Blanco Anaya, Paloma (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ BLANCO, MARIA TERESA (Presidente/a)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Secretario/a)
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA (Vogal)
FERNANDEZ BLANCO, MARIA TERESA (Presidente/a)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Secretario/a)
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA (Vogal)
A epixenética para facer fronte a problemas sociais
Autoría
M.D.L.A.C.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
M.D.L.A.C.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
08.07.2025 10:00
08.07.2025 10:00
Resumo
A epixenética fai referencia aos mecanismos que regulan a expresión dos xenes sen modificar a súa secuencia. Esta perspectiva resulta clave para a comprensión integral de problemáticas de saúde, e para superar visións deterministas da natureza humana. Malia a súa relevancia, existen escasas investigacións de aula que aborden este enfoque no contexto das ciencias escolares. Este traballo sitúase nesta liña de investigación emerxente na didáctica das ciencias, sobre cuestión socio-científicas relacionadas coa influencia do ambiente na saúde. Os participantes son estudantes de 3 da ESO (N=12) dun centro público. As preguntas de investigación son: 1) Que coñecementos e posibles crenzas mostra o alumnado respecto á xenética e o modelo epixenético?; 2) Como son os modelos epixenéticos que elaboran para explicar a expresión dos xenes nos seres vivos? A análise das preguntas de investigación mostra que a maioría dos participantes presenta concepcións inadecuadas descritas na literatura e dificultades na práctica científica de modelización. Con todo, a introdución do enfoque epixenético contribuíu á mellora da comprensión sobre a influencia do ambiente nas características fenotípicas. Da análise cualitativa derivan implicacións educativas relevantes que sinalan a necesidade de incorporar a epixenética na ensinanza, favorecendo unha comprensión integrada da saúde e do ambiente.

PUIG MAURIZ, BLANCA (Titoría)
PUIG MAURIZ, BLANCA (Titoría)
Tribunal
Blanco Anaya, Paloma (Presidente/a)
CASAS QUIROGA, LUCIA (Secretario/a)
RODRIGUEZ GACIO, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
Blanco Anaya, Paloma (Presidente/a)
CASAS QUIROGA, LUCIA (Secretario/a)
RODRIGUEZ GACIO, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
Proposta formativa para o desenvolvemento de habilidades socioemocionais en persoas adultas con síndrome de Down
Autoría
I.D.L.I.D.
Máster Universitario en Procesos de Formación
I.D.L.I.D.
Máster Universitario en Procesos de Formación
Data da defensa
09.09.2025 09:30
09.09.2025 09:30
Resumo
O presente traballo xustifícase pola necesidade de abordar o desenvolvemento de habilidades socioemocionais en persoas adultas con Síndrome de Down (SD), recoñecendo o seu impacto fundamental na autonomía e benestar. O marco teórico explora a conceptualización destas habilidades, a intelixencia emocional e os factores contextuais influentes. O propósito central deste traballo é deseñar unha proposta formativa estruturada para este colectivo. Realizouse unha análise de necesidades, empregando un enfoque cualitativo, a través de grupos de discusión con profesionais e entrevistas semiestruturadas a persoas adultas con SD da Fundación Down Compostela. A partir da información obtida, deseñouse unha proposta formativa baseada en principios didácticos activos, participativos e multisensoriais, incorporando recursos innovadores como a realidade virtual. Deseñouse un plan de avaliación que inclúe observación directa e entrevistas para valorar o progreso. Os resultados previstos deste deseño apuntan á mellora no recoñecemento e xestión emocional, a interacción social e a resolución de conflitos. A proposta busca potenciar a autoconciencia, a autoestima e a capacidade de relación das persoas participantes, favorecendo unha maior autonomía. A súa importancia radica en ofrecer un modelo de intervención socioeducativa fundamentado, que promove a inclusión efectiva e contribúe a impulsar futuros traballos sobre a eficacia de metodoloxías adaptadas neste ámbito.

Orientacion academica e profesional cara aos procesos de integracion sociolaboral do alumnado que rematou os seus estudos universitarios o caso do alumnado da Universidade de Cabo Verde UniCV.
Autoría
V.P.D.O.B.G.
Máster Universitario en Procesos de Formación
V.P.D.O.B.G.
Máster Universitario en Procesos de Formación
Data da defensa
09.09.2025 16:00
09.09.2025 16:00
Resumo
A educación superior é un espazo onde se xera coñecemento e experiencia en diversos campos e materias, un lugar onde as voces de todas as persoas dedicadas ao seu traballo poden afinarse, transformarse e perfeccionarse, e poden facer moito ruído e ser escoitadas. Onde as persoas deciden o que queren ser e facer no futuro. Cada vez máis persoas completan a educación superior cunha gran cantidade de coñecementos e experiencia, desexosas de dar o mellor de si e demostrar ao que dedicaron a maior parte das súas vidas, así como as dificultades que atoparon ao longo do camiño. O mercado laboral actual presenta certas complicacións, obstáculos, procesos de selección rigorosos e un alto nivel de competitividade derivado da alta demanda, o que fai que o proceso de entrada no mercado laboral sexa cada vez máis arduo. Esta situación pódese mellorar mediante unha orientación continua de alta calidade, accesible a todos os cidadáns, ofrecida polos servizos públicos de emprego ou outras entidades ou institucións, como as universidades, onde os profesionais da orientación proporcionan ás persoas as ferramentas necesarias para xestionar as súas traxectorias educativas e/ou profesionais. Unha das funcións clave da orientación é axudar ás persoas a aprender a xestionar as súas emocións, as súas eleccións, tomar decisións informadas, comprender os seus puntos fortes e débiles e seleccionar información; Estes son aspectos clave á hora de deseñar plans de vida e carreira profesional. Este estudo ten como obxectivo analizar a realidade á que se enfrontan os estudantes universitarios despois de rematar os seus estudos de grao e avaliar as súas perspectivas de incorporación ao mercado laboral ou a outros contextos de formación. Para abordar este obxectivo xeral da investigación, deseñouse e implementouse un cuestionario e unha entrevista con preguntas semiestruturadas como instrumentos de recollida de datos mediante unha metodoloxía mixta. A mostra que respondeu ao cuestionario estivo formada por sesenta e sete estudantes, dos cales tres foron entrevistados. Estes estudantes remataran recentemente os seus estudos de grao na Universidade de Cabo Verde, están a traballar ou a buscar activamente emprego, ou están a continuar os seus estudos. Tamén se entrevistou a dous executivos con importantes responsabilidades na Universidade de Cabo Verde.

MOSTEIRO GARCIA, MARIA JOSEFA (Secretario/a)
FERNANDEZ MORANTE, MARIA DEL CARMEN (Vogal)

O léxico grego, base da competencia en diversas linguas: unha proposta didáctica
Autoría
E.D.N.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
E.D.N.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
07.07.2025 16:00
07.07.2025 16:00
Resumo
O noso traballo consistirá nunha proposta de intervención educativa de aplicación no segundo curso do Bacharelato da materia de Grego II, e responde a unha cuestión incluída nos obxectivos, destrezas e criterios de avaliación da materia: a adquisición dun repertorio léxico e o emprego deste para favorecer a competencia nas linguas propias e estranxeiras. Deste xeito, propoñemos explicar polo miúdo ao alumnado os procesos de formación de palabras da lingua grega, así como facilitarlle técnicas para construíren o seu vocabulario básico grego, a fin de que acaden así un nivel de comprensión dos textos moito maior e unha meirande capacidade analítica nas linguas antes citadas. Para isto servirémonos de diversas ferramentas didácticas, tendo sempre como eixo os textos seleccionados pola CIUG para as probas PAU, mais sen descartar a introdución de vocabulario presente noutros textos que poida aportar no repertorio léxico que se quere construír no alumnado. Os resultados que se prevén serán, en xeral, un maior nivel de comprensión lectora e escrita en grego, pero tamén unha maior competencia nas linguas dos diversos repertorios lingüísticos do alumnado.

AMADO RODRIGUEZ, MARIA TERESA (Titoría)
AMADO RODRIGUEZ, MARIA TERESA (Titoría)
Tribunal
ZAS VARELA, MARIA LUZ (Presidente/a)
VIDAL ESTEVEZ, BENJAMIN (Secretario/a)
Criado Boado, Cecilia (Vogal)
ZAS VARELA, MARIA LUZ (Presidente/a)
VIDAL ESTEVEZ, BENJAMIN (Secretario/a)
Criado Boado, Cecilia (Vogal)
A Cultura Clásica nos sistemas educativos de Europa Occidental: análise comparativa e proposta didáctica
Autoría
X.B.D.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
X.B.D.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
09.09.2025 18:00
09.09.2025 18:00
Resumo
Este traballo consta de dúas partes: un marco teórico e unha proposta didáctica. O marco teórico tenta realizar unha análise xeral e evolutivo do estado e a importancia da cultura clásica dentro da educación secundaria nos cinco principais países de Europa Occidental: España, Francia, Italia, Alemaña e o Reino Unido. O marco xurídico e a situación xeral da cultura clásica inmediata na materia de Historia irán precedidos dunha análise que tenta reflectir a influencia contemporánea e a evolución xeral da cultura grecorromana nestas áreas. Así, basearémonos na historiografía, a política e a evolución das propias institucións educativas, sen intentar nunca radiografiar e detallar a traxectoria exacta de cada campo, senón máis ben esbozar tendencias xerais, exemplos e interpretacións que poidan ser útiles para situar e explicar historicamente a cultura clásica en cada contexto. A nosa proposta didáctica (hipotética) pretende responder, ata certo punto, a algúns dos problemas e deficiencias que, na nosa opinión, presenta a situación da Antigüidade. Estaría dirixida ao primeiro curso de educación secundaria obrigatoria no IES Breamo de Pontedeume. Busca fomentar as nocións de multiculturalismo e transversalidade a través de contidos centrados no período clásico e a súa posterior proxección. Todo isto mediante unha metodoloxía variada e adaptada que reforce a xa mencionada dualidade axiolóxica.

CEINOS SANZ, MARIA CRISTINA (Titoría)
CEINOS SANZ, MARIA CRISTINA (Titoría)
Tribunal
PASTORIZA ROZAS, JOSE LUIS (Presidente/a)
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Secretario/a)
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA (Vogal)
PASTORIZA ROZAS, JOSE LUIS (Presidente/a)
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Secretario/a)
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA (Vogal)
O potencial da incorporación de contidos non eurocéntricos no currículo da educación secundaria: un caso práctico
Autoría
L.D.A.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
L.D.A.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
08.07.2025 12:30
08.07.2025 12:30
Resumo
Actualmente, existe un notable nesgo eurocéntrico no currículo de ciencias sociais da educación secundaria, entendido como unha fixación total nos contextos e materias históricas de Europa e Occidente. Isto levou á exclusión, deliberada ou non, de múltiples rexións dunha historia supostamente universal e creou unha serie de nesgos e narrativas falsas que prexudican activamente a capacidade do alumnado para adquirir coñecementos e habilidades verdadeiramente históricas. Cremos que a exclusión destes contextos non occidentais non só é negativa e debe corrixirse, senón que, ao poñerlle fin, pode utilizarse para traballar no desenvolvemento de habilidades vitais para o alumnado, como desenvolver unha perspectiva crítica, usar a empatía como ferramenta para a aprendizaxe histórica e traballar con fontes. Mediante unha aplicación práctica desta teoría, pretendemos determinar se o alumnado posúe non só a capacidade, senón tamén o interese, para traballar con estes contidos alternativos nun esforzo por fomentar unha investigación máis profunda sobre a súa posible inclusión no currículo ou, como mínimo, como experiencias complementarias a este.

Percepcións do profesorado de matemáticas respecto á situación e regulación lingüística das matemáticas no ensino
Autoría
A.D.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
A.D.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
02.09.2025 11:00
02.09.2025 11:00
Resumo
Os datos publicados recentemente polo Instituto Galego de Estatística mostran unha inquietante diminución do uso e o coñecemento da lingua galega entre as novas xeracións. Ante isto, cómpre recapacitar sobre o papel do sistema educativo en relación coa situación sociolingüística. Como futuras docentes, debemos reflexionar sobre a nosa actuación, que actualmente se leva a cabo baixo a regulación do Decreto 79/2010 para o plurilingüisimo no ensino non universitario en Galicia, que marca a obrigatoriedade de impartir a materia de matemáticas en castelán. Para este traballo elaboramos unha enquisa dirixida a profesorado de matemáticas en activo nos centros de secundaria de Galicia, coa que recollemos información sobre os usos lingüísticos nas aulas, así como sobre as preferencias das docentes con respecto á súa regulación. Grazas ao noso labor de difusión, acadamos un total de 241 respostas, que inclúen testemuños interesantes de cara á reflexión. Os resultados revelan que, cun alumnado cada vez máis castelanizado, unha parte importante do profesorado mantén un compromiso coa defensa da lingua galega. Por este ou por outros motivos, un 70.54% das docentes de matemáticas escollería o galego como lingua vehicular da súa docencia se dependese unicamente delas.

LOPEZ SANDEZ, MARIA (Titoría)
LOPEZ SANDEZ, MARIA (Titoría)
Tribunal
BROCOS MOSQUERA, PABLO (Presidente/a)
CASTIÑEIRA VEIGA, GONZALO (Secretario/a)
CAMBEIRO LOURIDO, MARIA DO CARMEN (Vogal)
BROCOS MOSQUERA, PABLO (Presidente/a)
CASTIÑEIRA VEIGA, GONZALO (Secretario/a)
CAMBEIRO LOURIDO, MARIA DO CARMEN (Vogal)
Variables familiares e conductas de acoso escolar nos/as menores: unha revisión sistemática
Autoría
M.D.R.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
M.D.R.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
15.07.2025 09:15
15.07.2025 09:15
Resumo
No presente Traballo de Fin de Máster realízase unha revisión sistemática centrada na análise do acoso escolar ou bullying dende unha perspectiva familiar, abordando o xeito no que distintas variables do entorno familiar inflúen na aparición e desenvolvemento destas condutas nos/as menores. Partindo do recoñecemento da familia como o primeiro axente de socialización, esta investigación busca examinar a influencia que teñen no desenvolvemento de condutas de bullying tanto as variables familiares contextuais (composición familiar, estatus socioeconómico, nivel educativo parental e situación laboral parental) como as dinámicas (comunicación e mediación parental, estilo educativo parental, vínculos e clima familiar, e maltrato e violencia). Para isto, lévase a cabo unha revisión sistemática baseada no modelo PRISMA que inclúe 56 estudos publicados nos últimos cinco anos e extraídos das bases de datos Web of Science, Scopus e ERIC. Os resultados confirman unha relación directa entre as variables familiares, especialmente as dinámicas, e as condutas de acoso escolar. Entre os factores máis destacados atópanse o estilo educativo parental, os vínculos afectivos, o tipo de comunicación e a presenza de violencias no entorno familiar. Estes achados poñen de manifesto a necesidade de promover estratexias de intervención socioeducativa que reforcen o papel protector da familia, recoñecendo a súa importancia na prevención e abordaxe do bullying dende unha perspectiva integral.

QUIROGA CARRILLO, ANAIS (Titoría)
QUIROGA CARRILLO, ANAIS (Titoría)
Tribunal
ALONSO RUIDO, PATRICIA (Presidente/a)
CABALLO VILLAR, MARIA BELEN (Secretario/a)
DIZ LOPEZ, MARIA JULIA (Vogal)
ALONSO RUIDO, PATRICIA (Presidente/a)
CABALLO VILLAR, MARIA BELEN (Secretario/a)
DIZ LOPEZ, MARIA JULIA (Vogal)
A competencia intercultural na formación do profesorado: unha revisión sistemática
Autoría
A.E.J.T.
Máster Universitario en Procesos de Formación
A.E.J.T.
Máster Universitario en Procesos de Formación
Data da defensa
09.09.2025 09:30
09.09.2025 09:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster céntrase en como se desenvolve a competencia intercultural no profesorado de Educación Primaria ante o reto que supón a crecente diversidade cultural nas aulas. A partir dun marco teórico centrado na educación intercultural, estúdase a súa presenza na formación inicial e continua do profesorado. Trátase dunha investigación documental estruturada en dúas fases: a primeira consiste na análise dos plans de estudo do Grao en Educación Primaria nas universidades galegas; a segunda, nunha revisión sistemática de experiencias de formación continua, seguindo o protocolo PRISMA. Os resultados revelan unha presenza marxinal da competencia intercultural na formación inicial, limitada a materias optativas ou enfoques superficiais. A oferta de formación continua, aínda que escasa, inclúe propostas prácticas, transformadoras e contextualizadas. Todo isto resalta a necesidade de fortalecer esta competencia como un elemento clave na formación docente, tanto nos plans de estudo universitarios como na formación permanente, co fin de avanzar cara a unha educación máis inclusiva e xusta.
Este Traballo de Fin de Máster céntrase en como se desenvolve a competencia intercultural no profesorado de Educación Primaria ante o reto que supón a crecente diversidade cultural nas aulas. A partir dun marco teórico centrado na educación intercultural, estúdase a súa presenza na formación inicial e continua do profesorado. Trátase dunha investigación documental estruturada en dúas fases: a primeira consiste na análise dos plans de estudo do Grao en Educación Primaria nas universidades galegas; a segunda, nunha revisión sistemática de experiencias de formación continua, seguindo o protocolo PRISMA. Os resultados revelan unha presenza marxinal da competencia intercultural na formación inicial, limitada a materias optativas ou enfoques superficiais. A oferta de formación continua, aínda que escasa, inclúe propostas prácticas, transformadoras e contextualizadas. Todo isto resalta a necesidade de fortalecer esta competencia como un elemento clave na formación docente, tanto nos plans de estudo universitarios como na formación permanente, co fin de avanzar cara a unha educación máis inclusiva e xusta.
Dirección
FERNANDEZ REY, ELENA (Titoría)
FERNANDEZ REY, ELENA (Titoría)
Tribunal
CEBREIRO LOPEZ, BEATRIZ (Presidente/a)
REGUEIRO FERNANDEZ, BIBIANA (Secretario/a)
FRAGA VARELA, FERNANDO (Vogal)
CEBREIRO LOPEZ, BEATRIZ (Presidente/a)
REGUEIRO FERNANDEZ, BIBIANA (Secretario/a)
FRAGA VARELA, FERNANDO (Vogal)
Vídeo Mapping como ferramenta educativa: Proposta para o Módulo de Animación Visual en Vivo no Ciclo de FP tecnico en Vídeo Disc- jockey e Son
Autoría
R.E.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
R.E.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
Data da defensa
14.07.2025 09:00
14.07.2025 09:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster propón o deseño dunha programación didáctica innovadora para o módulo de Animación Visual en Vivo do ciclo de Vídeo Disc-Jockey e Son. A proposta céntrase no uso do vídeo mapping como ferramenta educativa, coa finalidade de fomentar o desenvolvemento de competencias técnicas e creativas no alumnado. O traballo inclúe a planificación detallada das sesións, con actividades prácticas que permiten aos estudantes aplicar os seus coñecementos en proxectos audiovisuais reais. Ademais, a proposta busca reforzar a capacidade de traballo en equipo e a creatividade, permitindo que o alumnado explore novas formas de expresión a través das tecnoloxías dixitais aplicadas á creación visual.

Criado Boado, Cecilia (Titoría)
Criado Boado, Cecilia (Titoría)
Tribunal
FRANCO VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Secretario/a)
LOPEZ CARRETERO, XOSÉ MARÍA (Vogal)
FRANCO VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Secretario/a)
LOPEZ CARRETERO, XOSÉ MARÍA (Vogal)
Análise da simulación clínica como estratexia educativa empregada no Ciclo Medio de Emerxencias Sanitarias. Eficacia e aplicabilidade percibida por docentes e alumnado.
Autoría
E.F.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
E.F.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
Data da defensa
11.09.2025 10:00
11.09.2025 10:00
Resumo
A presente investigación analiza a simulación clínica como estratexia educativa no Ciclo Medio de Emerxencias Sanitarias. Ante un contexto sanitario cada vez máis complexo, proponse a necesidade de metodoloxías que non só desenvolvan competencias técnicas, senón tamén habilidades transversais como a toma de decisións, a comunicación e a xestión emocional. Desde o enfoque da aprendizaxe experiencial, a simulación clínica permite ao alumnado enfrontarse a escenarios clínicos realistas nun contorno seguro, favorecendo unha aprendizaxe significativa. A investigación deste proxecto consiste nun estudo de caso que segue unha metodoloxía mixta mediante aplicación de cuestionarios ao alumnado e unha entrevista a unha docente. Os resultados mostran unha valoración moi positiva por parte de ambos os grupos, destacando a utilidade da simulación para integrar teoría e práctica, mellorar a preparación profesional e aumentar a motivación. Non obstante, identifícanse limitacións como a falta de recursos materiais e a necesidade de maior formación docente. En conclusión, a simulación clínica preséntase como unha ferramenta eficaz, motivadora e aliñada cos obxectivos da Formación Profesional sanitaria.

VARELA PORTELA, CRISTINA (Titoría)
VARELA PORTELA, CRISTINA (Titoría)
Tribunal
CAMBEIRO LOURIDO, MARIA DO CARMEN (Presidente/a)
CEINOS SANZ, MARIA CRISTINA (Secretario/a)
AMADO RODRIGUEZ, MARIA TERESA (Vogal)
CAMBEIRO LOURIDO, MARIA DO CARMEN (Presidente/a)
CEINOS SANZ, MARIA CRISTINA (Secretario/a)
AMADO RODRIGUEZ, MARIA TERESA (Vogal)
A indagación no contexto de laboratorio para a ensinanza da Química na Educación Secundaria
Autoría
R.F.D.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
R.F.D.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
11.07.2025 10:00
11.07.2025 10:00
Resumo
No presente traballo, analízanse os desempeños do alumnado de secundaria durante a implementación dunha actividade de indagación guiada no laboratorio, para resolver un escenario de criminoloxía que requiría da identificación de diversas substancias problema a través do emprego das súas propiedades e reactividade química. O obxectivo do traballo era estudar como o alumnado de secundaria levaba a cabo o deseño de experimentos para identificar as mostras problema, e como propoñía xustificacións para as identificacións efectuadas. Os participantes no estudo foron un grupo de alumnos/as da materia de Física e Química de 4º ESO, que traballaron divididos en pequenos grupos. Para a toma de datos, empregáronse as respostas escritas producidas polo alumnado en dúas das fases da intervención. Os resultados obtidos sinalan que o alumnado amosa dificultades, principalmente, no deseño de procedementos experimentais, e na interpretación da reactividade química; pero que, aínda que existen aspectos a mellorar, a implementación deste tipo de prácticas resulta efectiva para motivar ao alumnado, e para promover unha aprendizaxe activa e significativa dos contidos e competencias relativos á materia de Física e Química.

CASAS QUIROGA, LUCIA (Titoría)
CASAS QUIROGA, LUCIA (Titoría)
Tribunal
TORRON CASAL, CAROLINA (Presidente/a)
Couce Santalla, Ana Isabel (Secretario/a)
Crujeiras Pérez, Beatriz (Vogal)
TORRON CASAL, CAROLINA (Presidente/a)
Couce Santalla, Ana Isabel (Secretario/a)
Crujeiras Pérez, Beatriz (Vogal)
Uso de ferramentas de Intelixencia Artificial xerativas como asistentes para o profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria.
Autoría
A.F.H.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
A.F.H.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
10.07.2025 10:00
10.07.2025 10:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Máster (TFM) investiga o potencial das ferramentas de Intelixencia Artificial Xerativa (IAxen) como asistentes para o profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria. Realízase unha análise das familias de ferramentas de IA xerativa (LLMs, xeradores de imaxes, audio, etc.), avaliando a súa aplicabilidade a diversas tarefas docentes mediante unha matriz estruturada. Desenvólvense casos prácticos específicos, como a xeración de material didáctico para matemáticas, a creación de avaliacións de opción múltiple e o deseño de recursos interactivos para o reforzo da arendizaxe, demostrando a súa viabilidade e eficiencia. Finalmente, elabórase unha guía web para docentes, co obxectivo de facilitar a adopción destas tecnoloxías. O estudo conclúe que a IA xerativa non é só unha ferramenta, senón un catalizador de cambio que pode transformar o rol docente, empoderar ao alumnado e reconfigurar a avaliación, subliñando a importancia dunha integración ética e crítica no contexto da transformación dixital educativa.

LOPEZ GOMEZ, SILVIA (Titoría)
LOPEZ GOMEZ, SILVIA (Titoría)
Tribunal
BROCOS MOSQUERA, PABLO (Presidente/a)
Couce Santalla, Ana Isabel (Secretario/a)
CASAS QUIROGA, LUCIA (Vogal)
BROCOS MOSQUERA, PABLO (Presidente/a)
Couce Santalla, Ana Isabel (Secretario/a)
CASAS QUIROGA, LUCIA (Vogal)
Outra historia para contar nas aulas: a educación das persoas xordas na época moderna
Autoría
N.F.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
N.F.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
07.07.2025 13:30
07.07.2025 13:30
Resumo
Neste traballo proponse unha intervención didáctica, para a materia de Xeografía e Historia de 2º de Educación de Secundaria Obrigatoria (ESO), centrada na Historia da educación das persoas xordas e mudas na época moderna (séculos XV-XVIII), aínda que dunha forma contextualizada de todos aqueles factores sociais, políticos, relixiosos e económicos que participan neste proceso histórico. Todo coa finalidade de romper con ese relato hexemónico na que se ensina unha narrativa definida, ao integrar non só un grupo social minoritario, que a sociedade actual hasta fai pouco non se sensibilizara na súa historia e seu papel ao ser considerado como o outro ou inclusive de pertencer a unha cultura allea, senón tamén a través desta Historia, conectada có contexto actual, permítese o traballar, mediante o uso de metodoloxías activas, toda unha serie de competencias chave, non soamente as que marca a lexislación educativa vixente, para o alumnado; sendo esenciais para a súa vida cotiá, como o desenvolvemento do pensamento crítico, reflexivo, plural e diverso.

MIGUES RODRIGUEZ, VITOR MANUEL (Titoría)
MIGUES RODRIGUEZ, VITOR MANUEL (Titoría)
Tribunal
ARMAS CASTRO, JOSE ANGEL (Presidente/a)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Secretario/a)
GARCIA SOTO, LUIS MODESTO (Vogal)
ARMAS CASTRO, JOSE ANGEL (Presidente/a)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Secretario/a)
GARCIA SOTO, LUIS MODESTO (Vogal)
Proxecto de intervención educativa: Redeseñar un espazo escolar a través da arte.
Autoría
A.F.G.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
A.F.G.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Data da defensa
16.07.2025 16:30
16.07.2025 16:30
Resumo
Se parte da necesidade de repensar o espazo educativo co fin de fomentar unha convivencia escolar positiva. Redefinir o patio educativo implica crear un lugar de aprendizaxe e convivencia, ofrecendo ao alumnado un espazo onde as relacións entre iguais, a creatividade e o respecto mutuo sexan fundamentais. Con iso, preténdese demostrar como a arte, desde unha perspectiva pedagóxica, pode non só transformar espazos físicos, senón tamén as dinámicas dentro da comunidade educativa. Para conseguir estes obxectivos o traballo centrarase na transformación do patio educativo, a través da educación artística. Por iso, a modalidade elixida é a de proxecto de intervención para poder levar a cabo nunha aula de Educación Primaria. Exporanse distintas actividades nas que o alumnado poida converterse en parte do proceso e obter así unha aprendizaxe significativa, promovendo valores e aspectos como a igualdade e a inclusión.

Trigo Martínez, Cristina (Titoría)
Trigo Martínez, Cristina (Titoría)
Tribunal
FRANCO VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
Clavero Ibañez de Garayo, Sergio (Secretario/a)
CASTIÑEIRA VEIGA, GONZALO (Vogal)
FRANCO VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
Clavero Ibañez de Garayo, Sergio (Secretario/a)
CASTIÑEIRA VEIGA, GONZALO (Vogal)
Proposta de ensinanza e investigación do impacto dos xogos tradicionais como expoñentes do patrimonio cultural inmaterial na Bacharelato
Autoría
A.F.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
A.F.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
08.07.2025 09:00
08.07.2025 09:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster (TFM) contén o deseño e implementación dunha proposta de intervención educativa dirixida á materia Historia do Mundo Contemporáneo de 1º curso de Bacharelato no contexto dun Instituto de Ensino Secundario da Comunidade Autónoma de Galicia. Trabállase como contido o patrimonio cultural inmaterial para promover a súa conser-vación e mellora nun contexto dun mundo globalizado. O patrimonio é un recurso didáctico que contribúe ao desenvolvemento de competencias sociais e cívicas no alumnado e lle permite ser consciente do legado que herda. Concretamente, dentro deste patrimonio cultural inmaterial, os contidos céntranse no valor dos xogos tradicionais, como exemplo da transmisión da identidade dun territorio, de xeración en xeración, ao longo do tempo. A proposta busca achegar ao alumnado desta etapa a importancia de conservar o patrimonio cultural inmaterial, especialmente, os xogos tradicionais, polo seu compoñente social, cultural e de conformación da identidade. Os resultados obtidos trala implementación da proposta poñen en evidencia a importancia de trasladar o patrimonio cultural inmaterial como contido clave para a conformación da identidade do alumnado. Ademais tamén se manifesta a implicación e interese do alumnado á hora de abordar os xogos tradicionais no marco da materia de Historia do Mundo Contemporáneo.
Este Traballo de Fin de Máster (TFM) contén o deseño e implementación dunha proposta de intervención educativa dirixida á materia Historia do Mundo Contemporáneo de 1º curso de Bacharelato no contexto dun Instituto de Ensino Secundario da Comunidade Autónoma de Galicia. Trabállase como contido o patrimonio cultural inmaterial para promover a súa conser-vación e mellora nun contexto dun mundo globalizado. O patrimonio é un recurso didáctico que contribúe ao desenvolvemento de competencias sociais e cívicas no alumnado e lle permite ser consciente do legado que herda. Concretamente, dentro deste patrimonio cultural inmaterial, os contidos céntranse no valor dos xogos tradicionais, como exemplo da transmisión da identidade dun territorio, de xeración en xeración, ao longo do tempo. A proposta busca achegar ao alumnado desta etapa a importancia de conservar o patrimonio cultural inmaterial, especialmente, os xogos tradicionais, polo seu compoñente social, cultural e de conformación da identidade. Os resultados obtidos trala implementación da proposta poñen en evidencia a importancia de trasladar o patrimonio cultural inmaterial como contido clave para a conformación da identidade do alumnado. Ademais tamén se manifesta a implicación e interese do alumnado á hora de abordar os xogos tradicionais no marco da materia de Historia do Mundo Contemporáneo.
Dirección
GARCIA ANTELO, BEATRIZ (Titoría)
VALCARCE FERNANDEZ, MARGARITA Cotitoría
GARCIA ANTELO, BEATRIZ (Titoría)
VALCARCE FERNANDEZ, MARGARITA Cotitoría
Tribunal
Castro Fernández, Belén María (Presidente/a)
VARGAS CALLEJAS, GERMAN (Secretario/a)
Lopez , Lucrezia (Vogal)
Castro Fernández, Belén María (Presidente/a)
VARGAS CALLEJAS, GERMAN (Secretario/a)
Lopez , Lucrezia (Vogal)
A Revolución Portuguesa no desenvolvemento dos valores cívicos e democráticos na aula
Autoría
J.R.F.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
J.R.F.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
08.07.2025 19:00
08.07.2025 19:00
Resumo
Este traballo leva a cabo unha investigación educativa baseada nun estudo de caso descriptivo nunha aula de 1º de Bacharelato na que é abordada, dende a materia de Historia do Mundo Contemporáneo, a cuestión da defensa dos valores civicos e democráticos a partires do contexto histórico da Revolución Portuguesa. A actuación didáctica orientouse metodoloxicamente dende unha concepción do alumnado como axente activo de aprendizaxe, utilizando unha variedade de fontes e fomentando a participación e as actividades de traballo en grupo. A análise de resultados basease nunha metodoloxía de investigación mixta (cualitativa e cuantitativa). Caben destacar como principais resultados o desenvolvemento da conciencia democrática, o pensamento crítico e a valoración positiva das metodoloxías innovadoras utilizadas.

DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Titoría)
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Titoría)
Tribunal
GARCIA ANTELO, BEATRIZ (Presidente/a)
PIÑEIRA MANTIÑAN, MARIA JOSE (Secretario/a)
LOPEZ MONDEJAR, MARIA LETICIA (Vogal)

O malestar da xuventude na actualidade. Profundizando como persoa orientadora.
Autoría
S.F.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
S.F.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
15.07.2025 09:00
15.07.2025 09:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster analiza o malestar xuvenil contemporáneo desde unha perspectiva interdisciplinaria centrada na Orientación Educativa. A través dunha revisión documental crítica de fontes académicas, examínanse os factores estruturais y culturais que inflúen no sufrimiento psicosocial da xuventude. O traballo sitúa o fenómeno no contexto da modernidad tardía, caracterizada polo individualismo neoliberal, a precariedade laboral, a fragmentación identitaria e a perda de referentes colectivos. Plantéxase que o malestar non é un fenómeno exclusivamente individual ou clínico, senon unha expresión contextual de desigualdades estructurais e expectativas socioculturais inalcanzables. Desde a figura do/a orientador/a educativo/a, proponse unha intervención crítica e contextualizada que promova espaxos de acompañamento e resignificación. Asimesmo, abógase por unha politización do malestar que permita transformar o sufrimiento individual en acción colectiva. O documento conclúe subraiando a necesidade de reforzar os vínculos comunitarios, repensar a función orientadora e xerar novas narrativas educativas que reconozan á xuventude como suxeito colectivo activo. A pesar das súas limitacións metodolóxicas, o estudio ofrece un marco interpretativo valioso para a análise e a intervención educativa fronte ás manifestacións do malestar xuvenil en sociedades atravesadas por lóxicas neoliberais.

IGLESIAS SOUTO, PATRICIA MARIA (Titoría)
IGLESIAS SOUTO, PATRICIA MARIA (Titoría)
Tribunal
Taboada Ares, Eva María (Presidente/a)
CAMBEIRO LOURIDO, MARIA DO CARMEN (Secretario/a)
VARGAS CALLEJAS, GERMAN (Vogal)

A influenza da vulnerabilidade social no desenvolvemento académico durante a adolescencia
Autoría
I.F.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
I.F.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
15.07.2025 10:00
15.07.2025 10:00
Resumo
A adolescencia caracterízase por ser unha etapa complexa para o desenvolvemento do alumnado. Está influenciada por factores que afectan á persoa nas diferentes áreas, especialmente ás que se atopan nunha situación de vulnerabilidade social. O obxectivo foi analizar a influenza de ser inmigrante, posuír baixo nivel socioeconómico ou pertencer a familias disfuncionais no desenvolvemento académico durante a adolescencia. Para isto, realizouse unha investigación documental seguindo a guía Prisma, a través de diferentes bases de datos, revisando a literatura nacional e internacional. Entre os principais resultados atopouse que os principais factores que inflúen no desenvolvemento académico do alumnado inmigrante son o status migratorio, a escolarización interrompida e o descoñecemento lingüístico. O baixo nivel socioeconómico vincúlase cun acceso reducido a recursos e oportunidades educativas, e coa baixa formación dos/as proxenitores/as. No relativo ás familias disfuncionais, encontráronse o consumo de substancias, a violencia doméstica e a separación familiar como factores principais. É necesario formar ao profesorado para intervir co alumnado vulnerable, sendo importante desenvolver accións educativas inclusivas. Conclúese que, aínda que o traballo aborda factores relevantes para a equidade educativa, é preciso seguir indagando sobre factores influentes na disfuncionalidade familiar e estudar a coordinación entre o profesorado e orientadores/as.

Deconstruindo o suxeito racional: coidados e interdependencia na aula de Filosofía
Autoría
M.M.F.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
M.M.F.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
07.07.2025 09:30
07.07.2025 09:30
Resumo
Nun contexto de crise ecosocial e de fraxilidade dos vínculos, este Traballo de Fin de Máster propón unha revisión crítica do suxeito autónomo na tradición filosófica desde unha perspectiva feminista centrada na ética do coidado, defendendo a necesidade de situar os coidados no centro do proxecto educativo. Para iso, preséntase unha situación de aprendizaxe titulada A (R)evolución dos coidados, deseñada para a materia de Filosofía en 1.º de Bacharelato, que reivindica a interdependencia como unha condición existencial que convida a repensar colectivamente as bases epistemolóxicas e relacionais da nosa existencia.

PASTORIZA ROZAS, JOSE LUIS (Titoría)
PASTORIZA ROZAS, JOSE LUIS (Titoría)
Tribunal
ARMAS CASTRO, JOSE ANGEL (Presidente/a)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Secretario/a)
GARCIA SOTO, LUIS MODESTO (Vogal)
ARMAS CASTRO, JOSE ANGEL (Presidente/a)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Secretario/a)
GARCIA SOTO, LUIS MODESTO (Vogal)
Por unha lingua máis eco. Unha revisión do currículo de secundaria desde unha perspectiva ecolingüística.
Autoría
A.F.A.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
A.F.A.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
08.07.2025 10:00
08.07.2025 10:00
Resumo
O obxectivo fundamental deste traballo de fin de mestrado é a realización dunha revisión do currículo da materia de Lingua Castelá e Literatura no nivel de 4ºESO para incluír nel a perspectiva da ecolingüística. Centrarémonos principalmente no Bloque 1, denominado “As linguas e os seus falantes”, pois considerámolo o máis axeitado para introducir contidos desta índole. Para iso, veremos os obxectivos, contidos e criterios de avaliación establecidos e proporemos uns novos adecuados para o propósito do noso traballo. Desta forma, contribuiremos a crear unha conciencia ecolingüística crítica no alumnado, fundamental para o seu desempeño no mundo globalizado no que vivimos, no que as linguas internacionais e con prestixio ameazan ás máis minoritarias, así coma ás minorizadas.

ZAS VARELA, MARIA LUZ (Titoría)
ZAS VARELA, MARIA LUZ (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ GROBA, ANA (Presidente/a)
Criado Boado, Cecilia (Secretario/a)
NOGUEIRA PEREIRA, MARIA XESUS (Vogal)
RODRIGUEZ GROBA, ANA (Presidente/a)
Criado Boado, Cecilia (Secretario/a)
NOGUEIRA PEREIRA, MARIA XESUS (Vogal)
Gallaecia Latina: un Manual de Latín para Galiza
Autoría
I.F.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
I.F.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
07.07.2025 09:00
07.07.2025 09:00
Resumo
Este traballo desenvolve unha proposta pedagóxica para un manual escolar de introdución á lingua latina para estudantes galegos de ensino medio ou de primeiro ano do grao. Na primeira parte do traballo analízanse as diversas abordaxes metodolóxicas para a aprendizaxe do latín e xustifícase a escolla do método indutivo-contextual. Na segunda parte do traballo, explícase a necesidade de desenvolver un manual escolar de latín adaptado á realidade nacional galega. Por último, pormenorízanse as características da proposta e formúlase unha idea complementaria a partir da estratexia do Free Voluntary Reading, sempre nas coordenadas dun sistema de ensino autocentrado. No Anexo preséntase unha unidade piloto da proposta.
Este traballo desenvolve unha proposta pedagóxica para un manual escolar de introdución á lingua latina para estudantes galegos de ensino medio ou de primeiro ano do grao. Na primeira parte do traballo analízanse as diversas abordaxes metodolóxicas para a aprendizaxe do latín e xustifícase a escolla do método indutivo-contextual. Na segunda parte do traballo, explícase a necesidade de desenvolver un manual escolar de latín adaptado á realidade nacional galega. Por último, pormenorízanse as características da proposta e formúlase unha idea complementaria a partir da estratexia do Free Voluntary Reading, sempre nas coordenadas dun sistema de ensino autocentrado. No Anexo preséntase unha unidade piloto da proposta.
Dirección
Criado Boado, Cecilia (Titoría)
Criado Boado, Cecilia (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA (Presidente/a)
GARCIA DOCAMPO, LAURA (Secretario/a)
AMADO RODRIGUEZ, MARIA TERESA (Vogal)
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA (Presidente/a)
GARCIA DOCAMPO, LAURA (Secretario/a)
AMADO RODRIGUEZ, MARIA TERESA (Vogal)
Proxecto de formación para a adquisición de competencias relacionadas coa prevención da criminalidade en municipios rurais
Autoría
D.F.F.
Máster Universitario en Procesos de Formación
D.F.F.
Máster Universitario en Procesos de Formación
Data da defensa
09.07.2025 10:00
09.07.2025 10:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster propón un proxecto formativo dirixido aos altos cargos do Concello de Vilalba, co obxectivo de dotar estas persoas de competencias básicas en criminoloxía aplicadas á prevención do delito en contornos rurais. O proxecto nace como resposta ao aumento da criminalidade no municipio, á escaseza de datos oficiais específicos para zonas rurais e á falta de formación dos responsables da toma de decisións locais en materia de seguridade. A proposta estrutúrase en catro fases fundamentais: detección de necesidades formativas, planificación da intervención, execución e avaliación. O programa basease en marcos teóricos clásicos e contemporáneos da criminoloxía, e emprega metodoloxías activas e participativas adaptadas ao contexto municipal. A formación organízase en módulos que abordan a criminoloxía ambiental, a prevención situacional e a análise da criminalidade, contribuíndo a reforzar o papel dos gobernos locais na prevención do delito e no desenvolvemento de comunidades seguras, resilientes e cohesionadas.
Este Traballo de Fin de Máster propón un proxecto formativo dirixido aos altos cargos do Concello de Vilalba, co obxectivo de dotar estas persoas de competencias básicas en criminoloxía aplicadas á prevención do delito en contornos rurais. O proxecto nace como resposta ao aumento da criminalidade no municipio, á escaseza de datos oficiais específicos para zonas rurais e á falta de formación dos responsables da toma de decisións locais en materia de seguridade. A proposta estrutúrase en catro fases fundamentais: detección de necesidades formativas, planificación da intervención, execución e avaliación. O programa basease en marcos teóricos clásicos e contemporáneos da criminoloxía, e emprega metodoloxías activas e participativas adaptadas ao contexto municipal. A formación organízase en módulos que abordan a criminoloxía ambiental, a prevención situacional e a análise da criminalidade, contribuíndo a reforzar o papel dos gobernos locais na prevención do delito e no desenvolvemento de comunidades seguras, resilientes e cohesionadas.
Dirección
GARCIA MURIAS, REBECA (Titoría)
VALCARCE FERNANDEZ, MARGARITA Cotitoría
GARCIA MURIAS, REBECA (Titoría)
VALCARCE FERNANDEZ, MARGARITA Cotitoría
Tribunal
FERNANDEZ REY, ELENA (Presidente/a)
Couce Santalla, Ana Isabel (Secretario/a)
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Vogal)
FERNANDEZ REY, ELENA (Presidente/a)
Couce Santalla, Ana Isabel (Secretario/a)
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Vogal)
E despois que? Unha proposta de orientación para a inserción laboral dende a Formación Profesional Básica
Autoría
S.M.F.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
S.M.F.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
15.09.2025 17:00
15.09.2025 17:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Máster aborda o papel da orientación educativa no ámbito da Formación Profesional Básica, analizando a ausencia do módulo de Formación e Orientación Laboral e a nova incorporación do Itinerario Persoal para a Empregabilidade. Considerando que a FPB constitúe unha vía específica dentro do sistema educativo que acolle ao alumnado máis vulnerable, que debe facilitar a toma de decisións no seu proxecto vital en referencia á continuidade dos seus estudos ou á súa inserción laboral; e a partir da análise teórica, lexislativa e dun diagnóstico inicial baseado en investigacións previas, deseñase unha proposta orientadora para implementar dende o Departamento de Información e Orientación Profesional dos Centros Integrados de Formación Profesional de Galicia.
O presente Traballo de Fin de Máster aborda o papel da orientación educativa no ámbito da Formación Profesional Básica, analizando a ausencia do módulo de Formación e Orientación Laboral e a nova incorporación do Itinerario Persoal para a Empregabilidade. Considerando que a FPB constitúe unha vía específica dentro do sistema educativo que acolle ao alumnado máis vulnerable, que debe facilitar a toma de decisións no seu proxecto vital en referencia á continuidade dos seus estudos ou á súa inserción laboral; e a partir da análise teórica, lexislativa e dun diagnóstico inicial baseado en investigacións previas, deseñase unha proposta orientadora para implementar dende o Departamento de Información e Orientación Profesional dos Centros Integrados de Formación Profesional de Galicia.
Dirección
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Titoría)
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Titoría)
Tribunal
PARADA GAÑETE, ANA (Presidente/a)
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Secretario/a)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Vogal)
PARADA GAÑETE, ANA (Presidente/a)
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Secretario/a)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Vogal)
A educación política na formación inicial do profesorado: Un estudo exploratorio en Galicia.
Autoría
I.F.S.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
I.F.S.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
05.09.2025 11:15
05.09.2025 11:15
Resumo
A historia da educación demostrou que educar nunca é un acto neutral: está sempre atravesado por valores, ideoloxías e orientacións políticas. No actual contexto de polarización, incremento dos discursos de odio e crise da participación democrática, revístese de especial importancia reivindicar a dimensión política da educación como ferramenta para formar cidadáns críticos, conscientes e socialmente comprometidos. Neste sentido, a formación inicial do profesorado representa un espazo clave desde o que impulsar unha práctica pedagóxica que promova a reflexión, o compromiso democrático e a acción transformadora. Este traballo de fin de máster ten como obxectivo analizar a relación entre as actitudes cara á educación política e as prácticas pedagóxicas do futuro profesorado galego, así como as súas implicacións na formación dunha cidadanía activa. Para iso, levouse a cabo unha investigación de tipo cuantitativo, con enfoque exploratorio-descritivo, mediante a aplicación dun cuestionario en liña. A mostra estivo composta por 152 estudantes das universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña. Os resultados evidencian unha actitude xeralmente favorable cara á educación política e suxiren unha conexión positiva entre estas actitudes e a predisposición ao uso de metodoloxías activas. En termos máis amplos, o estudo reafirma a necesidade de integrar a educación política na formación docente como condición para fortalecer a democracia e a xustiza social.

SOTELINO LOSADA, ALEJANDRO (Titoría)
SOTELINO LOSADA, ALEJANDRO (Titoría)
Tribunal
ALONSO RUIDO, PATRICIA (Presidente/a)
CABALLO VILLAR, MARIA BELEN (Secretario/a)
DIZ LOPEZ, MARIA JULIA (Vogal)
ALONSO RUIDO, PATRICIA (Presidente/a)
CABALLO VILLAR, MARIA BELEN (Secretario/a)
DIZ LOPEZ, MARIA JULIA (Vogal)
Fortalecendo vínculos: Proposta de Educación Familiar na etapa de Educación Secundaria Obrigatoria
Autoría
A.G.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
A.G.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
14.02.2025 10:00
14.02.2025 10:00
Resumo
Este traballo propón unha acción educativa enfocada a potenciar a comunicación e a cooperación entre familias e institucións educativas en prol do crecemento integral da mocidade. O estudo define una fundamentación teórica sobre a relevancia da parentalidade positiva e a coordinación entre a familia e a escola, e desenvolve o programa Conecta2, enfocado na formación das familias para mellorar o seu papel na vida escolar e persoal dos seus fillos/fillas/tutelados/tuteladas. A proposta basea as súas accións en metodoloxías activas como a aprendizaxe colaborativa e experiencial, mediante obradoiros, actividades de reflexión conxunta e xogos de rol, dirixidas a potenciar as habilidades parentais. Anticipase que este programa promova un ambiente de apoio no que adolescentes, familias e profesorado colaboren conxuntamente, reducindo conflitos e potenciando o rendemento e o benestar emocional do alumnado.

ALVAREZ SEOANE, CARMEN DENEBOLA (Titoría)
ALVAREZ SEOANE, CARMEN DENEBOLA (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ GROBA, ANA (Presidente/a)
GARCIA MURIAS, REBECA (Secretario/a)
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Vogal)
RODRIGUEZ GROBA, ANA (Presidente/a)
GARCIA MURIAS, REBECA (Secretario/a)
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Vogal)
Artes escénicas e visuais: unha proposta interdisciplinaria para estudantes de ESO
Autoría
R.G.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
R.G.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
Data da defensa
11.07.2025 09:00
11.07.2025 09:00
Resumo
O presente documento é un traballo de fin de máster que nace da necesidade de transformar o ensino da ESO a través da integración das artes escénicas nas materias de artes plásticas, co obxectivo de lograr unha abordaxe interdisciplinar e desenvolver a creatividade e a expresividade dos alumnos e alumnas. A través dunha metodoloxía activa e experiencial, deséñase unha proposta de intervención que busca superar as limitacións do currículo tradicional, que invisibiliza o corpo e relega a creatividade a un papel secundario. A intervención, desenvolvida no IES Antonio Fraguas, pretende fomentar a capacidade crítica, a creatividade, a autoestima e a relación co propio corpo, así como construír espazos seguros dentro das aulas onde poder expresar emocións e comunicarnos dun xeito horizontal. A metodoloxía empregada inclúe a análise documental, o deseño de actividades e a súa implementación práctica, con reflexións e conclusións sobre os resultados obtidos. Ditos resultados, evidencian que a integración das artes escénicas na aula son unha ferramenta clave para construír unha escola máis inclusiva e transformadora, en consonancia cos obxectivos da Axenda 2030 da UNESCO.
O presente documento é un traballo de fin de máster que nace da necesidade de transformar o ensino da ESO a través da integración das artes escénicas nas materias de artes plásticas, co obxectivo de lograr unha abordaxe interdisciplinar e desenvolver a creatividade e a expresividade dos alumnos e alumnas. A través dunha metodoloxía activa e experiencial, deséñase unha proposta de intervención que busca superar as limitacións do currículo tradicional, que invisibiliza o corpo e relega a creatividade a un papel secundario. A intervención, desenvolvida no IES Antonio Fraguas, pretende fomentar a capacidade crítica, a creatividade, a autoestima e a relación co propio corpo, así como construír espazos seguros dentro das aulas onde poder expresar emocións e comunicarnos dun xeito horizontal. A metodoloxía empregada inclúe a análise documental, o deseño de actividades e a súa implementación práctica, con reflexións e conclusións sobre os resultados obtidos. Ditos resultados, evidencian que a integración das artes escénicas na aula son unha ferramenta clave para construír unha escola máis inclusiva e transformadora, en consonancia cos obxectivos da Axenda 2030 da UNESCO.
Dirección
Trigo Martínez, Cristina (Titoría)
Trigo Martínez, Cristina (Titoría)
Tribunal
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
DIAZ SEOANE, ANGELES (Secretario/a)
CAPELAN FERNANDEZ, MONTSERRAT (Vogal)
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
DIAZ SEOANE, ANGELES (Secretario/a)
CAPELAN FERNANDEZ, MONTSERRAT (Vogal)
O conto como fío condutor dunha proposta de intervención educativa
Autoría
A.G.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
A.G.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
09.07.2025 13:30
09.07.2025 13:30
Resumo
Sen lugar a dúbidas, a presenza de textos literarios na aula de lingua estranxeira é aínda moi escasa. Porén, se ditos textos son correctamente seleccionados, adquiren o potencial de ser explotados de maneira moi enriquecedora para o alumnado. Deste xeito, ademais da lingua, tamén serven para achegar ó alumnado a diversas temáticas incluídas no seu contido, por exemplo, a cultura. Por este motivo, a finalidade deste traballo consiste na presentación dunha proposta de intervención educativa para unha aula de lingua estranxeira: máis concretamente a aula de inglés. Esta proposta céntrase en alumnado de 2º de ESO, co obxectivo de traballar contidos propios deste nivel (especialmente o pasado simple, o resumo e a biografía) mediante o relato e as súas distintas variedades. Para este fin, proponse a utilización de diferentes metodoloxías e apórtase material didáctico que acompañaría ás diferentes sesións nas que se divide. Finalmente, aínda que esta proposta non puido ser implementada, preséntanse reflexións con vistas a un contexto ideado e téñense en conta outras propostas semellantes que puideron ser levadas á práctica.

Deseño dunha proposta de intervención orientadora desde a acción titorial destinada ao alumnado de 3º e 4º da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO): Toma de decisións para o desenvolvemento da carreira.
Autoría
G.G.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
G.G.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
14.07.2025 16:00
14.07.2025 16:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Mestrado ten como obxectivo o deseño dunha proposta de intervención orientadora, enmarcada na acción titorial, dirixida ao alumnado de 3.º e 4.º curso da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), centrada na toma de decisións para o desenvolvemento da carreira. Esta proposta fundamentase nun modelo integrador de titoría e orientación, que favorece unha aprendizaxe profunda e significativa, adaptábel á diversidade de estilos de aprendizaxe do alumnado. Partese da premisa de que a educación secundaria debe preparar para a vida non só desde a formación académica, senón tamén desde unha perspectiva persoal, social e profesional. Por iso, promóvese o desenvolvemento de competencias, habilidades e destrezas que faciliten a transición á vida adulta con madurez e autonomía. Así mesmo, contémplase a participación activa da comunidade educativa na educación para a carreira, incluíndo o ámbito laboral, empresarial e institucional, así como a implicación das familias, asociacións e outros axentes sociais relevantes. Esta sinerxía contribúe a unha orientación máis contextualizada, realista e efectiva.

Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Presidente/a)
LOPEZ FERNANDEZ, CARME (Secretario/a)
VILLAR VARELA, MILENA (Vogal)
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Presidente/a)
LOPEZ FERNANDEZ, CARME (Secretario/a)
VILLAR VARELA, MILENA (Vogal)
Tecnoloxía da información e da comunicación na educación infantil: investigación documental sobre riscos e beneficios no desenvolvemento de nenos e nenas de 3 a 6 anos
Autoría
A.G.D.
Máster Universitario en Procesos de Formación
A.G.D.
Máster Universitario en Procesos de Formación
Data da defensa
09.09.2025 09:30
09.09.2025 09:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster presenta unha investigación documental centrada na análise do impacto que as Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) exercen sobre o desenvolvemento integral dos nenos e nenas de entre 3 e 6 anos. A importancia do tema radica na crecente presenza de dispositivos dixitais na vida cotiá infantil, especialmente tras a pandemia da Covid-19, que acelerou a dixitalización nos fogares e nas escolas. O obxectivo principal é examinar os beneficios e riscos que implica o uso das TIC na educación infantil, prestando atención á súa influencia sobre as dimensións cognitiva, motora, afectiva, social e lingüística do desenvolvemento. A metodoloxía empregada baséase nunha revisión sistemática da literatura académica recente, aplicada mediante a metodoloxía SALSA, o que permitiu unha selección rigorosa de estudos publicados entre 2020 e 2025. Entre os resultados máis destacados atópase a evidencia de que un uso mediado e pedagogicamente orientado das TIC pode potenciar a aprendizaxe e a motivación. Non obstante, identifícanse riscos como a sobreexposición ás pantallas, o sedentarismo e a diminución da interacción social, o que esixe unha mediación adulta activa e crítica.
Este Traballo de Fin de Máster presenta unha investigación documental centrada na análise do impacto que as Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) exercen sobre o desenvolvemento integral dos nenos e nenas de entre 3 e 6 anos. A importancia do tema radica na crecente presenza de dispositivos dixitais na vida cotiá infantil, especialmente tras a pandemia da Covid-19, que acelerou a dixitalización nos fogares e nas escolas. O obxectivo principal é examinar os beneficios e riscos que implica o uso das TIC na educación infantil, prestando atención á súa influencia sobre as dimensións cognitiva, motora, afectiva, social e lingüística do desenvolvemento. A metodoloxía empregada baséase nunha revisión sistemática da literatura académica recente, aplicada mediante a metodoloxía SALSA, o que permitiu unha selección rigorosa de estudos publicados entre 2020 e 2025. Entre os resultados máis destacados atópase a evidencia de que un uso mediado e pedagogicamente orientado das TIC pode potenciar a aprendizaxe e a motivación. Non obstante, identifícanse riscos como a sobreexposición ás pantallas, o sedentarismo e a diminución da interacción social, o que esixe unha mediación adulta activa e crítica.
Dirección
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Titoría)
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Titoría)
Tribunal
CEBREIRO LOPEZ, BEATRIZ (Presidente/a)
REGUEIRO FERNANDEZ, BIBIANA (Secretario/a)
FRAGA VARELA, FERNANDO (Vogal)
CEBREIRO LOPEZ, BEATRIZ (Presidente/a)
REGUEIRO FERNANDEZ, BIBIANA (Secretario/a)
FRAGA VARELA, FERNANDO (Vogal)
Motivos e influencias na práctica de actividade física en estudantes entre 10 e 12 anos
Autoría
A.G.F.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
A.G.F.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Data da defensa
11.07.2025 10:00
11.07.2025 10:00
Resumo
A actividade física (AF) está estreitamente ligada á saúde e á calidade de vida. Dado que a infancia é unha etapa clave do desenvolvemento e que na adolescencia in-creméntase o abandono da AF, este estudo analizou os motivos e as influencias que levan a practicala ou non en 71 estudantes de entre 10 e 12 anos de centros públicos de Santiago de Compostela. Empregáronse dous cuestionarios validados: o MPAM-R e outro sobre influencias na AF e na saúde, ambos con preguntas tipo Likert. Os resulta-dos reflectiron unha maior presenza de motivos intrínsecos, como o goce ou a compe-tencia persoal. En canto ás influencias externas, a amizade foi o factor máis destacado, seguida polas familias. O profesorado e as clases de educación física foron percibidos como pouco influíntes. Conclúese a necesidade de fortalecer os modelos de influencia positivos para reducir o abandono da AF.

Rodríguez Fernández, José Eugenio (Titoría)
Rodríguez Fernández, José Eugenio (Titoría)
Tribunal
Abelairas Gómez, Cristian (Presidente/a)
NUÑEZ GARCIA, CRISTINA (Secretario/a)
FAYA CERQUEIRO, FATIMA MARIA (Vogal)

Análise dos estereotipos de xénero en moda infantil
Autoría
L.G.G.
Máster Universitario en Igualdade, Xénero e Educación
L.G.G.
Máster Universitario en Igualdade, Xénero e Educación
Data da defensa
27.06.2025 11:45
27.06.2025 11:45
Resumo
A moda e a roupa son algo presente na vida das persoas desde o momento do nacemento. Desde os inicios do que se conoce como moda, existíu una diferenciación entre xéneros, clases sociais, idade… A roupa servíu como elemento de diferenciaicón para a sociedade, perpetuando así patróns mediante os cales se estenden os estereotipos de xénero. Neste Traballo de Fin de Mestrado preténdese indentificar os estereotipos de xéner da roupa da firma Zara Kids de entre 6 e 14 anos. Para iso analizáronse un total de 517 pezas teniendo en cuenta a súa cor, a súa mensaxe, a confección e o estampado. Procurando detectar a existencia de estereotipos de xénero e comprender de onde veñen cun breve percorrido histórico. A roupa analizada contén estereotipos de xénero vinculados ás variables investigadas, demostrando unha predilección por estilizar a roupa destinada a un público feminino e simplificar a roupa orientada a un público masculino.

LABORA GONZALEZ, JUAN JOSE (Secretario/a)
Sampedro Vizcaya, María José (Vogal)

Prostitución en liña en mulleres cis e consecuencias no desempeño ocupacional: unha revisión sistemática internacional
Autoría
U.G.G.
Máster Universitario en Igualdade, Xénero e Educación
U.G.G.
Máster Universitario en Igualdade, Xénero e Educación
Data da defensa
10.09.2025 17:10
10.09.2025 17:10
Resumo
Este traballo realiza unha revisión de alcance sobre a relación da prostitución en liña co desempeño ocupacional das mulleres cis nesta situación, abordando a complexidade desta situación dende unha perspectiva abolicionista e feminista. Esta revisión parte da idea de que a prostitución en liña non pode considerarse unha ocupación significativa nin saudable, xa que está condicionada por factores estruturais como a pobreza, a falta de alternativas laborais e a violencia simbólica e institucional. Mediante a busca en bases de datos académicas, seleccionáronse 11 artigos que permiten explorar como esta situación afecta ás diferentes áreas do desempeño ocupacional: AVDs, AIVDs, manexo da saúde, descanso e sono, educación, traballo, ocio e participación social. Os resultados evidencian consecuencias, sobre todo negativas, que comprometen o benestar físico, emocional e social das mulleres prostituídas en entornos dixitais. A escaseza de investigacións, especialmente en linguas distintas ao inglés, revela a necesidade de ampliar tanto as abordaxes teóricas coma metodolóxicas dende o ámbito da terapia ocupacional, incorporando intervencións que teñan en conta a realidade dixital e a interseccionalidade das mulleres en situación de prostitución en liña. Este traballo contribúe á visibilización dunha problemática pouco explorada no ámbito ocupacional e propón novas liñas para a investigación e a práctica profesional en base á igualdade, xénero e saúde.

Proposta educativa innovadora e inocua para o módulo Taller de Técnicas Serigráficas
Autoría
S.G.L.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
S.G.L.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
Data da defensa
14.07.2025 14:30
14.07.2025 14:30
Resumo
A arte está en constante cambio, evolucionando grazas á experimentación e á propagación de ideas versátiles que se retroalimentan. De mesmo xeito, a educación artística debe seguir este criterio e deixar ó alumnado experimentar, fomentando a creatividade e o emprego de ferramentas e materiais fóra do establecido, ensinándolles a atopar solucións creativas a cuestións artísticas. A experiencia adquirida durante as prácticas nunha Escola de Artes e Superior de Deseño serviu como punto de partida deste traballo. O taller de técnicas serigráficas é o espazo principal onde se desenvolve o módulo que comparte o mesmo nome e onde o alumnado, maioritariamente menor de idade, exponse a produtos nocivos para a saúde coa fin de aprender a técnica da Serigrafía. Con ambos puntos en mente, o deseño da proposta didáctica baséase na creación de tintas para o módulo de Taller de Técnicas Serigráficas a partir de alimentos. Deste xeito, o traballo reflexiona sobre o entendemento do alumnado con respecto ás propiedades que debe ter a tinta dependendo da intención creativa e os procesos de creación desta.

RODRIGUEZ NIETO, SANDRA (Titoría)
RODRIGUEZ NIETO, SANDRA (Titoría)
Tribunal
FRANCO VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Secretario/a)
LOPEZ CARRETERO, XOSÉ MARÍA (Vogal)
FRANCO VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Secretario/a)
LOPEZ CARRETERO, XOSÉ MARÍA (Vogal)
Análise da normativa sobre convivencia escolar en Galicia: unha aproximación desde o concepto de convivencia positiva
Autoría
A.G.S.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
A.G.S.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
05.09.2025 12:15
05.09.2025 12:15
Resumo
A convivencia escolar, e máis concretamente a convivencia positiva, ocupan desde hai varias décadas un lugar central nos discursos educativos. Malia que se teñan tomado múltiples decisións e medidas para poder acadar ese horizonte, o certo é que moitos dos problemas de convivencia que había hai uns anos perduran e incluso se acentúan nalgúns casos. É por iso que resulta necesario que se indague en todos aqueles elementos que inciden na xestión da convivencia se queremos atopar os erros que se están a cometer, e un dos primordiais é o ámbito lexislativo. Neste traballo realizouse unha análise documental da lexislación vixente en materia de convivencia na Comunidade Autónoma de Galicia, que son a Lei 4/2011 e o Decreto 8/2015, para determinar se realmente esta se corresponde con esa intención de acadar un clima positivo de convivencia. Para isto establecéronse seis dimensións de análise para en base ao que se entende por convivencia positiva na literatura especializada, para despois comprobar como estas se manifestaban ao longo do articulado. Como resultados obtivemos que todas as dimensións aparecen amplamente representadas nos respectivos documentos, polo que podemos afirmar que estes si se corresponden coa idea de convivencia positiva, abrindo as portas necesarias para poder acadala ao estes establecer mecanismos e ferramentas suficientes para poder logralo. Mais podemos concluír tamén que as leis por si soas non funcionan, senón que estas requiren que se doten aos centros e aos docentes dos recursos necesarios para materializar o que se di nas leis, e con isto queda de manifesto que os problemas atopan a súa raíz noutros niveles normativos ou programáticos máis alá destes documentos.

RODRIGUEZ MARTINEZ, ANTONIO (Titoría)
RODRIGUEZ MARTINEZ, ANTONIO (Titoría)
Tribunal
ALONSO RUIDO, PATRICIA (Presidente/a)
CABALLO VILLAR, MARIA BELEN (Secretario/a)
DIZ LOPEZ, MARIA JULIA (Vogal)
ALONSO RUIDO, PATRICIA (Presidente/a)
CABALLO VILLAR, MARIA BELEN (Secretario/a)
DIZ LOPEZ, MARIA JULIA (Vogal)
Estudo sobre a formación e a motivación docente: análise do perfil do profesorado e percepción do alumnado nas Ensinanzas Artísticas Superiores da EASD Mestre Mateo.
Autoría
V.G.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
V.G.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
Data da defensa
11.07.2025 13:30
11.07.2025 13:30
Resumo
O presente traballo analiza a relación entre a formación académica do profesorado, o seu nivel de motivación e a percepción do alumnado, no contexto das Ensinanzas Artísticas Superiores impartidas na EASD Mestre Mateo de Santiago de Compostela. Os obxectivos principais son identificar que perfil docente presenta un maior grao de motivación e examinar se a súa traxectoria formativa inflúe nesa motivación. Para iso, levouse a cabo unha investigación de carácter cuantitativo con apoio cualitativo, mediante a aplicación de cuestionarios ao profesorado e ao alumnado do centro. Os resultados amosan que existen diferenzas estatisticamente significativas na motivación docente segundo a especialidade impartida, o nivel de estabilidade laboral e o recoñecemento percibido. Así mesmo, evidéncianse carencias formativas en ámbitos clave como a avaliación e a atención á diversidade, especialmente entre o profesorado con maior antigüidade. Por parte do alumnado, valórase de forma positiva ao profesorado motivado e próximo, destacando a influencia da motivación docente no seu propio compromiso académico. A partir destes achados, propóñense diversas medidas para mellorar a calidade educativa neste contexto: o fortalecemento da formación continua en metodoloxías activas, inclusión e avaliación; a redución da carga burocrática; o impulso ao recoñecemento institucional do profesorado; e a creación de espazos de colaboración docente. Estas accións buscan fomentar contornas educativas máis motivadoras, eficaces e adaptadas ás necesidades do ensino artístico superior contemporáneo.

O conflito como motor das mudanzas. Abordar a conflitividade política nas aulas de historia
Autoría
F.G.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
F.G.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
09.07.2025 09:00
09.07.2025 09:00
Resumo
O presente estudo propón unha situación de aprendizaxe deseñada para o curso de 4º da ESO da materia de Xeografía e Historia, a través da cal se aborda a conflitividade política dos últimos anos da ditadura franquista e da transición. Para isto, lévase a cabo unha aproximación á literatura das autoras do currículo oculto que, desde unha perspectiva claramente crítica coa influencia do neoliberalismo no ensino, analizan como o conflito é frecuentemente presentado como unha sorte de excepción histórica carente de racionalidade, na que os intereses e os motivos das partes enfrontadas son ignorados. Co gallo de cumprir este obxectivo, utilízanse métodos innovadores que teñen demostrado potencial para fomentar a aprendizaxe significativa, a adquisición de competencias transversais e o desenvolvemento dunha perspectiva crítica entre o alumnado, como son a aprendizaxe cooperativa ou a metacognición, con ferramentas como o roleplay ou a investigación grupal.

Castro Fernández, Belén María (Coordinador)
MIGUES RODRIGUEZ, VITOR MANUEL (Secretario/a)
SANJUAN ROCA, MARIA DEL MAR (Vogal)
Castro Fernández, Belén María (Coordinador)
MIGUES RODRIGUEZ, VITOR MANUEL (Secretario/a)
SANJUAN ROCA, MARIA DEL MAR (Vogal)
Intervencións desenvolvidas no contexto educativo para promover a actividade física do alumnado de 5 a 12 anos: Revisión Sistemática
Autoría
A.G.F.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
A.G.F.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Data da defensa
11.07.2025 11:00
11.07.2025 11:00
Resumo
A pesar de que existen multiplicidade de iniciativas orientadas ao fomento da actividade física en escolares, os niveis de inactividade física aínda continúan en rexistros preocupantes. Ante a tendencia persistente, a presente revisión sistemática procura analizar as características das intervencións desenvolvidas no contexto escolar para aumentar a actividade física. Rexéndose ás directrices de PRISMA, analízanse documentos indexados nas bases de datos Scopus, Web Of Science e SportDiscus, sendo nove incluídos nesta revisión. Os achados obtidos sinalan o incentivo da actividade física na poboación escolar. Con todo, confirman unha diversidade metodolóxica que conflúe na contemplación de variables psicosociais. A nivel estrutural, destaca a eficiencia de intervencións holísticas por encima daquelas máis específicas. Esta situación evidencia a necesidade de reformular as estratexias de intervención cara a un enfoque comunitario, para favorecer o mantemento da actividade física como hábito a longo prazo.

RICO DIAZ, JAVIER (Titoría)
RICO DIAZ, JAVIER (Titoría)
Tribunal
Abelairas Gómez, Cristian (Presidente/a)
NUÑEZ GARCIA, CRISTINA (Secretario/a)
FAYA CERQUEIRO, FATIMA MARIA (Vogal)
Abelairas Gómez, Cristian (Presidente/a)
NUÑEZ GARCIA, CRISTINA (Secretario/a)
FAYA CERQUEIRO, FATIMA MARIA (Vogal)
Análise dunha proposta didáctica sobre Aprendizaxe Baseada en Xogos para abordar o aparato circulatorio e percepcións do alumnado en 3º de ESO
Autoría
M.G.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
M.G.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
08.07.2025 11:00
08.07.2025 11:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster centrouse no deseño e implementación dunha proposta didáctica fundamentada na Aprendizaxe Baseada en Xogos (ABX) para o estudo do aparato circulatorio en Educación Secundaria. O obxectivo principal foi valorar a súa contribución á comprensión e aplicación dos contidos e analizar a percepción do alumnado sobre a metodoloxía empregada. A proposta desenvolveuse ao longo de catro sesións cun grupo de 25 estudantes de 3º ESO. Tras a aplicación da proposta, os resultados mostraron un progreso na comprensión dos contidos por parte do alumnado, asi como unha maior capacidade para aplicalos en contextos prácticos. Con todo, non se alcanzaron altos niveis de desempeño en todas as actividades e identificáronse dificultades na argumentación e reelaboración conceptual. A pesar diso, a valoración do alumnado foi altamente positiva, destacando que os xogos fomentaron o seu interese e aprendizaxe. En conclusión, a ABX demostrou ser unha ferramenta eficaz para motivar ao alumnado e fomentar a súa participación activa. Ademais, os resultados suxiren que, aínda que non garante por si soa unha mellora integral dos desempeños do alumnado, podería ser altamente valiosa en combinación con outras metodoloxías.

FERRADAS RIAL, YOLANDA (Titoría)
FERRADAS RIAL, YOLANDA (Titoría)
Tribunal
Blanco Anaya, Paloma (Presidente/a)
CASAS QUIROGA, LUCIA (Secretario/a)
RODRIGUEZ GACIO, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
Blanco Anaya, Paloma (Presidente/a)
CASAS QUIROGA, LUCIA (Secretario/a)
RODRIGUEZ GACIO, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
A construción de comunidade das mulleres inmigrantes, unha perspectiva desde o feminismo periférico
Autoría
K.D.G.F.
Máster Universitario en Igualdade, Xénero e Educación
K.D.G.F.
Máster Universitario en Igualdade, Xénero e Educación
Data da defensa
27.06.2025 10:35
27.06.2025 10:35
Resumo
Este traballo busca identificar os procesos de creación de comunidades da poboación inmigrante, en relación a outras migrantes e o lugar de acollida. Para iso, contouse coa colaboración da Asociación de Migrantes de Galicia (AMIGA), quenes amablemente pemitiron a toma das entrevistas, revisión de memorias, e ainda máis importante, a participación no seu taller de costura entre febreiro e maio de 2025. En canto ó analise, tomouse como referencia teórica conceptos como a comunidade e o feminismo periférico. A efectos deste traballo enténdese como periferia o lugar de enunciación das reflexións presentadas, máis alá do seu lugar de nacemento, sexo ou orientación sexual, e inclusive a enunciación aberta dende o feminismo. Os resultados mostraron efectos positivos en conxunto para locais e migrantes. Esto atribúese á intención e apertura da comunicación, mediante un diálogo intercultural, que debe ser pensado e executado por profesionáis, mediadores culturáis que non so se enfocan nas barreiras idiomáticas, tendo en conta as diversas bariabels. Mostrando a urxencia dunha política migratoria que ademáis de premiar a inserción laboral, poña en igual valor o benestar e o diálogo intercultural. Esta investigación, ademáis, aporta unha visión específica dun perfil determinado de inmigrantes, o que abre a porta ó estudo de outros grupos culturáis, como asiáticos, musulmáns, ucranianos, senegaleses, entre outros. E de diferentes idades e características que os fan e farán parte de Santiago de Compostela.

PIÑEIRO ANTELO, MARIA DE LOS ANGELES (Titoría)
PIÑEIRO ANTELO, MARIA DE LOS ANGELES (Titoría)
Tribunal
GOMEZ VAZQUEZ, BEGOÑA (Presidente/a)
LABORA GONZALEZ, JUAN JOSE (Secretario/a)
Sampedro Vizcaya, María José (Vogal)
GOMEZ VAZQUEZ, BEGOÑA (Presidente/a)
LABORA GONZALEZ, JUAN JOSE (Secretario/a)
Sampedro Vizcaya, María José (Vogal)
Laboratorio climático: unha proposta experimental para a aprendizaxe sobre o cambio climático mariño na aula
Autoría
A.G.C.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
A.G.C.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Data da defensa
07.07.2025 17:00
07.07.2025 17:00
Resumo
Este artigo céntrase en analizar a influencia que teñen as prácticas de laboratorio na aprendizaxe do cambio climático mariño en alumnado de 5º de Educación Primaria. Mediante unha secuencia didáctica na que destacan cinco experimentos, como o efecto albedo ou a estratificación térmica, preténdese promover unha aprendizaxe activa e significativa. A metodoloxía empregada é de tipo cualitativo, baseada na análise das ideas previas e hipóteses formuladas polos nenos e nenas antes das prácticas, complementada con entrevistas individuais despois das mesmas. Os resultados mostran unha reestruturación das ideas previas, evolucionando as súas concepcións sobre a temática e empregando unha linguaxe adecuada. Conclúese que as prácticas de laboratorio axudan á aprendizaxe conceptual, e son a base para desenvolver unha actitude crítica ante unha situación como é o cambio climático.

SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Titoría)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Titoría)
Tribunal
Blanco Anaya, Paloma (Presidente/a)
ALBELLA MARTINEZ, JORGE (Secretario/a)
SALGADO SOMOZA, MARIA (Vogal)
Blanco Anaya, Paloma (Presidente/a)
ALBELLA MARTINEZ, JORGE (Secretario/a)
SALGADO SOMOZA, MARIA (Vogal)
Análise da presenza das 4C da metodoloxía AICLE dentro da aula de Educación Plástica e Visual: Estudo de caso
Autoría
A.G.S.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
A.G.S.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Data da defensa
15.07.2025 09:00
15.07.2025 09:00
Resumo
A metodoloxía AICLE é un enfoque educativo cuxo obxectivo é a aprendizaxe da lingua estranxeira a partir de materias non lingüísticas. Así, avánzase simultaneamente nos contidos curriculares e no dominio da lingua estranxeira, fomentando a competencia comunicativa. O seu emprego implica ter en conta catro aspectos fundamentais para o deseño das actividades, as 4C: o Contido, a Cognición, a Comunicación e a Cultura. Neste traballo analízase a presenza das 4C na Educación Plástica e Visual impartida en lingua inglesa a través da metodoloxía AICLE nun centro público de Santiago de Compostela. Isto levarase a cabo en catro grupos diferentes do segundo e terceiro ciclo de Educación Primaria, nos que se analizarán as actividades propostas e a interacción docente-alumnado, utilizando para iso fichas de observación, gravacións de audio e a propia observación na aula.

FAYA CERQUEIRO, FATIMA MARIA (Titoría)
FAYA CERQUEIRO, FATIMA MARIA (Titoría)
Tribunal
PENA PRESAS, MONSERRAT (Presidente/a)
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA (Secretario/a)
Trigo Martínez, Cristina (Vogal)
PENA PRESAS, MONSERRAT (Presidente/a)
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA (Secretario/a)
Trigo Martínez, Cristina (Vogal)
Aproximación á situación educativa e social da comunidade senegalesa en Galicia
Autoría
O.G.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
O.G.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
15.07.2025 10:15
15.07.2025 10:15
Resumo
O tema das migracións é un dos máis perentorio no mundo globalizado no que vivimos e España converteuse nas últimas décadas nun país receptor de inmigración. De feito, a poboación española sitúa a inmigración nun dos primeiros postos dentro das súas preocupacións nas enquisas periódicas do CIS. O colectivo de persoas estranxeiras africanas é un dos máis numerosos entre a poboación estranxeira en España e, con todo, uns dos grupos menos investigados. Dentro deste marco Senegal é o terceiro país africano que maior número de inmigrantes achega a España, por detrás de Marrocos e Alxeria. Por todo iso, esta investigación céntrase en xerar coñecemento acerca da situación educativa e social da comunidade senegalesa en Galicia, que conta con case 3.350 membros, dos cales pouco máis do 20% son mulleres. É de interese para o estudo a situación da primeira xeración, polo que a mostra está composta de persoas adultas de entre 18 e 50 anos que residen en España desde fai, como mínimo, un ano. A metodoloxía desenvólvese cun enfoque mixto, combinando técnicas cualitativas e o cuantitativas. É unha análise descritiva que lanza resultados de interese para futuras investigacións vinculadas ao perfil educativo dos/as participantes, a formación desenvolvida en Galicia, as súas expectativas e as implicacións para a súa integración. Ademais, faise evidente a necesidade de implementar políticas educativas, sociais e administrativas que faciliten a inclusión e a relación co sistema educativo da poboación migrante.

OLVEIRA OLVEIRA, MARIA ESTHER (Titoría)
LONGUEIRA MATOS, SILVANA Cotitoría
OLVEIRA OLVEIRA, MARIA ESTHER (Titoría)
LONGUEIRA MATOS, SILVANA Cotitoría
Tribunal
ALONSO RUIDO, PATRICIA (Presidente/a)
CABALLO VILLAR, MARIA BELEN (Secretario/a)
DIZ LOPEZ, MARIA JULIA (Vogal)
ALONSO RUIDO, PATRICIA (Presidente/a)
CABALLO VILLAR, MARIA BELEN (Secretario/a)
DIZ LOPEZ, MARIA JULIA (Vogal)
Robots que Contan Historias
Autoría
V.G.A.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
V.G.A.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Data da defensa
07.07.2025 16:00
07.07.2025 16:00
Resumo
O obxectivo deste Traballo de Fin de Máster é deseñar e implementar propostas interdisciplinares baseadas no enfoque STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Arte e Matemáticas) nun Centro de Educación Infantil e Primaria (CEIP) integrado no Plan E-Dixgal. A iniciativa céntrase no alumnado de sexto de primaria e promove o uso das tecnoloxías educativas para favorecer a súa motivación cara ás matemáticas e aos recursos tecnolóxicos. As actividades desenvolvidas céntranse no uso da robótica para crear historias e/ou guións teatrais, combinando creatividade e aprendizaxe práctica. Traballarase a competencia dixital (programación de robots, deseño e impresión 3D), a competencia lingüística (creación de contos e guións teatrais) e a competencia matemática (xeometría e medición). Para avaliar as emocións e percepcións do alumnado aplicarase o mapa de humor de Gómez-Chacón (2000). O obxectivo é destacar o potencial do enfoque STEAM para transformar as prácticas pedagóxicas en contornos educativos dixitais, promovendo unha aprendizaxe significativa e un maior interese pola tecnoloxía e as matemáticas entre o alumnado.

FERNANDEZ BLANCO, MARIA TERESA (Titoría)
FERNANDEZ BLANCO, MARIA TERESA (Titoría)
Tribunal
Blanco Anaya, Paloma (Presidente/a)
ALBELLA MARTINEZ, JORGE (Secretario/a)
SALGADO SOMOZA, MARIA (Vogal)
Blanco Anaya, Paloma (Presidente/a)
ALBELLA MARTINEZ, JORGE (Secretario/a)
SALGADO SOMOZA, MARIA (Vogal)
Clima de aula e o seu impacto no rendemento académico
Autoría
E.G.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
E.G.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
Data da defensa
07.07.2025 09:00
07.07.2025 09:00
Resumo
No contexto educativo, o ambiente emocional e social da aula (“clima da aula”) xoga un papel fundamental no proceso de ensino-aprendizaxe, pois pode afectar tanto positiva como negativamente ao rendemento académico dos/as estudantes. O obxectivo xeral do presente traballo, enmarcado na modalidade de investigación de campo, é describir como un bo clima da aula promove un bo rendemento académico. O traballo divídese en dúas partes. Na primeira establécese o marco teórico, no cal se dá resposta a diferentes cuestións, entre elas: que é o clima da aula e por que é importante; e como impacta o clima da aula no rendemento académico. Seguidamente, analízanse os datos obtidos a partir da investigación realizada, na que participaron 297 estudantes, de diferentes niveis educativos, de dous centros públicos de Galicia. Para a recollida de datos utilizouse un cuestionario ad hoc, conformado por diferentes instrumentos estandarizados para poboación española. Entre os datos obtidos confírmase a relación existente entre o clima da aula positivo e a obtención dun mellor rendemento académico, aínda que non debe obviarse a existencia doutros factores educativos a considerar á hora de procurar mellorar o rendemento académico.

Análise do deseño da formación en centros: Proposta de mellora do itinerario formativo
Autoría
T.G.E.
Máster Universitario en Procesos de Formación
T.G.E.
Máster Universitario en Procesos de Formación
Data da defensa
10.09.2025 09:30
10.09.2025 09:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster analiza criticamente o Plan de Formación Permanente do Profesorado do CEIP Juan Rey, un centro situado nun contorno rural cun 30% de alumnado de orixe migrante. A partir dunha análise documental e dun instrumento de indicadores específicos, identifícanse debilidades na diagnose de necesidades, no deseño contextualizado, no desenvolvemento colaborativo e na avaliación do impacto formativo. Como resposta, proponse un itinerario formativo plurianual (2024/2027), articulado arredor de dúas liñas prioritarias: diversidade cultural e avaliación competencial. O traballo combina fundamentación teórica e análise empírica cunha proposta aplicable e transferible, defendendo un modelo de formación situada, inclusiva e profesionalizadora que fortaleza a coherencia do PFPP e contribúa á transformación da cultura docente no centro.

FUENTES ABELEDO, EDUARDO JOSE (Presidente/a)
LOPEZ GOMEZ, SILVIA (Secretario/a)
FERNANDEZ DE LA IGLESIA, JOSEFA DEL CARMEN (Vogal)

Promovendo a diversidade artística e cultural na aula para combater a hexemonía da arte occidental
Autoría
E.G.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
E.G.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
Data da defensa
12.09.2025 10:00
12.09.2025 10:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Mestrado presenta unha proposta de intervención educativa para traballar a diversidade artística na educación secundaria, incorporando referentes non occidentais co obxectivo de cuestionar a hexemonía cultural predominante nos contidos escolares. A intervención, deseñada para o alumnado de 3.º da ESO no marco da titoría, procura fomentar o pensamento crítico, a conciencia intercultural e a expresión creativa mediante actividades colaborativas e análise de imaxes. O deseño baséase na análise cualitativa realizada nun centro educativo galego e susténtase en marcos teóricos próximos á orientación decolonial e ás pedagoxías críticas. A proposta valórase como viable e coherente co currículo vixente, ofrecendo unha vía alternativa cara a formación dunha cidadanía global, empática e activa.
Este Traballo de Fin de Mestrado presenta unha proposta de intervención educativa para traballar a diversidade artística na educación secundaria, incorporando referentes non occidentais co obxectivo de cuestionar a hexemonía cultural predominante nos contidos escolares. A intervención, deseñada para o alumnado de 3.º da ESO no marco da titoría, procura fomentar o pensamento crítico, a conciencia intercultural e a expresión creativa mediante actividades colaborativas e análise de imaxes. O deseño baséase na análise cualitativa realizada nun centro educativo galego e susténtase en marcos teóricos próximos á orientación decolonial e ás pedagoxías críticas. A proposta valórase como viable e coherente co currículo vixente, ofrecendo unha vía alternativa cara a formación dunha cidadanía global, empática e activa.
Dirección
CEINOS SANZ, MARIA CRISTINA (Titoría)
CEINOS SANZ, MARIA CRISTINA (Titoría)
Tribunal
GILLANDERS , CAROL JEAN (Presidente/a)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Secretario/a)
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
GILLANDERS , CAROL JEAN (Presidente/a)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Secretario/a)
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
Consumo de drogas e xénero: unha proposta de intervención socioeducativa dende a perspectiva de xénero
Autoría
A.G.F.
Máster Universitario en Igualdade, Xénero e Educación
A.G.F.
Máster Universitario en Igualdade, Xénero e Educación
Data da defensa
10.09.2025 16:35
10.09.2025 16:35
Resumo
Neste documento recóllese unha proposta socioeducativa coa finalidade de introducir a perspectiva de xénero no traballo realizado nas comunidade terapéutica de atención ás drogodependencias da Galicia, sinalando ó mesmo tempo a necesidade de que isto suceda. Formúlase dende e para a participación activa de todos e todas as axentes presentes no espazo e propio contexto deste, atendendo non só as persoas usuarias e o traballo que se realiza con elas, senón tamén ao conxunto de profesionais, asegurando así unha reflexión e análise das desigualdades existentes e unha intervención justa en razón de xénero, resaltando a este último coma un elemento clave á hora de entender o consumo de sustancias psicoactivas. Resulta interesante destacar tamén que esta proposta formúlase de xeito dinámico e aterrado na actualidade destes recursos, e supón un exercicio de recoñecemento e garantía de dereitos para todas as persoas.
Neste documento recóllese unha proposta socioeducativa coa finalidade de introducir a perspectiva de xénero no traballo realizado nas comunidade terapéutica de atención ás drogodependencias da Galicia, sinalando ó mesmo tempo a necesidade de que isto suceda. Formúlase dende e para a participación activa de todos e todas as axentes presentes no espazo e propio contexto deste, atendendo non só as persoas usuarias e o traballo que se realiza con elas, senón tamén ao conxunto de profesionais, asegurando así unha reflexión e análise das desigualdades existentes e unha intervención justa en razón de xénero, resaltando a este último coma un elemento clave á hora de entender o consumo de sustancias psicoactivas. Resulta interesante destacar tamén que esta proposta formúlase de xeito dinámico e aterrado na actualidade destes recursos, e supón un exercicio de recoñecemento e garantía de dereitos para todas as persoas.
Dirección
GOMEZ VAZQUEZ, BEGOÑA (Titoría)
GOMEZ VAZQUEZ, BEGOÑA (Titoría)
Tribunal
AGUAYO LORENZO, EVA MARIA (Presidente/a)
GIL OTERO, LIDIA (Secretario/a)
Alonso Salgado, Cristina (Vogal)
AGUAYO LORENZO, EVA MARIA (Presidente/a)
GIL OTERO, LIDIA (Secretario/a)
Alonso Salgado, Cristina (Vogal)
O Patrimonio Sonoro do Entroido do Macizo Central Ourensán
Autoría
L.G.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
L.G.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
Data da defensa
11.07.2025 18:00
11.07.2025 18:00
Resumo
Este traballo afonda no valor educativo do patrimonio sonoro do Entroido do Macizo Central ourensán, partindo da necesidade de conectar o ensino co contexto cultural máis próximo do alumnado. A investigación xorde da intención de poñer en valor o son como elemento identitario e de explorar o seu potencial pedagóxico dentro da aula. Para iso, elaborouse un marco teórico centrado nos aspectos sonoros e simbólicos do Entroido, prestando especial atención ao concepto de paisaxe sonora e ao papel da educación patrimonial. Posteriormente, deseñouse unha proposta didáctica interdisciplinar, dirixida ao alumnado de 3º da ESO, que integra contidos das materias de Música, Lingua Galega e Literatura e Educación Plástica, Visual e Audiovisual. O obxectivo principal é fomentar unha aprendizaxe significativa a través da creación dun mapa sonoro interactivo, no que se combinan práctica musical, investigación, edición dixital e expresión artística, reforzando así a conciencia cultural do alumnado. A discusión final salienta o papel da escola como axente activo na conservación do patrimonio inmaterial e destaca o valor do son como ferramenta pedagóxica, así como o compromiso docente coa innovación e co territorio.

Aprendendo sobre as competencias docentes a través da literatura
Autoría
A.G.O.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
A.G.O.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
07.07.2025 11:00
07.07.2025 11:00
Resumo
Este traballo ten por obxectivo principal profundar na comprensión do concepto competencias docentes. Para isto, recórrese a un tipo de aprendizaxe vicaria, é dicir, a aprender observando como actúan outros, neste caso, a través de relatos literarios. A idea é ver como se reflicte nos personaxes e nas súas historias competencias relacionadas con actitudes e valores, Para conseguilo, analízase unha selección de obras cuxa acción transcorre entre os derradeiros anos da Segunda República e o comezo da Ditadura franquista. As obras escollidas, xustificadas previamente pola súa relevancia, son: Entre visillos (1957) de Carmen Martín Gaite, Cinco panes de cebada (1981) de Lucía Baquedano, Historia de una maestra (1990) de Josefina Aldecoa, e El mar será (2018) de Sebastian Gertrudix e Sergi Bernal.

TRILLO ALONSO, JOSE FELIPE (Titoría)
TRILLO ALONSO, JOSE FELIPE (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA (Presidente/a)
GARCIA DOCAMPO, LAURA (Secretario/a)
AMADO RODRIGUEZ, MARIA TERESA (Vogal)
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA (Presidente/a)
GARCIA DOCAMPO, LAURA (Secretario/a)
AMADO RODRIGUEZ, MARIA TERESA (Vogal)
Revisión sistemática das intervencións realizadas polo profesorado para o tratamento dos casos de acoso escolar
Autoría
M.G.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
M.G.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
11.02.2025 16:00
11.02.2025 16:00
Resumo
O acoso escolar é unha realidade coa que conviven moitos e moitas estudantes nos centros educativos, que ten moitas consecuencias perniciosas para o alumnado. Polo tanto, coñecer as causas, quen o causa e quen o sofre é importante para previr este tipo de situacións. Ante estes casos, o papel do profesorado é fundamental, posto que este grupo está ao cargo da integridade física e mental do alumnado. Por esta razón, neste traballo de fin de mestrado preténdese abordar o concepto de acoso escolar e os factores que o rodean, para examinar o papel do profesorado mediante unha investigación documental, que arroxou datos sobre a súa formación fronte ao acoso escolar e as prácticas e programas utilizados para a súa prevención e resolución. Esta investigación amosa que existe unha carencia de formación do profesorado en materia do acoso escolar e que moitos programas soen ter un efecto limitado pola falta de recursos ou tempo de aplicación destes.

GONZALEZ SEQUEIROS, PABLO (Secretario/a)
CASAS QUIROGA, LUCIA (Vogal)
VARELA PORTELA, CRISTINA (Presidente/a)
GONZALEZ SEQUEIROS, PABLO (Secretario/a)
CASAS QUIROGA, LUCIA (Vogal)
Aprendizaxe Cooperativa e Inclusión. Revisión Documental Sobre a súa Eficacia co Alumnado Estranxeiro
Autoría
L.J.G.M.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
L.J.G.M.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
03.09.2025 12:15
03.09.2025 12:15
Resumo
A presente investigación consiste nunha revisión documental que ten por obxectivo analizar a utilidade da aprendizaxe cooperativa como ferramenta para favorecer a inclusión do alumnado, poñendo especial énfase no alumnado estranxeiro. Dende un punto de vista fundamentado na pedagoxía crítica de Paulo Freire e nos dereitos humanos, concíbese o dereito á educación non só como un dereito de acceso, senón tamén como a garantía da participación plena e significativa de todas as persoas no seu proceso de desenvolvemento. A crecente diversidade cultural nas aulas, froito dos movementos migratorios, esixe metodoloxías que favorezan a convivencia, a equidade e a cohesión social. Neste senso, a aprendizaxe cooperativa preséntase como unha metodoloxía óptima, baseada en elementos como a interdependencia positiva, a responsabilidade individual, a interacción cara a cara ou a heteroxeneidade grupal. Trátase dunha estratexia activa e participativa que sitúa ao alumnado como protagonista do seu proceso de aprendizaxe, promovendo, ademais, valores como a empatía e a solidariedade. Dende a perspectiva da investigación hermenéutica, se utiliza a metodoloxía de revisión documental para a análise dos beneficios da aprendizaxe cooperativa na inclusión do alumnado. Realizouse unha busca nas bases de datos Dialnet, ERIC e Scopus, seleccionando 17 publicacións con evidencias sobre experiencias prácticas. Os resultados revelan que a aprendizaxe cooperativa ten un impacto positivo na inclusión educativa, mellorando a participación e fortalecendo as habilidades sociais, especialmente entre o alumnado en situación de vulnerabilidade. En conclusión, a aprendizaxe cooperativa, implementada de forma planificada e adaptada, representa unha ferramenta efectiva para avanzar cara unha educación máis inclusiva e equitativa en contextos multiculturais.

A Xustiza Restaurativa nos casos de violencia de xénero no estado da Bahía en 2024
Autoría
E.F.G.D.J.C.
Máster Universitario en Igualdade, Xénero e Educación
E.F.G.D.J.C.
Máster Universitario en Igualdade, Xénero e Educación
Data da defensa
27.06.2025 11:00
27.06.2025 11:00
Resumo
Este traballo analiza a aplicación da Xustiza Restaurativa (XR) en casos de violencia de xénero no estado da Bahía (Brasil), no ano 2024. A partir dunha investigación cualitativa baseada en entrevistas en profundidade con nove persoas facilitadoras que actúan nos Centros Xudiciais de Solución de Conflitos e Cidadanía (CEJUSCs) e en xulgados especializados, explóranse as percepcións, experiencias, retos e potencialidades deste enfoque. Os resultados organizáronse en cinco eixes temáticos: concepcións sobre a XR, aplicación en contextos de violencia de xénero, avaliación dos impactos, desafíos institucionais e recomendacións. O estudo evidencia que, aínda que a XR se presenta como unha alternativa sensible e transformadora fronte ao modelo punitivo tradicional, a súa implementación aínda se enfronta a importantes obstáculos estruturais, como a falta de recoñecemento institucional, a precariedade de recursos e a necesidade de formación con perspectiva de xénero. A pesar diso, as experiencias relatadas destacan a súa capacidade para promover procesos de responsabilización, escoita activa e fortalecemento subxectivo tanto en persoas agresoras como en vítimas. O traballo conclúe que a XR, aplicada con rigor ético e metodolóxico, pode contribuír a interromper os ciclos de violencia e a fortalecer a equidade de xénero no sistema xudicial.

LABORA GONZALEZ, JUAN JOSE (Titoría)
LABORA GONZALEZ, JUAN JOSE (Titoría)
Tribunal
GARCIA RUBIO, MARIA PAZ (Presidente/a)
MOSTEIRO GARCIA, MARIA JOSEFA (Secretario/a)
PIÑEIRO ANTELO, MARIA DE LOS ANGELES (Vogal)

Adaptacións literarias: un mundo de posibilidades na aula
Autoría
L.G.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
L.G.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
02.09.2025 17:00
02.09.2025 17:00
Resumo
Neste traballo de fin de mestrado preséntase unha proposta didáctica dirixida ó alumnado de 3º ESO, baseada na adaptación gráfica do entremés El retablo de las maravillas, de Miguel de Cervantes. Empregando o cómic publicado pola editorial Astiberri, búscase achegar o alumnado ó contexto literario do Siglo de Oro español, e fomentar unha lectura significativa, crítica e creativa dos clásicos. A proposta apóiase nos principios do Decreto 156/2022, que concreta a LOMLOE en Galicia, e expón actividades que combinan lectura dramatizada, escritura creativa e reflexión sobre temas actuais, como as noticias falsas. O marco teórico examina a lectura na ESO, o valor didáctico das adaptacións literarias e o potencial do cómic como ferramenta nas aulas.

CASTELLANO MENDEZ, VALENTIN TOMAS (Titoría)
CASTELLANO MENDEZ, VALENTIN TOMAS (Titoría)
Tribunal
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Presidente/a)
VIDAL ESTEVEZ, BENJAMIN (Secretario/a)
REQUEIXO CUBA, ARMANDO (Vogal)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Presidente/a)
VIDAL ESTEVEZ, BENJAMIN (Secretario/a)
REQUEIXO CUBA, ARMANDO (Vogal)
Educación en Valores no ensino da Segunda Lingua Estranxeira. Unha proposta a través da literatura e o arte.
Autoría
C.G.A.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
C.G.A.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
09.07.2025 17:00
09.07.2025 17:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Mestrado explora o papel da ensinanza da Segunda Lingua Estranxeira, en especial o inglés, como unha ferramenta para fomentar a Educación en Valores dentro da aula. A través do uso da literatura e o arte como ferramentas didácticas investígase como se poden fomentar contidos éticos e culturais, promovendo a reflexión crítica, a motivación e o desenvolvemento integral do alumnado. Co propósito de desenvolver estos obxectivos, realízase un marco teórico mediante a revisión de literatura académica. De este xeito, abárcanse diversos aspectos como a definición e importancia da Segunda Lingua Estranxeira e a súa relación coa Educación en Valores, así como a potencialidade do uso da literatura e o arte na ensinanza. Posteriormente, levarase a cabo a presentación dunha proposta didáctica de elaboración propia que combine e exemplifique os elementos fundamentais do traballo. Igualmente, realízase unha reflexión sobre a viabilidade de implementación desta proposta e os resultados esperados ou posibles desafíos. Por último, sácanse conclusións sobre a presencia dos valores, a literatura e o arte dentro da asignatura de Segunda Lingua Estranxeira no contexto educativo actual.
Este Traballo de Fin de Mestrado explora o papel da ensinanza da Segunda Lingua Estranxeira, en especial o inglés, como unha ferramenta para fomentar a Educación en Valores dentro da aula. A través do uso da literatura e o arte como ferramentas didácticas investígase como se poden fomentar contidos éticos e culturais, promovendo a reflexión crítica, a motivación e o desenvolvemento integral do alumnado. Co propósito de desenvolver estos obxectivos, realízase un marco teórico mediante a revisión de literatura académica. De este xeito, abárcanse diversos aspectos como a definición e importancia da Segunda Lingua Estranxeira e a súa relación coa Educación en Valores, así como a potencialidade do uso da literatura e o arte na ensinanza. Posteriormente, levarase a cabo a presentación dunha proposta didáctica de elaboración propia que combine e exemplifique os elementos fundamentais do traballo. Igualmente, realízase unha reflexión sobre a viabilidade de implementación desta proposta e os resultados esperados ou posibles desafíos. Por último, sácanse conclusións sobre a presencia dos valores, a literatura e o arte dentro da asignatura de Segunda Lingua Estranxeira no contexto educativo actual.
Dirección
GARCIA DOCAMPO, LAURA (Titoría)
GARCIA DOCAMPO, LAURA (Titoría)
Tribunal
TRILLO ALONSO, JOSE FELIPE (Presidente/a)
PEREIRA ROMASANTA, RAQUEL (Secretario/a)
FERNANDEZ FERNANDEZ, MARTIN (Vogal)
TRILLO ALONSO, JOSE FELIPE (Presidente/a)
PEREIRA ROMASANTA, RAQUEL (Secretario/a)
FERNANDEZ FERNANDEZ, MARTIN (Vogal)
Educación na sombra en Galicia: a visión do profesorado
Autoría
F.J.G.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
F.J.G.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
11.07.2025 11:00
11.07.2025 11:00
Resumo
A educación na sombra defínese como o apoio académico suplementario que se ofrece fóra do sistema escolar formal, e constitúe unha temática apenas explorada en España, a pesar de ser un tema clásico na literatura internacional especializada. Porén, a maioría das análises céntranse na súa dimensión sociolóxica e económica, relegando a un segundo plano o enfoque pedagóxico e psicolóxico, no que aínda permanecen múltiples interrogantes sen resolver. O obxectivo deste Traballo de Fin de Máster foi achegar algo de luz sobre este fenómeno a partir da análise da visión do profesorado sobre as clases particulares. Para iso, realizouse unha investigación cualitativa baseada en entrevistas semiestruturadas a docentes de educación secundaria en Galicia. Os resultados evidencian que o profesorado percibe as clases particulares como unha resposta á presión polo rendemento académico, ás novas dinámicas familiares, á falta de atención individualizada e ás carencias estruturais do sistema educativo. Aínda que valoran a súa utilidade para determinados perfís de alumnado, alertan sobre a súa contribución á desigualdade de oportunidades. Conclúese que a educación na sombra funciona como un síntoma dun sistema que non logra adaptarse á heteroxeneidade do alumnado —en canto a ritmos, estilos de aprendizaxe e necesidades específicas—, e alimenta solucións paralelas que, lonxe de resolver o problema, o desprazan fóra do espazo escolar.

Avaliación do papel dos auxiliares de conversa na aula de inglés en Galiza
Autoría
A.M.H.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
A.M.H.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
09.07.2025 09:00
09.07.2025 09:00
Resumo
Cada ano, a Oficina de Educación da Embaixada de España publica unha convocatoria para que solicitantes dos Estados Unidos e Canadá se unan ao Programa de Auxiliares de Conversa de América do Norte (NALCAP) co fin de promover a diplomacia pública, o intercambio cultural e o ensino de idiomas nas aulas de inglés en toda España. Este Traballo de Fin de Máster (TFM) céntrase en avaliar o papel dos auxiliares de conversa de América do Norte nos institutos e nas Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia, España. O traballo é de corte investigador, xa que utiliza datos extraídos de cuestionarios distribuídos electronicamente tanto aos asistentes como aos profesores que os supervisan. O obxectivo dos cuestionarios é avaliar os diferentes tipos de información cultural que os embaixadores lingüísticos intercambian co alumnado na aula. A través da base teórica da competencia intercultural, o traballo analiza ata que punto os auxiliares de América do Norte están a modificar as metodoloxías docentes, pasando de enfoques tradicionais baseados na gramática a enfoques comunicativos e interculturais. Este TFM fai referencia aos estándares do Marco Común Europeo de Referencia para as linguas (MCER) sobre comunicación intercultural e ao currículo oficial establecido pola Comunidade Autónoma de Galicia. En definitiva, o obxectivo do meu TFM é ofrecer vías para mellorar os métodos pedagóxicos, a formación do profesorado e o desenvolvemento do NALCAP.

FERNANDEZ FERNANDEZ, MARTIN (Titoría)
FERNANDEZ FERNANDEZ, MARTIN (Titoría)
Tribunal
LOPEZ SANDEZ, MARIA (Coordinador)
Fuentes Ríos, Aránzazu (Secretario/a)
PALACIOS MARTINEZ, IGNACIO MIGUEL (Vogal)
LOPEZ SANDEZ, MARIA (Coordinador)
Fuentes Ríos, Aránzazu (Secretario/a)
PALACIOS MARTINEZ, IGNACIO MIGUEL (Vogal)
Programa Profesores Visitantes en Estados Unidos e Canadá, impacto e repercusión na práctica docente
Autoría
I.C.H.L.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
I.C.H.L.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
10.02.2025 09:00
10.02.2025 09:00
Resumo
O profesorado afronta crecentes e cambiantes demandas sociais que requiren unha actualización constante das competencias profesionais. A mellora do ensino non só é necesaria, senón tamén unha obriga que supón unha profunda transformación no pensamento, actitudes e comportamentos do profesorado. Este cambio paradigmático é fundamental para adaptarse ás demandas dinámicas da educación contemporánea e dotar ao alumnado das ferramentas necesarias para prosperar nun mundo en constante cambio. Neste sentido, o Programa de Profesores Visitantes en Estados Unidos e Canadá concíbese como unha experiencia de mobilidade internacional do profesorado, pero fundamentalmente como unha oportunidade única de desenvolvemento profesional docente que aporta beneficios innegables á formación do profesorado participante no seu regreso ás aulas españolas. O obxectivo era examinar o impacto e a repercusión do programa no centro de retorno. A metodoloxía de investigación seleccionada corresponde a un estudo descritivo con metodoloxía cuantitativa. Realízase un cuestionario cunha mostra de 15 docentes de Educación Primaria que foron participantes no período 2011- 2018. Conclúese que a experiencia de profesor visitante aumenta as competencias sociais, lingüísticas e/ou culturais, incrementa o coñecemento sobre os sistemas educativos doutros países, contribúe a mellorar a xestión da aula, o comportamento do alumnado a comunicación e o trato coas familias, e axuda a coñecer as melloras necesarias no sistema educativo xeral do noso país. O profesorado visitante benefíciase da aprendizaxe de boas prácticas e da adquisición de coñecementos para o seu desenvolvemento profesional. Non obstante, manifesta que non recibiu recoñecemento como actividade formativa, nin percepción do complemento específico ou certificación pola Administración educativa correspondente.

LONGUEIRA MATOS, SILVANA (Titoría)
LONGUEIRA MATOS, SILVANA (Titoría)
Tribunal
OLVEIRA OLVEIRA, MARIA ESTHER (Presidente/a)
MIGUEZ SALINA, GABRIELA DOLORES (Secretario/a)
GARCIA VINUESA, ANTONIO (Vogal)
OLVEIRA OLVEIRA, MARIA ESTHER (Presidente/a)
MIGUEZ SALINA, GABRIELA DOLORES (Secretario/a)
GARCIA VINUESA, ANTONIO (Vogal)
O impacto da aprendizaxe cooperativa no rendemento académico do estudantado de educación secundaria: unha revisión sistemática.
Autoría
S.H.P.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
S.H.P.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
No presente Traballo de Fin de Máster lévase a cabo unha revisión sistemática da litratura coa que se analiza o impacto da aprendizaxe cooperativa no rendemento académico do alumnado de secundaria. A aprendizaxe cooperativa é unha metodoloxía de ensinanza que favorece a interacción entre grupos de estudantes para a consecución de logros comúns na aula, favorecendo a cohesión e integración dos/as estudantes, o pensamento crítico, o desenvolvemento de habilidades sociais e cognitivas e a aprendizaxe autónoma, entre outros. O seu obxectivo principal é identificar como esta metodoloxía de ensinanza contribúe ao logro educativo, identificando os fundamentos teóricos desta metodoloxía, analizando a súas características e estruturas, examinando a relación que ten co rendemento académico e determinando os principais factores que facilitan ou dificultan a súa aplicación. A investigación levouse a cabo a través dunha revisión sistemática seguindo o protocolo PRISMA, empregando as bases de datos Web of Science e Scopus. Posteriormente, e para a análise dos documentos empleouse a base de datos Parsifal. Tras aplicar os criterios de inclusión e exclusión determinados con anterioridade, obtívose unha selección de 17 estudos que tratan a relación entre a aprendizaxe cooperativa e o rendemento académico en distintas áreas do currículo de educación secundaria. Os resultados amosan que a aprendizaxe cooperativo impacta de forma positiva no rendemento académico do alumnado de secundaria, principalmente cando se implementa seguido dunhas estruturas definidas, con roles ben definidos e cunha guía e apoio docente ao longo do proceso.

GARCIA ALVAREZ, JESUS (Titoría)
GARCIA ALVAREZ, JESUS (Titoría)
Tribunal
OLVEIRA OLVEIRA, MARIA ESTHER (Presidente/a)
MIGUEZ SALINA, GABRIELA DOLORES (Secretario/a)
GARCIA VINUESA, ANTONIO (Vogal)
OLVEIRA OLVEIRA, MARIA ESTHER (Presidente/a)
MIGUEZ SALINA, GABRIELA DOLORES (Secretario/a)
GARCIA VINUESA, ANTONIO (Vogal)
Se ti viras o que eu vin. Tradición, patrimonio e identidade nunha mirada cara as feiras galegas
Autoría
L.H.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
L.H.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
08.09.2025 10:00
08.09.2025 10:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster nace coa vontade de poñer en valor o patrimonio inmaterial no ámbito educativo, reivindicando as feiras tradicionais galegas como espazos vivos de memoria colectiva. Tomando como referencia a Feira de Santos de Monterroso, propónse unha situación de aprendizaxe para 3º da ESO que integra os contidos curriculares da materia de Xeografía e Historia coa realidade sociocultural do alumnado. A proposta combina metodoloxías activas e interdisciplinares que favorecen unha aprendizaxe situada, o diálogo interxeracional e o compromiso co medio rural. Así, o estudo inivita a mirar con outros ollos aquilo que herdamos, comprendendo que tradición e patrimonio non son cousas do pasado, senón elementos vivos que deben traballarse desde os centros educativos para formar unha cidadanía comprometida que os valore, respecte e transmita ás futuras xeracións.
Este Traballo de Fin de Máster nace coa vontade de poñer en valor o patrimonio inmaterial no ámbito educativo, reivindicando as feiras tradicionais galegas como espazos vivos de memoria colectiva. Tomando como referencia a Feira de Santos de Monterroso, propónse unha situación de aprendizaxe para 3º da ESO que integra os contidos curriculares da materia de Xeografía e Historia coa realidade sociocultural do alumnado. A proposta combina metodoloxías activas e interdisciplinares que favorecen unha aprendizaxe situada, o diálogo interxeracional e o compromiso co medio rural. Así, o estudo inivita a mirar con outros ollos aquilo que herdamos, comprendendo que tradición e patrimonio non son cousas do pasado, senón elementos vivos que deben traballarse desde os centros educativos para formar unha cidadanía comprometida que os valore, respecte e transmita ás futuras xeracións.
Dirección
Castro Fernández, Belén María (Titoría)
Castro Fernández, Belén María (Titoría)
Tribunal
SOUTO BLANCO, MARIA JESUS (Presidente/a)
ARMAS QUINTA, FRANCISCO JOSE (Secretario/a)
GARCIA SOTO, LUIS MODESTO (Vogal)
SOUTO BLANCO, MARIA JESUS (Presidente/a)
ARMAS QUINTA, FRANCISCO JOSE (Secretario/a)
GARCIA SOTO, LUIS MODESTO (Vogal)
Identidade cultural e integración na comunidade: o caso das familias inmigrantes chinesas en España
Autoría
R.H.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
R.H.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
05.09.2025 09:15
05.09.2025 09:15
Resumo
Nas últimas décadas, a inmigración chinesa en España medrou de maneira constante, plantexando novos desafíos arredor da identidade cultural e a integración comunitaria. Esta investigación céntrase nas familias inmigrantes chinesas, especialmente na experiencia dos fillos, co obxectivo de analizar como reconstrúen a súa identidade nun contexto social distinto e como afrontan as tensións entre a cultura de orixe e a cultura de acollida. A partir dunha revisión crítica da literatura académica, documentos institucionais e materiais mediáticos, e co apoio teórico da educación intercultural, examínanse fenómenos como o bilingüismo, a transmisión de valores, a participación escolar e a axencia familiar no proceso educativo.Os resultados revelan que a identidade cultural e a integración comunitaria son procesos interdependentes. Moitos fillos de inmigrantes desenvolven identidades híbridas ou selectivas, influídas por factores familiares, escolares e sociais, pero enfróntanse a obstáculos como a invisibilidade institucional e a falta de recoñecemento cultural. Pola súa banda, as políticas de integración, centradas na eficiencia administrativa, adoitan desatender a participación activa das comunidades inmigrantes. A investigación conclúe que promover unha inclusión efectiva require marcos institucionais máis flexibles e culturalmente sensibles, especialmente nos ámbitos educativo, comunitario e político. Deféndese unha integración progresiva que non implique nin asimilación forzada nin illamento cultural, senón unha construción gradual de pertenza e confianza intercultural.

FORMOSO SILVA, MARIA (Titoría)
PRIEGUE CAAMAÑO, DIANA Cotitoría
FORMOSO SILVA, MARIA (Titoría)
PRIEGUE CAAMAÑO, DIANA Cotitoría
Tribunal
ALONSO RUIDO, PATRICIA (Presidente/a)
CABALLO VILLAR, MARIA BELEN (Secretario/a)
DIZ LOPEZ, MARIA JULIA (Vogal)
ALONSO RUIDO, PATRICIA (Presidente/a)
CABALLO VILLAR, MARIA BELEN (Secretario/a)
DIZ LOPEZ, MARIA JULIA (Vogal)
A Identidade Profesional do estudantado de educación en Galicia: Un estudo exploratorio
Autoría
C.I.A.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
C.I.A.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
17.07.2025 11:00
17.07.2025 11:00
Resumo
Nun contexto marcado pola precariedade laboral e o descoñecemento social dalgunhas profesións educativas, este traballo explora a construción da identidade profesional do estudantado universitario en Galicia. O seu obxectivo principal é analizar como factores como a autopercepción, o autoconcepto, a cultura institucional, as prácticas profesionais e o contexto sociolaboral inflúen na configuración desta identidade en graos vinculados á educación. A metodoloxía responde a un estudo descritivo-exploratorio que combina revisión bibliográfica e análise empírica, mediante un cuestionario deseñado especificamente para o estudantado da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Entre os principais resultados, destaca a existencia dunha fenda entre a formación académica e a realidade profesional, a escasa visibilidade de titulacións como Pedagoxía ou Educación Social, e a tensión entre vocación e empregabilidade. Tamén se constata o papel determinante da universidade na consolidación dunha identidade profesional crítica, reflexiva e socialmente comprometida. O estudo conclúe reivindicando unha formación superior que promova valores éticos, pensamento crítico e conciencia social.
Nun contexto marcado pola precariedade laboral e o descoñecemento social dalgunhas profesións educativas, este traballo explora a construción da identidade profesional do estudantado universitario en Galicia. O seu obxectivo principal é analizar como factores como a autopercepción, o autoconcepto, a cultura institucional, as prácticas profesionais e o contexto sociolaboral inflúen na configuración desta identidade en graos vinculados á educación. A metodoloxía responde a un estudo descritivo-exploratorio que combina revisión bibliográfica e análise empírica, mediante un cuestionario deseñado especificamente para o estudantado da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Entre os principais resultados, destaca a existencia dunha fenda entre a formación académica e a realidade profesional, a escasa visibilidade de titulacións como Pedagoxía ou Educación Social, e a tensión entre vocación e empregabilidade. Tamén se constata o papel determinante da universidade na consolidación dunha identidade profesional crítica, reflexiva e socialmente comprometida. O estudo conclúe reivindicando unha formación superior que promova valores éticos, pensamento crítico e conciencia social.
Dirección
SOTELINO LOSADA, ALEJANDRO (Titoría)
SOTELINO LOSADA, ALEJANDRO (Titoría)
Tribunal
OLVEIRA OLVEIRA, MARIA ESTHER (Presidente/a)
MIGUEZ SALINA, GABRIELA DOLORES (Secretario/a)
GARCIA VINUESA, ANTONIO (Vogal)
OLVEIRA OLVEIRA, MARIA ESTHER (Presidente/a)
MIGUEZ SALINA, GABRIELA DOLORES (Secretario/a)
GARCIA VINUESA, ANTONIO (Vogal)
Adolescencia e pornografía: a educación sexual humanizada como alternativa
Autoría
R.I.G.
Máster Universitario en Igualdade, Xénero e Educación
R.I.G.
Máster Universitario en Igualdade, Xénero e Educación
Data da defensa
27.06.2025 11:40
27.06.2025 11:40
Resumo
O Traballo de Fin de Máster proposto a continuación, aborda o binomio pornografía e adolescencia, en que medida ambos fenómenos están fortemente relacionados. Como esta etapa do ciclo vital marcada por un proceso activo e profundo de construción social e afectiva vese afectada pola nova pornografía. Analizamos cales son as características definitorias do consumo da pornografía por parte das/dos adolescentes, a influencia de dito consumo tanto a nivel psicolóxico como sociolóxico e cal é o papel da educación integral humanizada como alternativa. Para iso, desenvolvemos unha proposta de intervención para un instituto de educación secundaria con alumnado de 4º de la ESO (15-16 anos). O proxecto divídese en tres partes fundamentais, unha primeira na que se traballa a distorsión da realidade na pornografía, pornografía vs realidade. Unha segunda parte na que facemos maior énfase na influencia da pornografía nos diferentes ámbitos de construción individual e social das/dos adolescentes, máis concretamente na distorsión da mirada aos corpos, o desexo, o consentimento e como isto condiciona a súa propia identidade. Para rematar cunha visión máis prospectiva, a través da búsqueda de alternativas e posibles propostas de mellora ante a situación actual, dándolle especial protagonismo á educación sexual humanizada.
O Traballo de Fin de Máster proposto a continuación, aborda o binomio pornografía e adolescencia, en que medida ambos fenómenos están fortemente relacionados. Como esta etapa do ciclo vital marcada por un proceso activo e profundo de construción social e afectiva vese afectada pola nova pornografía. Analizamos cales son as características definitorias do consumo da pornografía por parte das/dos adolescentes, a influencia de dito consumo tanto a nivel psicolóxico como sociolóxico e cal é o papel da educación integral humanizada como alternativa. Para iso, desenvolvemos unha proposta de intervención para un instituto de educación secundaria con alumnado de 4º de la ESO (15-16 anos). O proxecto divídese en tres partes fundamentais, unha primeira na que se traballa a distorsión da realidade na pornografía, pornografía vs realidade. Unha segunda parte na que facemos maior énfase na influencia da pornografía nos diferentes ámbitos de construción individual e social das/dos adolescentes, máis concretamente na distorsión da mirada aos corpos, o desexo, o consentimento e como isto condiciona a súa propia identidade. Para rematar cunha visión máis prospectiva, a través da búsqueda de alternativas e posibles propostas de mellora ante a situación actual, dándolle especial protagonismo á educación sexual humanizada.
Dirección
GOMEZ VAZQUEZ, BEGOÑA (Titoría)
GOMEZ VAZQUEZ, BEGOÑA (Titoría)
Tribunal
GARCIA RUBIO, MARIA PAZ (Presidente/a)
MOSTEIRO GARCIA, MARIA JOSEFA (Secretario/a)
PIÑEIRO ANTELO, MARIA DE LOS ANGELES (Vogal)
GARCIA RUBIO, MARIA PAZ (Presidente/a)
MOSTEIRO GARCIA, MARIA JOSEFA (Secretario/a)
PIÑEIRO ANTELO, MARIA DE LOS ANGELES (Vogal)
A illa de San Simón na literatura
Autoría
S.I.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
S.I.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
08.07.2025 11:00
08.07.2025 11:00
Resumo
Este traballo céntrase na investigación de obras literarias nas que a illa de San Simón está presente como espazo literario, para poder traballalas co alumnado da contorna en especial (por proximidade, para que aprendan e valoren máis esa pequena illa chea de historia) e para que alumnado en xeral coñeza a existencia deste lugar. Partindo de Mendinho e a súa cantiga de amigo abriremos un camiño ata chegar a autores máis actuais, como Agustín Fernández Paz, que decidiron facer nas súas obras literarias unha homenaxe a este lugar do mundo. Esta selección de textos poderase empregar de distintos xeitos: como lecturas obrigatorias, como propostas para o club de lectura, como fragmentos para traballar na aula, representación teatral das obras... Ademais, proporanse actividades como a visita ás illas, para darlle unha dimensión máis tanxible á literatura e á historia que atesouran. O obxectivo principal é, en definitiva, que a historia das illas de San Simón e Santo Antón non caia no esquecemento e sexa valorada polo estudantado, traballando a través dela contidos literarios, principalmente, pero tamén históricos, culturais, sociais, etc.
Este traballo céntrase na investigación de obras literarias nas que a illa de San Simón está presente como espazo literario, para poder traballalas co alumnado da contorna en especial (por proximidade, para que aprendan e valoren máis esa pequena illa chea de historia) e para que alumnado en xeral coñeza a existencia deste lugar. Partindo de Mendinho e a súa cantiga de amigo abriremos un camiño ata chegar a autores máis actuais, como Agustín Fernández Paz, que decidiron facer nas súas obras literarias unha homenaxe a este lugar do mundo. Esta selección de textos poderase empregar de distintos xeitos: como lecturas obrigatorias, como propostas para o club de lectura, como fragmentos para traballar na aula, representación teatral das obras... Ademais, proporanse actividades como a visita ás illas, para darlle unha dimensión máis tanxible á literatura e á historia que atesouran. O obxectivo principal é, en definitiva, que a historia das illas de San Simón e Santo Antón non caia no esquecemento e sexa valorada polo estudantado, traballando a través dela contidos literarios, principalmente, pero tamén históricos, culturais, sociais, etc.
Dirección
HERMIDA GULÍAS, MARÍA DO CARME (Titoría)
HERMIDA GULÍAS, MARÍA DO CARME (Titoría)
Tribunal
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Presidente/a)
RODRIGUEZ NIETO, SANDRA (Secretario/a)
NOGUEIRA PEREIRA, MARIA XESUS (Vogal)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Presidente/a)
RODRIGUEZ NIETO, SANDRA (Secretario/a)
NOGUEIRA PEREIRA, MARIA XESUS (Vogal)
Violencia de xénero 2.0. Retos e estratexias na era dixital
Autoría
S.J.
Máster Universitario en Igualdade, Xénero e Educación
S.J.
Máster Universitario en Igualdade, Xénero e Educación
Data da defensa
14.02.2025 10:00
14.02.2025 10:00
Resumo
Na era dixital, a violencia de xénero estendeuse das formas tradicionais ás en liña e evolucionou cara á violencia de xénero 2.0, que abarca novas formas de violencia dixital como o acoso en liña, os deepfakes e a pornografía de vinganza. Estes comportamentos non só supoñen unha ameaza para a saúde mental, a vida social e o desenvolvemento profesional das vítimas, senón que tamén supoñen un grave desafío para a igualdade de xénero na sociedade no seu conxunto. Neste traballo de fin de máster aproximámonos á violencia de xénero 2.0 a través da revisión documental sobre a cuestión. A finalidade desta investigación é a contribución á toma de conciencia de responsabilidade das plataformas de redes sociais, a conciencia do público sobre a igualdade de xénero e a alfabetización dixital co fin de promover freos efectivos á violencia de xénero 2.0. A resposta colaborativa multipartita é a clave para reducir e previr a violencia de xénero 2.0, e espérase que este estudo poida proporcionar referencia e apoio para a futura prevención e control da violencia de xénero no contexto dixital.
Na era dixital, a violencia de xénero estendeuse das formas tradicionais ás en liña e evolucionou cara á violencia de xénero 2.0, que abarca novas formas de violencia dixital como o acoso en liña, os deepfakes e a pornografía de vinganza. Estes comportamentos non só supoñen unha ameaza para a saúde mental, a vida social e o desenvolvemento profesional das vítimas, senón que tamén supoñen un grave desafío para a igualdade de xénero na sociedade no seu conxunto. Neste traballo de fin de máster aproximámonos á violencia de xénero 2.0 a través da revisión documental sobre a cuestión. A finalidade desta investigación é a contribución á toma de conciencia de responsabilidade das plataformas de redes sociais, a conciencia do público sobre a igualdade de xénero e a alfabetización dixital co fin de promover freos efectivos á violencia de xénero 2.0. A resposta colaborativa multipartita é a clave para reducir e previr a violencia de xénero 2.0, e espérase que este estudo poida proporcionar referencia e apoio para a futura prevención e control da violencia de xénero no contexto dixital.
Dirección
GOMEZ VAZQUEZ, BEGOÑA (Titoría)
GOMEZ VAZQUEZ, BEGOÑA (Titoría)
Tribunal
REY CASTELAO, OFELIA (Presidente/a)
VARELA VAZQUEZ, PEDRO (Secretario/a)
RODRIGUEZ ALVAREZ, ANA (Vogal)
REY CASTELAO, OFELIA (Presidente/a)
VARELA VAZQUEZ, PEDRO (Secretario/a)
RODRIGUEZ ALVAREZ, ANA (Vogal)
A ensinanza da microbiota desde unha perspectiva One Health
Autoría
C.L.L.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
C.L.L.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
08.07.2025 12:30
08.07.2025 12:30
Resumo
A microbiota é unha noción biolóxica clave para poder comprender as relacións entre os seres vivos e o medio, así como o papel dos microorganismos no mantemento do equilibrio e da saúde a distintas escalas. A ensinanza dos microorganismos desde a perspectiva “Unha soa Saúde” (One Health, en inglés) permite introducir na aula de ciencias un enfoque sistémico no que se integren as dimensións humana, animal e ambiental en temas de saúde complexos. Este TFM forma parte da liña de investigación en didáctica das ciencias sobre cuestións socio científicas que integran esta visión sistémica. As preguntas de investigación que orientan este estudo son: 1) Cal é a capacidade dun grupo de estudantes para identificar ambientes onde existen microorganismos relacionando a microbiota e a saúde?; 2) Como representa o alumnado a distribución da microbiota no corpo humano? 3) En que medida o alumnado constrúe explicacións sobre a microbiota aplicando o enfoque OH? A proposta deseñada adapta un deseño previo sobre a microbiota elaborado por González Costa et al. (2024) e desenvolveuse con 49 estudantes de 3º da ESO dun centro público da costa occidental de Galicia, sen formación previa no marco One Health (OH). A metodoloxía, de carácter cualitativo, baseouse na análise das respostas escritas, as representacións elaboradas e as intervencións orais do alumnado durante o desenvolvemento das actividades da proposta. Os resultados amosan que o alumnado, de maneira xeral, foi quen de identificar diversos ambientes nos que habitan microorganismos, así como de recoñecer a relación existente entre a microbiota e a saúde. Tamén foron quen de representar de forma axeitada a distribución da microbiota no corpo humano, malia que amosaron certas dificultades para diferenciar os microorganismos beneficiosos dos patóxenos. Aínda que este alumnado non tiña formación previa específica na temática da microbiota, logrou construír modelos OH coherentes, identificando factores das tres esferas OH e relacións entre elas.

Art-educación como ferramenta transformadora fronte aos desafíos climáticos: unha proposta educativa para xerar conciencia.
Autoría
M.L.B.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
M.L.B.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Data da defensa
14.07.2025 16:00
14.07.2025 16:00
Resumo
A arte, alén da súa dimensión estética, constitúe unha poderosa ferramenta educativa capaz de provocar reflexións profundas, activar conciencias e transformar realidades. No marco do presente Traballo de Fin de Mestrado afóndase na análise do valor educativo da creación artística como vehículo para a sensibilización ambiental, a través do deseño, desenvolvemento e avaliación dunha proposta didáctica posta en práctica nun centro de Educación Primaria. Concibida desde unha perspectiva interdisciplinar e sustentada na metodoloxía da Aprendizaxe Baseada en Proxectos, a intervención aséntase sobre un corpo teórico sólido no que converxen a educación artística e a educación para a sustentabilidade. Durante a mesma, o alumnado implicouse na análise de problemáticas ambientais actuais, elaborando creacións plásticas que emerxeron da reflexión compartida e do traballo colaborativo. A análise dos resultados obtidos pon de manifesto a capacidade da arte para vehicular mensaxes significativas e fomentar actitudes transformadoras.
A arte, alén da súa dimensión estética, constitúe unha poderosa ferramenta educativa capaz de provocar reflexións profundas, activar conciencias e transformar realidades. No marco do presente Traballo de Fin de Mestrado afóndase na análise do valor educativo da creación artística como vehículo para a sensibilización ambiental, a través do deseño, desenvolvemento e avaliación dunha proposta didáctica posta en práctica nun centro de Educación Primaria. Concibida desde unha perspectiva interdisciplinar e sustentada na metodoloxía da Aprendizaxe Baseada en Proxectos, a intervención aséntase sobre un corpo teórico sólido no que converxen a educación artística e a educación para a sustentabilidade. Durante a mesma, o alumnado implicouse na análise de problemáticas ambientais actuais, elaborando creacións plásticas que emerxeron da reflexión compartida e do traballo colaborativo. A análise dos resultados obtidos pon de manifesto a capacidade da arte para vehicular mensaxes significativas e fomentar actitudes transformadoras.
Dirección
Trigo Martínez, Cristina (Titoría)
Trigo Martínez, Cristina (Titoría)
Tribunal
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Secretario/a)
DIZ OTERO, MARIO (Vogal)

Aproximación á discriminación de xénero na aula de filosofía: do pensamento á realidade
Autoría
S.L.A.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
S.L.A.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
07.07.2025 10:30
07.07.2025 10:30
Resumo
O presente traballo expón unha proposta didáctica encadrada na materia de Filosofía de 1º de Bacharelato, na que se aborda a construción e formulación histórica das desigualdades de xénero no campo da filosofía en base á dicotomía masculino-feminino, e como estas oposicións conceptuais que se xogan no eido do pensamento inflúen na forma na que construímos e comprendemos a realidade. Esta proposta ten un enfoque competencial que busca integrar a perspectiva de xénero tanto no exercicio académico e filosófico como na conciencia individual do alumnado na súa relación co entorno e con outras persoas. Ao longo do escrito presentaremos tanto o contexto coma o marco normativo no que se encadra esta proposta e que ampara os seus obxectivos e contidos, así como o desenvolvemento da situación de aprendizaxe e posibles dificultades á hora da súa aplicación.
O presente traballo expón unha proposta didáctica encadrada na materia de Filosofía de 1º de Bacharelato, na que se aborda a construción e formulación histórica das desigualdades de xénero no campo da filosofía en base á dicotomía masculino-feminino, e como estas oposicións conceptuais que se xogan no eido do pensamento inflúen na forma na que construímos e comprendemos a realidade. Esta proposta ten un enfoque competencial que busca integrar a perspectiva de xénero tanto no exercicio académico e filosófico como na conciencia individual do alumnado na súa relación co entorno e con outras persoas. Ao longo do escrito presentaremos tanto o contexto coma o marco normativo no que se encadra esta proposta e que ampara os seus obxectivos e contidos, así como o desenvolvemento da situación de aprendizaxe e posibles dificultades á hora da súa aplicación.
Dirección
PASTORIZA ROZAS, JOSE LUIS (Titoría)
PASTORIZA ROZAS, JOSE LUIS (Titoría)
Tribunal
ARMAS CASTRO, JOSE ANGEL (Presidente/a)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Secretario/a)
GARCIA SOTO, LUIS MODESTO (Vogal)
ARMAS CASTRO, JOSE ANGEL (Presidente/a)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Secretario/a)
GARCIA SOTO, LUIS MODESTO (Vogal)
O mar era azul e agora é negro: unha proposta didáctica arredor da ecoliteratura
Autoría
A.L.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
A.L.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
08.07.2025 17:00
08.07.2025 17:00
Resumo
Neste traballo deseñamos unha proposta educativa que busca, a través da literatura, desenvolver a consciencia ecolóxica do estudantado de 4º da ESO. A situación de crise medioambiental que estamos a vivir fai necesario que, como sociedade, coloquemos no centro das nosas preocupacións a conservación do medio natural e deconstruamos a oposición xerárquica entre os humanos, por un lado, e a terra e os animais non humanos, por outro. Neste sentido, como estuda a ecocrítica, a literatura demostrou o seu potencial para promover a mudanza social e imaxinar novas formas de nos relacionar coa natureza. Entendemos como ecoliteratura calquera manifestación literaria que supera o marco antropocéntrico e toma conscientemente un posicionamento ecocéntrico. A proposta, entón, é traballarmos co estudantado diversos textos da ecopoesía galega, que tratan temáticas como os desastres medioambientais (como o Prestige), a contaminación das industrias ou o abandono do rural. Finalmente, a metodoloxía para usar nas aulas é activa e baséase na acción e reflexión colectiva, nas constelacións literarias e no traballo práctico cos textos.

NOGUEIRA PEREIRA, MARIA XESUS (Titoría)
NOGUEIRA PEREIRA, MARIA XESUS (Titoría)
Tribunal
REQUEIXO CUBA, ARMANDO (Presidente/a)
HERMIDA GULÍAS, MARÍA DO CARME (Secretario/a)
FERNANDEZ VAZQUEZ, MARIA DEL MAR (Vogal)
REQUEIXO CUBA, ARMANDO (Presidente/a)
HERMIDA GULÍAS, MARÍA DO CARME (Secretario/a)
FERNANDEZ VAZQUEZ, MARIA DEL MAR (Vogal)
O mar era azul e agora é negro: unha proposta didáctica arredor da ecoliteratura
Autoría
A.L.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
A.L.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
02.09.2025 18:00

A formación do técnico superior en educación infantil e o uso da danza como elemento educativo
Autoría
U.L.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
U.L.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
Data da defensa
12.02.2025 11:00
12.02.2025 11:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster céntrase na relevancia da danza dentro do ámbito da educación infantil, enfocado principalmente de cara ó ámbito profesional do ciclo formativo de grado superior correspondente ao título de técnico superior en educación infantil. Tras reflexionar acerca do papel que posúe a danza a nivel curricular neste ámbito educativo, realízase unha análise de contido da presenza da danza no decreto curricular correspondente ao ciclo formativo estudado. Posteriormente, lévase a cabo unha revisión e análise da literatura sobre danza e desenvolvemento infantil, baixo a metodoloxía PRISMA. O traballo destaca o valor da danza como ferramenta pedagóxica no desenvolvemento integral do alumando da educación infantil, resaltando a importancia do papel do técnico educador infantil e concluíndo acerca da carencia e necesidade da danza nas aulas. Finalmente, recóllense un conxunto de líenas de intervención futuras para potenciar o uso da danza na formación de técnicos superiores.
Este Traballo de Fin de Máster céntrase na relevancia da danza dentro do ámbito da educación infantil, enfocado principalmente de cara ó ámbito profesional do ciclo formativo de grado superior correspondente ao título de técnico superior en educación infantil. Tras reflexionar acerca do papel que posúe a danza a nivel curricular neste ámbito educativo, realízase unha análise de contido da presenza da danza no decreto curricular correspondente ao ciclo formativo estudado. Posteriormente, lévase a cabo unha revisión e análise da literatura sobre danza e desenvolvemento infantil, baixo a metodoloxía PRISMA. O traballo destaca o valor da danza como ferramenta pedagóxica no desenvolvemento integral do alumando da educación infantil, resaltando a importancia do papel do técnico educador infantil e concluíndo acerca da carencia e necesidade da danza nas aulas. Finalmente, recóllense un conxunto de líenas de intervención futuras para potenciar o uso da danza na formación de técnicos superiores.
Dirección
SANJUAN ROCA, MARIA DEL MAR (Titoría)
SANJUAN ROCA, MARIA DEL MAR (Titoría)
Tribunal
LOPEZ GOMEZ, SILVIA (Presidente/a)
ALVAREZ SEOANE, CARMEN DENEBOLA (Secretario/a)
VILLAR VARELA, MILENA (Vogal)
LOPEZ GOMEZ, SILVIA (Presidente/a)
ALVAREZ SEOANE, CARMEN DENEBOLA (Secretario/a)
VILLAR VARELA, MILENA (Vogal)
Desempeños do alumnado de 1º da ESO na identificación e clasificación de animais.
Autoría
A.L.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
A.L.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
08.07.2025 13:30
08.07.2025 13:30
Resumo
Este estudo pretende analizar os desempeños do alumnado na identificación e clasificación de animais vertebrados a través de cinco actividades. Os participantes son estudantes de 1º ESO que cursan a materia de Bioloxía e Xeoloxía nun centro rural da provincia de Lugo. Ao longo da secuencia, o alumnado pon en práctica destrezas científicas como a observación, identificación e clasificación de especies, elabora as súas propias ferramentas de clasificación de seres vivos e interpreta e argumenta sucesos ecolóxicos como son as consecuencias das especies invasoras. A toma de datos comprende as producións escritas grupais dos participantes e estas examínanse a través da análise cualitativa do contido, a partir do cal se xeran as rúbricas finais. Os principais resultados mostran algunhas dificultades na identificación e clasificación dalgunhas especies das clases os réptiles e os anfibios xa que foron obxecto de confusión común para o alumnado, así como desempeños pouco adecuados no uso de datos para elaborar argumentos. Estes resultados suxiren a necesidade de realizar de forma máis frecuente este tipo de actividades prácticas na aula para obter mellores desempeños, así como un pensamento científico máis sofisticado sobre os seres vivos.

Crujeiras Pérez, Beatriz (Titoría)
Crujeiras Pérez, Beatriz (Titoría)
Tribunal
Blanco Anaya, Paloma (Presidente/a)
CASAS QUIROGA, LUCIA (Secretario/a)
RODRIGUEZ GACIO, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
Blanco Anaya, Paloma (Presidente/a)
CASAS QUIROGA, LUCIA (Secretario/a)
RODRIGUEZ GACIO, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
Os discursos de odio contra a poboación inmigrante dende a mirada da educación intercultural. Unha revisión bibliográfica.
Autoría
I.L.C.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
I.L.C.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
03.09.2025 13:00
03.09.2025 13:00
Resumo
Os D.O. supoñen unha das maiores problemáticas ás que nos enfrontamos como sociedades na época actual, exemplificando o aumento da polarización social e dos ataques a aqueles colectivos que son considerados inferiores ou indesexables unicamente pola súa procedencia, o seu xénero, a súa orientación sexual, a súa ideoloxía política, a súa relixión, etc. O aumento e a creación destes discursos é un proceso complexo que mestura unha serie de intereses, posicións de poder, ferramentas de opresión e comunicación... e que involucra a distintos axentes como a elite política, os líderes de opinión ou os medios de comunicación. Neste traballo realizaremos unha investigación seguindo o método PRISMA que aporta interesantes resultados acerca da relación entre a acción dos partidos políticos e o aumento dos D.O., o papel das redes sociais como medios de difusión e creación deste tipo de discursos discriminatorios ou as diferentes causas e consecuencias que os D.O. teñen tanto a curto como a longo prazo nos grupos atacados e nas sociedades onde se producen estes ataques. De igual maneira, exploramos en profundidade o papel que a educación xoga neste problema social, analizando as diferentes vías nas que pode axudar a crear cidadáns e cidadás concienciados coa equidade social e a diversidade cultural, como a educación en valores, a educación intercultural, a educación contra o racismo ou a alfabetización dixital. Así mesmo, preséntanse tamén unha serie de retos aos que a educación e os seus profesionais deben enfrontarse neste camiño en contra da discriminación, como a falta de formación docente ou a necesidade dun cambio de actitude por parte das institucións.

Promoción da lingua galega no ámbito da Formación Profesional e a Educación Infantil a través da canción como recurso didáctico
Autoría
M.L.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
M.L.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
Data da defensa
12.02.2025 12:00
12.02.2025 12:00
Resumo
Xeralmente, nas situacións de contacto entre dúas linguas os fenómenos de mantemento e de cambio ou muda entre ambas ao longo da vida das persoas débense a múltiples razóns como á un cambio contextual, á percepción da menor utilidade da lingua minorizada no que á promoción social respecta ou ben á outros prexuízos (Monteagudo, Loredo e Vázquez-Grandío, 2024). É por iso polo que, xunto coa falta de recursos musicais en lingua galega observada no período de prácticas do máster no ámbito do Ciclo Superior de Educación Infantil, a canción infantil galega se volve unha necesidade prioritaria na formación e posta en práctica dos/as futuros/as técnicos/as para a preservación da identidade do pobo galego. A canción infantil é un recurso didáctico que integra a música nos diversos contextos educativos favorecendo o desenvolvemento integral dos/as meniños/as, á vez que se pon de manifesto a importancia do patrimonio inmaterial e cultural. Deste xeito, a través da revisión bibliográfica no que á busca de proxectos similares, contidos de currículo e datos xustificativos se refire, o traballo asume unha proposta de intervención no ámbito da Formación profesional e a Educación infantil tendo como eixe vehicular a canción en galego.
Xeralmente, nas situacións de contacto entre dúas linguas os fenómenos de mantemento e de cambio ou muda entre ambas ao longo da vida das persoas débense a múltiples razóns como á un cambio contextual, á percepción da menor utilidade da lingua minorizada no que á promoción social respecta ou ben á outros prexuízos (Monteagudo, Loredo e Vázquez-Grandío, 2024). É por iso polo que, xunto coa falta de recursos musicais en lingua galega observada no período de prácticas do máster no ámbito do Ciclo Superior de Educación Infantil, a canción infantil galega se volve unha necesidade prioritaria na formación e posta en práctica dos/as futuros/as técnicos/as para a preservación da identidade do pobo galego. A canción infantil é un recurso didáctico que integra a música nos diversos contextos educativos favorecendo o desenvolvemento integral dos/as meniños/as, á vez que se pon de manifesto a importancia do patrimonio inmaterial e cultural. Deste xeito, a través da revisión bibliográfica no que á busca de proxectos similares, contidos de currículo e datos xustificativos se refire, o traballo asume unha proposta de intervención no ámbito da Formación profesional e a Educación infantil tendo como eixe vehicular a canción en galego.
Dirección
GILLANDERS , CAROL JEAN (Titoría)
GILLANDERS , CAROL JEAN (Titoría)
Tribunal
LOPEZ GOMEZ, SILVIA (Presidente/a)
ALVAREZ SEOANE, CARMEN DENEBOLA (Secretario/a)
VILLAR VARELA, MILENA (Vogal)
LOPEZ GOMEZ, SILVIA (Presidente/a)
ALVAREZ SEOANE, CARMEN DENEBOLA (Secretario/a)
VILLAR VARELA, MILENA (Vogal)
Percepcións do profesorado e alumnado sobre as metodoloxías activas no ciclo Atención a persoas en situación de dependencia
Autoría
L.L.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
L.L.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
Data da defensa
07.07.2025 10:00
07.07.2025 10:00
Resumo
A aplicación de metodoloxías activas na Formación Profesional fomenta a participación do alumnado na aula, así como potencia o seu desenvolvemento integral, mellora a súa atitude, motivación e, en consecuencia, o seu rendemento académico. Ademáis, permite unha aproximación e simulación do futuro posto de traballo, buscando unha aprendizaxe funcional e significativa. Neste sentido, o obxetivo do presente Traballo de Fin de Máster é analizar as principais metodoloxías activas aplicadas na Formación Profesional, explorando as súas características, beneficios e desafíos no contexto educativo, así como o seu impacto na aprendizaxe do estudantado e o seu achegamento ao mercado laboral. Para iso levouse a cabo un estudo de corte cuantitativo, transversal, non experimental, descritivo e correlacional-causal, para o que se elaboraron dous cuestionarios ad hoc, un dirixido a profesorado e outro ao alumnado do ciclo Atención a persoas en situación de dependencia cursado tanto no IES Marco do Camballón como no CIFP Compostela. Mediante os resultados acadados constatouse que no devandito ciclo se aplican diversas metodoloxías activas que melloran a atitude, motivación e rendemento académico do alumnado, así como o preparan para a incorporación ao seu futuro posto de traballo.

Proposta de intervención educativa para a inclusión do alumnado con TEA na Educación Secundaria Obrigatoria
Autoría
N.L.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
N.L.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
14.02.2025 11:00
14.02.2025 11:00
Resumo
Nos últimos anos, observouse un incremento no número de persoas que padecen Trastorno do Espectro Autista (TEA). Este fenómeno, sumado á búsqueda dunha educación inclusiva, que foi un obxetivo constante no noso sistema educativo, fai que o número de alumnado con TEA na Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) tamén aumentase. Co propósito de facer que o paso deste alumnado por esta etapa sexa o máis positivo e inclusivo posible, diseñouse unha proposta de intervención para a inclusión do alumnado con TEA neste colectivo. A proposta mencinada organízase en tres partes. Na primeira parte preséntase a fundamentación teórica que abarca a conceptualización, caracterización, etioloxía e prevalencia do TEA; os aspectos positivos da escolarización ordinaria do alumnado con TEA; a evolución da inclusión no noso sistema educativo; a realidade educativa e a socialización do alumnado con TEA. Na segunda parte detállase a proposta en sí, incluíndo a contextualización, os obxetivos a alcanzar, as actividades planeadas e a avaliación da mesma. E, por último, na última parte recóllense os resultados esperados e as futuras liñas de investigación.

NIETO VIEITES, ANA (Titoría)
NIETO VIEITES, ANA (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ GROBA, ANA (Presidente/a)
GARCIA MURIAS, REBECA (Secretario/a)
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Vogal)
RODRIGUEZ GROBA, ANA (Presidente/a)
GARCIA MURIAS, REBECA (Secretario/a)
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Vogal)
O fanfiction: unha ferramenta didáctica innovadora no eido da Filosofía
Autoría
V.L.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
V.L.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
08.09.2025 11:00
08.09.2025 11:00
Resumo
O fanfiction é un tipo de literatura amateur de internet, popularizado sobre todo entre adolescentes socializadas como mulleres, onde se escriben historias ficticias que inclúen famosos de distinta índola (cantantes, futbolistas, actores...), así como personaxes de ficción. O fanfiction é unha apropiación por parte da fan de facer contido propio sobre aquilo que admira, usando os mecanismos da ficción para traballar coa imaxe da persoa da que son fans. Na historia da filosofía podemos atoparnos con exemplos semellantes, sendo os máis evidentes as obras que Platón fai sobre Socrátes ou, con exemplos máis recentes, a República de Badiou onde pon a dialogar a filósofos modernos. A apropiación e escritura dunha figura que admiras non é, polo tanto, nada alleo ao traballo filosófico. O que se propón é usar este estilo de escritura para traballar aos autores e autoras presentes nos contidos das materias de filosofía da ESO e do Bacharleta. Escribindo un fanfiction onde se expoñan as ideas dos distintos autores, de forma dialogada e narrativa, xuntándoos con algún famoso ou famosa da que sexa fan cada alumno ou alumna.
O fanfiction é un tipo de literatura amateur de internet, popularizado sobre todo entre adolescentes socializadas como mulleres, onde se escriben historias ficticias que inclúen famosos de distinta índola (cantantes, futbolistas, actores...), así como personaxes de ficción. O fanfiction é unha apropiación por parte da fan de facer contido propio sobre aquilo que admira, usando os mecanismos da ficción para traballar coa imaxe da persoa da que son fans. Na historia da filosofía podemos atoparnos con exemplos semellantes, sendo os máis evidentes as obras que Platón fai sobre Socrátes ou, con exemplos máis recentes, a República de Badiou onde pon a dialogar a filósofos modernos. A apropiación e escritura dunha figura que admiras non é, polo tanto, nada alleo ao traballo filosófico. O que se propón é usar este estilo de escritura para traballar aos autores e autoras presentes nos contidos das materias de filosofía da ESO e do Bacharleta. Escribindo un fanfiction onde se expoñan as ideas dos distintos autores, de forma dialogada e narrativa, xuntándoos con algún famoso ou famosa da que sexa fan cada alumno ou alumna.
Dirección
PASTORIZA ROZAS, JOSE LUIS (Titoría)
PASTORIZA ROZAS, JOSE LUIS (Titoría)
Tribunal
SOUTO BLANCO, MARIA JESUS (Presidente/a)
ARMAS QUINTA, FRANCISCO JOSE (Secretario/a)
GARCIA SOTO, LUIS MODESTO (Vogal)
SOUTO BLANCO, MARIA JESUS (Presidente/a)
ARMAS QUINTA, FRANCISCO JOSE (Secretario/a)
GARCIA SOTO, LUIS MODESTO (Vogal)
Traballando cos ODS nunha escola rural
Autoría
M.D.L.S.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
M.D.L.S.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Data da defensa
07.07.2025 18:00
07.07.2025 18:00
Resumo
A sustentabilidade figura como un dos elementos clave no currículo de Educación Primaria, o cal avoga pola a importancia de crear conciencia crítica sobre o impacto ambiental. Neste contexto sitúase este traballo de Fin de Mestrado que describe un proxecto de iniciación na investigación-acción dirixido a promover o uso dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) para traballar o Cambio Climático nas aulas de último ciclo de Educación Primaria nun centro educativo de carácter rural. Os resultados amosan as transformacións producidas nos coñecementos do alumnado tras o desenvolvemento da proposta. Á vista dos reultados prometedores, conclúese a necesidade de seguir investigando para promover unha introdución pedagóxica da alfabetización ambiental, comezando pola formación do profesorado.
A sustentabilidade figura como un dos elementos clave no currículo de Educación Primaria, o cal avoga pola a importancia de crear conciencia crítica sobre o impacto ambiental. Neste contexto sitúase este traballo de Fin de Mestrado que describe un proxecto de iniciación na investigación-acción dirixido a promover o uso dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) para traballar o Cambio Climático nas aulas de último ciclo de Educación Primaria nun centro educativo de carácter rural. Os resultados amosan as transformacións producidas nos coñecementos do alumnado tras o desenvolvemento da proposta. Á vista dos reultados prometedores, conclúese a necesidade de seguir investigando para promover unha introdución pedagóxica da alfabetización ambiental, comezando pola formación do profesorado.
Dirección
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Titoría)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Titoría)
Tribunal
Blanco Anaya, Paloma (Presidente/a)
ALBELLA MARTINEZ, JORGE (Secretario/a)
SALGADO SOMOZA, MARIA (Vogal)
Blanco Anaya, Paloma (Presidente/a)
ALBELLA MARTINEZ, JORGE (Secretario/a)
SALGADO SOMOZA, MARIA (Vogal)
Explorando a biodiversidade no patio escolar: unha proposta de indagación científica en 1º da ESO
Autoría
V.L.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
V.L.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
07.07.2025 10:00
07.07.2025 10:00
Resumo
A perda de biodiversidade é un dos grandes desafíos ambientais do noso tempo, e coñecer a biodiversidade local constitúe un paso esencial para concienciar sobre a súa conservación. Este Traballo de Fin de Máster céntrase no deseño e implementación dunha secuencia didáctica dirixida a alumnado de 1º de ESO, co obxectivo de mellorar a comprensión dos ecosistemas e da importancia da diversidade biolóxica. A proposta combinou actividades prácticas, indagación e unha saída de campo ao patio do centro para investigar a biodiversidade próxima. Participaron 64 estudantes dun centro público das aforas de Santiago de Compostela, con unha presenza significativa de alumnado con NEAE. A análise de datos, obtidos mediante cuestionarios, rúbricas, informes e unha enquisa final, permitiu constatar unha mellora nos coñecementos e capacidades do alumnado, así como un alto grao de satisfacción coa experiencia.

RODRIGUEZ GACIO, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
RODRIGUEZ GACIO, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
Tribunal
PUIG MAURIZ, BLANCA (Presidente/a)
GARCIA ANTELO, BEATRIZ (Secretario/a)
FERRADAS RIAL, YOLANDA (Vogal)
PUIG MAURIZ, BLANCA (Presidente/a)
GARCIA ANTELO, BEATRIZ (Secretario/a)
FERRADAS RIAL, YOLANDA (Vogal)
Recordos do final da URSS. O uso da memoria para a aprendizaxe do fin da Guerra Fría. Unha proposta de unidade didáctica para 4º da ESO.
Autoría
C.D.L.U.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
C.D.L.U.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
08.07.2025 18:00
08.07.2025 18:00
Resumo
O presente traballo consiste na proposta dunha unidade didáctica para a materia de Xeografía e Historia do cuarto curso de educación secundaria. Algúns pensadores puxeron punto e final á Historia coa fin da Guerra Fría. Porén o tempo volveu arrancar os motores da dita disciplina e son moitos os que volven a repensar o pasado recente como o fin da Guerra Fría. Neste contexto o interese polo período do enfrontamento dos bloques, capitalista e socialista, volve a ter interese para a sociedade e é aquí onde se sitúa a presente proposta. A unidade didáctica que aquí desenvolvemos une o factor da memoria e as emocións individuais co temario da Disolución da Unión Soviética, permitindo que o alumno non só se aproxime a unha das raíces da situación xeopolítica actual, senón que sexa capaz de humanizar a Historia e comprender a súa dimensión emocional e individual. A distancia xeográfica e cultural para o alumnado con respecto ó espazo a tratar non é un impedimento, senón unha vantaxe da propia proposta, dado a distancia permite ao alumnado ver que o pasado ten moitas caras e miradas.
O presente traballo consiste na proposta dunha unidade didáctica para a materia de Xeografía e Historia do cuarto curso de educación secundaria. Algúns pensadores puxeron punto e final á Historia coa fin da Guerra Fría. Porén o tempo volveu arrancar os motores da dita disciplina e son moitos os que volven a repensar o pasado recente como o fin da Guerra Fría. Neste contexto o interese polo período do enfrontamento dos bloques, capitalista e socialista, volve a ter interese para a sociedade e é aquí onde se sitúa a presente proposta. A unidade didáctica que aquí desenvolvemos une o factor da memoria e as emocións individuais co temario da Disolución da Unión Soviética, permitindo que o alumno non só se aproxime a unha das raíces da situación xeopolítica actual, senón que sexa capaz de humanizar a Historia e comprender a súa dimensión emocional e individual. A distancia xeográfica e cultural para o alumnado con respecto ó espazo a tratar non é un impedimento, senón unha vantaxe da propia proposta, dado a distancia permite ao alumnado ver que o pasado ten moitas caras e miradas.
Dirección
VARGAS CALLEJAS, GERMAN (Titoría)
VARGAS CALLEJAS, GERMAN (Titoría)
Tribunal
GARCIA ANTELO, BEATRIZ (Presidente/a)
PIÑEIRA MANTIÑAN, MARIA JOSE (Secretario/a)
LOPEZ MONDEJAR, MARIA LETICIA (Vogal)
GARCIA ANTELO, BEATRIZ (Presidente/a)
PIÑEIRA MANTIÑAN, MARIA JOSE (Secretario/a)
LOPEZ MONDEJAR, MARIA LETICIA (Vogal)
Escoitando os berros do pasado. Historia social e memoria democrática no tratamento educativo do franquismo. Unha proposta de intervención educativa para 4º da ESO
Autoría
M.L.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
M.L.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
09.09.2025 17:00
09.09.2025 17:00
Resumo
O presente traballo desenvolve unha proposta de intervención educativa para a materia de Xeografía e Historia, centrada en 4º da ESO. Se ben, correspóndese cun curso onde se recolle de forma moi ampla a historia contemporánea, en canto ao marco curricular, aínda existen algunhas leccións e temáticas que quedan esquecidas ao non contar coa mesma consideración. A través do seguinte traballo, búscase poñer o foco en contidos moi relevantes, relacionados coa memoria democrática e o tratamento da historia social baixo o franquismo, intentado escapar dun relato centrado no político-militar, como adoita acontecer. A proposta de intervención educativa: Escoitando os berros do pasado. Historia social e memoria democrática no tratamento educativo do franquismo, ten como obxectivo principal levar ás aulas unha nova visión da ditadura franquista centrada en aspectos como a represión aos civís ou a vida cotiá baixo o réxime. Abordar estes aspectos nas aulas supón un exercicio de memoria e compromiso cidadán, onde alumando coñeza a realidade dun período histórico clave para comprender as raíces dalgúns dos debates actuais e fomentar unha mirada crítica en canto ás realidades que habitan.
O presente traballo desenvolve unha proposta de intervención educativa para a materia de Xeografía e Historia, centrada en 4º da ESO. Se ben, correspóndese cun curso onde se recolle de forma moi ampla a historia contemporánea, en canto ao marco curricular, aínda existen algunhas leccións e temáticas que quedan esquecidas ao non contar coa mesma consideración. A través do seguinte traballo, búscase poñer o foco en contidos moi relevantes, relacionados coa memoria democrática e o tratamento da historia social baixo o franquismo, intentado escapar dun relato centrado no político-militar, como adoita acontecer. A proposta de intervención educativa: Escoitando os berros do pasado. Historia social e memoria democrática no tratamento educativo do franquismo, ten como obxectivo principal levar ás aulas unha nova visión da ditadura franquista centrada en aspectos como a represión aos civís ou a vida cotiá baixo o réxime. Abordar estes aspectos nas aulas supón un exercicio de memoria e compromiso cidadán, onde alumando coñeza a realidade dun período histórico clave para comprender as raíces dalgúns dos debates actuais e fomentar unha mirada crítica en canto ás realidades que habitan.
Dirección
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Titoría)
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Titoría)
Tribunal
PASTORIZA ROZAS, JOSE LUIS (Presidente/a)
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Secretario/a)
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA (Vogal)
PASTORIZA ROZAS, JOSE LUIS (Presidente/a)
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Secretario/a)
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA (Vogal)
Rompendo o silencio das oprimidas: unha proposta de intervención para mulleres vítimas de violencia de xénero baseada no Teatro do Oprimido.
Autoría
I.L.R.
Máster Universitario en Igualdade, Xénero e Educación
I.L.R.
Máster Universitario en Igualdade, Xénero e Educación
Data da defensa
14.02.2025 12:15
14.02.2025 12:15
Resumo
A presente proposta de intervención xorde ante a necesidade de acompañar ás mulleres vítimas da violencia de xénero, un colectivo que enfronta graves consecuencias físicas, psicolóxicas e sociais derivadas das desigualdades estruturais. A proposta de intervención: “Rompendo o silencio das oprimidas”, ten como obxectivo facilitar e promover o proceso de empoderamento e de recuperación destas mulleres mediante o uso do Teatro do Oprimido como ferramenta de visibilización e de superación. A intervención está dirixida mulleres ourensás maiores de 18 anos que foron vítimas de violencia de xénero. Mediante unha metodoloxía participativa, deseñáronse unha serie de sesións que empregan dinámicas e técnicas teatrais, entre elas do Teatro do Oprimido, co fin de abordar temas como o poder, a violencia, a xestión de emocións, a autoestima, as estratexias de superación e o empoderamento. Estas actividades permiten ás participantes explorar as temáticas a través da expresión corporal, reflexionar sobre as súas vivencias e construír lazos colectivos. O proceso culmina co deseño e representación dunha performance colectiva que simboliza a ruptura do silencio e o empoderamento feminino. A través desta intervención, espérase como resultado visibilizar as vivencias das participantes, así como promover a creación dunha rede de apoio e contribuír á súa recuperación integral. Deste xeito, o teatro convértese nun medio de denuncia e transformación social, capaz de xerar un impacto tanto nas participantes como na sociedade.

GARCIA MARIN, JORGE (Secretario/a)
ANTELO MARTELO, MONICA (Vogal)
GOMEZ VAZQUEZ, BEGOÑA (Presidente/a)
GARCIA MARIN, JORGE (Secretario/a)
ANTELO MARTELO, MONICA (Vogal)
Autismo e educación: Evolución dende a súa definición ata os nosos días
Autoría
M.L.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
M.L.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
08.07.2025 09:00
08.07.2025 09:00
Resumo
O autismo é unha patoloxía que afecta ás habilidades sociais, á comunicación e á forma en que as persoas con ela ven ó mundo. Por tal motivo, na educación, é unha cuestión importante a ter en conta, xa que as maneiras de ensinar ós alumnos e alumnas deben adaptarse ás súas necesidades. O obxectivo deste traballo será estudar a historia do autismo no sistema educativo, dende o seu descubrimento, a comezos do século XX, ata os nosos días. Expoñeranse varias teorías que se estableceron sobre esta patoloxía e os posibles tratamentos que se barallaron para poder tratar ás persoas afectadas na educación e os principais investigadores. Tamén se explicarán as medidas lexislativas respecto a este tema, poñendo especialmente o foco na atención educativa do alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato. Con todo, os resultados obtidos mediante unha revisión teórica de bibliografía netamente académica permite concluír que na actualidade, a pesar das dificultades existentes, unha gran parte do alumnado con trastorno do espectro autista pode acceder á formación educativa que lle corresponde, sempre e cando se lle ofrezan os recursos e apoios necesarios.

As Escolas Comunitarias en Senegal: Unha análise da escola comunitaria de Sinthiou Diamé
Autoría
D.L.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
D.L.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
17.07.2025 11:30
17.07.2025 11:30
Resumo
As escolas comunitarias constitúen experiencias que buscan unha transformación educativa e social, mediante unha educación crítica, creativa, que fomente a resolución de problemas e que promova a adquisición de coñecementos básicos, tanto individuais como colectivos. O seu papel non se limita unicamente a mellorar o acceso e a calidade educativa, senón que tamén permite ás comunidades aplicar estes coñecementos adquiridos na súa vida cotiá co-mo actores e non como simples beneficiarios. O estudo que se presenta ten como obxectivo xeral analizar desde diversas perspectivas as escolas comunitarias do Senegal en xeral e, en particular, o funcionamento, os desafíos e as contribucións da Escola Comunitaria Sinthiou Diamé, co fin de comprender o seu papel no acceso á educación básica, a súa vinculación coa comunidade local e a súa importancia co-mo modelo alternativo en contextos rurais e vulnerables. Para a realización desta análise, un estudo de caso, baseámonos nun enfoque cualitativo con un paradigma interpretativo, baseado na análise de documentación institucional, informes de ONGs e estudos académicos. Para garantir a validez da análise, empregamos a técnica da triangulación de fontes e unha análise de contido temático. Esta análise permitiu evidenciar a importancia da participación comunitaria no funciona-mento das escolas comunitarias, así como os desafíos e limitacións que enfrontan para a súa sustentabilidade. Tamén mostra o impacto da escola comunitaria na comunidade local, re-presentando unha alternativa fundamental naquelas zonas rurais e suburbanas onde aínda existen fendas na equidade educativa dentro do sistema senegalés.

Evolución e Representación: Análise da Imaxe Feminina no Cinema Chinés Contemporáneo (2000-2024)
Autoría
P.L.
Máster Universitario en Igualdade, Xénero e Educación
P.L.
Máster Universitario en Igualdade, Xénero e Educación
Data da defensa
14.02.2025 11:30
14.02.2025 11:30
Resumo
O cinema é unha ferramenta importante para expresar a conciencia social, e o estudo da imaxe da muller no cinema ten un valor teórico de referencia non só para entender a configuración da imaxe da muller, senón tamén para a creación de futuras películas. O cine chinés, e o uso que fai da imaxe da muller, proxecta unha serie de valores que reflexan a traxectoria de desenvolvemento da sociedade chinesa. Mediante a análise dos papeis femininos prototípicos, nunha serie de películas chinesas seleccionadas da produción cinematográfica do 2000 ao 2024, resúmense as características da imaxe feminina no cine chinés dos últimos 25 anos que inclúen aspectos tan destacados como: a evolución da imaxe feminina no seo da familia, a identidade e expresión da muller como individuo, e os papeis e relacións sociais da muller. Neste traballo fin de mestrado preténdese dar conta da evolución e da configuración da imaxe feminina no cine chinés dos últimos 25 anos; esta análise abordarase desde tres ángulos diferenciados: a familia, o individuo e a sociedade.

Sampedro Vizcaya, María José (Titoría)
Sampedro Vizcaya, María José (Titoría)
Tribunal
GOMEZ VAZQUEZ, BEGOÑA (Presidente/a)
GARCIA MARIN, JORGE (Secretario/a)
ANTELO MARTELO, MONICA (Vogal)
GOMEZ VAZQUEZ, BEGOÑA (Presidente/a)
GARCIA MARIN, JORGE (Secretario/a)
ANTELO MARTELO, MONICA (Vogal)
Mitos relixiosos na lexitimación do franquismo: pasados traumáticos para fomentar o pensamento crítico
Autoría
J.M.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
J.M.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
09.07.2025 17:00
09.07.2025 17:00
Resumo
O presente traballo ten como obxectivo o deseño, aplicación e análise dos resultados dunha situación de aprendizaxe que aborda o pasado traumático español -a Guerra Civil e o franquismo- a través da relixión como elemento vertebrador. A proposta didáctica, pensada para a materia de Historia de España en 2º de Bacharelato, busca fomentar o pensamento crítico a través do tratamento de temas controvertidos como a relixión, a violencia e a represión, empregando os mitos relixiosos como fío condutor para conectar estas cuestións e vinculalas coa realidade cotiá do alumnado. Para iso, introdúcense metodoloxías activas baseadas na creación de pensamento eficaz, no traballo cooperativo e na aprendizaxe significativa. Os resultados obtidos evidencian que este enfoque estimula o interese do alumnado, permítelle pór en valor o coñecemento histórico e potencia a súa capacidade para analizar o presente.

SOUTO BLANCO, MARIA JESUS (Titoría)
SOUTO BLANCO, MARIA JESUS (Titoría)
Tribunal
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Presidente/a)
ALVAREZ SEOANE, CARMEN DENEBOLA (Secretario/a)
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Vogal)

Repensando a aula: deseño e transformación dos espazos educativos desde a teoría do terceiro educador
Autoría
L.M.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
L.M.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
Data da defensa
11.07.2025 20:00
11.07.2025 20:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Mestrado aborda o papel do espazo como ferramenta pedagóxica activa e fundamental nos procesos de ensino-aprendizaxe desde a perspectiva do “terceiro educador”. Mediante un enfoque multidisciplinar que combina pedagoxía, deseño e arquitectura, estúdanse os factores que condicionan o benestar e o rendemento do alumnado, á vez que se formula a necesidade de transformar a escola tradicional nunha escola máis innovadora, aberta e funcional. O traballo articúlase a través dunha intervención didáctica co alumnado de 1º da ESO dun centro de secundaria na materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual. Aplicando metodoloxías como o Design Thinking ou a Aprendizaxe Baseada en Proxectos (ABP), procúrase que os e as estudantes reflexionen sobre a súa aula, fomentando a creatividade, o traballo en equipo e a participación na transformación do espazo educativo. A proposta, aprobada polo Comité de Ética da USC, reivindica o dereito do alumnado a habitar espazos máis humanos e inclusivos, acordes cunha educación propia do século XXI.

CORTIZAS VARELA, OLALLA (Titoría)
DIAZ SEOANE, ANGELES Cotitoría
CORTIZAS VARELA, OLALLA (Titoría)
DIAZ SEOANE, ANGELES Cotitoría
Tribunal
GILLANDERS , CAROL JEAN (Presidente/a)
Clavero Ibañez de Garayo, Sergio (Secretario/a)
Trigo Martínez, Cristina (Vogal)
GILLANDERS , CAROL JEAN (Presidente/a)
Clavero Ibañez de Garayo, Sergio (Secretario/a)
Trigo Martínez, Cristina (Vogal)
O tratamento curricular de Gustavo Adolfo Bécquer e Rosalía de Castro nas propostas didácticas de Lingua Castelá e Literatura de E-Dixgal
Autoría
M.M.L.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
M.M.L.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
10.07.2025 19:00
10.07.2025 19:00
Resumo
Este traballo parte do vínculo esencial entre a Didáctica da Literatura e as súas bases epistemolóxicas, así como da consideración do tratamento curricular das figuras autoriais como estratexia de memorialización do pasado literario, para realizar unha aproximación ao rumbo que toma esta disciplina no século XXI, habida conta dos seus antecedentes dende a historiografía literaria decimonónica. Para iso, realizarase unha análise do tratamento curricular de dúas figuras centrais do Romanticismo español, Gustavo Adolfo Bécquer e Rosalía de Castro, nas propostas didácticas de E-Dixgal, a opción de ensinanza dixital promovida pola Xunta de Galicia que ocupa, actualmente, o centro dos debates de educación literaria nesta comunidade autónoma.

GARBAYO MONTABES, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
NOGUEIRA PEREIRA, MARIA XESUS (Vogal)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Presidente/a)
GARBAYO MONTABES, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
NOGUEIRA PEREIRA, MARIA XESUS (Vogal)
Teoría da Arte: O potencial pedagóxico da arte para aprender dos contextos históricos e sociais
Autoría
A.M.T.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
A.M.T.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
Data da defensa
11.07.2025 10:00
11.07.2025 10:00
Resumo
O presente traballo explora o potencial da arte como ferramenta pedagóxica no ensino da historia e dos contextos sociais, a través de diversas perspectivas. Analízase como a Teoría da Arte permite unha comprensión máis profunda e crítica da realidade, fomentando o pensamento autónomo e a reflexión do alumnado. A integración da arte nas aulas, dende unha investigación máis profunda, contribúe á formación dunha cidadanía consciente, comprometida e respectuosa coa diversidade, favorecendo que o ensino sexa un proceso máis significativo e transformador.
O presente traballo explora o potencial da arte como ferramenta pedagóxica no ensino da historia e dos contextos sociais, a través de diversas perspectivas. Analízase como a Teoría da Arte permite unha comprensión máis profunda e crítica da realidade, fomentando o pensamento autónomo e a reflexión do alumnado. A integración da arte nas aulas, dende unha investigación máis profunda, contribúe á formación dunha cidadanía consciente, comprometida e respectuosa coa diversidade, favorecendo que o ensino sexa un proceso máis significativo e transformador.
Dirección
GARCIA SOTO, LUIS MODESTO (Titoría)
GARCIA SOTO, LUIS MODESTO (Titoría)
Tribunal
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
DIAZ SEOANE, ANGELES (Secretario/a)
CAPELAN FERNANDEZ, MONTSERRAT (Vogal)
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
DIAZ SEOANE, ANGELES (Secretario/a)
CAPELAN FERNANDEZ, MONTSERRAT (Vogal)
Prostitución na cidade: unha análise sociolóxica a través do caso de Vigo
Autoría
A.M.C.
Máster Universitario en Igualdade, Xénero e Educación
A.M.C.
Máster Universitario en Igualdade, Xénero e Educación
Data da defensa
27.06.2025 10:00
27.06.2025 10:00
Resumo
O presente traballo presenta unha análise sociolóxica da prostitución na cidade, concretamente no caso de Vigo. Abórdase a prostitución como un sistema estrutural atravesado polo patriarcado e o neoliberalismo dende o ámbito espacial. O obxectivo principal é analizar a evolución dos espazos prostitucionais en tres períodos clave: o predominio da prostitución na rúa (de 1963 a1994), o auxe dos clubs de alterne tras a reforma legal de 1995 (de 1995 a 2018) e a progresiva dixitalización e deslocalización do fenómeno tras a pandemia da COVID-19 (de 2019 a actualidade). A metodoloxía baséase no uso de distintas fontes de información e na elaboración de mapas a través destas. Os resultados evidencian un proceso de invisibilización, fragmentación espacial e transformación das dinámicas prostitucionais en relación con fenómenos urbanos como a xentrificación ou a criminalización do espazo público. Conclúese que o modelo actual de prostitución, cada vez máis privatizado e dixitalizado, dificulta a súa detección e intervención institucional, ao tempo que reforza as desigualdades de poder entre homes e mulleres, o que permite que a prostitución siga tendo un peso importante na configuración social da cidade.
O presente traballo presenta unha análise sociolóxica da prostitución na cidade, concretamente no caso de Vigo. Abórdase a prostitución como un sistema estrutural atravesado polo patriarcado e o neoliberalismo dende o ámbito espacial. O obxectivo principal é analizar a evolución dos espazos prostitucionais en tres períodos clave: o predominio da prostitución na rúa (de 1963 a1994), o auxe dos clubs de alterne tras a reforma legal de 1995 (de 1995 a 2018) e a progresiva dixitalización e deslocalización do fenómeno tras a pandemia da COVID-19 (de 2019 a actualidade). A metodoloxía baséase no uso de distintas fontes de información e na elaboración de mapas a través destas. Os resultados evidencian un proceso de invisibilización, fragmentación espacial e transformación das dinámicas prostitucionais en relación con fenómenos urbanos como a xentrificación ou a criminalización do espazo público. Conclúese que o modelo actual de prostitución, cada vez máis privatizado e dixitalizado, dificulta a súa detección e intervención institucional, ao tempo que reforza as desigualdades de poder entre homes e mulleres, o que permite que a prostitución siga tendo un peso importante na configuración social da cidade.
Dirección
PIÑEIRO ANTELO, MARIA DE LOS ANGELES (Titoría)
PIÑEIRO ANTELO, MARIA DE LOS ANGELES (Titoría)
Tribunal
GOMEZ VAZQUEZ, BEGOÑA (Presidente/a)
LABORA GONZALEZ, JUAN JOSE (Secretario/a)
Sampedro Vizcaya, María José (Vogal)
GOMEZ VAZQUEZ, BEGOÑA (Presidente/a)
LABORA GONZALEZ, JUAN JOSE (Secretario/a)
Sampedro Vizcaya, María José (Vogal)
Análise socio-histórica da representación das mulleres nos videoxogos ao longo do século XXI
Autoría
C.M.F.
Máster Universitario en Igualdade, Xénero e Educación
C.M.F.
Máster Universitario en Igualdade, Xénero e Educación
Data da defensa
14.02.2025 10:45
14.02.2025 10:45
Resumo
Neste Traballo de Fin de Master (TFM) será realizada unha revisión bibliográfica de artigos académicos relativos á representación das mulleres nos videoxogos publicados no século XXI, de forma que será posible atopar similitudes entre os personaxes creados e estudar as tendencias e estereotipos que figuran nos mesmos, así como o realismo á hora de deseñar aos personaxes. Da mesma maneira, os artigos serán divididos por décadas á hora de realizar a análise, pois desta maneira será posible estudar a evolución histórica dunha maneira crítica, comparando os puntos comúns e discordantes entre varias autoras, así coma analizando as ideas clave dos traballos seleccionados por cada década.
Neste Traballo de Fin de Master (TFM) será realizada unha revisión bibliográfica de artigos académicos relativos á representación das mulleres nos videoxogos publicados no século XXI, de forma que será posible atopar similitudes entre os personaxes creados e estudar as tendencias e estereotipos que figuran nos mesmos, así como o realismo á hora de deseñar aos personaxes. Da mesma maneira, os artigos serán divididos por décadas á hora de realizar a análise, pois desta maneira será posible estudar a evolución histórica dunha maneira crítica, comparando os puntos comúns e discordantes entre varias autoras, así coma analizando as ideas clave dos traballos seleccionados por cada década.
Dirección
GARCIA MARIN, JORGE (Titoría)
GARCIA MARIN, JORGE (Titoría)
Tribunal
DIZ OTERO, ISABEL (Presidente/a)
VILLALBA SANCHEZ, ALICIA (Secretario/a)
AÑON LOUREIRO, LORENA (Vogal)
DIZ OTERO, ISABEL (Presidente/a)
VILLALBA SANCHEZ, ALICIA (Secretario/a)
AÑON LOUREIRO, LORENA (Vogal)
Análise da figura docente a través de dúas sagas infantís: El diario de Greg e El diario de Nikki
Autoría
I.M.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
I.M.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
08.07.2025 19:00
08.07.2025 19:00
Resumo
O obxectivo deste traballo é o estudo das competencias profesionais docentes a través dunha análise da figura do profesorado en dúas sagas infanto-xuvenís: El diario de Greg e El diario de Nikki. Esta elección se xustifica pola importancia que teñen o ámbito escolar nestas dúas obras e porque permite o acceso a experiencias dende un narrador en primeira persoa, o que implica unha maior proximidade a devanditas vivencias. Estes protagonistas atópanse na etapa do instituto, polo que entroncan de maneira directa coa formación proporcionada no Máster de Profesorado. A análise destas figuras estará guiada polas competencias docentes que figuran tanto no referencial de Perrenoud (2004) e no Informe Final con la Propuesta de Marco de Competencias Profesionales Docentes (2023). Así, se pretende facer unha indagación dende a literatura sobre as prácticas docentes e as demandas que sobre esta existen, aprendendo tanto dos acertos como dos erros.
O obxectivo deste traballo é o estudo das competencias profesionais docentes a través dunha análise da figura do profesorado en dúas sagas infanto-xuvenís: El diario de Greg e El diario de Nikki. Esta elección se xustifica pola importancia que teñen o ámbito escolar nestas dúas obras e porque permite o acceso a experiencias dende un narrador en primeira persoa, o que implica unha maior proximidade a devanditas vivencias. Estes protagonistas atópanse na etapa do instituto, polo que entroncan de maneira directa coa formación proporcionada no Máster de Profesorado. A análise destas figuras estará guiada polas competencias docentes que figuran tanto no referencial de Perrenoud (2004) e no Informe Final con la Propuesta de Marco de Competencias Profesionales Docentes (2023). Así, se pretende facer unha indagación dende a literatura sobre as prácticas docentes e as demandas que sobre esta existen, aprendendo tanto dos acertos como dos erros.
Dirección
TRILLO ALONSO, JOSE FELIPE (Titoría)
TRILLO ALONSO, JOSE FELIPE (Titoría)
Tribunal
REQUEIXO CUBA, ARMANDO (Presidente/a)
HERMIDA GULÍAS, MARÍA DO CARME (Secretario/a)
FERNANDEZ VAZQUEZ, MARIA DEL MAR (Vogal)
REQUEIXO CUBA, ARMANDO (Presidente/a)
HERMIDA GULÍAS, MARÍA DO CARME (Secretario/a)
FERNANDEZ VAZQUEZ, MARIA DEL MAR (Vogal)
Save the drama for your mama? O emprego da dramatización e o seu aproveitamento didáctico na ensinanza do inglés coma lingua estranxeira (EFL)
Autoría
N.M.O.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
N.M.O.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
07.07.2025 13:30
07.07.2025 13:30
Resumo
O emprego da dramatización na ensinanza do inglés coma lingua estranxeira (EFL) pode ser especialmente útil, en particular no caso das aulas de educación secundaria. A través das técnicas dramáticas, o estudantado mellora a súa motivación e a súa fluidez, desenvolve a súa autoestima e estimula a súa creatividade. Amais, ao empregar a dramatización, conseguimos potenciar as destrezas orais e integrar de xeito natural as competencias lingüísticas e comunicativas, favorecendo ao tempo a participación activa dos estudantes. Ao longo deste traballo profundarase na definición de dramatización e contextualizarase, a través da revisión do currículo da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e do Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas (MCER), a utilización do xogo dramático nas aulas. Posteriormente, exploraranse os diferentes tipos de actividades dramáticas, así como as teorías que apoian o emprego desta metodoloxía no tempo de clase. Para rematar, faranse achegas orixinais, baseadas no enfoque comunicativo, en forma dunha proposta de actividades dramático-educativas para cada un dos diferentes cursos da ESO. Isto permitirá situar aos discentes no corazón do proceso de ensinanza-aprendizaxe e favorecer, deste xeito, una educación integral.

Aplicación dunha proposta de aprendizaxe basada en xogos sobre Cultura Oceánica nunha aula de ciencias.
Autoría
S.M.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
S.M.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
11.07.2025 12:30
11.07.2025 12:30
Resumo
Este Traballo Fin de Mestrado (TFM) presenta un estudo de caso en dúas aulas de 2º de Bacharelato de adultos nas que se desenvolveu unha proposta didáctica baseada na aprendizaxe en xogos para promover a Cultura Oceánica (CO). As preguntas de investigación son: 1. Cal é a capacidade do alumnado para definir e aplicar criterios que permitan clasificar especies mariñas nun xogo de cartas? 2. Como son os argumentos que selecciona o alumnado para defender un rol nun debate socio-científico relacionado coa CO e en que medida demostra pensamento crítico na súa elección? 3. Que capacidade ten o alumnado para identificar interaccións entre o ser humano e o océano nun xogo de cartas? A metodoloxía empregada é cualitativa e implicou a análise do contido dos informes, pósters e argumentos escritos, e a construcción de rúbricas en interacción cos datos. Os resultados amosan que o alumnado ten dificultades para aplicar criterios científicos para clasificar organismos mariños. Os argumentos seleccionados non aplican pensamento crítico e non sempre son coherentes co rol a adoptar. Finalmente, identifican máis interaccións negativas que positivas entre o ser humano e o océano.

Transición democrática e memoria histórica: deseño e avaliación dunha situación de aprendizaxe
Autoría
Z.M.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Z.M.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
09.07.2025 18:00
09.07.2025 18:00
Resumo
O traballo que segue presenta o deseño, desenvolvemento, parcial aplicación e avaliación de resultados dunha situación de aprendizaxe centrada na transición española e na recuperación da memoria histórica sobre este período. Tras unha investigación sobre as principais correntes historiográficas de interpretación, idéase a proposta partindo das carencias e necesidades que se observan na literatura didáctica e na lexislación educativa, cun enfoque local, de metodoloxía activa e centrado na historia social, co obxectivo de que o alumnado perciba o presente como un derivado problemático dun pasado tamén conflitivo. Compróbase, asemade, que transición e memoria son contidos pertinentes na aula de bacharelato, con potencial enriquecedor na súa aplicación práctica para contribuír á comprensión crítica dos fenómenos pasados e presentes e á formación en cidadanía democrática.
O traballo que segue presenta o deseño, desenvolvemento, parcial aplicación e avaliación de resultados dunha situación de aprendizaxe centrada na transición española e na recuperación da memoria histórica sobre este período. Tras unha investigación sobre as principais correntes historiográficas de interpretación, idéase a proposta partindo das carencias e necesidades que se observan na literatura didáctica e na lexislación educativa, cun enfoque local, de metodoloxía activa e centrado na historia social, co obxectivo de que o alumnado perciba o presente como un derivado problemático dun pasado tamén conflitivo. Compróbase, asemade, que transición e memoria son contidos pertinentes na aula de bacharelato, con potencial enriquecedor na súa aplicación práctica para contribuír á comprensión crítica dos fenómenos pasados e presentes e á formación en cidadanía democrática.
Dirección
SANJUAN ROCA, MARIA DEL MAR (Titoría)
SANJUAN ROCA, MARIA DEL MAR (Titoría)
Tribunal
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Presidente/a)
ALVAREZ SEOANE, CARMEN DENEBOLA (Secretario/a)
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Vogal)
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Presidente/a)
ALVAREZ SEOANE, CARMEN DENEBOLA (Secretario/a)
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Vogal)
DUA nas aulas de Educación Primaria: a mirada do profesorado.
Autoría
A.M.R.
Máster Universitario en Procesos de Formación
A.M.R.
Máster Universitario en Procesos de Formación
Data da defensa
09.07.2025 10:00
09.07.2025 10:00
Resumo
O presente Traballo Fin de Máster ten como obxectivo principal analizar a percepción do profesorado de Educación Primaria sobre o Deseño Universal para a Aprendizaxe (DUA), así como o seu nivel de coñecemento, formación e grao de aplicación. A investigación parte do interese por coñecer ata que punto este enfoque inclusivo, presente na lexislación educativa, está a ser realmente incorporado nas aulas. Para iso, empregouse unha metodoloxía cuantitativa de tipo descritivo-comparativo. Para a recollida de datos utilizouse un cuestionario validado previamente, dirixido a docentes en activo, recompilando información sobre variables persoais e profesionais, coñecemento e formación en DUA, así como sobre a súa implementación práctica. A mostra está integrada por 181 docentes de diferentes provincias galegas. Os resultados revelan que, aínda que existe un coñecemento xeral sobre o DUA, a súa aplicación práctica non está do todo consolidada. Ademais, identificáronse diferenzas significativas na percepción e a práctica do DUA en función de variables como a formación recibida, o coñecemento previo e os anos de experiencia. Estes achados resaltan a necesidade de reforzar a capacitación do profesorado en enfoques inclusivos que garantan unha resposta educativa eficaz á diversidade do alumnado.

REGUEIRO FERNANDEZ, BIBIANA (Titoría)
REGUEIRO FERNANDEZ, BIBIANA (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ REY, ELENA (Presidente/a)
Couce Santalla, Ana Isabel (Secretario/a)
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Vogal)
FERNANDEZ REY, ELENA (Presidente/a)
Couce Santalla, Ana Isabel (Secretario/a)
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Vogal)
O impacto da musicoterapia en alumnado con Trastorno do Espectro do Autismo.
Autoría
A.M.G.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
A.M.G.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Data da defensa
16.07.2025 17:30
16.07.2025 17:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster céntrase na análise da eficacia da musicoterapia como ferramenta educativa e terapéutica para nenos e nenas con Trastorno do Espectro Autista (TEA). A través dunha revisión sistemática de 18 estudos científicos recentes recollidos da base de datos de SCOPUS, e coa súa análise a partir de categorías e subcategorías deseñadas para a mesma, identifícanse melloras significativas nas áreas da comunicación, da interacción social, da regulación emocional e das habilidades cognitivas, así como outros aspectos importantes a analizar. Utilizáronse métodos cualitativos, cuantitativos e mixtos, destacando o uso de ensaios controlados aleatorizados (ECA), dos cales resultaron o efecto positivo da aplicación da musicoterapia tanto en contextos escolares como clínicos, destacando á súa vez o seu valor como intervención inclusiva. A musicoterapia preséntase entón como unha estratexia eficaz e motivadora que favorece o desenvolvemento integral do alumnado con TEA.

DIZ OTERO, MARIO (Titoría)
DIZ OTERO, MARIO (Titoría)
Tribunal
FRANCO VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
LOPEZ CARRETERO, XOSÉ MARÍA (Secretario/a)
LOPEZ MONDEJAR, MARIA LETICIA (Vogal)
FRANCO VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
LOPEZ CARRETERO, XOSÉ MARÍA (Secretario/a)
LOPEZ MONDEJAR, MARIA LETICIA (Vogal)
A Rede Municipal de Hortas Urbanas de Santiago de Compostela: Fortalezas e necesidades desde a perspectiva dos seus participantes.
Autoría
L.A.M.S.
Máster Universitario en Procesos de Formación
L.A.M.S.
Máster Universitario en Procesos de Formación
Data da defensa
09.09.2025 17:00
09.09.2025 17:00
Resumo
Este estudo de caso cualitativo examina a Rede Municipal de Hortas Urbanas de Santiago de Compostela, coa intención principal de ampliar a comprensión das necesidades de formación dos seus usuarios a través da análise das perspectivas dos usuarios, identificando as necesidades de formación en xeral e particularmente en prácticas agroecolóxicas e xestión comunitaria. A investigación busca identificar las debilidades e o potencial da rede, co obxectivo final de proporcionar información valiosa para a toma de decisións futuras que contribúan a mellorar a xestión, a dimensión educativa socioambiental e a formación dos participantes. Metodoloxicamente, a investigación combina a revisión documental, as entrevistas semiestruturadas cos usuarios y as observacións participantes con rexistros fotográficos en espazos da rede, rexistrando hábitos, comportamentos e discursos. A combinación destas técnicas cualitativas permitiu unha comprensión integral do fenómeno. Os resultados revelan que a Rede Municipal de Hortas Urbanas proporciona un importante benestar persoal e social y proporciona un espazo con potencial educativo y ambiental. Identificáronse debilidades, incluíndo problemas de seguridade, falta de mantemento e infraestruturas, mala comunicación, abandono de parcelas por inexperiencia y coordinación comunitaria débil e informal. As necesidades prioritarias de formación inclúen prácticas agroecolóxicas, xestión comunitaria e aproveitamento do potencial socioeducativo y ambiental.

MARTINEZ PIÑEIRO, MARIA ESTHER (Titoría)
MARTINEZ PIÑEIRO, MARIA ESTHER (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ REY, ELENA (Presidente/a)
MOSTEIRO GARCIA, MARIA JOSEFA (Secretario/a)
FERNANDEZ MORANTE, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
FERNANDEZ REY, ELENA (Presidente/a)
MOSTEIRO GARCIA, MARIA JOSEFA (Secretario/a)
FERNANDEZ MORANTE, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
Traballo Fin de Máster: Proxecto educativo desde as pedagoxías críticas: aprendizaxe-servizo e investigación-acción participativa no ciclo de Animación Sociocultural e Turística
Autoría
I.M.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
I.M.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
Data da defensa
07.07.2025 17:00
07.07.2025 17:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster céntrase no deseño dun proxecto de innovación educativa para o módulo de Animación e Xestión Cultural do Ciclo Superior de Animación Sociocultural e Turística, mediante unha proposta baseada na combinación da aprendizaxe-servizo e da investigación-acción participativa. A intervención ten como obxectivo revalorizar o patrimonio cultural inmaterial galego desde unha perspectiva crítica e feminista, a través da colaboración coas integrantes dunha asociación de mulleres rurais. A metodoloxía fundaméntase nas pedagoxías críticas e busca desenvolver competencias profesionais, éticas e sociais no alumnado, aliñándose cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. A estrutura do traballo combina un marco teórico cun deseño práctico e contextualizado da intervención, promovendo a educación situada, o pensamento crítico e o compromiso social. O proxecto súmase ás iniciativas que pretenden demostrar a potencialidade transformadora da educación na Formación Profesional e ofrece unha resposta concreta para integrar a defensa do patrimonio cultural e a igualdade de xénero nos procesos de ensinanza-aprendizaxe.
Este Traballo de Fin de Máster céntrase no deseño dun proxecto de innovación educativa para o módulo de Animación e Xestión Cultural do Ciclo Superior de Animación Sociocultural e Turística, mediante unha proposta baseada na combinación da aprendizaxe-servizo e da investigación-acción participativa. A intervención ten como obxectivo revalorizar o patrimonio cultural inmaterial galego desde unha perspectiva crítica e feminista, a través da colaboración coas integrantes dunha asociación de mulleres rurais. A metodoloxía fundaméntase nas pedagoxías críticas e busca desenvolver competencias profesionais, éticas e sociais no alumnado, aliñándose cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. A estrutura do traballo combina un marco teórico cun deseño práctico e contextualizado da intervención, promovendo a educación situada, o pensamento crítico e o compromiso social. O proxecto súmase ás iniciativas que pretenden demostrar a potencialidade transformadora da educación na Formación Profesional e ofrece unha resposta concreta para integrar a defensa do patrimonio cultural e a igualdade de xénero nos procesos de ensinanza-aprendizaxe.
Dirección
GARCIA ANTELO, BEATRIZ (Titoría)
GARCIA ANTELO, BEATRIZ (Titoría)
Tribunal
VARELA PORTELA, CRISTINA (Presidente/a)
NIETO VIEITES, ANA (Secretario/a)
MARIÑO FERNANDEZ, RAQUEL (Vogal)
VARELA PORTELA, CRISTINA (Presidente/a)
NIETO VIEITES, ANA (Secretario/a)
MARIÑO FERNANDEZ, RAQUEL (Vogal)
A fotoelicitación como recurso didáctico en Bacharelato artístico: proposta creativa para a exploración emocional a través da linguaxe audiovisual
Autoría
S.M.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
S.M.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
Data da defensa
12.09.2025 11:00
12.09.2025 11:00
Resumo
O presente documento de Traballo Fin de Máster (TFM) recolle unha proposta didáctica centrada na técnica da foto-elicitación e orientada ao alumnado de 1º de Bacharelato de Artes que cursa a materia de Cultura Audiovisual. A idea nace da necesidade de incorporar distintas metodoloxías dentro das aulas, fundamentalmente daquelas que fomenten a implicación do alumnado, a alfabetización audiovisual, o pensamento crítico e o traballo emocional. A través do uso de imaxes como ferramenta de reflexión, o alumnado inicia un proceso de autoconocimiento que lle permite indagar nos seus propios pensamentos, recordos e perspectivas a través dunha produción audiovisual. Esta didáctica emprega recursos fotográficos, narrativos, e outros optativos como o son, dentro dun formato que pode variar entre o ensaio visual, a curtametraxe, o vídeo poético ou o documental, entre outros. A metodoloxía céntrase nun ensino cooperativo e creativo, vinculada co marco educativo da LOMLOE e o currículo autonómico actual, buscando desta maneira, mellorásea do sistema de aprendizaxe dos estudantes, así como das ferramentas que empregan os docentes no proceso educativo. Trátase de incluír novos métodos de traballo e ensino, como potenciais instrumentos de comunicación artística e narrativa. Todo iso, mediante a reflexión e a análise previa do impacto e uso do audiovisual dentro das aulas como medio de ensino.
O presente documento de Traballo Fin de Máster (TFM) recolle unha proposta didáctica centrada na técnica da foto-elicitación e orientada ao alumnado de 1º de Bacharelato de Artes que cursa a materia de Cultura Audiovisual. A idea nace da necesidade de incorporar distintas metodoloxías dentro das aulas, fundamentalmente daquelas que fomenten a implicación do alumnado, a alfabetización audiovisual, o pensamento crítico e o traballo emocional. A través do uso de imaxes como ferramenta de reflexión, o alumnado inicia un proceso de autoconocimiento que lle permite indagar nos seus propios pensamentos, recordos e perspectivas a través dunha produción audiovisual. Esta didáctica emprega recursos fotográficos, narrativos, e outros optativos como o son, dentro dun formato que pode variar entre o ensaio visual, a curtametraxe, o vídeo poético ou o documental, entre outros. A metodoloxía céntrase nun ensino cooperativo e creativo, vinculada co marco educativo da LOMLOE e o currículo autonómico actual, buscando desta maneira, mellorásea do sistema de aprendizaxe dos estudantes, así como das ferramentas que empregan os docentes no proceso educativo. Trátase de incluír novos métodos de traballo e ensino, como potenciais instrumentos de comunicación artística e narrativa. Todo iso, mediante a reflexión e a análise previa do impacto e uso do audiovisual dentro das aulas como medio de ensino.
Dirección
DIAZ SEOANE, ANGELES (Titoría)
CORTIZAS VARELA, OLALLA Cotitoría
DIAZ SEOANE, ANGELES (Titoría)
CORTIZAS VARELA, OLALLA Cotitoría
Tribunal
GILLANDERS , CAROL JEAN (Presidente/a)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Secretario/a)
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
GILLANDERS , CAROL JEAN (Presidente/a)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Secretario/a)
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
Aprendizaxe Baseada en Proxectos e uso das TIC como ferramentas proafectivas nas Matemáticas
Autoría
M.N.J.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
M.N.J.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
10.07.2025 10:00
10.07.2025 10:00
Resumo
Este traballo ten como obxectivo a presentación e desenvolvemento dunha proposta didáctica para 4º de ESO abordando contidos de Matemáticas a través da metodoloxía ABPj, do uso das TIC, mediante o software R, e cunha visión proafectiva. A proposta consiste nunha unidade didáctica que abarca principalmente o bloque de Sentido Estocástico, así denominado no currículo, e tamén o bloque de Sentido Socioafectivo. Con dita UD preténdese que o alumnado comprenda as etapas dun estudo estatístico e as saiba levar a cabo razoando, sabendo comunicarse adecuadamente e utilizando o pensamento crítico. Expórase en primeiro lugar un marco teórico para situar a posición da Didáctica das Matemáticas de cara as dificultades que nela se encontran, a xestión do dominio afectivo e distintas metodoloxías activas empregadas para reducir ditas dificultades, destacando o uso de ferramentas TIC e o ABPj. Posteriormente presentarase o desenvolvemento da UD deseñada e, por último, valorarase o éxito desta en función dos resultados obtidos mediante diferentes instrumentos de avaliación e enquisas realizadas polo alumnado.

CASTIÑEIRA VEIGA, GONZALO (Titoría)
CASTIÑEIRA VEIGA, GONZALO (Titoría)
Tribunal
Diz Pita, Érika (Coordinador)
ALONSO TARRIO, LEOVIGILDO (Presidente/a)
CORTIZAS VARELA, OLALLA (Vogal)
Diz Pita, Érika (Coordinador)
ALONSO TARRIO, LEOVIGILDO (Presidente/a)
CORTIZAS VARELA, OLALLA (Vogal)
Hablamos diferente: o español de Galicia no currículo educativo galego
Autoría
A.N.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
A.N.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
10.07.2025 09:00
10.07.2025 09:00
Resumo
Este traballo ten o propósito principal de analizar, desde un punto de vista documental, a situación de discriminación lingüística que sofre a variedade sintópica do español ou castelán en Galicia no currículo educativo en materia de contidos, corrección lingüística e avaliación na materia de Lingua Castelá e Literatura ao longo da Educación Secundaria Obrigatoria e o Bacharelato. Deste xeito, o traballo tenta achegarse á delimitación descritiva e sociolingüística do español de Galicia como variedade sintópica e ao feito de se tratar dunha variedade discriminada no rexistro formal escrito sen ter en conta a súa funcionalidade como sistema lingüístico autónomo. Para iso, revísase o currículo educativo galego para analizar non só a situación do español de Galicia, senón tamén para nos aproximarmos ao tratamento da diversidade lingüística. Tamén se atende aos criterios de avaliación no propio currículo e na PAU (2025) e ás consecuencias que esta situación xera na conciencia lingüística dos falantes.

BOURGOIN VERGONDY, EMMANUEL CLAUDE (Secretario/a)
LOPEZ GOMEZ, SILVIA (Vogal)

Xénero, memoria histórica e franquismo: proposta didáctica para a restauración democrática na ESO
Autoría
M.N.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
M.N.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
09.07.2025 19:00
09.07.2025 19:00
Resumo
O presente traballo aborda a formulación, desenvolvemento, aplicación e avaliación dunha proposta didáctica dirixida ao alumnado de 4º da ESO. Esta céntrase na memoria democrática das mulleres durante o franquismo, prestando especial atención ao Padroado de Protección á Muller como institución represiva clave. A través da aprendizaxe cooperativa, a aprendizaxe baseada en proxectos, o uso do debate e a análise de fontes históricas, búscase fomentar a adquisición de valores democráticos e a concienciación en materia de igualdade de xénero entre o alumnado, contribuíndo así ao desenvolvemento do pensamento crítico.

ARMAS CASTRO, JOSE ANGEL (Titoría)
ARMAS CASTRO, JOSE ANGEL (Titoría)
Tribunal
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Presidente/a)
ALVAREZ SEOANE, CARMEN DENEBOLA (Secretario/a)
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Vogal)
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Presidente/a)
ALVAREZ SEOANE, CARMEN DENEBOLA (Secretario/a)
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Vogal)
Escola de familias, un proxecto de innovación para reforzar o vínculo co centro educativo
Autoría
E.N.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
E.N.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
14.07.2025 13:30
14.07.2025 13:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Mestrado presenta unha proposta de intervención dirixida a fortalecer a Escola de Familias dun instituto público de Santiago de Compostela, en colaboración co Departamento de Orientación. O proxecto parte dunha análise de necesidades, respaldada tanto por un marco teórico e lexislativo actualizado, como polo coñecemento práctico do contexto escolar. Máis alá do enfoque tradicional, apóstase por unha iniciativa innovadora que combina a elaboración de materiais didácticos co diseño de recursos específicos; incluíndo unha plataforma dixital e un foro participativo para mellorar a comunicación coas familias. As actividades plantexadas a partir dos obxectivos formulados, abordan de forma directa problemáticas detectadas como o emprego das redes sociais, a orientación vocacional, os hábitos de estudo e o fomento da autonomía. Esta proposta busca, en definitiva, consolidar un espazo eduactivo aberto e dinámico que reforce o vínculo entre o centro educativo e as familias; tratándose de esta forma dunha proposta viable, contextualizada e con potencialidade de continuidade e mellora.

A transición ecolóxica nos espazos rurais: abordaxe crítica desde a ensinanza da Xeografía
Autoría
J.N.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
J.N.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
09.09.2025 19:00
09.09.2025 19:00
Resumo
Esta investigación xorde co obxectivo de analizar como se aborda a transición ecolóxica no ensino da Xeografía na Educación Secundaria Obrigatoria. Para iso, préstase especial atención á representación dos espazos rurais e á súa vinculación cos procesos de cambio ambiental. As coordenadas teóricas baséanse na noción de transición ecolóxica xusta, para proceder tras iso á activación dunha metodoloxía de revisión documental. Neste contexto, revísanse en primeiro lugar os obxectivos e contidos establecidos no currículo oficial de Galicia, así como o tratamento que estes reciben nos principais libros de texto utilizados nas aulas. O traballo céntrase logo en identificar a presenza de elementos relacionados coa sustentabilidade e a xustiza territorial, así como a forma en que estas ideas conectan cos espazos rurais. A partir desta investigación, discútense as posibilidades que ofrece o ensino da Xeografía para contribuír á formación dunha cidadanía crítica e comprometida co territorio.

CIDRAS FERNANDEZ, DIEGO (Titoría)
CIDRAS FERNANDEZ, DIEGO (Titoría)
Tribunal
PASTORIZA ROZAS, JOSE LUIS (Presidente/a)
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Secretario/a)
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA (Vogal)
PASTORIZA ROZAS, JOSE LUIS (Presidente/a)
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Secretario/a)
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA (Vogal)
Presente e futuro a través da figura do cíborg
Autoría
L.O.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
L.O.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
07.07.2025 11:30
07.07.2025 11:30
Resumo
A crise ecolóxica non pode nin debe ser tomada só como unha cuestión propia das ciencias naturais: hai política, economía, literatura e filosofía ecolóxicas, entre outras, na medida en que do seu propio nome (oikos logía, estudo do fogar) derívase toda a amplitude que a configura. A ecoloxía pensa como habitamos a terra, como nos relacionamos entre nós e co resto de axentes cos que a compartimos ou como nos aproveitamos dos recursos que esta nos da. Na mesma liña, a viabilidade das nosas prácticas, a responsabilidade das nosas accións ou os vínculos que nos sosteñen. A filosofía únese a ela ao ser unha ferramenta que primeiro cuestiona e despois transforma. Deste poderoso vínculo nace esta proposta, que pretende constituír un sostén para a formación dunha visión da terra e da nosa vida nela. O seu núcleo será a elaboración dun proxecto final que intente responder á posibilidade optimista dun futuro habitable.
A crise ecolóxica non pode nin debe ser tomada só como unha cuestión propia das ciencias naturais: hai política, economía, literatura e filosofía ecolóxicas, entre outras, na medida en que do seu propio nome (oikos logía, estudo do fogar) derívase toda a amplitude que a configura. A ecoloxía pensa como habitamos a terra, como nos relacionamos entre nós e co resto de axentes cos que a compartimos ou como nos aproveitamos dos recursos que esta nos da. Na mesma liña, a viabilidade das nosas prácticas, a responsabilidade das nosas accións ou os vínculos que nos sosteñen. A filosofía únese a ela ao ser unha ferramenta que primeiro cuestiona e despois transforma. Deste poderoso vínculo nace esta proposta, que pretende constituír un sostén para a formación dunha visión da terra e da nosa vida nela. O seu núcleo será a elaboración dun proxecto final que intente responder á posibilidade optimista dun futuro habitable.
Dirección
PASTORIZA ROZAS, JOSE LUIS (Titoría)
PASTORIZA ROZAS, JOSE LUIS (Titoría)
Tribunal
ARMAS CASTRO, JOSE ANGEL (Presidente/a)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Secretario/a)
GARCIA SOTO, LUIS MODESTO (Vogal)
ARMAS CASTRO, JOSE ANGEL (Presidente/a)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Secretario/a)
GARCIA SOTO, LUIS MODESTO (Vogal)
A práctica teatral como ferramenta para as aulas de lingua e literatura
Autoría
E.O.A.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
E.O.A.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
10.07.2025 18:00
10.07.2025 18:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster explora as posibilidades educativas da Educación Teatral no contexto do ensino regrado en Galicia. Partindo dun marco teórico que presenta as diferentes concepcións do teatro na educación, a súa evolución histórica no sistema educativo galego e a súa presenza no currículo actual, búscase xustificar a integración da Educación Teatral nas aulas como ferramenta pedagóxica eficaz para o desenvolvemento integral do alumnado. Así mesmo, preséntase unha proposta didáctica dirixida a 1º da ESO, que implementa as expresións dramática e teatral na materia de Lingua Galega e Literatura e que ten como obxectivos mellorar a competencia comunicativa, fomentar a lectura e a creación literaria, atender a realidade social do alumnado e promover metodoloxías inclusivas e cooperativas. Ademais, reflexiónase sobre a viabilidade de propostas desta natureza no contexto educativo galego actual.
Este Traballo de Fin de Máster explora as posibilidades educativas da Educación Teatral no contexto do ensino regrado en Galicia. Partindo dun marco teórico que presenta as diferentes concepcións do teatro na educación, a súa evolución histórica no sistema educativo galego e a súa presenza no currículo actual, búscase xustificar a integración da Educación Teatral nas aulas como ferramenta pedagóxica eficaz para o desenvolvemento integral do alumnado. Así mesmo, preséntase unha proposta didáctica dirixida a 1º da ESO, que implementa as expresións dramática e teatral na materia de Lingua Galega e Literatura e que ten como obxectivos mellorar a competencia comunicativa, fomentar a lectura e a creación literaria, atender a realidade social do alumnado e promover metodoloxías inclusivas e cooperativas. Ademais, reflexiónase sobre a viabilidade de propostas desta natureza no contexto educativo galego actual.
Dirección
REQUEIXO CUBA, ARMANDO (Titoría)
REQUEIXO CUBA, ARMANDO (Titoría)
Tribunal
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Presidente/a)
GARBAYO MONTABES, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
NOGUEIRA PEREIRA, MARIA XESUS (Vogal)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Presidente/a)
GARBAYO MONTABES, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
NOGUEIRA PEREIRA, MARIA XESUS (Vogal)
Programa de intervención para fomentar a igualdade e a prevención da violencia de xénero nos colexios.
Autoría
A.O.P.
Máster Universitario en Procesos de Formación
A.O.P.
Máster Universitario en Procesos de Formación
Data da defensa
14.02.2025 12:00
14.02.2025 12:00
Resumo
Este traballo de fin de máster céntrase na prevención de condutas machistas e sexistas na aula. A investigación analiza o papel da educación na promoción da igualdade de xénero, destacando a importancia da formación do profesorado e a colaboración de toda a comunidade educativa. O través dun enfoque cualitativo, identificáronse as barreiras e facilitadores na implementación de estratexias preventivas. As conclusións subliñan a necesidade de adaptar as intervencións aos contextos específicos de cada centro educativo e fomentar unha contorna de aprendizaxe inclusiva e respectuosa. O traballo propón recomendacións prácticas para integrar a perspectiva de xénero no currículo escolar e promover a corresponsabilidade na loita contra o sexismo.

VALCARCE FERNANDEZ, MARGARITA (Titoría)
VALCARCE FERNANDEZ, MARGARITA (Titoría)
Tribunal
FUENTES ABELEDO, EDUARDO JOSE (Presidente/a)
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Secretario/a)
LOPEZ GOMEZ, SILVIA (Vogal)
FUENTES ABELEDO, EDUARDO JOSE (Presidente/a)
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Secretario/a)
LOPEZ GOMEZ, SILVIA (Vogal)
Escolas promotoras de saúde: rutinas activas na aula de educación infantil.
Autoría
A.O.B.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
A.O.B.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Data da defensa
16.07.2025 17:30
16.07.2025 17:30
Resumo
A Educación Infantil constitúe unha etapa clave para o desenvolvemento integral das crianzas. O movemento e a actividade física contribúen ao desenvolvemento integral dos nenos/as, a nivel físico, cognitivo, emocional e social/relacional. Este estudo tivo como obxectivo avaliar a eficacia dunha intervención baseada en descansos activos nunha aula multigrao de 9 nenos/as co fin de promover rutinas máis activas no contexto educativo. A investigación, de carácter descritivo e transversal, utilizou como instrumento o podómetro-acelerómetro Onwalk One Plus, que rexistrou datos de pasos realizados e distancias recorridas. Os resultados amosaron que os descansos activos son unha estratexia eficaz para aumentar o movemento dos nenos/as na aula. O seu impacto na mellora da condición física non é decisivo, pero si contribuíron a presentar unha xornada escolar máis activa, favorecendo a promoción da saúde. Finalmente, elaboráronse materiais didácticos en forma de recursos audiovisuais para que poidan ser empregados por outros docentes.
A Educación Infantil constitúe unha etapa clave para o desenvolvemento integral das crianzas. O movemento e a actividade física contribúen ao desenvolvemento integral dos nenos/as, a nivel físico, cognitivo, emocional e social/relacional. Este estudo tivo como obxectivo avaliar a eficacia dunha intervención baseada en descansos activos nunha aula multigrao de 9 nenos/as co fin de promover rutinas máis activas no contexto educativo. A investigación, de carácter descritivo e transversal, utilizou como instrumento o podómetro-acelerómetro Onwalk One Plus, que rexistrou datos de pasos realizados e distancias recorridas. Os resultados amosaron que os descansos activos son unha estratexia eficaz para aumentar o movemento dos nenos/as na aula. O seu impacto na mellora da condición física non é decisivo, pero si contribuíron a presentar unha xornada escolar máis activa, favorecendo a promoción da saúde. Finalmente, elaboráronse materiais didácticos en forma de recursos audiovisuais para que poidan ser empregados por outros docentes.
Dirección
Rodríguez Fernández, José Eugenio (Titoría)
Rodríguez Fernández, José Eugenio (Titoría)
Tribunal
ARMAS CASTRO, JOSE ANGEL (Presidente/a)
CASTIÑEIRA VEIGA, GONZALO (Secretario/a)
RICO DIAZ, JAVIER (Vogal)

Educar o século XX para entender o XXI:Unha aproximación dende a Historia Cultural en feminino
Autoría
L.O.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
L.O.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
09.09.2025 16:00
09.09.2025 16:00
Resumo
Esta investigación educativa está baseada nunha actuación en aula fundamentada en metodoloxías innovadoras, cun deseño didáctico para o cal se aplican instrumentos de recollida de datos, responsables da definición de informacións. Estas son analizadas por medio de métodos cualitativos e enfoques comparativos a partir dos cales buscamos comprobar a hipótese investigadora en torno ao tema central da proposta, a cultura e as mulleres autoras a comezos do século XX. Así, perseguimos co traballo confirmar a viabilidade de estudar este tema para conseguir unha serie de obxectivos constitutivos da nosa hipótese que sería: o estudio da cultura de principios de século XX nas aulas axudará a desenvolver sensibilidades novas á vez que permitirá aproximar a unha Historia máis emocional. Desta maneira, o alumnado poderá aumentar a aprendizaxe significativa e aprender valores de igualdade de xénero, á vez que acadan unha maior capacidade crítica a través do establecemento de conexións entre o pasado e o presente aumentando a súa comprensión da realidade actual.
Esta investigación educativa está baseada nunha actuación en aula fundamentada en metodoloxías innovadoras, cun deseño didáctico para o cal se aplican instrumentos de recollida de datos, responsables da definición de informacións. Estas son analizadas por medio de métodos cualitativos e enfoques comparativos a partir dos cales buscamos comprobar a hipótese investigadora en torno ao tema central da proposta, a cultura e as mulleres autoras a comezos do século XX. Así, perseguimos co traballo confirmar a viabilidade de estudar este tema para conseguir unha serie de obxectivos constitutivos da nosa hipótese que sería: o estudio da cultura de principios de século XX nas aulas axudará a desenvolver sensibilidades novas á vez que permitirá aproximar a unha Historia máis emocional. Desta maneira, o alumnado poderá aumentar a aprendizaxe significativa e aprender valores de igualdade de xénero, á vez que acadan unha maior capacidade crítica a través do establecemento de conexións entre o pasado e o presente aumentando a súa comprensión da realidade actual.
Dirección
Criado Boado, Cecilia (Titoría)
Criado Boado, Cecilia (Titoría)
Tribunal
PASTORIZA ROZAS, JOSE LUIS (Presidente/a)
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Secretario/a)
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA (Vogal)
PASTORIZA ROZAS, JOSE LUIS (Presidente/a)
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Secretario/a)
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA (Vogal)
Educación emocional e orientación académica: unha intervención enfocada na clarificación de valores e a acción comprometida
Autoría
S.O.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
S.O.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
08.07.2025 16:00
08.07.2025 16:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Mestrado responde á estrutura dunha proposta de intervención orientadora dirixida a alumnado de terceiro curso de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), centrada na toma de decisións consciente, a través do traballo do autocoñecemento, a autoestima e a clarificación de valores, baixo o marco da Terapia de Aceptación e Compromiso (ou ACT). O obxectivo xeral desta proposta é promover a construción dunha identidade ética propia e coherente, así como a planificación de obxectivos vitais vinculados a esta, mediante dinámicas que potencian a reflexión, a aceptación emocional, a defusión cognitiva ou a acción comprometida. A intervención estrutúrase en torno a catro sesións, articuladas en base a metodoloxías activas e vivenciais, como o role-playing, a gamificación, a dramatización ou a creación dixital (vision board). Ademais, pese á súa potencial adaptabilidade, está deseñada en torno ao contexto e necesidades concretas dun grupo clase de terceiro da ESO do IES Lauro Olmo (O Barco de Valdeorras).

SALGADO SOMOZA, MARIA (Presidente/a)
RIVERO SALGADO, OSCAR (Secretario/a)
Rodríguez Vivero, Dolores (Vogal)
SALGADO SOMOZA, MARIA (Presidente/a)
RIVERO SALGADO, OSCAR (Secretario/a)
Rodríguez Vivero, Dolores (Vogal)
Análise matemática en Educación Secundaria para Adultos: unha proposta didáctica
Autoría
A.O.Q.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
A.O.Q.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
08.09.2025 18:00
08.09.2025 18:00
Resumo
Este traballo presenta unha proposta didáctica centrada na análise matemática adaptada ao alumnado de segundo curso de Educación Secundaria para Adultos (ESA), desenvolvida durante un período de cinco semanas nun grupo reducido dun Instituto de Educación Secundaria (IES) de Santiago. A intervención abordou contidos como o plano cartesiano, a representación gráfica de relacións entre variables e as funcións lineais e cuadráticas, cun enfoque práctico, visual e contextualizado. A metodoloxía aplicada baseouse na aprendizaxe significativa, o traballo cooperativo en grupo completo e a resolución de problemas reais, evitando a instrución formal tradicional. Ao longo das sesións, promoveuse un seguimento próximo do proceso de aprendizaxe mediante a observación directa e a retroalimentación informal co profesorado. Esta forma de traballar favoreceu unha mellor comprensión funcional dos conceptos abordados e fomentou unha actitude máis positiva e participativa cara ás matemáticas. Conclúese que a proposta é viable e adaptable a outros contextos, resultando valiosa para promover o pensamento matemático en persoas adultas desde unha perspectiva inclusiva e funcional, en coherencia cos principios da LOMLOE e cos enfoques pedagóxicos actuais.

Diz Pita, Érika (Titoría)
Diz Pita, Érika (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ RAPOSO, ANA BELEN (Presidente/a)
GILLANDERS , CAROL JEAN (Secretario/a)
Gómez Tato, Antonio M. (Vogal)
RODRIGUEZ RAPOSO, ANA BELEN (Presidente/a)
GILLANDERS , CAROL JEAN (Secretario/a)
Gómez Tato, Antonio M. (Vogal)
Alfabetización mediática na educación secundaria obrigatoria: ‘Influentes da información’, unha proposta didáctica
Autoría
L.O.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
L.O.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
08.07.2025 16:00
08.07.2025 16:00
Resumo
A sociedade actual atópase desde hai xa varias décadas inscrita nunha contorna eminentemente dixital. Ante os riscos asociados ao uso de internet e ás novas tecnoloxías, destacando entre eles a sobreabundancia informativa, a desinformación e a manipulación, os principais organismos europeos demandan aos países membros o desenvolvemento da competencia mediática entre os cidadáns. Nese sentido, o sistema educativo debe adquirir un rol decisivo na formación dos rapaces e rapazas máis novos que, ademais, son usuarios habituais das redes sociais. A LOMLOE e o Decreto 156/2022 inclúen as competencias dixitais no currículo da secundaria, mais están tradicionalmente ignoradas nas programacións dos institutos galegos. Tendo en conta este panorama, este traballo de fin de mestrado recolle unha proposta didáctica orientada á promoción da alfabetización mediática no alumnado de secundaria, e en específico ao primeiro curso da ESO para abordar esta competencia deste as primeiras etapas. A través dunha unidade didáctica inserida na programación de Lingua Galega e Literatura, os e as estudantes adquirirán as ferramentas necesarias para moverse con seguridade na rede e desenvolver o seu sentido crítico. Así, preténdese dar resposta a unha ausencia no currículo educativo e a unha demanda da contemporaneidade.

LOPEZ PENA, ZOSIMO (Titoría)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Titoría)
Tribunal
REQUEIXO CUBA, ARMANDO (Presidente/a)
HERMIDA GULÍAS, MARÍA DO CARME (Secretario/a)
FERNANDEZ VAZQUEZ, MARIA DEL MAR (Vogal)
REQUEIXO CUBA, ARMANDO (Presidente/a)
HERMIDA GULÍAS, MARÍA DO CARME (Secretario/a)
FERNANDEZ VAZQUEZ, MARIA DEL MAR (Vogal)
A motivación do profesorado de Pedagoxía Terapéutica: unha revisión sistemática dos factores que indicen no seu desempeño profesional.
Autoría
N.O.G.
Máster Universitario en Procesos de Formación
N.O.G.
Máster Universitario en Procesos de Formación
Data da defensa
10.09.2025 09:30
10.09.2025 09:30
Resumo
O profesorado de Pedagoxía Terapéutica desempeña un rol fundamental na aplicación de prácticas educativas inclusivas; non obstante, diversos estudos evidencian unha alta predisposición ao abandono da profesión por parte deste colectivo. Aínda que os estudos en torno a estes profesionais aumentaron na última década, as investigacións centradas neles son escasas. O presente estudo ten como obxectivo facer unha revisión sistemática sobre os factores que inciden no desempeño profesional do profesorado de Pedagoxía Terapéutica co fin de identificar, analizar e sintetizar as principais evidencias, tendencias e baleiros na investigación. Para iso, realizouse unha busca nas bases de datos Scopus e Web of ScienceTM (WoS), incluíndo 18 artigos publicados entre 2014 e 2025. Os resultados revelan a existencia de factores que inflúen na calidade do seu desempeño profesional: factores motivacionais (motivación e autoeficacia) e cognitivo-afectivos (crenzas, actitudes e expectativas). Confírmase que estes inciden no seu benestar, compromiso docente e práctica profesional. Identifícanse implicacións prácticas capaces de mellorar esta situación: a formación inicial e continua que promova a autoeficacia docente, actitudes e crenzas positivas cara á inclusión educativa e estratexias de autorregulación emocional neste profesorado xunto con outras como o aumento de recursos persoais docentes ou o apoio ao profesorado de Pedagoxía Terapéutica.
O profesorado de Pedagoxía Terapéutica desempeña un rol fundamental na aplicación de prácticas educativas inclusivas; non obstante, diversos estudos evidencian unha alta predisposición ao abandono da profesión por parte deste colectivo. Aínda que os estudos en torno a estes profesionais aumentaron na última década, as investigacións centradas neles son escasas. O presente estudo ten como obxectivo facer unha revisión sistemática sobre os factores que inciden no desempeño profesional do profesorado de Pedagoxía Terapéutica co fin de identificar, analizar e sintetizar as principais evidencias, tendencias e baleiros na investigación. Para iso, realizouse unha busca nas bases de datos Scopus e Web of ScienceTM (WoS), incluíndo 18 artigos publicados entre 2014 e 2025. Os resultados revelan a existencia de factores que inflúen na calidade do seu desempeño profesional: factores motivacionais (motivación e autoeficacia) e cognitivo-afectivos (crenzas, actitudes e expectativas). Confírmase que estes inciden no seu benestar, compromiso docente e práctica profesional. Identifícanse implicacións prácticas capaces de mellorar esta situación: a formación inicial e continua que promova a autoeficacia docente, actitudes e crenzas positivas cara á inclusión educativa e estratexias de autorregulación emocional neste profesorado xunto con outras como o aumento de recursos persoais docentes ou o apoio ao profesorado de Pedagoxía Terapéutica.
Dirección
REGUEIRO FERNANDEZ, BIBIANA (Titoría)
REGUEIRO FERNANDEZ, BIBIANA (Titoría)
Tribunal
FUENTES ABELEDO, EDUARDO JOSE (Presidente/a)
LOPEZ GOMEZ, SILVIA (Secretario/a)
FERNANDEZ DE LA IGLESIA, JOSEFA DEL CARMEN (Vogal)
FUENTES ABELEDO, EDUARDO JOSE (Presidente/a)
LOPEZ GOMEZ, SILVIA (Secretario/a)
FERNANDEZ DE LA IGLESIA, JOSEFA DEL CARMEN (Vogal)
O Proxecto E-Dixgal: unha análise dende a perspectiva do profesorado de Educación Primaria
Autoría
O.O.I.
Máster Universitario en Procesos de Formación
O.O.I.
Máster Universitario en Procesos de Formación
Data da defensa
10.09.2025 09:30
10.09.2025 09:30
Resumo
O ámbito onde se sitúa o presente Traballo de Fin de Máster está relacionado coa educación e as tecnoloxías dixitais, máis concretamente coa súa integración dentro das aulas de Educación Primaria. Estamos ante un contexto con centros educativos públicos de alta dispoñibilidade tecnolóxica baixo modelo 1 a 1, en Galicia dependentes do proxecto E-dixgal. Con arredor de dez anos de traxectoria do programa, atopámonos ante unha situación de incerteza e cuestionamento a nivel social sobre a eficacia e pertinencia da iniciativa. Neste contexto, o obxectivo é coñecer a través da perspectiva do profesorado, diversos aspectos da práctica educativa en relación coa implementación do proxecto E-Dixgal, co propósito de identificar e analizar fortalezas e debilidades. Para iso, realizamos un marco teórico previo sobre o campo, para posteriormente contrastalo cos resultados do traballo de investigación de campo, sendo a entrevista semiestructurada a técnica principal de investigación para a recollida de datos. Tras a transcrición das entrevistas, analizamos a información mediante o software ATLAS.ti, seguindo un sistema de codificación indutivo-dedutivo. Así, temos un estudo de casos múltiple formado por seis profesores que imparten docencia en quinto de primaria como titores, exercendo diferentes funcións nos seus centros educativos en relación coa iniciativa. Os resultados revelan unha satisfacción moderada por parte do profesorado, pero sinalan aspectos críticos como as deficiencias na CDD, a disfuncionalidade dos sistemas de seguridade tecnolóxica e diversas problemáticas vinculados coas familias, o que unido a unha inminente implementación do modelo híbrido, lévanos a pensar na necesidade dun enfoque integral máis alá da incorporación tecnolóxica, destacando a importancia do consenso e a formación

FRAGA VARELA, FERNANDO (Titoría)
FRAGA VARELA, FERNANDO (Titoría)
Tribunal
FUENTES ABELEDO, EDUARDO JOSE (Presidente/a)
LOPEZ GOMEZ, SILVIA (Secretario/a)
FERNANDEZ DE LA IGLESIA, JOSEFA DEL CARMEN (Vogal)
FUENTES ABELEDO, EDUARDO JOSE (Presidente/a)
LOPEZ GOMEZ, SILVIA (Secretario/a)
FERNANDEZ DE LA IGLESIA, JOSEFA DEL CARMEN (Vogal)
Xeometrías que se senten: a papiroflexia como ferramenta de inclusión matemática.
Autoría
A.O.T.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
A.O.T.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
08.07.2025 17:00
08.07.2025 17:00
Resumo
Neste Traballo de Fin de Máster preséntase unha proposta didáctica da materia de Matemáticas para alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria con discapacidade visual. Este conxunto de actividades diríxese cara á aprendizaxe da xeometría a través da gamificación e, máis concretamente, no uso da papiroflexia como ferramenta metodolóxica inclusiva. O obxectivo do seu deseño e desenvolvemento é presentar novos recursos didácticos e, ao mesmo tempo, fomentar o desenvolvemento de competencias matemáticas ligadas á xeometría como a visualización espacial, a resolución de problemas ou a representación e construción de conceptos matemáticos. Todo isto facendo especial fincapé naquelas que se ven condicionadas polas características do alumando participante. Paralelamente, búscase o fortalecemento da motivación e a actitude positiva cara ás matemáticas, integrando a compoñente socioafectiva na proposta. Finalmente, os resultados obtidos da implementación con alumnado de 2º e 3º da ESO, incluíndo estudantes con discapacidade visual, serven para analizar as diferencias (académicas e afectivas) no proceso de ensino-aprendizaxe segundo as súas características. Isto permitirá formular propostas de mellora para futuras implementacións partindo das dificultades atopadas.

O vocabulario científico-tecnolóxico desde a morfoloxía e a lexicografía: unha proposta didáctica
Autoría
R.P.H.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
R.P.H.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
11.02.2025 11:00
11.02.2025 11:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster xorde do habitual desinterese do alumnado do bacharelato científico-tecnolóxico cara ao estudo das Humanidades e, máis particularmente, da lingua. Como resposta, proponse a elaboración dunha secuencia didáctica que aborda contidos morfolóxicos e lexicográficos e cuxo obxectivo é demostrar ao estudantado do primeiro curso desa modalidade que o coñecemento da estrutura e da formación das palabras, xunto co uso dos dicionarios, é unha ferramenta útil para comprender a terminoloxía dos ámbitos científico e tecnolóxico. Así, o traballo comeza cunha análise do currículo vixente que explora o papel da morfoloxía e a lexicografía no sistema educativo, así como a noción de transversalidade que sustenta a LOMLOE. A continuación, unha revisión de certa literatura académica sobre os beneficios do ensino da lingua na aprendizaxe de disciplinas científicas suporá a base para presentar unha proposta didáctica de creación propia na que se atenderá á planificación detallada de sesións e actividades, sen esquecer a necesaria plasmación dos contidos traballados, da metodoloxía seguida e dos mecanismos de avaliación, sempre pensando na súa óptima implementación en futuros contextos educativos.

As disidencias sexuais na LIX en galego: a súa integración nas aulas de Educación Primaria
Autoría
E.P.F.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
E.P.F.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Data da defensa
14.07.2025 11:00
14.07.2025 11:00
Resumo
Esta investigación presenta un estudo de caso a partir da intervención nunha aula de Educación Primaria a través da lectura e manipulación de seis obras cunha temática ou personaxes pertencentes ao colectivo LGBT+. Realizáronse diferentes tarefas grupais e individuais de forma autónoma co obxectivo de provocar unha reflexión que afondase na realidade das disidencias sexuais, para poder avaliar a existencia, ou non, do impacto de dita intervención. Para isto, comparáronse as súas opinións e coñecementos iniciais cos finais, buscando a importancia da literatura como medio, transmisor e referente destas realidades invisibilizadas.

PENA PRESAS, MONSERRAT (Titoría)
PENA PRESAS, MONSERRAT (Titoría)
Tribunal
GARCIA ANTELO, BEATRIZ (Presidente/a)
FAYA CERQUEIRO, FATIMA MARIA (Secretario/a)
NEIRA RODRIGUEZ, MARTA (Vogal)

As bandas de música populares: historia, instrumentación e repertorio. Deseño dunha proposta de intervención para 3º da ESO.
Autoría
V.P.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
V.P.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
Data da defensa
11.07.2025 19:00
11.07.2025 19:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster aborda a importancia das bandas de música como axente educativo e dinamizador e propón o seu contacto coa xuventude nas aulas de música de secundaria a través do deseño dunha proposta didáctica. Para sustentar esta proposta, elaborouse un marco teórico no que se tratan a historia, a organoloxía, o repertorio e a función pedagóxica das bandas, así como as metodoloxías e a normativa que xustifican a súa inclusión nas aulas. A proposta busca lograr que o alumnado coñeza a cultura das bandas de música e a experimente a través da escoita e a interpretación. A metodoloxía contempla sesións teóricas e prácticas e combina principios das pedagoxías de Orff e Dalcroze e a aprendizaxe baseada en proxectos. O conxunto de actividades persegue favorecer a comprensión da realidade destas agrupacións e fomentar a súa valoración como parte do patrimonio cultural e educativo galego.
Este Traballo de Fin de Máster aborda a importancia das bandas de música como axente educativo e dinamizador e propón o seu contacto coa xuventude nas aulas de música de secundaria a través do deseño dunha proposta didáctica. Para sustentar esta proposta, elaborouse un marco teórico no que se tratan a historia, a organoloxía, o repertorio e a función pedagóxica das bandas, así como as metodoloxías e a normativa que xustifican a súa inclusión nas aulas. A proposta busca lograr que o alumnado coñeza a cultura das bandas de música e a experimente a través da escoita e a interpretación. A metodoloxía contempla sesións teóricas e prácticas e combina principios das pedagoxías de Orff e Dalcroze e a aprendizaxe baseada en proxectos. O conxunto de actividades persegue favorecer a comprensión da realidade destas agrupacións e fomentar a súa valoración como parte do patrimonio cultural e educativo galego.
Dirección
LOPEZ FERNANDEZ, CARME (Titoría)
LOPEZ FERNANDEZ, CARME (Titoría)
Tribunal
GILLANDERS , CAROL JEAN (Presidente/a)
Clavero Ibañez de Garayo, Sergio (Secretario/a)
Trigo Martínez, Cristina (Vogal)
GILLANDERS , CAROL JEAN (Presidente/a)
Clavero Ibañez de Garayo, Sergio (Secretario/a)
Trigo Martínez, Cristina (Vogal)
Análise do uso da simulación en Formación Profesional na rama sanitaria
Autoría
C.P.E.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
C.P.E.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
Data da defensa
11.09.2025 11:00
11.09.2025 11:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster analiza o uso da simulación como metodoloxía activa na Formación Profesional sanitaria, centrándose nos ciclos formativos de Técnica/o en Emerxencias Sanitarias e Técnica/o en Coidados Auxiliares de Enfermaría. A investigación segue unha metodoloxía cualitativa, a través dunha revisión bibliográfica en distintas bases de datos, unha revisión documental e normativa dos principais textos que regulan aspectos da Formación Profesional na rama sanitaria, e por último un estudo de casos a través dunha entrevista semiestruturada a dúas docentes dun centro público e outro privado da cidade de Ourense. Os resultados abordan o marco formativo que avala o uso da simulación, as percepcións do profesorado sobre o seu impacto na motivación e aprendizaxe do alumnado, así como as principais limitacións para a súa implementación: tempo, recursos materiais e humanos, formación e ratio de alumnado por aula. A discusión triangula as fontes para dar resposta aos obxectivos do estudo, destacando o potencial da simulación para desenvolver competencias técnicas e transversais, como a comunicación ou a toma de decisións. O traballo conclúe cunha reflexión sobre a contribución deste estudo á mellora da práctica docente na FP sanitaria, en coherencia coas competencias profesionais desenvolvidas ao longo do máster.
Este Traballo de Fin de Máster analiza o uso da simulación como metodoloxía activa na Formación Profesional sanitaria, centrándose nos ciclos formativos de Técnica/o en Emerxencias Sanitarias e Técnica/o en Coidados Auxiliares de Enfermaría. A investigación segue unha metodoloxía cualitativa, a través dunha revisión bibliográfica en distintas bases de datos, unha revisión documental e normativa dos principais textos que regulan aspectos da Formación Profesional na rama sanitaria, e por último un estudo de casos a través dunha entrevista semiestruturada a dúas docentes dun centro público e outro privado da cidade de Ourense. Os resultados abordan o marco formativo que avala o uso da simulación, as percepcións do profesorado sobre o seu impacto na motivación e aprendizaxe do alumnado, así como as principais limitacións para a súa implementación: tempo, recursos materiais e humanos, formación e ratio de alumnado por aula. A discusión triangula as fontes para dar resposta aos obxectivos do estudo, destacando o potencial da simulación para desenvolver competencias técnicas e transversais, como a comunicación ou a toma de decisións. O traballo conclúe cunha reflexión sobre a contribución deste estudo á mellora da práctica docente na FP sanitaria, en coherencia coas competencias profesionais desenvolvidas ao longo do máster.
Dirección
VARELA PORTELA, CRISTINA (Titoría)
VARELA PORTELA, CRISTINA (Titoría)
Tribunal
CAMBEIRO LOURIDO, MARIA DO CARMEN (Presidente/a)
CEINOS SANZ, MARIA CRISTINA (Secretario/a)
AMADO RODRIGUEZ, MARIA TERESA (Vogal)
CAMBEIRO LOURIDO, MARIA DO CARMEN (Presidente/a)
CEINOS SANZ, MARIA CRISTINA (Secretario/a)
AMADO RODRIGUEZ, MARIA TERESA (Vogal)
A ensinanza do inglés coma lingua estranxeira. Proposta de intervención para mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado con Trastorno do Espectro Autista (TEA)
Autoría
C.P.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
C.P.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
09.07.2025 18:00
09.07.2025 18:00
Resumo
O Trastorno do Espectro Autista (TEA) é considerado un trastorno do neurodesenvolvemento, que se caracteriza pola presenza de: patróns restritivos e repetitivos de comportamento e/ou intereses ou actividades restrinxidos; e deficiencias persistentes na comunicación e na interacción social, en diversos contextos (DSM-V; APA, 2013). Dadas as dificultades habituais na área da linguaxe, unha das primeiras áreas que se elimina da formación académica no caso do alumnado con TEA é a lingua estranxeira. Coa intención de dar visibilidade a esta problemática, o presente Traballo de Fin de Máster formúlase co propósito de elaborar unha proposta didáctica, dirixida a alumnado con TEA de educación pos obrigatoria (Bacharelato), co obxectivo de mellorar o seu proceso de ensino-aprendizaxe na materia de inglés. O traballo constará de dúas partes: unha primeira, na que se establecerá o marco teórico do traballo describindo, entre outros, os conceptos básicos relacionados co TEA; e unha segunda parte na que se desenvolverá a proposta didáctica.
O Trastorno do Espectro Autista (TEA) é considerado un trastorno do neurodesenvolvemento, que se caracteriza pola presenza de: patróns restritivos e repetitivos de comportamento e/ou intereses ou actividades restrinxidos; e deficiencias persistentes na comunicación e na interacción social, en diversos contextos (DSM-V; APA, 2013). Dadas as dificultades habituais na área da linguaxe, unha das primeiras áreas que se elimina da formación académica no caso do alumnado con TEA é a lingua estranxeira. Coa intención de dar visibilidade a esta problemática, o presente Traballo de Fin de Máster formúlase co propósito de elaborar unha proposta didáctica, dirixida a alumnado con TEA de educación pos obrigatoria (Bacharelato), co obxectivo de mellorar o seu proceso de ensino-aprendizaxe na materia de inglés. O traballo constará de dúas partes: unha primeira, na que se establecerá o marco teórico do traballo describindo, entre outros, os conceptos básicos relacionados co TEA; e unha segunda parte na que se desenvolverá a proposta didáctica.
Dirección
MAYO PAIS, MARIA EMMA (Titoría)
MAYO PAIS, MARIA EMMA (Titoría)
Tribunal
TRILLO ALONSO, JOSE FELIPE (Presidente/a)
PEREIRA ROMASANTA, RAQUEL (Secretario/a)
FERNANDEZ FERNANDEZ, MARTIN (Vogal)
TRILLO ALONSO, JOSE FELIPE (Presidente/a)
PEREIRA ROMASANTA, RAQUEL (Secretario/a)
FERNANDEZ FERNANDEZ, MARTIN (Vogal)
O Camiño Imaxinado. MOOC sobre a construción do imaxinario do Camiño de Santiago en base á publicidade institucional dos últimos cincuenta anos (dende 1975 ata 2025)
Autoría
V.P.T.
Máster Universitario en Procesos de Formación
V.P.T.
Máster Universitario en Procesos de Formación
Data da defensa
10.09.2025 09:30
10.09.2025 09:30
Resumo
A educación é un piar esencial para o desenvolvemento sostible das sociedades, o seu progreso colectivo e a realización dos proxectos vitais das persoas. Nos últimos anos, a forma de aprendizaxe e as motivacións para estudar cambiaron de forma radical. Este cambio impulsou un auxe da formación complementaria, ofrecéndolles aos estudantes a posibilidade de escolleren o seu propio itinerario formativo e de orientalo cara aos seus intereses e motivacións. Neste traballo proxéctase unha formación específica sobre a construción do imaxinario colectivo do Camiño de Santiago a través das estratexias comunicativas e de márketing creadas nos últimos cincuenta anos (dende 1975 ata 2025) por organismos oficiais. Mediante esta análise da comunicación institucional e a publicidade do Camiño de Santiago, conéctanse os recursos xerados a través coa realidade académica e o futuro profesional dos estudantes da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Para isto, preséntase un MOOC de posible aplicación no contexto académico da Cátedra do Camiño de Santiago e das Peregrinacións (USC), de modo que mellore o coñecemento deste recurso patrimonial e as posibilidades que ofrece, así
A educación é un piar esencial para o desenvolvemento sostible das sociedades, o seu progreso colectivo e a realización dos proxectos vitais das persoas. Nos últimos anos, a forma de aprendizaxe e as motivacións para estudar cambiaron de forma radical. Este cambio impulsou un auxe da formación complementaria, ofrecéndolles aos estudantes a posibilidade de escolleren o seu propio itinerario formativo e de orientalo cara aos seus intereses e motivacións. Neste traballo proxéctase unha formación específica sobre a construción do imaxinario colectivo do Camiño de Santiago a través das estratexias comunicativas e de márketing creadas nos últimos cincuenta anos (dende 1975 ata 2025) por organismos oficiais. Mediante esta análise da comunicación institucional e a publicidade do Camiño de Santiago, conéctanse os recursos xerados a través coa realidade académica e o futuro profesional dos estudantes da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Para isto, preséntase un MOOC de posible aplicación no contexto académico da Cátedra do Camiño de Santiago e das Peregrinacións (USC), de modo que mellore o coñecemento deste recurso patrimonial e as posibilidades que ofrece, así
Dirección
FERNANDEZ REY, ELENA (Titoría)
FERNANDEZ REY, ELENA (Titoría)
Tribunal
FUENTES ABELEDO, EDUARDO JOSE (Presidente/a)
LOPEZ GOMEZ, SILVIA (Secretario/a)
FERNANDEZ DE LA IGLESIA, JOSEFA DEL CARMEN (Vogal)
FUENTES ABELEDO, EDUARDO JOSE (Presidente/a)
LOPEZ GOMEZ, SILVIA (Secretario/a)
FERNANDEZ DE LA IGLESIA, JOSEFA DEL CARMEN (Vogal)
Reparación do dereito á educación para das mulleres vítimas no posconflito. O caso da Ruta Pacífica das mulleres
Autoría
A.A.P.C.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
A.A.P.C.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
15.07.2025 11:15
15.07.2025 11:15
Resumo
Este traballo final do Máster en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario vinculado á liña de investigación Pedagoxía social, educación social e áreas de intervención socioeducativa, céntrase na reparación educativa para mulleres vítimas do conflito armado, que experimentaron a vulneración do dereito á educación no contextos do violencia sociopolítica. Examínase o caso do movemento feminista A Ruta Pacífica das Mulleres para entender o seu papel na reparación integral das vítimas en Colombia. Mediante unha revisión sistemática adaptada do manifesto PRISMA 2020 proposto por Tricco et. Al. (2018), analízanse políticas, programas e accións educativas entre 2013 e 2023. A revisión revela que, aínda que se recoñece a importancia das mulleres como axentes clave nos procesos educativos, de memoria, xustiza e verdade tras o acordo de paz de 2016, as políticas, programas e actividades existentes son insuficientes, carecen de efectividade e, por parte dos gobernos locais, falta de vontade política para a súa implementación. A partir dos achados da revisión e do Informe Final: Hay Futuro si Hay Verdad Vol. VII, Hallazgos y Recomendaciones da Comisión da Verdade (2022), pódese afirmar que a reparación integral está lonxe aínda de ser efectiva para os 9.681.288 de persoas que foron recoñecidas como vítimas pola Unidade para as Vítimas, sendo o 50,2 % mulleres. Finalmente, preséntanse conclusións que se centran no recoñecemento da reparación educativa á poboación na que se centra este traballo final e ao labor da Ruta Pacífica en clave de reparación educativa, o que leva a propoñer liñas de investigación que poden ser desenvolvidas nunha Tese Doutoral.

MIGUEZ SALINA, GABRIELA DOLORES (Titoría)
MIGUEZ SALINA, GABRIELA DOLORES (Titoría)
Tribunal
ALONSO RUIDO, PATRICIA (Presidente/a)
CABALLO VILLAR, MARIA BELEN (Secretario/a)
DIZ LOPEZ, MARIA JULIA (Vogal)
ALONSO RUIDO, PATRICIA (Presidente/a)
CABALLO VILLAR, MARIA BELEN (Secretario/a)
DIZ LOPEZ, MARIA JULIA (Vogal)
Física sen barreiras
Autoría
R.P.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
R.P.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
02.09.2025 13:30
02.09.2025 13:30
Resumo
Este traballo analiza como adaptar unha mesma proposta didáctica para ensinar Física en distintos niveis educativos, respectando o desenvolvemento cognitivo do alumnado. A proposta naceu durante a estadía no centro de prácticas, tras observar diferenzas na capacidade formal entre cursos. Preséntanse seis situacións de aprendizaxe baseadas na indagación guiada, o modelado e a aprendizaxe situada, utilizando materiais cotiáns e accesibles como tubos de goma ou caixas de cartón. Cada actividade inclúe unha guía para o profesorado, ficha para o alumnado e rúbrica de avaliación. Os resultados suxiren que, con axustes axeitados, é posible traballar un mesmo fenómeno físico en distintos cursos, favorecendo a comprensión e a motivación.
Este traballo analiza como adaptar unha mesma proposta didáctica para ensinar Física en distintos niveis educativos, respectando o desenvolvemento cognitivo do alumnado. A proposta naceu durante a estadía no centro de prácticas, tras observar diferenzas na capacidade formal entre cursos. Preséntanse seis situacións de aprendizaxe baseadas na indagación guiada, o modelado e a aprendizaxe situada, utilizando materiais cotiáns e accesibles como tubos de goma ou caixas de cartón. Cada actividade inclúe unha guía para o profesorado, ficha para o alumnado e rúbrica de avaliación. Os resultados suxiren que, con axustes axeitados, é posible traballar un mesmo fenómeno físico en distintos cursos, favorecendo a comprensión e a motivación.
Dirección
GARCIA DOCAMPO, LAURA (Titoría)
GARCIA DOCAMPO, LAURA (Titoría)
Tribunal
BROCOS MOSQUERA, PABLO (Presidente/a)
CASTIÑEIRA VEIGA, GONZALO (Secretario/a)
CAMBEIRO LOURIDO, MARIA DO CARMEN (Vogal)
BROCOS MOSQUERA, PABLO (Presidente/a)
CASTIÑEIRA VEIGA, GONZALO (Secretario/a)
CAMBEIRO LOURIDO, MARIA DO CARMEN (Vogal)
O sistema prostitucional dende a voz das persoas prostituidas e as persoas técnicas en Galicia: una investigación cualitativa.
Autoría
A.P.L.
Máster Universitario en Igualdade, Xénero e Educación
A.P.L.
Máster Universitario en Igualdade, Xénero e Educación
Data da defensa
10.09.2025 17:45
10.09.2025 17:45
Resumo
O sistema prostitucional caracterízase pola súa complexidade, multidimensionalidade e pola interrelación entre a pornografía, a prostitución e a trata sexual. Nun contexto marcado pola era dixital, este sistema experimentou cambios para adaptarse e expandirse no espazo virtual, incorporando novas prácticas de publicidade, captación e explotación sexual, así como o uso de páxinas de anuncios e foros de prostituidores. Con base no exposto, exponse unha investigación cualitativa cuxo obxectivo é analizar as percepcións e opinións sobre o sistema prostitucional na actualidade desde a perspectiva de mulleres prostituídas e profesionais expertas na temática, nun contexto influído pola era dixital. A investigación desenvolveuse mediante un deseño de estudo de casos múltiples, complementada con dúas entrevistas semiestructuradas a persoas expertas na temática. Os achados evidencian que as características principais do sistema prostitucional na actualidade, segundo as participantes, son as diferentes formas de violencia que o atravesan, especialmente a psicolóxica exercida a través da cousificación. Isto conleva consecuencias emocionais significativas para as mulleres. As participantes señalan que o consumo de pornografía incrementa a violencia dos consumidores e xenera fantasías sexais que buscan satisfacer a través da prostitución. As técnicas sinalan que tamén aumenta a demanda de prostitución. As profesionais destacan a dixitalización como un mecanismo que introduce novas formas de captación, explotación e control. Coinciden na necesidade de alternativas reais como a regularización administrativa, o acceso a unha vivenda digna e políticas abolicionistas con enfoque de igualdade

Perspectivas da aprendizaxe-servizo na profesionalización docente: Un estudo en Formación Profesional
Autoría
P.P.Q.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
P.P.Q.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
Data da defensa
11.09.2025 12:00
11.09.2025 12:00
Resumo
Ante a necesidade de metodoloxías pedagóxicas que fomenten unha cidadanía activa e comprometida, o aprendizaxe-servizo, entendido como unha experiencia curricular que proporciona ao estudantado a oportunidade de involucrarse na súa comunidade (Bringle e Hatcher, 1995), xorde como unha proposta relevante pola súa capacidade para fusionar as competencias transversais coa aprendizaxe académica. Por iso, o obxectivo deste estudo é determinar o grao de implementación da metodoloxía aprendizaxe-servizo por parte do profesorado de Formación Profesional nas familias profesionais de Servizos Socioculturais e á Comunidade, e Sanidade na Comunidade Autónoma de Galicia. En canto á metodoloxía, realizouse un estudo cuantitativo e descritivo de corte transversal. Para a recollida de información utilizouse un cuestionario autoadministrado, conformándose unha mostra final de 53 docentes. A mostra estaba conformada maioritariamente por mulleres (35-54 anos), funcionarias de carreira con máis de 10 anos de experiencia e da familia profesional de Sanidade. Aínda que a maioría das persoas participantes coñecía o aprendizaxe-servizo, poucos recibiran formación ou implementado proxectos deste tipo. O profesorado que utilizou esta metodoloxía percibiu que o alumnado desenvolvía empatía, pensamento crítico, responsabilidade social e traballo en equipo. Con todo, as principais dificultades foron a falta de tempo docente, formación específica e financiamento. Para concluír, podemos dicir que o persoal docente de Formación Profesional das familias de Servizos Socioculturais e á Comunidade, e Sanidade, valora o aprendizaxe-servizo polos seus beneficios, pero a súa implementación é limitada. Aínda que as experiencias adoitan ser satisfactorias e melloran as competencias do alumnado, existen dificultades prácticas e falta de formación.

Efectividade e afectividade da probabilidade dende a experimentación en 4º da ESO
Autoría
A.P.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
A.P.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
11.02.2025 17:00
11.02.2025 17:00
Resumo
O obxectivo deste traballo é desenvolver unha proposta didáctica para o ensino da probabilidade en 4º da ESO. O proxecto busca a ensinanza dos conceptos e a consecución das competencias asociadas á probabilidade dende unha perspectiva máis experimental, na que o emprego de materiais manipulables e interactivos para realizar experimentos e simulacións na aula terá especial importancia. En primeiro lugar, realizarase unha revisión bibliográfica sobre o ensino da probabilidade na secundaria, na que se fará especial fincapé nas principais dificultades xa sinaladas por outros autores e na importancia do dominio afectivo do alumnado. Seguidamente, preséntase unha proposta didáctica que pretende remediar estas dificultades dunha maneira amena e interactiva que motive ao alumnado, ao mesmo tempo que se amosa a vinculación da probabilidade co mundo real. Por último, grazas a uns cuestionarios que o alumando cubrirá antes e despois da proposta, discutirase o seu éxito e eficacia tanto a nivel académico como do dominio afectivo.
O obxectivo deste traballo é desenvolver unha proposta didáctica para o ensino da probabilidade en 4º da ESO. O proxecto busca a ensinanza dos conceptos e a consecución das competencias asociadas á probabilidade dende unha perspectiva máis experimental, na que o emprego de materiais manipulables e interactivos para realizar experimentos e simulacións na aula terá especial importancia. En primeiro lugar, realizarase unha revisión bibliográfica sobre o ensino da probabilidade na secundaria, na que se fará especial fincapé nas principais dificultades xa sinaladas por outros autores e na importancia do dominio afectivo do alumnado. Seguidamente, preséntase unha proposta didáctica que pretende remediar estas dificultades dunha maneira amena e interactiva que motive ao alumnado, ao mesmo tempo que se amosa a vinculación da probabilidade co mundo real. Por último, grazas a uns cuestionarios que o alumando cubrirá antes e despois da proposta, discutirase o seu éxito e eficacia tanto a nivel académico como do dominio afectivo.
Dirección
CASTIÑEIRA VEIGA, GONZALO (Titoría)
CASTIÑEIRA VEIGA, GONZALO (Titoría)
Tribunal
VARELA PORTELA, CRISTINA (Presidente/a)
GONZALEZ SEQUEIROS, PABLO (Secretario/a)
CASAS QUIROGA, LUCIA (Vogal)
VARELA PORTELA, CRISTINA (Presidente/a)
GONZALEZ SEQUEIROS, PABLO (Secretario/a)
CASAS QUIROGA, LUCIA (Vogal)
(Re)presentadxs: arte e disidencia LGTBIQA+ (1950-1980). Proposta didáctica para reflexionar sobre diversidade sexual e de xénero no Bachalerato Artístico
Autoría
E.P.T.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
E.P.T.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
09.07.2025 13:30
09.07.2025 13:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster aborda, dende as ciencias sociais, as identidades e corporalidades disidentes. Por medio dunha revisión historiográfica, búscase evidenciar as resistencias á presenza destas identidades e corporalidades. Como resposta, deséñase e aplica unha proposta didáctica orientada a reverter estas exclusións, recoñecendo a importancia destas identidades na historia e a súa contribución ás prácticas sociais e culturais. Dita proposta realizouse nun instituto da cidade de Pontevedra co alumnado de 2º de Bacharelato Artístico, como proba piloto dirixida á promoción dunha educación máis inclusiva e respectuosa coa diversidade.

PERMUY MARTINEZ, AIXA (Titoría)
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Titoría)
Tribunal
Castro Fernández, Belén María (Coordinador)
MIGUES RODRIGUEZ, VITOR MANUEL (Secretario/a)
SANJUAN ROCA, MARIA DEL MAR (Vogal)
Castro Fernández, Belén María (Coordinador)
MIGUES RODRIGUEZ, VITOR MANUEL (Secretario/a)
SANJUAN ROCA, MARIA DEL MAR (Vogal)
Proposta de inclusión educativa: A lectura fácil para o alumnado con dificultades de comprensión lectora na Educación Secundaria Obrigatoria
Autoría
C.P.A.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
C.P.A.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
11.02.2025 12:00
11.02.2025 12:00
Resumo
A lectura fácil é un método no que se recollen un conxunto de pautas para empregar en textos escritos, poder adaptalos e lograr a comprensión do seu contido nas persoas con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (dende agora, NEAE), con discapacidade intelectual ou trastornos do desenvolvemento. Así mesmo, un dos requisitos que establece a norma UNE para poder acreditar un documento como “texto adaptado á lectura fácil” é o de estar validado polas propias persoas usuarias. Á súa vez, é de obrigada necesidade investigar outros aspectos secundarios: analizar se as barreiras actuais na comprensión lectora poden estar vinculadas co fracaso escolar e reflexionar sobre o panorama normativo actual e se responde a garantir os dereitos das persoas con NEAE a recibir un ensino en igualdade de condicións ca o resto da sociedade. Na presente proposta de inclusión educativa expoñeranse variados motivos que ratifican a posibilidade de introducir a lectura fácil na bagaxe de recursos e metodoloxías da docencia ordinaria, co obxectivo de ofrecer un ensino inclusivo e adaptado ás necesidades do alumnado que presente dificultades de comprensión lectora. Polo tanto, o principal cometido será o de indagar na literatura para coñecer as diferentes posturas sobre os métodos máis eficaces de aplicación entre o alumnado con dificultades de comprensión lectora e, asemade, que recolla toda a información necesaria acerca da lectura fácil e dos seus beneficios; seguidamente, realizarase unha proposta de intervención para integrar este recurso nos centros de estudo de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). Por conseguinte, será preciso contar cunha análise na que se avalíe a posibilidade real de implementar a lectura fácil na docencia no periodo dun curso académico, así como de establecer posibles alternativas de activación inmediata que cumpran cunha función semellante, como pode ser a escritura sinxela.

Mulleres do mar: transmisión dos coñecementos no marisqueo a pé. O caso da Confraría de San Telmo de Pontevedra.
Autoría
T.P.N.
Máster Universitario en Igualdade, Xénero e Educación
T.P.N.
Máster Universitario en Igualdade, Xénero e Educación
Data da defensa
27.06.2025 11:10
27.06.2025 11:10
Resumo
A presente investigación céntrase na Confraría de San Telmo de Pontevedra, para examinar o papel da feminización do marisqueo a pé na transmisión interxeracional dos coñecementos tradicionais, atendendo á influencia que puido ter a profesionalización do sector, que se estendeu ata comezos dos 2000 e os cambios derivados desta, como a incorporación progresiva dos homes. Isto xorde da necesidade de comprender como as mulleres mariscadoras, tradicionalmente vinculadas a este oficio, teñen contribuído á preservación dos saberes ancestrais e á configuración dunha identidade profesional e cultural singular. A través de entrevistas, enquisas, un grupo de discusión e de revisións documentais, explórase, en base a un contexto bibliográfico e ás propias perspectivas das persoas traballadoras deste eido, a relación entre xénero, tradición, modernización e sustentabilidade no marisqueo a pé. Desta maneira, este traballo pretende contribuír á visibilización do papel das mulleres no sector marítimo e ofrecer unha perspectiva que permita repensar o futuro do marisqueo a pé, integrando tradición e innovación desde unha mirada crítica e comprometida coas comunidades costeiras.
A presente investigación céntrase na Confraría de San Telmo de Pontevedra, para examinar o papel da feminización do marisqueo a pé na transmisión interxeracional dos coñecementos tradicionais, atendendo á influencia que puido ter a profesionalización do sector, que se estendeu ata comezos dos 2000 e os cambios derivados desta, como a incorporación progresiva dos homes. Isto xorde da necesidade de comprender como as mulleres mariscadoras, tradicionalmente vinculadas a este oficio, teñen contribuído á preservación dos saberes ancestrais e á configuración dunha identidade profesional e cultural singular. A través de entrevistas, enquisas, un grupo de discusión e de revisións documentais, explórase, en base a un contexto bibliográfico e ás propias perspectivas das persoas traballadoras deste eido, a relación entre xénero, tradición, modernización e sustentabilidade no marisqueo a pé. Desta maneira, este traballo pretende contribuír á visibilización do papel das mulleres no sector marítimo e ofrecer unha perspectiva que permita repensar o futuro do marisqueo a pé, integrando tradición e innovación desde unha mirada crítica e comprometida coas comunidades costeiras.
Dirección
PIÑEIRO ANTELO, MARIA DE LOS ANGELES (Titoría)
PIÑEIRO ANTELO, MARIA DE LOS ANGELES (Titoría)
Tribunal
GOMEZ VAZQUEZ, BEGOÑA (Presidente/a)
LABORA GONZALEZ, JUAN JOSE (Secretario/a)
Sampedro Vizcaya, María José (Vogal)
GOMEZ VAZQUEZ, BEGOÑA (Presidente/a)
LABORA GONZALEZ, JUAN JOSE (Secretario/a)
Sampedro Vizcaya, María José (Vogal)
A perspectiva de xénero como reto na ensinanza da Historia
Autoría
A.D.P.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
A.D.P.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
07.07.2025 19:00
07.07.2025 19:00
Resumo
O presente traballo analiza críticamente o ensino da materia Xeografía e Historia na Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), con especial atención á incorporación da perspectiva de xénero e outras miradas sociais habitualmente ausentes nos contidos desta. Revísase o enfoque tradicional que está presente na materia, co fin de abordar a historia desde un enfoque inclusivo, interdisciplinar e comprometido coa xustiza social e o enfoque desde a coeducación e a Educación de Desenvolvemento Sostible, tendo en conta a formación do profesorado e os materiais didácticos presentes no ensino. Desta maneira, materializar a disciplina como unha ciencia social, promovendo un ensino de coñecementos que forme cidadanía activa, reflexiva e consciente da pluralidade de voces que constrúen o relato histórico.
O presente traballo analiza críticamente o ensino da materia Xeografía e Historia na Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), con especial atención á incorporación da perspectiva de xénero e outras miradas sociais habitualmente ausentes nos contidos desta. Revísase o enfoque tradicional que está presente na materia, co fin de abordar a historia desde un enfoque inclusivo, interdisciplinar e comprometido coa xustiza social e o enfoque desde a coeducación e a Educación de Desenvolvemento Sostible, tendo en conta a formación do profesorado e os materiais didácticos presentes no ensino. Desta maneira, materializar a disciplina como unha ciencia social, promovendo un ensino de coñecementos que forme cidadanía activa, reflexiva e consciente da pluralidade de voces que constrúen o relato histórico.
Dirección
SANJUAN ROCA, MARIA DEL MAR (Titoría)
SANJUAN ROCA, MARIA DEL MAR (Titoría)
Tribunal
ARMAS QUINTA, FRANCISCO JOSE (Presidente/a)
SOUTO BLANCO, MARIA JESUS (Secretario/a)
PASTORIZA ROZAS, JOSE LUIS (Vogal)
ARMAS QUINTA, FRANCISCO JOSE (Presidente/a)
SOUTO BLANCO, MARIA JESUS (Secretario/a)
PASTORIZA ROZAS, JOSE LUIS (Vogal)
Análise das representacións das masculinidades disidentes na LIX galega: cara unha deconstrución na Educación Primaria
Autoría
D.P.D.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
D.P.D.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Data da defensa
14.07.2025 12:00
14.07.2025 12:00
Resumo
As masculinidades disidentes lanzan unha chamada de auxilio desde idades temperás, afogadas nun sistema de sexo-xénero que impón o seu silencio e marxinación. O presente Traballo de Fin de Mestrado aborda a necesidade de repensar os modelos de masculinidade presentados ao alumnado, especialmente na etapa de Educación Primaria a través da investigación-acción. A intervención educativa sostense na idea de que a literatura infantil e xuvenil é capaz de ofrecer unha nova maneira de ler a sociedade grazas as obras, as personaxes e a súa pertinente reflexión, fuxindo dos discursos dominantes que imperan nas realidades do alumnado. Os resultados da intervención -materializados nunha obra artístico-literaria- evidencian o impacto de metodoloxías innovadoras sensibles a estas realidades en prol de crear un mundo máis xusto que fuxe da violencia entre iguais.
As masculinidades disidentes lanzan unha chamada de auxilio desde idades temperás, afogadas nun sistema de sexo-xénero que impón o seu silencio e marxinación. O presente Traballo de Fin de Mestrado aborda a necesidade de repensar os modelos de masculinidade presentados ao alumnado, especialmente na etapa de Educación Primaria a través da investigación-acción. A intervención educativa sostense na idea de que a literatura infantil e xuvenil é capaz de ofrecer unha nova maneira de ler a sociedade grazas as obras, as personaxes e a súa pertinente reflexión, fuxindo dos discursos dominantes que imperan nas realidades do alumnado. Os resultados da intervención -materializados nunha obra artístico-literaria- evidencian o impacto de metodoloxías innovadoras sensibles a estas realidades en prol de crear un mundo máis xusto que fuxe da violencia entre iguais.
Dirección
PENA PRESAS, MONSERRAT (Titoría)
PENA PRESAS, MONSERRAT (Titoría)
Tribunal
GARCIA ANTELO, BEATRIZ (Presidente/a)
FAYA CERQUEIRO, FATIMA MARIA (Secretario/a)
NEIRA RODRIGUEZ, MARTA (Vogal)
GARCIA ANTELO, BEATRIZ (Presidente/a)
FAYA CERQUEIRO, FATIMA MARIA (Secretario/a)
NEIRA RODRIGUEZ, MARTA (Vogal)
O estudo da formación das rías galegas nas aulas de xeoloxía
Autoría
U.P.L.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
U.P.L.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
10.07.2025 11:00
10.07.2025 11:00
Resumo
Neste Traballo de Fin de Máster (TFM) preséntase unha proposta didáctica no marco da materia “Xeoloxía e Ciencias Ambientais” de segundo de Bacharelato tomando como eixo central o estudo das rías galegas. A partires da premisa de que a xeoloxía é unha disciplina pouco atractiva para o alumnado, o que se reflexa (entre outros aspectos) nas escasas matriculacións que ten dita materia nas Probas de Acceso á Universidade (PAU), proponse un enfoque de aprendizaxe situada, aproveitando elementos próximos ao estudantado como é a contorna litoral. A proposta busca desenvolver tres das oito competencias clave: a competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría (STEM), a competencia en comunicación lingüística (CCL), e a competencia dixital (CD). Isto realízase a través de actividades de exploración, de introdución de novos puntos de vista, de estruturación, e de aplicación (é dicir, dende o máis concreto e sinxelo ata o máis abstracto e complexo). Ademais as rías galegas son comparadas con fiordes noruegos, xa que ambos son formacións xeolóxicas moi características. Esta comparativa permite establecer paralelismos entre unha aprendizaxe próxima e outra máis coñecida. Ademais realízase a proposta dun deseño dunha páxina web empregando Google Sites. Pese a que non puido ser implementada, i.e. levada á aula, durante o Practicum realizado no IES A Basella, esta proposta ten o potencial de poder contribuír a mellorar a consciencia ambiental do alumnado, creando vínculos positivos coa súa contorna que axuden a comprender e valorar o patrimonio xeolóxico.

SANMARTIN SANCHEZ, PATRICIA (Titoría)
SANMARTIN SANCHEZ, PATRICIA (Titoría)
Tribunal
BROCOS MOSQUERA, PABLO (Presidente/a)
Couce Santalla, Ana Isabel (Secretario/a)
CASAS QUIROGA, LUCIA (Vogal)
BROCOS MOSQUERA, PABLO (Presidente/a)
Couce Santalla, Ana Isabel (Secretario/a)
CASAS QUIROGA, LUCIA (Vogal)
Proposta didáctica sobre a formación das rías galegas para a aula de xeoloxía en 2 de bacharelato
Autoría
U.P.L.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
U.P.L.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
08.09.2025 17:00
08.09.2025 17:00
Resumo
Neste Traballo de Fin de Máster (TFM) preséntase unha proposta didáctica no marco da materia “Xeoloxía e Ciencias Ambientais” de segundo de Bacharelato tomando como eixo central o estudo das rías galegas. A partires da premisa de que a xeoloxía é unha disciplina pouco atractiva para o alumnado, o que se reflexa (entre outros aspectos) nas escasas matriculacións que ten dita materia nas Probas de Acceso á Universidade (PAU), proponse un enfoque de aprendizaxe situada, aproveitando elementos próximos ao estudantado como é a contorna litoral. Isto realízase a través de actividades de exploración, de introdución de novos puntos de vista, de estruturación, e de aplicación (é dicir, dende o máis concreto e sinxelo ata o máis abstracto e complexo). Ademais as rías galegas son comparadas con fiordes noruegos, xa que ambos son formacións xeolóxicas moi características. Esta comparativa permite establecer paralelismos entre unha aprendizaxe próxima e outra máis coñecida. Ademais realízase a proposta dun deseño dunha páxina web empregando Google Sites. Pese a que non puido ser implementada, i.e. levada á aula, durante o Practicum realizado no IES A Basella, esta proposta ten o potencial de poder contribuír a mellorar a consciencia ambiental do alumnado, creando vínculos positivos coa súa contorna que axuden a comprender e valorar o patrimonio xeolóxico.

La influencia de las redes sociales en la configuración de identidades de los adolescentes: propuesta de intervención.
Autoría
I.P.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
I.P.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
09.07.2025 12:30
09.07.2025 12:30
Resumo
El presente trabajo presenta como finalidad principal contribuir al diseño de una propuesta de intervención educativa cuyo objetivo se centra en analizar la influencia de las redes sociales en la configuración de la identidad adolescente y plantear una respuesta educativa desde la acción tutorial para mitigar sus efectos. Para ello, el trabajo se estructura en dos partes claramente diferenciadas. La primera de ellas se centra en una revisión bibliográfica que fundamenta teóricamente la temática abordada. Por su parte, en la segunda, se realiza un análisis y diagnóstico del contexto de un centro educativo para realizar el diseño de la intervención tomando en consideración las necesidades detectadas en el centro. En concreto, la propuesta diseñada se centra en el desarrollo de la autorregulación emocional y en el fortalecimiento de la autoestima y el autoconcepto, con el fin de promover un uso de las redes sociales respetuoso con la identidad del alumnado. Se concluye que la intervención tutorial puede ser una herramienta eficaz para acompañar al adolescente en la construcción de su identidad en entornos digitales, potenciando, de este modo, su bienestar emocional y su desarrollo personal.
El presente trabajo presenta como finalidad principal contribuir al diseño de una propuesta de intervención educativa cuyo objetivo se centra en analizar la influencia de las redes sociales en la configuración de la identidad adolescente y plantear una respuesta educativa desde la acción tutorial para mitigar sus efectos. Para ello, el trabajo se estructura en dos partes claramente diferenciadas. La primera de ellas se centra en una revisión bibliográfica que fundamenta teóricamente la temática abordada. Por su parte, en la segunda, se realiza un análisis y diagnóstico del contexto de un centro educativo para realizar el diseño de la intervención tomando en consideración las necesidades detectadas en el centro. En concreto, la propuesta diseñada se centra en el desarrollo de la autorregulación emocional y en el fortalecimiento de la autoestima y el autoconcepto, con el fin de promover un uso de las redes sociales respetuoso con la identidad del alumnado. Se concluye que la intervención tutorial puede ser una herramienta eficaz para acompañar al adolescente en la construcción de su identidad en entornos digitales, potenciando, de este modo, su bienestar emocional y su desarrollo personal.
Dirección
CEINOS SANZ, MARIA CRISTINA (Titoría)
CEINOS SANZ, MARIA CRISTINA (Titoría)
Tribunal
Castro Fernández, Belén María (Coordinador)
MIGUES RODRIGUEZ, VITOR MANUEL (Secretario/a)
SANJUAN ROCA, MARIA DEL MAR (Vogal)
Castro Fernández, Belén María (Coordinador)
MIGUES RODRIGUEZ, VITOR MANUEL (Secretario/a)
SANJUAN ROCA, MARIA DEL MAR (Vogal)
Tecendo as transformacións da contemporaneidade: as mulleres na España dos séculos XX-XXI
Autoría
D.P.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
D.P.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
09.07.2025 10:00
09.07.2025 10:00
Resumo
O tratamento tradicional que a Historia lle ofreceu á muller, en tanto que suxeito con protagonismo de seu, defínese por unha discriminación estrutural a todos os niveis. Así, a historia da metade da poboación ficou asolagada e subordinada respecto dos relatos dominantes, eminentemente androcéntricos, motivando un inverno historiográfico inapelable e apenas mitigado nas últimas décadas. Ao unísono, este vector de subordinación da historia da muller e o feminino, fronte ao home e o masculino, tradúcese nun forte silenciamento dentro da escola e as aulas de educación secundaria; herdado e afianzado, mais incoherente na empresa de construír/ensinar unha historia de verdadeiro valor. O presente traballo, por tanto, pretende confrontar esta situación presentando un breve percorrido teórico sobre os avances e limitacións da igualdade de xénero, tanto no plano historiográfico como didáctico, en relación á historia con perspectiva de xénero e a singradura da muller española dende o século XX. Así, o obxectivo último remite á descrición dunha proposta de ensinanza situada na materia de Historia de España en 2º de Bacharelato, levaba á práctica en tres grupos da educación secundaria de Galicia durante catro sesións. Conceptos como os avances sociais, a relevancia das mulleres na historia ou as achegas da historia das mulleres ao ensino serán combinados con tres estratexias metodolóxicas: o tratamento das fontes escritas, o estudo de imaxes-iconografías e o debate. Finalmente, procédese á avaliación dos resultados mediante a análise dos diversos materiais confeccionados polos estudantes.

DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Presidente/a)
CEINOS SANZ, MARIA CRISTINA (Secretario/a)
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Vogal)
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Presidente/a)
CEINOS SANZ, MARIA CRISTINA (Secretario/a)
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Vogal)
A novena arte nas aulas aulas de galego: unha proposta para 3º da ESO
Autoría
P.P.D.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
P.P.D.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
10.07.2025 16:00
10.07.2025 16:00
Resumo
No ámbito educativo actual, a integración de recursos innovadores resulta fundamental para renovar as metodoloxías tradicionais e favorecer o desenvolvemento integral das competencias do alumnado. Este Traballo de Fin de Máster (TFM) ten como obxectivo demostrar a potencialidade didáctica da literatura gráfica, especialmente da banda deseñada e do cómic poético, ao tempo que se reivinda o seu carácter de xénero literario lexítimo e a súa utilidade no ensino das linguas. Para isto, lévase a cabo unha análise da traxectoria deste xénero na literatura galega, así como a súa evolución como medio de expresión artística e ferramenta pedagóxica. Este marco teórico serve de base para o deseño dunha proposta de unidade didáctica dirixida a 3º da ESO, pensada para estimular o interese do alumnado e fomentar o desenvolvemento das súas competencias comunicativas e artísticas. Así mesmo, búscase exemplificar unha aplicación práctica e contextualizadora dos contidos currriculares traballados na aula.
No ámbito educativo actual, a integración de recursos innovadores resulta fundamental para renovar as metodoloxías tradicionais e favorecer o desenvolvemento integral das competencias do alumnado. Este Traballo de Fin de Máster (TFM) ten como obxectivo demostrar a potencialidade didáctica da literatura gráfica, especialmente da banda deseñada e do cómic poético, ao tempo que se reivinda o seu carácter de xénero literario lexítimo e a súa utilidade no ensino das linguas. Para isto, lévase a cabo unha análise da traxectoria deste xénero na literatura galega, así como a súa evolución como medio de expresión artística e ferramenta pedagóxica. Este marco teórico serve de base para o deseño dunha proposta de unidade didáctica dirixida a 3º da ESO, pensada para estimular o interese do alumnado e fomentar o desenvolvemento das súas competencias comunicativas e artísticas. Así mesmo, búscase exemplificar unha aplicación práctica e contextualizadora dos contidos currriculares traballados na aula.
Dirección
BOURGOIN VERGONDY, EMMANUEL CLAUDE (Titoría)
BOURGOIN VERGONDY, EMMANUEL CLAUDE (Titoría)
Tribunal
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Presidente/a)
GARBAYO MONTABES, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
NOGUEIRA PEREIRA, MARIA XESUS (Vogal)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Presidente/a)
GARBAYO MONTABES, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
NOGUEIRA PEREIRA, MARIA XESUS (Vogal)
Ás novas narrativas en redes sociais: unha análise cualitatuva dos discursos da manosfera en instagram dende a perspectiva de xénero.
Autoría
E.P.C.
Máster Universitario en Igualdade, Xénero e Educación
E.P.C.
Máster Universitario en Igualdade, Xénero e Educación
Data da defensa
14.02.2025 10:00
14.02.2025 10:00
Resumo
O presente traballo, enmarcado na modalidade de investigación cualitativa, ten coma finalidade estudar en profundidade os discursos promulgados polos grupos pertencentes a manosfera na rede social Instagram dende unha perspectiva de xénero. Para isto, procedeuse ao análise dás publicacións de maior número de visualizacións e likes, de seis persoas creadoras de contido que aluden a necesidade dun traballo interdisciplinar para combatir os discursos misóxenos e alcanzar unha sociedade igualitaria e inclusiva para todas as persoas.
O presente traballo, enmarcado na modalidade de investigación cualitativa, ten coma finalidade estudar en profundidade os discursos promulgados polos grupos pertencentes a manosfera na rede social Instagram dende unha perspectiva de xénero. Para isto, procedeuse ao análise dás publicacións de maior número de visualizacións e likes, de seis persoas creadoras de contido que aluden a necesidade dun traballo interdisciplinar para combatir os discursos misóxenos e alcanzar unha sociedade igualitaria e inclusiva para todas as persoas.
Dirección
MOSTEIRO GARCIA, MARIA JOSEFA (Titoría)
MOSTEIRO GARCIA, MARIA JOSEFA (Titoría)
Tribunal
DIZ OTERO, ISABEL (Presidente/a)
VILLALBA SANCHEZ, ALICIA (Secretario/a)
AÑON LOUREIRO, LORENA (Vogal)
DIZ OTERO, ISABEL (Presidente/a)
VILLALBA SANCHEZ, ALICIA (Secretario/a)
AÑON LOUREIRO, LORENA (Vogal)
Que historia ensinar? A educación no franquismo e o estudo da historia. Intervención educativa para 4º de Educación Secundaria para Adultos
Autoría
N.P.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
N.P.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
08.07.2025 16:00
08.07.2025 16:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster recolle o deseño e a aplicación dunha proposta de ensinanza para o Módulo 4 de Educación Secundaria para Adultos, no Ámbito Social. O obxectivo principal é aproximar ao alumnado a un período decisivo da Historia de España, o franquismo, dende a educación pública do momento. Esta temática resulta pertinente pola súa relevancia histórica para a comprensión dun pasado recente con profundas repercusións na construción da memoria democrática. A intervención didáctica céntrase na análise crítica do ensino da historia como un mecanismo de lexitimación e control social polo réxime franquista, empregando distintas fontes históricas e fomentando o debate reflexivo na aula. A intervención educativa deriva nuns resultados que evidencian unha clara disposición do alumnado a tratar temas históricos problemáticos, así como un interese por unha ensinanza máis crítica e profunda, capaz de mostrar a complexidade dos feitos históricos sen simplificacións nin discursos polarizados. Así, favorécese o desenvolvemento do pensamento histórico e o fortalecemento da memoria democrática no contexto da educación de persoas adultas.

DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES Cotitoría
IGLESIAS SOUTO, PATRICIA MARIA (Titoría)
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES Cotitoría
Tribunal
GARCIA ANTELO, BEATRIZ (Presidente/a)
PIÑEIRA MANTIÑAN, MARIA JOSE (Secretario/a)
LOPEZ MONDEJAR, MARIA LETICIA (Vogal)
GARCIA ANTELO, BEATRIZ (Presidente/a)
PIÑEIRA MANTIÑAN, MARIA JOSE (Secretario/a)
LOPEZ MONDEJAR, MARIA LETICIA (Vogal)
Diáspora e comunidade en Meis: unha proposta educativa para o ensino das realidades migratorias e os desafíos do rural.
Autoría
N.P.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
N.P.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
08.07.2025 17:00
08.07.2025 17:00
Resumo
A migración ten unha forte presenza na Historia Contemporánea Galega, supoñendo unha oportunidade á hora de traballar a interculturalidade e a realidade migratoria na aula de Xeografía e Historia na ESO para unha educación democrática. O presente traballo céntrase no deseño e aplicación dunha situación de aprendizaxe arredor da migración, o ensino e as pegadas dos mesmos no territorio de Meis. Neste contexto, é salientable a fundación de escolas indianas, a diáspora a Europa e o compromiso comunitario en diversos proxectos educativos. Os obxectivos do estudo son identificar os contidos e posibles estratexias no ensino da migración na aula de secundaria; deseñar e implementar unha proposta didáctica a partir do contexto, patrimonio e historia local; e desenvolver o pensamento crítico do alumnado a través de metodoloxías activas, técnicas de grupo na aula e manexo de fontes orais. Combínanse investigación documental de referentes didácticos e historiográficos; con investigación de campo. Emprégase unha metodoloxía mixta: recolección e análise de datos cuantitativos e cualitativos. Os resultados obtidos mostran que o alumnado comprendeu as razóns principais das migracións e dos proxectos comunitarios; desenvolveu empatía polas realidades tratadas e recoñeceu a importancia do apoio colectivo para o coidado da contorna e a integración social.

Booktok, a comunidade lectora viral en redes como condicionamento das escollas literarias na adolescencia
Autoría
L.R.L.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
L.R.L.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
10.07.2025 17:00
10.07.2025 17:00
Resumo
A participación dos influencers afecta a moitas dimensión da vida cotiá, entre elas cabe destacar como as súas opinións expresadas en Booktok inflúen na toma de decisións de persoas adolescentes á hora de elixir libros. Denomínase Booktok ao contido da rede social TikTok, unha aplicación na que se suben vídeos diversos, relacionado con libros, de maneira que se poden atopar innumerables recomendación de lectura ao alcance de millóns de persoas. O presente traballo, abordado desde unha perspectiva crítica, ten como obxectivo xeral estudar e valorar o impacto das redes sociais no ámbito lector na etapa da adolescencia. Os resultados obtidos indican que as lecturas dos/as s/as adolescentes están influenciadas polas videorreseñas destes perfís de booktokers, correspondentes, xeralmente, con mulleres novas que recomendan os xéneros romántico e fantástico, o que significa que os hábitos de lectura actuais se foron transformando paulatinamente, abandonando a lectura crítica en favor da lectura como actividade de consumo, aumentando a súa aparición en formato dixital. Neste sentido, a escola cobra especial importancia en tanto que ten a capacidade de introducir este método nas aulas en favor da literatura.

Taboada Ares, Eva María Cotitoría
PARDO PEREZ, JUAN CARLOS (Titoría)
Taboada Ares, Eva María Cotitoría
Tribunal
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Presidente/a)
GARBAYO MONTABES, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
NOGUEIRA PEREIRA, MARIA XESUS (Vogal)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Presidente/a)
GARBAYO MONTABES, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
NOGUEIRA PEREIRA, MARIA XESUS (Vogal)
O ensino dos marcadores discursivos conversacionais na aula de Português Língua Estrangeira
Autoría
C.R.S.D.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
C.R.S.D.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
08.07.2025 12:30
08.07.2025 12:30
Resumo
O presente trabalho descreve um estudo de caso desenvolvido durante o Practicum II realizado no âmbito do Mestrado Universitário em Professorado de Educação Secundária Obrigatória e Bacharelato, Formação Profissional e Ensino de Idiomas. O estudo desenvolveu-se junto de estudantes adultos de português, no nível de proficiência avançado C2, com o objetivo de testar as potencialidades pedagógico-didáticas de gravações de conversas informais autênticas, na aquisição dos marcadores discursivos conversacionais do registo informal. Tendo em conta o Estado da Arte e a análise do contexto de intervenção, foi desenhada e implementada uma proposta didática, adotando uma gravação autêntica como recurso central da planificação de atividades e orientada à concretização de uma tarefa final de coprodução oral. Procedeu-se, paralelamente, à recolha e análise de dados. Os resultados obtidos confirmam a necessidade de incluir na prática letiva o estudo dos marcadores discursivos conversacionais e das demais marcas características da oralidade, bem como a pertinência da utilização de gravações de conversas informais autênticas para este fim.

Do campo de batalla á aula: un breakout educativo sobre a Guerra das Rosas na aula de inglés como L2
Autoría
R.R.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
R.R.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
11.07.2025 10:00
11.07.2025 10:00
Resumo
No ensino de linguas estranxeiras, na educación secundaria, o emprego de xogos e o ensino da historia están, habitualmente, relegados a un segundo plano a pesar de que os xogos contan cun gran potencial pedagóxico e de que a historia é unha disciplina fundamental para o alumnado. Neste traballo preténdese demostrar como os xogos poden ser unha ferramenta de gran utilidade no proceso de ensino-aprendizaxe. Para iso, púxose en práctica en dous grupos de 1º da ESO un breakout educativo (un en formato analóxico e outro en formato dixital) que ten como fío condutor a Guerra das Rosas (1455-1487). Este é un recurso innovador que pon o foco no alumnado e que busca espertar a súa motivación, así como a participación activa e a cooperación. Os resultados obtidos tras a posta en práctica do breakout amosaron que esta é unha ferramenta que non só motivou ao alumnado e axudou a reforzar uns contidos curriculares, senón que permitiu aos discentes aprender sobre a Guerra das Rosas.
No ensino de linguas estranxeiras, na educación secundaria, o emprego de xogos e o ensino da historia están, habitualmente, relegados a un segundo plano a pesar de que os xogos contan cun gran potencial pedagóxico e de que a historia é unha disciplina fundamental para o alumnado. Neste traballo preténdese demostrar como os xogos poden ser unha ferramenta de gran utilidade no proceso de ensino-aprendizaxe. Para iso, púxose en práctica en dous grupos de 1º da ESO un breakout educativo (un en formato analóxico e outro en formato dixital) que ten como fío condutor a Guerra das Rosas (1455-1487). Este é un recurso innovador que pon o foco no alumnado e que busca espertar a súa motivación, así como a participación activa e a cooperación. Os resultados obtidos tras a posta en práctica do breakout amosaron que esta é unha ferramenta que non só motivou ao alumnado e axudou a reforzar uns contidos curriculares, senón que permitiu aos discentes aprender sobre a Guerra das Rosas.
Dirección
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA (Titoría)
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA (Titoría)
Tribunal
ZAS VARELA, MARIA LUZ (Presidente/a)
PEREIRA ROMASANTA, RAQUEL (Secretario/a)
FERNANDEZ VAZQUEZ, MARIA DEL MAR (Vogal)
ZAS VARELA, MARIA LUZ (Presidente/a)
PEREIRA ROMASANTA, RAQUEL (Secretario/a)
FERNANDEZ VAZQUEZ, MARIA DEL MAR (Vogal)
O corpus lingüístico como ferramenta no ensino de marcadores discursivos en español como lingua estranxeira: unha proposta didáctica para a Escola Oficial de Idiomas
Autoría
L.R.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
L.R.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
09.07.2025 16:00
09.07.2025 16:00
Resumo
A incorporación das novas tecnoloxías ao ensino de idiomas permite ao profesorado acceder a unha ampla gama de recursos escritos e orais para deseñar materiais e actividades didácticas que respondan ás necesidades de aprendizaxe da lingua estranxeira. Un recurso que adquiriu gran relevancia nos últimos anos é o corpus lingüístico, xa que pasou de ser un instrumento de investigación a unha valiosa ferramenta didáctica. Esta proposta ten como obxectivo introducir o seu uso no ensino do español como lingua estranxeira (ELE) en niveis avanzados no contexto da Escola Oficial de Idiomas (EOI). Detallaranse os antecedentes e o estado actual da cuestión en canto aos corpus de referencia para o ensino de ELE, os seus posibles usos e a súa relevancia tanto para o profesorado como para o alumnado no ámbito da EOI. Formularase unha proposta de aplicación didáctica que utilice o Corpus de Referencia do Español Actual (CREA) para abordar os marcadores discursivos. Esta proposta busca mellorar a aprendizaxe en aspectos relacionados coa competencia comunicativa do alumnado, incorporar o uso de ferramentas dixitais na aula de idiomas e abordar os posibles desafíos metodolóxicos que poidan xurdir.
A incorporación das novas tecnoloxías ao ensino de idiomas permite ao profesorado acceder a unha ampla gama de recursos escritos e orais para deseñar materiais e actividades didácticas que respondan ás necesidades de aprendizaxe da lingua estranxeira. Un recurso que adquiriu gran relevancia nos últimos anos é o corpus lingüístico, xa que pasou de ser un instrumento de investigación a unha valiosa ferramenta didáctica. Esta proposta ten como obxectivo introducir o seu uso no ensino do español como lingua estranxeira (ELE) en niveis avanzados no contexto da Escola Oficial de Idiomas (EOI). Detallaranse os antecedentes e o estado actual da cuestión en canto aos corpus de referencia para o ensino de ELE, os seus posibles usos e a súa relevancia tanto para o profesorado como para o alumnado no ámbito da EOI. Formularase unha proposta de aplicación didáctica que utilice o Corpus de Referencia do Español Actual (CREA) para abordar os marcadores discursivos. Esta proposta busca mellorar a aprendizaxe en aspectos relacionados coa competencia comunicativa do alumnado, incorporar o uso de ferramentas dixitais na aula de idiomas e abordar os posibles desafíos metodolóxicos que poidan xurdir.
Dirección
RODRIGUEZ NIETO, SANDRA (Titoría)
RODRIGUEZ NIETO, SANDRA (Titoría)
Tribunal
TRILLO ALONSO, JOSE FELIPE (Presidente/a)
PEREIRA ROMASANTA, RAQUEL (Secretario/a)
FERNANDEZ FERNANDEZ, MARTIN (Vogal)
TRILLO ALONSO, JOSE FELIPE (Presidente/a)
PEREIRA ROMASANTA, RAQUEL (Secretario/a)
FERNANDEZ FERNANDEZ, MARTIN (Vogal)
Violencia durante a Segunda Guerra Mundial: Desenvolvemento da empatía histórica a partir dunha experiencia didáctica innovadora nunha clase de 4º da ESO
Autoría
D.R.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
D.R.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
09.07.2025 10:00
09.07.2025 10:00
Resumo
A Segunda Guerra Mundial foi un dos grandes acontecementos do século XX que produciu cambios a nivel social, político, económico e na mentalidade, podendo identificar as súas implicacións ata o tempo presente. A violencia extrema deste conflito e a degradación total da condición humana que se produciu durante o mesmo, bríndanlle a condición de “historia difícil”, marcando a necesidade de afrontala dende unha perspectiva innovadora para que permita a adquisición dunha serie de valores cívicos e sociais. Nesta liña, a presente investigación educativa recolle cuantitativa e cualitativamente os resultados dunha actuación didáctica na que, a través de metodoloxías activas e un discurso crítico do pasado, o alumnado dun grupo de 4º da ESO puido desenvolver, entre outras competencias do pensamento histórico, a empatía coas persoas “anónimas” que viviron o conflito. Estas competencias observadas non se limitan porén ao plano cognitivo, senón que tamén se valora o factor emocional e a súa relevancia no ensino e aprendizaxe do pasado a través das súas dimensións cívico-sociais.
A Segunda Guerra Mundial foi un dos grandes acontecementos do século XX que produciu cambios a nivel social, político, económico e na mentalidade, podendo identificar as súas implicacións ata o tempo presente. A violencia extrema deste conflito e a degradación total da condición humana que se produciu durante o mesmo, bríndanlle a condición de “historia difícil”, marcando a necesidade de afrontala dende unha perspectiva innovadora para que permita a adquisición dunha serie de valores cívicos e sociais. Nesta liña, a presente investigación educativa recolle cuantitativa e cualitativamente os resultados dunha actuación didáctica na que, a través de metodoloxías activas e un discurso crítico do pasado, o alumnado dun grupo de 4º da ESO puido desenvolver, entre outras competencias do pensamento histórico, a empatía coas persoas “anónimas” que viviron o conflito. Estas competencias observadas non se limitan porén ao plano cognitivo, senón que tamén se valora o factor emocional e a súa relevancia no ensino e aprendizaxe do pasado a través das súas dimensións cívico-sociais.
Dirección
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Titoría)
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Titoría)
Tribunal
Castro Fernández, Belén María (Coordinador)
MIGUES RODRIGUEZ, VITOR MANUEL (Secretario/a)
SANJUAN ROCA, MARIA DEL MAR (Vogal)
Castro Fernández, Belén María (Coordinador)
MIGUES RODRIGUEZ, VITOR MANUEL (Secretario/a)
SANJUAN ROCA, MARIA DEL MAR (Vogal)
Aprender coa tecnoloxía: unha revisión do uso das TIC na educación secundaria española.
Autoría
L.R.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
L.R.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
14.07.2025 17:00
14.07.2025 17:00
Resumo
A incesante evolución das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC) está a transformar o panorama educativo, xerando un cambio de paradigma que posibilita novas modalidades de ensinanza-aprendizaxe. Neste contexto de transformación dixital, o presente Traballo Fin de Máster pretende abordar a relación entre o emprego das Tecnoloxías da Información e Comunicación nas aulas de secundaria a aprendizaxe do alumnado. Para este fin, realízase unha revisión documental da evidencia científica actual no contexto español, centrándose na incorporación das tecnoloxías ao eido escolar para analizar os seus efectos na adquisición de coñecementos dos e das adolescentes. Os resultados acadados evidencian o impacto positivo das tecnoloxías cando estas son integradas con metodoloxías activas, xa que contribúen á adquisición de aprendizaxes máis contextualizadas, personalizadas e significativas.
A incesante evolución das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC) está a transformar o panorama educativo, xerando un cambio de paradigma que posibilita novas modalidades de ensinanza-aprendizaxe. Neste contexto de transformación dixital, o presente Traballo Fin de Máster pretende abordar a relación entre o emprego das Tecnoloxías da Información e Comunicación nas aulas de secundaria a aprendizaxe do alumnado. Para este fin, realízase unha revisión documental da evidencia científica actual no contexto español, centrándose na incorporación das tecnoloxías ao eido escolar para analizar os seus efectos na adquisición de coñecementos dos e das adolescentes. Os resultados acadados evidencian o impacto positivo das tecnoloxías cando estas son integradas con metodoloxías activas, xa que contribúen á adquisición de aprendizaxes máis contextualizadas, personalizadas e significativas.
Dirección
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Titoría)
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Titoría)
Tribunal
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Presidente/a)
LOPEZ FERNANDEZ, CARME (Secretario/a)
VILLAR VARELA, MILENA (Vogal)
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Presidente/a)
LOPEZ FERNANDEZ, CARME (Secretario/a)
VILLAR VARELA, MILENA (Vogal)
Proposta de intervención para mellorar a motivación escolar dos e das adolescentes a través da educación emocional
Autoría
A.R.L.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
A.R.L.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
14.07.2025 18:00
14.07.2025 18:00
Resumo
A motivación no ámbito educativo é unha cuestión pouco traballada por diversos motivos, entre eles a falta de formación do profesorado neste aspecto para facerlle fronte. Así mesmo, a educación emocional resulta fundamental para un axeitado desenvolvemento integral do alumnado e, por tanto, tamén o é para incrementar a súa motivación intrínseca no eido escolar. Por iso, a importancia deste traballo radica na necesidade de non esquecer o benestar e o axeitado desenvolvemento integral dos e das mozos e mozas, para que teñan a oportunidade de transitar pola súa etapa escolar de maneira positiva. Así, este traballo xustifícase neste contexto e con el preténdese deseñar un proxecto de intervención para fomentar a motivación escolar do alumnado de 1º e 2º de Educación Secundaria Obrigatoria da Comunidade Autónoma de Galicia e, ademais, proxectar a importancia da educación emocional na motivación e no éxito académico do alumnado.
A motivación no ámbito educativo é unha cuestión pouco traballada por diversos motivos, entre eles a falta de formación do profesorado neste aspecto para facerlle fronte. Así mesmo, a educación emocional resulta fundamental para un axeitado desenvolvemento integral do alumnado e, por tanto, tamén o é para incrementar a súa motivación intrínseca no eido escolar. Por iso, a importancia deste traballo radica na necesidade de non esquecer o benestar e o axeitado desenvolvemento integral dos e das mozos e mozas, para que teñan a oportunidade de transitar pola súa etapa escolar de maneira positiva. Así, este traballo xustifícase neste contexto e con el preténdese deseñar un proxecto de intervención para fomentar a motivación escolar do alumnado de 1º e 2º de Educación Secundaria Obrigatoria da Comunidade Autónoma de Galicia e, ademais, proxectar a importancia da educación emocional na motivación e no éxito académico do alumnado.
Dirección
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Titoría)
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Titoría)
Tribunal
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Presidente/a)
LOPEZ FERNANDEZ, CARME (Secretario/a)
VILLAR VARELA, MILENA (Vogal)
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Presidente/a)
LOPEZ FERNANDEZ, CARME (Secretario/a)
VILLAR VARELA, MILENA (Vogal)
As Artes Comunitarias como Vivencia de Lecer e Estratexia de Transformación Social. Un estudo de caso da Compañía Caracol
Autoría
A.R.A.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
A.R.A.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
02.09.2025 12:00
02.09.2025 12:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Mestrado centra o seu obxecto de estudo nas Artes Comunitarias como vivencias de lecer e nas súas potencialidades para a intervención socioeducativa. A investigación sitúase nun posicionamento crítico fronte ás lóxicas elitistas e mercantilizadas dos circuítos tradicionais das artes e á apropiación institucional da cultura comunitaria, defendendo a creatividade como un dereito colectivo, unha ferramenta de transformación social e unha estratexia de desenvolvemento persoal e comunitario. O obxectivo principal desta investigación é analizar, en clave socioeducativa, as Artes Comunitarias como vivencia de lecer, a través do estudo de caso da Compañía Caracol. A nivel metodolóxico, o presente estudo de caso susténtase nun enfoque cualitativo, participativo, crítico e conversacional. A recollida de información realizouse mediante a análise de prensa e audiovisual e de dúas entrevistas abertas, unha individual coa persoa de referencia da compañía e outra grupal con participantes da experiencia. Os principais resultados evidencian que as Artes Comunitarias vividas como experiencias de lecer comprometido e libremente escollido, dende a autoxestión e a colaboración comunitaria, posúen potencialidades socioeducativas para: o desenvolemento cognitivo e educativo, promovendo aprendizaxes creativas, comunicativas e imaxinativas e favorecendo o desenvolvemento persoal; o desenvolvemento afectivo e relacional, fomentando a creación de vínculos, o sentido de pertenza, a empatía, a comprensión e a valoración positiva da diferenza; a participación social activa, xerando novas redes de sociabilidade que permiten a implicación en diferentes contextos, fortalecendo os vínculos comunitarios e activando a cultura local; así como para o desenvolvemento da reflexividade crítica e a transformación social, desenvolvendo, a través da imaxinación colectiva, modelos alternativos de convivencia. En conclusión, esta investigación pon de manifesto como as Artes Comunitarias integradas no lecer constitúen unha ferramenta eficaz para o desenvolvemento comunitario dende unha perspectiva situada, crítica e integral, e consolidan o seu papel como estratexia socioeducativa.

Varela Crespo, Laura María (Titoría)
Varela Crespo, Laura María (Titoría)
Tribunal
OLVEIRA OLVEIRA, MARIA ESTHER (Presidente/a)
MIGUEZ SALINA, GABRIELA DOLORES (Secretario/a)
GARCIA VINUESA, ANTONIO (Vogal)
OLVEIRA OLVEIRA, MARIA ESTHER (Presidente/a)
MIGUEZ SALINA, GABRIELA DOLORES (Secretario/a)
GARCIA VINUESA, ANTONIO (Vogal)
Efectos das saídas á contorna na aprendizaxe do alumnado de Educación Primaria: unha proposta de integración de Ciencias Sociais e Educación Física
Autoría
A.R.M.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
A.R.M.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Data da defensa
16.07.2025 18:30
16.07.2025 18:30
Resumo
As saídas didácticas á contorna son unha ferramenta pedagóxica fundamental para promover unha aprendizaxe integral no alumnado de Educación Primaria. Por este motivo, este Traballo de Fin de Máster engloba, a través dunha fundamentación teórica, tres piares interrelacionados que contribúen a unha formación transversal do alumnado, tales como a educación ao aire libre, a educación patrimonial e a práctica de actividade física en contextos naturais. Esta proposta consta dunha parte práctica dirixida a estudantes de terceiro de primaria onde, por medio dunha saída ao Pazo de Santa Cruz de Rivadulla, preténdese a adquisición de coñecementos patrimoniais e de actividade física, así como un aumento de motivación froito do contacto coa contorna. Os resultados evidencian un aumento de aprendizaxes e de interese dos estudantes, tanto na área de Ciencias Sociais, como na de Educación Física, confirmando a eficacia das saídas didácticas.
As saídas didácticas á contorna son unha ferramenta pedagóxica fundamental para promover unha aprendizaxe integral no alumnado de Educación Primaria. Por este motivo, este Traballo de Fin de Máster engloba, a través dunha fundamentación teórica, tres piares interrelacionados que contribúen a unha formación transversal do alumnado, tales como a educación ao aire libre, a educación patrimonial e a práctica de actividade física en contextos naturais. Esta proposta consta dunha parte práctica dirixida a estudantes de terceiro de primaria onde, por medio dunha saída ao Pazo de Santa Cruz de Rivadulla, preténdese a adquisición de coñecementos patrimoniais e de actividade física, así como un aumento de motivación froito do contacto coa contorna. Os resultados evidencian un aumento de aprendizaxes e de interese dos estudantes, tanto na área de Ciencias Sociais, como na de Educación Física, confirmando a eficacia das saídas didácticas.
Dirección
ARMAS CASTRO, JOSE ANGEL (Titoría)
ARMAS CASTRO, JOSE ANGEL (Titoría)
Tribunal
LOPEZ MONDEJAR, MARIA LETICIA (Presidente/a)
LOPEZ CARRETERO, XOSÉ MARÍA (Secretario/a)
RICO DIAZ, JAVIER (Vogal)
LOPEZ MONDEJAR, MARIA LETICIA (Presidente/a)
LOPEZ CARRETERO, XOSÉ MARÍA (Secretario/a)
RICO DIAZ, JAVIER (Vogal)
Proposta de intervención educativa para o alumnado con Trastorno do Espectro Autista (TEA) na aula de Historia da Arte
Autoría
L.R.L.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
L.R.L.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
09.07.2025 11:00
09.07.2025 11:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster propón unha intervención educativa inclusiva, na materia de Xeografía e Historia, para o alumnado de 2o cuso da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) que presenta Trastorno do Espectro Autista (TEA). A proposta baséase nun enfoque metodolóxico innovador que combina o desenvolvemento da intelixencia emocional con estratexias didácticas adaptadas como o uso de pictogramas, o role-playing e a danza do minué. Partindo dunha sólida fundamentación teórica sobre o TEA, a intelixencia emocional e a lexislación educativa vixente, o traballo propón unha secuencia de actividades que permite ao alumnado con TEA participar activamente no proceso de ensino-aprendizaxe, desenvolvendo habilidades cognitivas, emocionais e sociais. A intervención articúlase arredor do estudo da Europa Barroca e ten como finalidade fomentar a comprensión do contexto histórico e social da época, favorecendo ao mesmo tempo a inclusión real do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Inclúense estratexias de avaliación continua adaptadas e destácase o impacto positivo da arte e da expresión corporal como ferramentas para o desenvolvemento integral do alumnado. A proposta responde ao compromiso cunha educación equitativa e de calidade para todas e todos.

O uso das simulacións para a ensinanza da física na aula de secundaria
Autoría
A.R.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
A.R.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
08.09.2025 19:00
08.09.2025 19:00
Resumo
Neste traballo preséntase un estudo que pretende analizar a realidade actual da implementación de simulacións como recurso educativo na aula de física. Para isto, deseñáronse unha serie de actividades contextualizadas, pensadas para ser desenvoltas en distintos niveis educativos, e que conteñen simulacións asociadas a cada unha. O eixo central destas é o estudo da cinemática, contando con aspectos transversais que atinxen á seguridade viaria. A partir dun estudo de caso minietnográfico estúdase a familiarización dos docentes dun centro con este tipo de recursos educativos, así como a súa interacción coas propias simulacións. Recóllense tamén as súas opinión para estudar melloras que serían necesarias para unha futura implementación destas actividades na aula. Os resultados mostran a utilidade de considerar as percepcións dos docentes para o deseño de actividades con simulacións para achegalas á realidade da aula e para favorecer unha implementación posterior.
Neste traballo preséntase un estudo que pretende analizar a realidade actual da implementación de simulacións como recurso educativo na aula de física. Para isto, deseñáronse unha serie de actividades contextualizadas, pensadas para ser desenvoltas en distintos niveis educativos, e que conteñen simulacións asociadas a cada unha. O eixo central destas é o estudo da cinemática, contando con aspectos transversais que atinxen á seguridade viaria. A partir dun estudo de caso minietnográfico estúdase a familiarización dos docentes dun centro con este tipo de recursos educativos, así como a súa interacción coas propias simulacións. Recóllense tamén as súas opinión para estudar melloras que serían necesarias para unha futura implementación destas actividades na aula. Os resultados mostran a utilidade de considerar as percepcións dos docentes para o deseño de actividades con simulacións para achegalas á realidade da aula e para favorecer unha implementación posterior.
Dirección
CASAS QUIROGA, LUCIA (Titoría)
CASAS QUIROGA, LUCIA (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ RAPOSO, ANA BELEN (Presidente/a)
GILLANDERS , CAROL JEAN (Secretario/a)
Gómez Tato, Antonio M. (Vogal)
RODRIGUEZ RAPOSO, ANA BELEN (Presidente/a)
GILLANDERS , CAROL JEAN (Secretario/a)
Gómez Tato, Antonio M. (Vogal)
“Análise do coñecemento do alumnado de Formación Profesional na rama sanitaria do CIFP Montecelo sobre as patoloxías que produce o cambio climático na saúde”.
Autoría
T.R.D.T.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
T.R.D.T.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
Data da defensa
09.09.2025 11:00
09.09.2025 11:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster analiza os coñecementos do alumnado de Formación Profesional da rama sanitaria do CIFP Montecelo (Pontevedra) sobre as patoloxías derivadas do cambio climático. Trátase dunha investigación de campo de carácter cuantitativo, baseada na aplicación dun cuestionario estruturado. O obxectivo principal é avaliar o nivel de comprensión do impacto do cambio climático na saúde, tanto en efectos directos (enfermidades transmitidas por vectores, contaminación ou fenómenos extremos) como indirectos (saúde mental, calidade dos alimentos ou aparición de patoloxías crónicas). Agárdase identificar distintos niveis de coñecemento segundo o ciclo formativo cursado. Os resultados permitirán propoñer estratexias educativas eficaces que incorporen metodoloxías activas como a aprendizaxe baseada en problemas, o traballo por proxectos e o uso de simulacións e casos prácticos vencellados á saúde ambiental. Estas ferramentas didácticas poden mellorar a preparación do alumnado fronte aos desafíos sanitarios derivados do clima.
Este Traballo de Fin de Máster analiza os coñecementos do alumnado de Formación Profesional da rama sanitaria do CIFP Montecelo (Pontevedra) sobre as patoloxías derivadas do cambio climático. Trátase dunha investigación de campo de carácter cuantitativo, baseada na aplicación dun cuestionario estruturado. O obxectivo principal é avaliar o nivel de comprensión do impacto do cambio climático na saúde, tanto en efectos directos (enfermidades transmitidas por vectores, contaminación ou fenómenos extremos) como indirectos (saúde mental, calidade dos alimentos ou aparición de patoloxías crónicas). Agárdase identificar distintos niveis de coñecemento segundo o ciclo formativo cursado. Os resultados permitirán propoñer estratexias educativas eficaces que incorporen metodoloxías activas como a aprendizaxe baseada en problemas, o traballo por proxectos e o uso de simulacións e casos prácticos vencellados á saúde ambiental. Estas ferramentas didácticas poden mellorar a preparación do alumnado fronte aos desafíos sanitarios derivados do clima.
Dirección
VARGAS CALLEJAS, GERMAN (Titoría)
VARGAS CALLEJAS, GERMAN (Titoría)
Tribunal
VARELA PORTELA, CRISTINA (Presidente/a)
RODRIGUEZ GROBA, ANA (Secretario/a)
GARCIA MURIAS, REBECA (Vogal)
VARELA PORTELA, CRISTINA (Presidente/a)
RODRIGUEZ GROBA, ANA (Secretario/a)
GARCIA MURIAS, REBECA (Vogal)
O escepticismo unamuniano, o discurso e o sentido
Autoría
E.R.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
E.R.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
10.09.2025 16:00
10.09.2025 16:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Mestrado propón unha situación de aprendizaxe (SA), baseada no pensamento de Miguel de Unamuno, que ten como obxectivo principal proporcionar ao alumnado as ferramentas necesarias para enfrontarse ao problema do discurso e á cuestión do sentido. Para poder lograr este obxectivo considérase como liña metodolóxica principal a lectura dos textos, xunto con outras metodoloxías activas, fonte debido ao número de beneficios que comporta. A proposta metodolóxica vai enfocada a conseguir que os alumnos desenvolvan o máximo posible as súas competencias, tanto académicas como persoais, e aprendan acerca dun problema filosófico atendéndoo desde a perspectiva dun autor en particular.
O presente Traballo de Fin de Mestrado propón unha situación de aprendizaxe (SA), baseada no pensamento de Miguel de Unamuno, que ten como obxectivo principal proporcionar ao alumnado as ferramentas necesarias para enfrontarse ao problema do discurso e á cuestión do sentido. Para poder lograr este obxectivo considérase como liña metodolóxica principal a lectura dos textos, xunto con outras metodoloxías activas, fonte debido ao número de beneficios que comporta. A proposta metodolóxica vai enfocada a conseguir que os alumnos desenvolvan o máximo posible as súas competencias, tanto académicas como persoais, e aprendan acerca dun problema filosófico atendéndoo desde a perspectiva dun autor en particular.
Dirección
GARCIA SOTO, LUIS MODESTO (Titoría)
GARCIA SOTO, LUIS MODESTO (Titoría)
Tribunal
LOPEZ MONDEJAR, MARIA LETICIA (Presidente/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Secretario/a)
PIÑEIRA MANTIÑAN, MARIA JOSE (Vogal)
LOPEZ MONDEJAR, MARIA LETICIA (Presidente/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Secretario/a)
PIÑEIRA MANTIÑAN, MARIA JOSE (Vogal)
Cara a unha educación inclusiva: análise da accesibilidade en centros escolares da comunidade autónoma de Galicia
Autoría
L.R.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
L.R.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
15.07.2025 11:00
15.07.2025 11:00
Resumo
Cando falamos de educación inclusiva facemos referencia a unha “educación para todos e todas”, que non segregue a ningún alumno/a por causa de discapacidade física, psíquica, e/o sensorial, nin tampouco por motivos de incorporación tardía ao sistema educativo, motivos económicos, de cultura, raza, xénero, entre outros. A inclusión real do alumnado no sistema educativo, por tanto, non é compatible coa existencia de barreiras arquitectónicas, pois estas limitan, dificultan ou impiden a liberdade de movementos das persoas no que se refire ao acceso e ao desprazamento. Por este motivo, a través da realización do presente traballo de fin de máster preténdese analizar, desde un punto de vista descritivo en que situación atópanse os centros educativos da comunidade autónoma de Galicia respecto a as barreiras arquitectónicas e á accesibilidade. O traballo divídese en dous partes. Na primeira establécese o marco teórico do traballo describindo, entre outros, os conceptos básicos relacionados coa accesibilidade, inclusión, barreiras arquitectónicas etc., así como a normativa e lexislación vixente en relación coa creación de centros accesibles. Na segunda parte preséntanse os resultados da investigación.
Cando falamos de educación inclusiva facemos referencia a unha “educación para todos e todas”, que non segregue a ningún alumno/a por causa de discapacidade física, psíquica, e/o sensorial, nin tampouco por motivos de incorporación tardía ao sistema educativo, motivos económicos, de cultura, raza, xénero, entre outros. A inclusión real do alumnado no sistema educativo, por tanto, non é compatible coa existencia de barreiras arquitectónicas, pois estas limitan, dificultan ou impiden a liberdade de movementos das persoas no que se refire ao acceso e ao desprazamento. Por este motivo, a través da realización do presente traballo de fin de máster preténdese analizar, desde un punto de vista descritivo en que situación atópanse os centros educativos da comunidade autónoma de Galicia respecto a as barreiras arquitectónicas e á accesibilidade. O traballo divídese en dous partes. Na primeira establécese o marco teórico do traballo describindo, entre outros, os conceptos básicos relacionados coa accesibilidade, inclusión, barreiras arquitectónicas etc., así como a normativa e lexislación vixente en relación coa creación de centros accesibles. Na segunda parte preséntanse os resultados da investigación.
Dirección
MAYO PAIS, MARIA EMMA (Titoría)
MAYO PAIS, MARIA EMMA (Titoría)
Tribunal
Taboada Ares, Eva María (Presidente/a)
CAMBEIRO LOURIDO, MARIA DO CARMEN (Secretario/a)
VARGAS CALLEJAS, GERMAN (Vogal)
Taboada Ares, Eva María (Presidente/a)
CAMBEIRO LOURIDO, MARIA DO CARMEN (Secretario/a)
VARGAS CALLEJAS, GERMAN (Vogal)
A atención á diversidade no Máster Universitario en Formación do Profesorado: unha análise formativa e empírica
Autoría
M.R.D.
Máster Universitario en Procesos de Formación
M.R.D.
Máster Universitario en Procesos de Formación
Data da defensa
09.09.2025 17:00
09.09.2025 17:00
Resumo
O obxectivo deste Traballo de Fin de Máster céntrase na análise da presenza de contidos formativos orientados á atención á diversidade nos plans de estudo das universidades galegas no Máster Universitario en Formación do Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Así mesmo, abórdase a percepción do estudantado sobre as súas habilidades, competencias, crenzas e actitudes en relación coa formación recibida neste eido. Para comprender os plans de estudo e o perfil profesional que debe acadar o estudantado, foi necesario afondar en conceptos vinculados á inclusión, ao marco lexislativo da atención á diversidade no ámbito educativo, ás competencias docentes, así como aos conceptos de autopercepción e autoeficacia. Posteriormente, desenvolveuse un estudo de natureza mixta, que comezou cunha análise descritiva dos plans de estudo vixentes nas tres universidades galegas. A partir desta base, procedeuse á análise dos datos recollidos da mostra de estudantes participantes. Os resultados sinalan unha clara implicación e vontade do futuro profesorado cara á inclusión, a pesar da percepción de carencias na súa formación, especialmente no eido práctico e de intervención. Esta situación pon de manifesto a importancia de combinar metodoloxías teóricas e prácticas, e subliña o interese por unha formación efectiva e de calidade, que favoreza o desenvolvemento de habilidades concretas e fomente a confianza necesaria para aplicar estratexias inclusivas na práctica docente.

Violencia sexual dixital na mocidade: recursos para a prevención e intervención educativa na ESO
Autoría
C.R.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
C.R.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
15.07.2025 16:00
15.07.2025 16:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster céntrase na análise da violencia sexual dixital na adolescencia como unha forma de violencia emerxente que afecta directamente á convivencia escolar, á saúde emocional do alumnado e á construción de relacións igualitarias. Enmarcado na especialidade de Orientación Educativa, e partindo dun enfoque preventivo, deséñase unha proposta de intervención dirixida ao contexto da educación secundaria, implicando de forma activa a toda a comunidade educativa. O seu obxectivo principal é dotar a profesorado, alumnado e familias de ferramentas que sirvan para comprender, previr e afrontar situacións de violencia sexual dixital. Para iso, proponse a creación dun banco de recursos pedagóxicos accesible para a comunidade educativa, complementado cun ciclo de obradoiros formativos de carácter participativo, e adaptado ás características de cada colectivo. En conclusión, este traballo reforza a necesidade dunha escola comprometida co coidado e a construción de contornas seguras, recoñecendo os límites, pero tamén o potencial transformador dunha comunidade implicada e consciente co progreso dixital.

IGLESIAS SOUTO, PATRICIA MARIA (Presidente/a)
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Secretario/a)
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Vogal)
IGLESIAS SOUTO, PATRICIA MARIA (Presidente/a)
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Secretario/a)
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Vogal)
Afrontar o cambio climático: a ansiedade climática entre o alumnado de secundaria
Autoría
M.R.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
M.R.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
15.07.2025 17:00
15.07.2025 17:00
Resumo
A cuestión climática está a recibir cada vez máis atención en todos os ámbitos da sociedade. Como consecuencia, este tema foi gañando presenza tamén nos currículos educativos. No estudo das súas consecuencias, máis alá das ambientais, están as repercusións na saúde mental. Recentemente foron introducíndose termos como ansiedade climática ou eco-ansiedade. Múltiples estudos suxiren que a mocidade é a poboación máis vulnerable a esta afectación, aínda que non queda claro se esta vulnerabilidade conduce a unha predominancia en mozos e mozas de problemas de ecoansiedade. Neste traballo realizouse unha investigación cuantitativa co obxectivo de coñecer a resposta emocional e a eco-ansiedade que produce o fenómeno antropoxénico do cambio climático na rapazada de secundaria. Avaliáronse as emocións asociadas ao cambio climático, a eco-ansiedade, a experiencia subxectiva do cambio climático e o compromiso condutual a través de escalas validadas, e realizáronse análises descritivas, de correlación, de diferenzas de medias e de varianza. Os resultados amosaron un nivel moi baixo de eco-ansiedade e un predominio de emocións neutrais sobre o cambio climático, así coma unha mínima percepción das súas consecuencias na contorna. Porén, observouse un certo grao de condutas proambientais na esfera privada, sendo as mulleres as que se amosaron máis preocupadas e reportaron unha maior iniciativa a levar a cabo condutas proambientais. Ademais, observouse que a experiencia do cambio climático e a preocupación e ansiedade climática estaban relacionadas co compromiso condutual, o que suxire que fomentar certa preocupación climática na xuventude pode servir como motor para a acción. Estes resultados apuntan á necesidade de traballar a conciencia ambiental nos centros educativos desde unha perspectiva que aborde as súas causas, consecuencias e medidas de acción climática, adaptándose á realidade e capacidades do alumnado.

De qué maneira os estereotipos presentes na educación afectan á creatividade e a imaxinación nunha aula de Educación Infantil e nunha de Primaria
Autoría
M.R.M.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
M.R.M.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Data da defensa
14.07.2025 17:00
14.07.2025 17:00
Resumo
Este traballo de investigación ten como finalidade analizar como inflúen os estereotipos, presentes na sociedade, no desenvolvemento da creatividade no contexto educativo, así como comprender a súa implicación no proceso educativo. Así mesmo, realizarase unha comparativa entre dous grupos de alumnado: un de 4º de Educación Infantil e outro de 2º de Educación Primaria, co fin de observar a evolución da creatividade nesas etapas educativas. Preténdese tamén identificar e comprender a influencia dos estereotipos sociais nas producións dos nenos e nenas. Analizando ditas producións realizarase unha observación comparativa tentando dar resposta á cuestión central que ten por título este traballo, reflexionando así sobre a importancia do traballo con metodoloxías baseadas nas artes para poder conservar un pensamento creativo e crítico e limitar a presenza de estereotipos nas producións infantís.

FRANCO VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
FRANCO VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
Tribunal
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Secretario/a)
DIZ OTERO, MARIO (Vogal)
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Secretario/a)
DIZ OTERO, MARIO (Vogal)
Destapando a manosfera: Proxecto de intervención para combater a violencia de xénero promovida pola manosfera no alumnado de 4º da ESO.
Autoría
L.R.M.
Máster Universitario en Igualdade, Xénero e Educación
L.R.M.
Máster Universitario en Igualdade, Xénero e Educación
Data da defensa
14.02.2025 10:45
14.02.2025 10:45
Resumo
Con este traballo de fin de máster proponse unha iniciativa de intervención educativa enfocada ao alumnado de 4º da ESO, co obxectivo de previr e combater a violencia de xénero entre os e as máis novas, centrado especialmente na influencia da manosfera. Esta comunidade dixital fai referencia ao conxunto de subculturas que difunden discursos antifeministas e misóxinos, fomentando unha visión da masculinidade baseada na victimización masculina e no rexeitamento aos principios de igualdade e democracia. Estes grupos presentes nas redes sociais gañaron influencia entre o público adolescente, captando a súa atención a través de narrativas atraíntes e unha linguaxe próxima. Os/as nativos/as dixitais (nados/as a partir de 2010) atópanse nunha etapa decisiva de formación de identidade e valores, debido á súa alta exposición ás redes sociais, que fan que sexan máis susceptibles á desinformación e aos discursos de odio. Por iso é imprescindible fomentar a alfabetización dixital nos centros educativos, brindándolles ferramentas para desenvolver o pensamento crítico e un uso responsable da internet. En definitiva, este proxecto baséase no poder socializador das aulas, utilizando un enfoque pedagóxico participativo que inclúe sete sesións con materiais audiovisuais, debates e actividades grupais. Nel, analizaranse as subculturas da manosfera xunto co auxe do posmachismo e as súas implicacións, promovendo unha educación coeducativa que incentive o respecto, a igualdade e a convivencia democrática.

Potenciar o hábito lector a través das ciencias experimentais
Autoría
L.R.N.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
L.R.N.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
11.07.2025 14:30
11.07.2025 14:30
Resumo
A pesar de que numerosos estudos, así como o currículo actual en Galicia, defenden a necesidade de traballar a lectura dende a aula de ciencias, a realidade é que non é unha práctica habitual nos centros. Neste traballo de fin de máster preséntase unha proposta didáctica baseada na combinación de lectura e ciencias, que busca detectar posibles cambios no interese tanto pola lectura como polas ciencias, así como investigar o uso de textos como ferramenta didáctica na aula de ciencias. Esta proposta foi levada a cabo en tres aulas de 2º da ESO, seguindo unha metodoloxía de investigación cualitativa. Os resultados mostran que esta proposta provocou un cambio de actitude positivo no alumnado, tanto cara á lectura como as ciencias. O alumnado ten máis interese en ler e, especialmente, en ler ciencias. Ademais, comprobouse que a lectura pode ser unha ferramenta eficaz para aprender ciencias. Por tanto, esta proposta avoga por incorporar o uso da lectura como unha ferramenta enriquecedora para a ensinanza de ciencias.

VILLAR LOPEZ, MARIA Cotitoría
Blanco Anaya, Paloma (Titoría)
VILLAR LOPEZ, MARIA Cotitoría
Tribunal
TORRON CASAL, CAROLINA (Presidente/a)
Couce Santalla, Ana Isabel (Secretario/a)
Crujeiras Pérez, Beatriz (Vogal)
TORRON CASAL, CAROLINA (Presidente/a)
Couce Santalla, Ana Isabel (Secretario/a)
Crujeiras Pérez, Beatriz (Vogal)
A feminización dos coidados: unha perspectiva dende o Ciclo de Formación Profesional de Atención a Persoas en Situación de Dependencia en Galicia
Autoría
E.R.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
E.R.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
Data da defensa
07.07.2025 11:00
07.07.2025 11:00
Resumo
As construcións socioculturais imperantes fan que as mulleres sexan consideradas maioritariamente como as máis capacitadas para o desempeño de traballos ligados ao coidado. Na actualidade, no eido dos ámbitos familiares e reprodutivos, as mulleres continúan a ser as primeiras protagonistas no exercicio das tarefas de benestar. Ligado ao sinalado, a feminización dos coidados conta cunha influencia relevante nas decisións do emprego de recursos formais e, polo tanto, consideramos debe ser observado dende o plano da educación. Por conseguinte, o obxectivo deste TFM, que se encadra na modalidade B, é o de perfilar, dende o marco do Ciclo Medio de Formación Profesional de Atención a Persoas en Situación de Dependencia, que cuestións e aspectos seguen a manter, en pleno século XXI, feminizado este perfil técnico na nosa Comunidade Autónoma: Galicia. O mesmo será desenvolvido mediante o emprego dunha metodoloxía mixta: cuantitativa e cualitativa. A partires dos resultados achados, tentaremos elaborar propostas de mellora e intervencións didácticas que permitan modificar esta realidade formativa e profesional tan estereotipada, dende unha perspectiva de xénero e equidade.
As construcións socioculturais imperantes fan que as mulleres sexan consideradas maioritariamente como as máis capacitadas para o desempeño de traballos ligados ao coidado. Na actualidade, no eido dos ámbitos familiares e reprodutivos, as mulleres continúan a ser as primeiras protagonistas no exercicio das tarefas de benestar. Ligado ao sinalado, a feminización dos coidados conta cunha influencia relevante nas decisións do emprego de recursos formais e, polo tanto, consideramos debe ser observado dende o plano da educación. Por conseguinte, o obxectivo deste TFM, que se encadra na modalidade B, é o de perfilar, dende o marco do Ciclo Medio de Formación Profesional de Atención a Persoas en Situación de Dependencia, que cuestións e aspectos seguen a manter, en pleno século XXI, feminizado este perfil técnico na nosa Comunidade Autónoma: Galicia. O mesmo será desenvolvido mediante o emprego dunha metodoloxía mixta: cuantitativa e cualitativa. A partires dos resultados achados, tentaremos elaborar propostas de mellora e intervencións didácticas que permitan modificar esta realidade formativa e profesional tan estereotipada, dende unha perspectiva de xénero e equidade.
Dirección
MARIÑO FERNANDEZ, RAQUEL (Titoría)
MARIÑO FERNANDEZ, RAQUEL (Titoría)
Tribunal
GARCIA MURIAS, REBECA (Presidente/a)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Secretario/a)
SANJUAN ROCA, MARIA DEL MAR (Vogal)
GARCIA MURIAS, REBECA (Presidente/a)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Secretario/a)
SANJUAN ROCA, MARIA DEL MAR (Vogal)
Relación entre a exposición á pornografía e as actitudes e expectativas sexuais do alumnado de secundaria e bacharelato
Autoría
A.R.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
A.R.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
15.07.2025 18:00
15.07.2025 18:00
Resumo
O presente proxecto ten como obxectivo analizar a relación entre a exposición á pornografía e as actitudes e expectativas sexuais do alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato. A través dun deseño cuantitativo, recompiláronse datos de 151 estudantes de entre 14 e 19 anos pertencentes a un instituto galego mediante cuestionarios anónimos online. Avaliouse o perfil de consumo pornográfico, as actitudes sexuais e a autoestima. Os resultados revelaron unha prevalencia importante no consumo de pornografía, a influencia da orientación sexual na adhesión a actitudes sexuais sexistas e violentas, así como unha asociación significativa entre o consumo e a adhesión a ditas actitudes. Pola súa banda, a autoestima só se relacionou significativamente co consumo de pornografía violenta nos homes heterosexuais. Os resultados poñen de manifesto a necesidade de replantexar a educación sexual desde un enfoque inclusivo, crítico e con perspectiva de xénero. Neste sentido, a orientación educativa preséntase como unha peza clave para o deseño e a implementación de intervencións que promovan un desenvolvemento afectivo-sexual saudable, respectuoso e libre de violencia entre a adolescencia.

CID FERNANDEZ, SUSANA (Titoría)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Titoría)
Tribunal
IGLESIAS SOUTO, PATRICIA MARIA (Presidente/a)
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Secretario/a)
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Vogal)
IGLESIAS SOUTO, PATRICIA MARIA (Presidente/a)
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Secretario/a)
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Vogal)
Relacións titor familia na Educación Primaria: un estudo de caso.
Autoría
M.H.R.R.
Máster Universitario en Procesos de Formación
M.H.R.R.
Máster Universitario en Procesos de Formación
Data da defensa
09.09.2025 17:00
09.09.2025 17:00
Resumo
No marco do sistema educativo, a persoa titora é o primeiro rostro que o alumnado atopa na aula, consolidándose como unha peza clave no seu traxecto vital. A familia, o outro piar fundamental na vida do estudante, atopa na persoa titora un nexo co mundo educativo. A través deste vínculo fórmase unha colaboración entre ambos axentes que procura o crecemento pleno do alumnado. Neste Traballo de Fin de Máster preténdese explorar as relacións entre ambas partes na etapa de Educación Primaria, dentro do escenario dun centro educativo concertado da Comunidade Autónoma de Galicia, durante o curso escolar de 2024 a 2025. O seu obxectivo é comprender en profundidade o exercicio da acción titorial dende a perspectiva da persoa titora e doutros profesionais educativos implicados, así como identificar fortalezas, dificultades e oportunidades de mellora na relación entre o profesorado titor e as familias. A investigación conxúgase dentro dunha metodoloxía cualitativa, e adopta como método o estudo de caso. Realizanse diversas entrevistas semiestruturadas, analizadas empregando a ferramenta informática ATLAS.ti (versión 25.0.1). A través desta identificáronse un total de 5 categorías e 12 códigos. A profundidade do compromiso asumido polo profesorado titor no acompañamento ao alumnado, xunto coa existencia dun vínculo comunicativo efectivo entre escola e familia, forman parte dos resultados recabados. Ademais, recoñécese a importancia do apoio institucional e do traballo coordinado co Departamento de Orientación e o Equipo Directivo. Con iso, tamén se fan visibles algunhas barreiras presentes no exercicio da acción titorial, como a sobrecarga de funcións, a falta de tempo e a escasa implicación dalgunhas familias.

A cartografía social como ferramenta didáctica desde a educación ambiental no proceso de rehabilitación ambiental das Pontes de García Rodríguez
Autoría
A.R.M.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
A.R.M.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
17.07.2025 12:30
17.07.2025 12:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Máster orientase cara ao desenvolvemento dunha metanarrativa gráfica fundamentada na cartografía social como ferramenta didáctica para a avaliación crítica do proceso de transformación ecolóxica e urbana asociada á rehabilitación ambiental do espazo anteriormente ocupado pola mina das Pontes de García Rodríguez (Galicia). A investigación inscríbese no cruzamento entre educación ambiental, cartografía social e desenvolvemento comunitario, xustificada tanto pola vinculación persoal co espazo como pola vontade de articular os saberes disciplinares e metodolóxicos adquiridos durante o curso na súa dimensión socioeducativa. Desde unha perspectiva metodolóxica, adóptase un enfoque cualitativo que combina entrevistas semiestructuradas a actores clave do territorio e técnicas de fotointerpretación cara á construción de cartografías participativas adaptadas da metodoloxía de mapeo situado desenvolvida polo colectivo Iconoclasistas. A análise da información realizouse mediante o software ATLAS.Ti e por medio dunha análise DAFO espacial, co obxectivo de identificar discursos, percepcións e tensións en torno á apropiación da nova paisaxe postmineira. Os resultados evidencian que o espazo presenta múltiples fortalezas (ambientais, paisaxísticas e sociais), pero tamén afronta ameazas derivadas da posible instalación de novos proxectos industriais e da falta de mantemento de infraestruturas clave, o que pon en risco a súa apropiación comunitaria e valor educativo. Así mesmo, constátase a baixa intervención da comunidade local nos procesos de resignificación do territorio, o que reforza a necesidade de ferramentas que favorecen a participación, a xeración de coñecemento situado e a toma de decisións colectivas informadas. Neste sentido, a metanarrativa gráfica final demostra un alto potencial como recurso didáctico en contextos educativos formais e non formais, ao posibilitar a integración de múltiples voces e promover unha reflexión crítica en torno á sustentabilidade e ao desenvolvemento local.

GARCIA VINUESA, ANTONIO (Titoría)
GARCIA VINUESA, ANTONIO (Titoría)
Tribunal
GRADAILLE PERNAS, RITA (Presidente/a)
LONGUEIRA MATOS, SILVANA (Secretario/a)
QUIROGA CARRILLO, ANAIS (Vogal)
GRADAILLE PERNAS, RITA (Presidente/a)
LONGUEIRA MATOS, SILVANA (Secretario/a)
QUIROGA CARRILLO, ANAIS (Vogal)
Análise dos recursos educativos formais e informais para persoas adultas con esquizofrenia en Galicia
Autoría
A.R.S.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
A.R.S.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
02.09.2025 10:00
02.09.2025 10:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster ten como obxecto de estudo os recursos educativos formais e informais dirixidos a persoas adultas con esquizofrenia en Galicia. O obxectivo principal é revisar os recursos promovidos por entidades sociais que contribúen á inclusión social e á mellora da calidade de vida deste colectivo. A investigación enmárcase na Modalidade A, baseada na revisión documental. A metodoloxía consistiu na procura, selección e análise crítica de literatura científica, normativa e recursos dispoñibles ofrecidos por asociacións especializadas en saúde mental. Establecéronse criterios rigorosos para garantir a relevancia e actualidade das fontes. Os principais resultados indican que as intervencións educativas e psicosociais (como a psicoeducación, a rehabilitación cognitiva ou o adestramento en habilidades sociais) poden mellorar de forma significativa a autonomía e participación das persoas con esquizofrenia. As asociacións xogan un papel clave, aínda que se enfrontan a limitacións estruturais e de recoñecemento institucional.
Este Traballo de Fin de Máster ten como obxecto de estudo os recursos educativos formais e informais dirixidos a persoas adultas con esquizofrenia en Galicia. O obxectivo principal é revisar os recursos promovidos por entidades sociais que contribúen á inclusión social e á mellora da calidade de vida deste colectivo. A investigación enmárcase na Modalidade A, baseada na revisión documental. A metodoloxía consistiu na procura, selección e análise crítica de literatura científica, normativa e recursos dispoñibles ofrecidos por asociacións especializadas en saúde mental. Establecéronse criterios rigorosos para garantir a relevancia e actualidade das fontes. Os principais resultados indican que as intervencións educativas e psicosociais (como a psicoeducación, a rehabilitación cognitiva ou o adestramento en habilidades sociais) poden mellorar de forma significativa a autonomía e participación das persoas con esquizofrenia. As asociacións xogan un papel clave, aínda que se enfrontan a limitacións estruturais e de recoñecemento institucional.
Dirección
LONGUEIRA MATOS, SILVANA (Titoría)
LONGUEIRA MATOS, SILVANA (Titoría)
Tribunal
OLVEIRA OLVEIRA, MARIA ESTHER (Presidente/a)
MIGUEZ SALINA, GABRIELA DOLORES (Secretario/a)
GARCIA VINUESA, ANTONIO (Vogal)
OLVEIRA OLVEIRA, MARIA ESTHER (Presidente/a)
MIGUEZ SALINA, GABRIELA DOLORES (Secretario/a)
GARCIA VINUESA, ANTONIO (Vogal)
Proposta de situación de aprendizaxe: a concepción clásica fronte á concepción moderna da temporalidade
Autoría
A.R.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
A.R.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
07.07.2025 16:00
07.07.2025 16:00
Resumo
O presente traballo expón unha proposta de situación de aprendizaxe (SA) para a materia de Filosofía de 1º de Bacharelato centrada no problema das concepcións histórico-temporais. O fundamento da proposta radica na idea de abordar un problema metafísico fundamental (o problema do tempo) desde unha perspectiva eminentemente práctica, cooperativa e transversal, cun horizonte ético e social orientado ao tratamento de problemáticas actuais. Así, partindo da delimitación do marco teórico no que se inscribe a proposta, pasarase a unha descrición detallada das metodoloxías, secuenciación e avaliación das actividades da mesma. Máis adiante, o traballo centrará o foco na aplicación da proposta nun contexto real, e analizaranse e discutiranse os resultados da mesma, sinalando as limitacións e posibles reformulacións.
O presente traballo expón unha proposta de situación de aprendizaxe (SA) para a materia de Filosofía de 1º de Bacharelato centrada no problema das concepcións histórico-temporais. O fundamento da proposta radica na idea de abordar un problema metafísico fundamental (o problema do tempo) desde unha perspectiva eminentemente práctica, cooperativa e transversal, cun horizonte ético e social orientado ao tratamento de problemáticas actuais. Así, partindo da delimitación do marco teórico no que se inscribe a proposta, pasarase a unha descrición detallada das metodoloxías, secuenciación e avaliación das actividades da mesma. Máis adiante, o traballo centrará o foco na aplicación da proposta nun contexto real, e analizaranse e discutiranse os resultados da mesma, sinalando as limitacións e posibles reformulacións.
Dirección
GARCIA SOTO, LUIS MODESTO (Titoría)
GARCIA SOTO, LUIS MODESTO (Titoría)
Tribunal
ARMAS QUINTA, FRANCISCO JOSE (Presidente/a)
SOUTO BLANCO, MARIA JESUS (Secretario/a)
PASTORIZA ROZAS, JOSE LUIS (Vogal)
ARMAS QUINTA, FRANCISCO JOSE (Presidente/a)
SOUTO BLANCO, MARIA JESUS (Secretario/a)
PASTORIZA ROZAS, JOSE LUIS (Vogal)
Proposta didáctica para a introdución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030 na materia de Bioloxía e Xeoloxía de 4º da ESO
Autoría
M.R.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
M.R.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
11.02.2025 18:00
11.02.2025 18:00
Resumo
No presente Traballo de Fin de Máster proponse unha proposta didáctica relativa ao cambio climático e, en concreto, a un factor determinante no mesmo: o desenvolvemento sostible. Preténdese o achegamento ao alumnado conceptos e coñecementos básicos sobre que é o desenvolvemento sostible no marco dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), que están recollidos na Axenda 2030 da ONU, a través dunha serie de actividades interactivas na aula como parte da materia de Bioloxía e Xeoloxía para o curso de 4º da ESO. Deste xeito, búscase sensibilizar ao alumnado sobre unha problemática actual e de gran relevancia socio-científica á que terán que afrontarse no futuro como cidadáns/ás a través dun proceso de ensinanza-aprendizaxe co que o alumnado poida tamén obter recursos, habilidades e competencias que lle sirvan para a toma de decisión responsables como parte da cidadanía ao mesmo tempo que se promova o espírito crítico e o debate.
No presente Traballo de Fin de Máster proponse unha proposta didáctica relativa ao cambio climático e, en concreto, a un factor determinante no mesmo: o desenvolvemento sostible. Preténdese o achegamento ao alumnado conceptos e coñecementos básicos sobre que é o desenvolvemento sostible no marco dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), que están recollidos na Axenda 2030 da ONU, a través dunha serie de actividades interactivas na aula como parte da materia de Bioloxía e Xeoloxía para o curso de 4º da ESO. Deste xeito, búscase sensibilizar ao alumnado sobre unha problemática actual e de gran relevancia socio-científica á que terán que afrontarse no futuro como cidadáns/ás a través dun proceso de ensinanza-aprendizaxe co que o alumnado poida tamén obter recursos, habilidades e competencias que lle sirvan para a toma de decisión responsables como parte da cidadanía ao mesmo tempo que se promova o espírito crítico e o debate.
Dirección
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Titoría)
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Titoría)
Tribunal
VARELA PORTELA, CRISTINA (Presidente/a)
GONZALEZ SEQUEIROS, PABLO (Secretario/a)
CASAS QUIROGA, LUCIA (Vogal)
VARELA PORTELA, CRISTINA (Presidente/a)
GONZALEZ SEQUEIROS, PABLO (Secretario/a)
CASAS QUIROGA, LUCIA (Vogal)
A Realidade Virtual como recurso didáctico na Formación Profesional: unha revisión sistemática
Autoría
A.R.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
A.R.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
Data da defensa
07.07.2025 12:00
07.07.2025 12:00
Resumo
Este Traballo Fin de Máster (TFM) ten coma finalidade analizar a evidencia científica dispoñible sobre o uso da Realidade Virtual (RV) como recurso didáctico na Formación Profesional (FP). Con este propósito, realizouse unha revisión sistemática nas bases de datos Web of Science, ERIC, Scopus e Dialnet Plus, seguindo a declaración PRISMA. Incluíronse investigacións empíricas, cualitativas, cuantitativas ou mixtas; de corte transversal ou lonxitudinal, publicadas en revistas científicas e conferencias dende o ano 2015 ó 2024, dispoñibles en inglés, español, francés ou portugués. Un total de 29 artigos foron seleccionados e analizados mostrando un impacto positivo da RV na aprendizaxe, mellorando coñecementos, habilidades e actitudes fronte ás metodoloxías tradicionais. A versión inmersiva mostra mellores resultados, aínda que con evidencia limitada e, tanto profesorado como alumnado valoran positivamente esta ferramenta para o ensino e a avaliación, malia presentar certos retos técnicos. Tras este TFM conclúese que a RV favorece unha aprendizaxe máis significativa e motivadora. As súas características e a percepción positiva de alumnado e profesorado convértena nun recurso didáctico complementario á formación tradicional na FP.

Robótica e Grafos
Autoría
M.S.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
M.S.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
10.07.2025 13:30
10.07.2025 13:30
Resumo
Neste Traballo de Fin de Mestrado preséntase unha proposta didáctica innovadora para a materia de Matemáticas B de 4º da ESO. Ao longo de nove sesións estruturadas, trabállanse diversos conceptos fundamentais da teoría de grafos mediante actividades significativas que incorporan o uso do robot educativo programable mBot2 dun xeito práctico. Este dispositivo actúa como un recurso eficaz para materializar os resultados obtidos, permitindo contextualizar, visualizar e verificar as solucións matemáticas nun entorno tanxíbel. A proposta combina intencionadamente a teoría de grafos e a robótica educativa co obxectivo de que o alumnado desenvolva o pensamento computacional de maneira integral, así como habilidades de abstracción e xeneralización propias do razoamento lóxico-matemático avanzado. Isto acádase grazas a unha secuencia de actividades coidadosamente deseñada, onde a dificultade e a complexidade das tarefas aumentan progresivamente, constituíndo un reto continuo e coherente que mantén a motivación do alumnado durante todo o proceso de aprendizaxe. Así, conéctanse as matemáticas abstractas con aplicacións tanxíbeis, formando ao alumnado en habilidades clave para enfrontarse a problemas complexos do mundo real nunha sociedade cada vez máis tecnolóxica.

Esta frase é falsa: un enfoque interdisciplinar do pensamento computacional a través da lóxica
Autoría
A.S.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
A.S.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
10.07.2025 11:00
10.07.2025 11:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Mestrado adopta a forma dunha proposta de intervención didáctica dirixida ao alumnado de primeiro curso de Bacharelato na modalidade de Ciencias e Tecnoloxía. O seu eixo é o desenvolvemento do pensamento computacional e da argumentación rigorosa mediante a lóxica proposicional na materia Matemáticas I, establecendo vínculos interdisciplinares sólidos con Filosofía, Tecnoloxía e TIC. O obxectivo fundamental é capacitar o estudantado para analizar, formalizar e verificar razoamentos tanto matemáticos como cotiáns. Para iso intégrase unha perspectiva crítica que pretende combater o cientificismo na aula e fomentar a transferencia de estratexias lóxicas, argumentativas e de pensamento computacional a diferentes contextos relevantes. A intervención organízase en once sesións agrupadas en catro fases: árbores semánticas, argumentación matemática, lóxica computacional e un festival de paradoxos. Apóiase en metodoloxías activas como a aprendizaxe baseada en problemas, o traballo cooperativo, o pensamento visual ou o debate.

Metodoloxías de alfabetización de persoas adultas en América Latina: revisión sistemática do programa “Yo sí puedo”
Autoría
B.S.O.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
B.S.O.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
17.07.2025 12:00
17.07.2025 12:00
Resumo
O analfabetismo foi identificado como unha das grandes problemáticas sociais e educativas de América Latina. Isto débese ás repercusións sociais que derivan do atraso e abandono escolar, a redución das posibilidades de empregabilidade, a exclusión social, a perda de oportunidades de aproveitamento cultural e o deterioro xeral da calidade de vida. No ano 2001, desenvolveuse un programa que responde ás necesidades educativas en América Latina respecto do fenómeno do analfabetismo: o programa de alfabetización Yo sí puedo. Diversos países de América Latina e do mundo teñen adaptado e implementado este programa, que demostrou altos niveis de eficiencia na redución do analfabetismo e no impacto social dos grupos participantes. Co obxectivo de realizar unha aproximación ás experiencias de implementación do programa Yo sí puedo, levouse a cabo unha revisión sistemática documental, regrada polas directrices do protocolo PRISMA (Preferred Reporting Items for Systematic Reviews and Meta-Analyses). Este enfoque investigativo permitiu detallar os aspectos metodolóxicos do programa e valorar os avances xerados no territorio latinoamericano. Así mesmo, identificáronse dificultades e desafíos durante a implementación do programa, relacionados coas instancias gobernamentais, os modos de vida das comunidades e os aspectos metodolóxicos da proposta. Conclúese que o programa de alfabetización Yo sí puedo é unha ferramenta efectiva no que respecta á diminución do analfabetismo e á transformación social no contexto latinoamericano. Porén, tendo en conta as dificultades documentadas, propóñense orientacións para mellorar a calidade dos procesos de implementación e a optimización de resultados.

Ignorancia Crítica contra a Desinformación Científica na Ensinanza e Aprendizaxe de Ciencias
Autoría
L.S.A.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
L.S.A.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
11.07.2025 13:30
11.07.2025 13:30
Resumo
Para combatir a desinformación científica, este Traballo Fin de Mestrado deseña e analiza unha situación de aprendizaxe que permite investigar a interación entre a cognición e a emoción na aprendizaxe. A intervención, dirixida a 60 estudantes de 1º de ESO, céntrase nunha nova ferramenta que fusiona os modelos de Osborne et al. (2022) e Wineburg and Caulfield (2024), aplicada ao caso da DINA de Valencia. Os resultados amosan que a ferramenta mellora a capacidade do alumnado para aplicar estratexias de pensamento crítico, aínda que a corroboración das fontes foi o principal desafío. O estudo constata que as análises máis rigurosas estiveron asociadas á manifestación de emocións como a confusión e a sorpresa, que actuaron como detonantes dun procesamiento máis profundo. Conclúese que as intervención eficaces deben integrar a xestión emocional xunto á ensinanza de ferramentas explícitas, ofrecendo un enfoque holístico para educar críticamente na era dixital.
Para combatir a desinformación científica, este Traballo Fin de Mestrado deseña e analiza unha situación de aprendizaxe que permite investigar a interación entre a cognición e a emoción na aprendizaxe. A intervención, dirixida a 60 estudantes de 1º de ESO, céntrase nunha nova ferramenta que fusiona os modelos de Osborne et al. (2022) e Wineburg and Caulfield (2024), aplicada ao caso da DINA de Valencia. Os resultados amosan que a ferramenta mellora a capacidade do alumnado para aplicar estratexias de pensamento crítico, aínda que a corroboración das fontes foi o principal desafío. O estudo constata que as análises máis rigurosas estiveron asociadas á manifestación de emocións como a confusión e a sorpresa, que actuaron como detonantes dun procesamiento máis profundo. Conclúese que as intervención eficaces deben integrar a xestión emocional xunto á ensinanza de ferramentas explícitas, ofrecendo un enfoque holístico para educar críticamente na era dixital.
Dirección
PUIG MAURIZ, BLANCA (Titoría)
PUIG MAURIZ, BLANCA (Titoría)
Tribunal
TORRON CASAL, CAROLINA (Presidente/a)
Couce Santalla, Ana Isabel (Secretario/a)
Crujeiras Pérez, Beatriz (Vogal)
TORRON CASAL, CAROLINA (Presidente/a)
Couce Santalla, Ana Isabel (Secretario/a)
Crujeiras Pérez, Beatriz (Vogal)
Coffee ToGo: desempeños do alumnado no deseño dun sistema de autoquecemento
Autoría
L.P.S.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
L.P.S.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
07.07.2025 11:00
07.07.2025 11:00
Resumo
No seguinte traballo recóllense os desempeños dun grupo de alumnos do curso de 2º ESO no desenvolvemento dunha secuencia de actividades de indagación, dende o enfoque do pensamento de deseño, para a elaboración dun sistema de auto-quecemento. A intervención didáctica realizouse cun grupo de 29 alumnxs que cursaban a materia de Física e Química de 2º ESO. Esta actividade forma parte da unidade didáctica elaborada e impartida durante o Prácticum II sobre as unidades de ‘cambios químicos na materia’ e ‘calor e temperatura’. A metodoloxía seguida neste estudo, e que permitiu dar resposta as preguntas de investigación formuladas, consistiu na posta en práctica da secuencia de actividades durante tres sesións de 50 minutos, e posterior análise dos documentos escritos, elaborados durante estas sesións na clase por parte do alumnado. Os resultados apuntan a que o alumnado presenta máis dificultades na elaboración de procedementos de investigacións escolares, que no deseño e prototipado de dispositivos funcionais para a resolución dunha situación problema plantexada. Así mesmo, evidéncianse moitos problemas á hora de elaborar xustificacións baseadas en probas. Todos estes resultados corroboran a necesidade de seguir traballando o enfoque do ensino-aprendizaxe a través das prácticas científicas dende as idades máis temperás.

A aprendizaxe do galego nas aulas da comarca do Bierzo.
Autoría
L.S.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
L.S.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
15.07.2025 19:00
15.07.2025 19:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Mestrado aborda o estudo e proposta de mellora do ensino da lingua galega nos centros educativos públicos da comarca do Bierzo. Nun primeiro momento, procédese á contextualización da situación sociolingüística da zona mediante a análise das súas características territoriais e socioculturais, así como do marco legal vixente en materia de protección da lingua galega. A investigación céntrase na presenza actual do galego no ámbito educativo berciano, coa finalidade de identificar tanto os desafíos como as oportunidades existentes para a súa promoción. Como parte aplicada do estudo, deseñouse e levouse a cabo unha proposta de intervención didáctica dirixida ao alumnado de terceiro curso da Educación Secundaria Obrigatoria, dentro da materia optativa de Lingua e Cultura Galega, no IES Bérgidum Flavium de Cacabelos. A intervención estruturouse en tres sesións desenvolvidas ao longo da semana das Letras Galegas do ano 2025. Para avaliar a eficacia da proposta, levouse a cabo unha análise comparativa das percepcións do alumnado cara ao galego antes e despois da intervención. Os resultados obtidos evidencian unha mellora significativa na actitude do estudantado cara á lingua galega, así como un avance na superación dos posibles estigmas sociolingüísticos.

Percepcións do alumnado de ESO ante a non monogamia: estudo de caso dun instituto de ensino secundario galego
Autoría
S.S.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
S.S.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
14.07.2025 19:00
14.07.2025 19:00
Resumo
Este traballo presenta un estudo de caso exploratorio sobre as percepcións do alumnado de Educación Secundaria ante as relacións non monógamas consensuadas (CNM), un modelo afectivo en crecemento pero aínda invisibilizado nos contextos educativos. A partir dun marco teórico centrado na aprendizaxe relacional na adolescencia, a normatividade monógama e a educación sexual no sistema educativo español, analizamos as representacións, crenzas e necesidades formativas do alumnado ao respecto. O obxectivo principal foi comprender como se constrúen estas percepcións e cal é o papel da escola nesta aprendizaxe, prestando especial atención á función do Departamento de Orientación. Empregamos unha metodoloxía mixta cunha mostra de 62 estudantes dun centro público de Galicia, recollendo os datos mediante un cuestionario e un grupo focal. Os resultados mostran unha elevada influenza da socialización informal, a persistencia de crenzas estereotipadas e a escasa integración da diversidade relacional na educación formal. Concluímos sinalando a necesidade de ampliar o enfoque da educación sexual escolar, incorporando contidos sobre diversidade relacional e reforzando o papel do Departamento de Orientación como axente clave na creación de espazos inclusivos, críticos e seguros para a exploración afectiva do alumnado.

Narrativas ausentes: proposta educativa para o recoñecemento histórico do colectivo LGBTIQ+ na Educación Primaria
Autoría
U.S.L.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
U.S.L.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Data da defensa
08.09.2025 18:30
08.09.2025 18:30
Resumo
A discriminación que sofre o colectivo LGTBIQ+ maniféstase a través de diferentes ámbitos. Entre eles, o patrimonial e histórico. A ausencia ou omisión da diversidade sexual e de xénero nos contidos destinados á Educación Primaria, non atopa consonancia con obxectivos desta etapa vinculados á non discriminación por este mesmo motivo. Por iso, decidiuse implementar unha proposta de intervención, baseada nun breakout educativo, dirixida ao alumnado de 5º curso de Educación Primaria. O seu obxectivo principal foi mostrar como os temas sociais relevantes e o traballo con fontes históricas, seguindo os principios da educación patrimonial, poden converter asuntos controvertidos, como o patrimonio LGTBIQ+, en vías de aprendizaxe. Esta proposta avaliouse a través da técnica do pre-test e post-test. Cos resultados obtidos, comprobouse o potencial educativo deste tratamento da historia na materia de Ciencias Sociais.
A discriminación que sofre o colectivo LGTBIQ+ maniféstase a través de diferentes ámbitos. Entre eles, o patrimonial e histórico. A ausencia ou omisión da diversidade sexual e de xénero nos contidos destinados á Educación Primaria, non atopa consonancia con obxectivos desta etapa vinculados á non discriminación por este mesmo motivo. Por iso, decidiuse implementar unha proposta de intervención, baseada nun breakout educativo, dirixida ao alumnado de 5º curso de Educación Primaria. O seu obxectivo principal foi mostrar como os temas sociais relevantes e o traballo con fontes históricas, seguindo os principios da educación patrimonial, poden converter asuntos controvertidos, como o patrimonio LGTBIQ+, en vías de aprendizaxe. Esta proposta avaliouse a través da técnica do pre-test e post-test. Cos resultados obtidos, comprobouse o potencial educativo deste tratamento da historia na materia de Ciencias Sociais.
Dirección
LOPEZ MONDEJAR, MARIA LETICIA (Titoría)
LOPEZ MONDEJAR, MARIA LETICIA (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ BLANCO, MARIA TERESA (Presidente/a)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Secretario/a)
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA (Vogal)
FERNANDEZ BLANCO, MARIA TERESA (Presidente/a)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Secretario/a)
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA (Vogal)
A gamificación como estratexia de consolidación de contidos en Bioloxía: unha proposta didáctica sobre o aparello locomotor en 3º da ESO.
Autoría
M.S.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
M.S.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
07.07.2025 12:30
07.07.2025 12:30
Resumo
As clases maxistrais son unha metodoloxía docente que, a pesar das súas limitacións, segue a ser a máis utilizada a día de hoxe. En contraposición a esta estratexia didáctica tradicional, nos últimos anos xurdiron metodoloxías máis activas, que buscan un incremento da motivación do alumnado favorecendo unha participación máis activa na aula. Entre elas atópase a gamificación, que procura unha aprendizaxe significativa a través da implantación de dinámicas de xogo. Este traballo propón combinar ambas metodoloxías para analizar se a gamificación resulta eficaz como estratexia de consolidación dos contidos previamente explicados mediante exposición maxistral. Para iso, deseñouse e aplicouse unha proposta didáctica sobre o aparello locomotor en dúas clases de 3º da ESO. Os resultados amosan unha mellora no rendemento do alumnado, sobre todo en aqueles contidos que se reforzaron con maior frecuencia a través de actividades gamificadas. Polo tanto, obsérvase unha relación positiva entre a presenza de elementos lúdicos e a consolidación efectiva da aprendizaxe.
As clases maxistrais son unha metodoloxía docente que, a pesar das súas limitacións, segue a ser a máis utilizada a día de hoxe. En contraposición a esta estratexia didáctica tradicional, nos últimos anos xurdiron metodoloxías máis activas, que buscan un incremento da motivación do alumnado favorecendo unha participación máis activa na aula. Entre elas atópase a gamificación, que procura unha aprendizaxe significativa a través da implantación de dinámicas de xogo. Este traballo propón combinar ambas metodoloxías para analizar se a gamificación resulta eficaz como estratexia de consolidación dos contidos previamente explicados mediante exposición maxistral. Para iso, deseñouse e aplicouse unha proposta didáctica sobre o aparello locomotor en dúas clases de 3º da ESO. Os resultados amosan unha mellora no rendemento do alumnado, sobre todo en aqueles contidos que se reforzaron con maior frecuencia a través de actividades gamificadas. Polo tanto, obsérvase unha relación positiva entre a presenza de elementos lúdicos e a consolidación efectiva da aprendizaxe.
Dirección
TORRON CASAL, CAROLINA (Titoría)
TORRON CASAL, CAROLINA (Titoría)
Tribunal
PUIG MAURIZ, BLANCA (Presidente/a)
GARCIA ANTELO, BEATRIZ (Secretario/a)
FERRADAS RIAL, YOLANDA (Vogal)
PUIG MAURIZ, BLANCA (Presidente/a)
GARCIA ANTELO, BEATRIZ (Secretario/a)
FERRADAS RIAL, YOLANDA (Vogal)
Na fronteira didáctica entre a arte e a ciencia: unha achega medioambiental
Autoría
S.S.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
S.S.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
07.07.2025 13:30
07.07.2025 13:30
Resumo
O presente traballo pretende contribuír á consolidación dunha conciencia ecolóxica que vele pola preservación da súa contorna. Nesta liña, os obxectivos propostos son a exploración do concepto de residuo a través da Regra das 3R, particularmente das estratexias de Redución e Reutilización; a análise da evolución do alumnado na percepción do enfoque One Health e a adquisición dun compromiso activo coa crise ambiental, entendendo que a vida cotiá non se mantén a expensas do medio natural. Para isto, ponse en práctica unha innovadora disciplina didáctica denominada “Ecoarte”, un movemento artístico cun forte fundamento ético para a transmisión de valores relacionados co consumo responsable e desenvolvemento sostible. A investigación trátase dun estudo de caso no que se leva a cabo unha situación de aprendizaxe. Os participantes foron 79 alumnos de 1º da Educación Secundaria Obrigatoria dun centro educativo urbano de Galicia. Os resultados indicaron que o alumnado define un residuo baseándose na materia prima que o compón, enuncia a Regra das 3R de xeito teórico e que a pesar de coñecer o enfoque One Health, a esfera humana atópase infrarrepresentada e tende a concibirse como causante das problemáticas ambientais, non como vítima; o cal dificulta a adquisición dun papel activo.

Ensinando a aprender. Proposta de intervención en docentes para a promoción da Aprendizaxe Autorregulada
Autoría
N.S.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
N.S.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
15.07.2025 12:30
15.07.2025 12:30
Resumo
A aprendizaxe autorregulada (AAR) comprende un conxunto de habilidades que axudan ó alumnado a ser persoas autónomas, capaces de aprender e cun bo axuste educativo e social. Para fomentar a autorregulación no alumnado unha vía fundamental é a súa ensinanza e, por isto, os/as docentes son axentes clave. A literatura suxire que o coñecemento da AAR, as crenzas e a autoeficacia do/a docente asócianse á promoción da autorregulación nas aulas. Ademais, as prácticas de promoción da AAR que realizan os docentes amosan efectos favorables sobre as vertentes motivacional e estratéxica da AAR no alumnado. En base a isto, co presente Traballo Fin de Mestrado (TFM) preténdese ofrecer unha proposta de intervención coa que axudar ós/ás mestres a promocionar a AAR dende o seu exercicio docente. O obxectivo, polo tanto, será aumentar o coñecemento que teñen sobre as prácticas de promoción da AAR, modificar as crenzas dos/as docentes e, finalmente, aumentar a súa autoeficacia de cara á súa capacidade para fomentar a AAR dende a aula.
A aprendizaxe autorregulada (AAR) comprende un conxunto de habilidades que axudan ó alumnado a ser persoas autónomas, capaces de aprender e cun bo axuste educativo e social. Para fomentar a autorregulación no alumnado unha vía fundamental é a súa ensinanza e, por isto, os/as docentes son axentes clave. A literatura suxire que o coñecemento da AAR, as crenzas e a autoeficacia do/a docente asócianse á promoción da autorregulación nas aulas. Ademais, as prácticas de promoción da AAR que realizan os docentes amosan efectos favorables sobre as vertentes motivacional e estratéxica da AAR no alumnado. En base a isto, co presente Traballo Fin de Mestrado (TFM) preténdese ofrecer unha proposta de intervención coa que axudar ós/ás mestres a promocionar a AAR dende o seu exercicio docente. O obxectivo, polo tanto, será aumentar o coñecemento que teñen sobre as prácticas de promoción da AAR, modificar as crenzas dos/as docentes e, finalmente, aumentar a súa autoeficacia de cara á súa capacidade para fomentar a AAR dende a aula.
Dirección
MAYO PAIS, MARIA EMMA (Titoría)
MAYO PAIS, MARIA EMMA (Titoría)
Tribunal
Taboada Ares, Eva María (Presidente/a)
CAMBEIRO LOURIDO, MARIA DO CARMEN (Secretario/a)
VARGAS CALLEJAS, GERMAN (Vogal)
Taboada Ares, Eva María (Presidente/a)
CAMBEIRO LOURIDO, MARIA DO CARMEN (Secretario/a)
VARGAS CALLEJAS, GERMAN (Vogal)
Análise do marco Culturally Responsive-Sustaining (CR-S) de Nova York e posibilidades para a súa adaptación ao sistema educativo galego: propostas desde a orientación escolar para a atención á diversidade.
Autoría
M.J.S.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
M.J.S.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster analiza a viabilidade de adaptar criticamente o marco Culturally Responsive-Sustaining (CR-S), desenvolvido en Nova York, ao sistema educativo galego, centrándose en como os seus principios poden axustarse e contextualizarse segundo a normativa vixente en Galicia. A través dunha investigación cualitativa e documental, examínanse os fundamentos teóricos e normativos do CR-S e compáranse coa lexislación europea, estatal e autonómica aplicable en Galicia, identificando converxencias, retos e oportunidades para a súa adaptación ao contexto galego. O estudo destaca a relevancia de contextualizar o currículo, reforzar a formación docente en pedagoxías inclusivas, fomentar a participación activa da comunidade educativa e avanzar cara a estratexias de avaliación contextualizada, en resposta á crecente diversidade cultural nas aulas galegas. Preséntanse propostas concretas para adaptar e contextualizar os principios do CR-S nos centros educativos de Galicia, sempre en coherencia coa normativa vixente. Así mesmo, delimítase o papel do departamento de orientación escolar como facilitador e mediador neste proceso, asesorando ao profesorado, promovendo a participación familiar e comunitaria, e liderando a reflexión sobre a atención á diversidade desde unha perspectiva inclusiva e culturalmente relevante.

FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Presidente/a)
PARADA GAÑETE, ANA (Secretario/a)
BASANTA CAMIÑO, SILVIA (Vogal)
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Presidente/a)
PARADA GAÑETE, ANA (Secretario/a)
BASANTA CAMIÑO, SILVIA (Vogal)
Revisitar o eu
Autoría
U.S.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
U.S.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
Data da defensa
12.09.2025 12:00
12.09.2025 12:00
Resumo
O presente traballo académico consiste no desenvolvemento dunha proposta de aprendizaxe visual e introspectivo para o alumnado de terceiro curso da ESO da asignatura de Educación Plástica, Visual e Audiovisual. Co fin de realizar o proxecto, o alumnado poderá ben tomar novas imaxes ou ben recurrir ó traballo de arquivo. Esta proposta conta coa avaliación conforme do comité de ética a data 29 de xaneiro de 2025. O traballo consiste na búsqueda dunha visión máis artística da realidade que rodea ó alumnado, procurando que sexan quen de reinterpretar dende un novo punto de vista a realidade que os rodea, para buscar “arte” en todo aquelo no que a soen omitir. Tamén se busca, durante a maduración dos proxectos fotográficos, que o alumnado sexa quen de comprender os porqués das súas decisións artísticas, facendo polo tanto un exercicio de introspección que lles permita comprender en que cousas (e por que) se ven reflexados ou que cousas os conmoven e inspiran.
O presente traballo académico consiste no desenvolvemento dunha proposta de aprendizaxe visual e introspectivo para o alumnado de terceiro curso da ESO da asignatura de Educación Plástica, Visual e Audiovisual. Co fin de realizar o proxecto, o alumnado poderá ben tomar novas imaxes ou ben recurrir ó traballo de arquivo. Esta proposta conta coa avaliación conforme do comité de ética a data 29 de xaneiro de 2025. O traballo consiste na búsqueda dunha visión máis artística da realidade que rodea ó alumnado, procurando que sexan quen de reinterpretar dende un novo punto de vista a realidade que os rodea, para buscar “arte” en todo aquelo no que a soen omitir. Tamén se busca, durante a maduración dos proxectos fotográficos, que o alumnado sexa quen de comprender os porqués das súas decisións artísticas, facendo polo tanto un exercicio de introspección que lles permita comprender en que cousas (e por que) se ven reflexados ou que cousas os conmoven e inspiran.
Dirección
DIAZ SEOANE, ANGELES (Titoría)
CORTIZAS VARELA, OLALLA Cotitoría
DIAZ SEOANE, ANGELES (Titoría)
CORTIZAS VARELA, OLALLA Cotitoría
Tribunal
GILLANDERS , CAROL JEAN (Presidente/a)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Secretario/a)
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
GILLANDERS , CAROL JEAN (Presidente/a)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Secretario/a)
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
Pensando a Historia con Walter Benjamin
Autoría
A.S.L.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
A.S.L.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
07.07.2025 17:00
07.07.2025 17:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster persegue como finalidade dotar ao alumnado de 1.º de Bacharelato das ferramentas necesarias para desenvolver unha mirada crítica sobre a historia, a cultura e a sociedade a través da filosofía de Walter Benjamin. Tomando como punto de partida as Teses sobre o concepto de historia, proponse unha SA que busca cuestionar a idea de progreso lineal, poñer en valor a memoria dos oprimidos e fomentar unha conciencia ética e política no estudantado. Para acadar este obxectivo, o traballo deseña unha proposta didáctica baseada en metodoloxías activas (como a aprendizaxe baseada en problemas, proxectos e dinámicas cooperativas) que sitúan ao alumnado no centro do proceso educativo. A través do contacto directo cos textos filosóficos e de actividades contextualizadas, preténdese que o alumnado interprete a realidade dende unha perspectiva crítica, plural e transformadora.
Este Traballo de Fin de Máster persegue como finalidade dotar ao alumnado de 1.º de Bacharelato das ferramentas necesarias para desenvolver unha mirada crítica sobre a historia, a cultura e a sociedade a través da filosofía de Walter Benjamin. Tomando como punto de partida as Teses sobre o concepto de historia, proponse unha SA que busca cuestionar a idea de progreso lineal, poñer en valor a memoria dos oprimidos e fomentar unha conciencia ética e política no estudantado. Para acadar este obxectivo, o traballo deseña unha proposta didáctica baseada en metodoloxías activas (como a aprendizaxe baseada en problemas, proxectos e dinámicas cooperativas) que sitúan ao alumnado no centro do proceso educativo. A través do contacto directo cos textos filosóficos e de actividades contextualizadas, preténdese que o alumnado interprete a realidade dende unha perspectiva crítica, plural e transformadora.
Dirección
GARCIA SOTO, LUIS MODESTO (Titoría)
GARCIA SOTO, LUIS MODESTO (Titoría)
Tribunal
ARMAS QUINTA, FRANCISCO JOSE (Presidente/a)
SOUTO BLANCO, MARIA JESUS (Secretario/a)
PASTORIZA ROZAS, JOSE LUIS (Vogal)
ARMAS QUINTA, FRANCISCO JOSE (Presidente/a)
SOUTO BLANCO, MARIA JESUS (Secretario/a)
PASTORIZA ROZAS, JOSE LUIS (Vogal)
Violencia sexual e o trauma no cine: Análise de Straw Dogs, The Accused e Promising Young Woman
Autoría
A.S.A.
Máster Universitario en Igualdade, Xénero e Educación
A.S.A.
Máster Universitario en Igualdade, Xénero e Educación
Data da defensa
14.02.2025 10:45
14.02.2025 10:45
Resumo
No proxecto que propoñemos realizarase unha análise das distintas representacións da violencia sexual no cine para examinar ata que punto estas narrativas contribuyen a perpetuar ou desafiar os mitos da cultura da violación. O corpus inicial está composto por: Straw Dogs [Perros de paja] (Sam Peckinpah, 1971), The Accused [Acusados] (Jonathan Kaplan, 1988) e Young Promising Woman [Una joven prometedora] (Emerald Fennell, 2020). Dende o punto de vista da metodoloxía, a análise deste traballo estará vertebrado pola teoría feminista e os estudos de xénero con especial énfasis nas narrativas do rape-revenge. A nivel crítico, teranse en conta distintos factores, como o contexto histórico e sociocultural nos que se produciron e foron recibidas as obras, e como ditos contextos inflúen no seu contido e recepción. Ademais, prestarase especial atención a elementos como a mirada masculina (male gaze), a sexualización das personaxes e as implicacións que estas representacións teñen na percepción do público sobre a realidade das agresións sexuais, entre outros aspectos.

PEREZ PEREIRO, MARTA (Titoría)
PEREZ PEREIRO, MARTA (Titoría)
Tribunal
GOMEZ VAZQUEZ, BEGOÑA (Presidente/a)
GARCIA MARIN, JORGE (Secretario/a)
ANTELO MARTELO, MONICA (Vogal)
GOMEZ VAZQUEZ, BEGOÑA (Presidente/a)
GARCIA MARIN, JORGE (Secretario/a)
ANTELO MARTELO, MONICA (Vogal)
A política educativa local. Análise dos concellos da comarca de Caldas
Autoría
L.S.R.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
L.S.R.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
15.07.2025 12:15
15.07.2025 12:15
Resumo
A política educativa municipal en Galicia adoita quedar nun segundo plano fronte ao protagonismo autonómico e estatal, o que se traduce nunha ambigüidade competencial que afecta á implicación dos concellos e das súas responsables políticas. Neste contexto, o obxectivo xeral do presente Traballo Fin de Máster é analizar as competencias en materia educativa da administración local nos concellos da comarca de Caldas. Con dito propósito, será preciso afondar nas súas prácticas, limitacións e desafíos cunha posta en valor da importancia do coñecemento do territorio como base para unha educación de proximidade. En concreto, mediante unha metodoloxía de natureza cualitativa e empregando como instrumento principal as entrevistas semiestruturadas dirixidas ás persoas responsables neste eido nos concellos, procederase a estudar de xeito preciso o seu grao de implicación, xunto co seu coñecemento como actrices relevantes nos seus territorios. Os resultados da investigación poñen de manifesto a vontade política dos concellos e do seu compromiso dende o papel transformador da educación como ferramenta social. Con todo, esa ambición choca coa realidade das limitacións normativas, orzamentarias e da falta de claridade nas competencias, que frean unha acción educativa sostida e eficaz. Como consecuencia, a comarca de Caldas evidencia a necesidade dunha segunda descentralización que permita aos seus gobernos locais exercer un liderado real e adaptado ás necesidades específicas do seu territorio. As implicacións deste estudo remiten á necesidade dunha reflexión sobre o papel da administración local na garantía do dereito á educación, subliñando que só cun maior recoñecemento das competencias e con máis recursos, os concellos poderán impulsar políticas educativas que reflictan as singularidades do seu contexto e fomenten unha transformación social profunda e duradeira. Deste xeito, conclúese que a educación de proximidade debe deixar de ser un concepto presente só na literatura á esixencia de materializarse en políticas reais para toda a cidadanía.

VAZQUEZ RODRIGUEZ, ANA (Titoría)
VAZQUEZ RODRIGUEZ, ANA (Titoría)
Tribunal
ALONSO RUIDO, PATRICIA (Presidente/a)
CABALLO VILLAR, MARIA BELEN (Secretario/a)
DIZ LOPEZ, MARIA JULIA (Vogal)
ALONSO RUIDO, PATRICIA (Presidente/a)
CABALLO VILLAR, MARIA BELEN (Secretario/a)
DIZ LOPEZ, MARIA JULIA (Vogal)
Proposta didáctica sobre funcións matemáticas e estudo sobre as dificultades na súa aprendizaxe.
Autoría
J.S.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
J.S.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
08.07.2025 19:00
08.07.2025 19:00
Resumo
As funcións matemáticas son unha ferramenta esencial para comprender o mundo que nos rodea e, en particular, para desenvolver teorías en todos os campos da ciencia. Este traballo trata de abordar as dificultades que presentan os estudantes da Educación Secundaria Obrigatoria na súa aprendizaxe. Para isto, elabórase unha proposta didáctica motivada por unha serie de dificultades esperadas e corroboradas por un marco teórico, e deseñada arredor da dimensión conceptual, da cal xorden o resto de coñecementos formais sobre funcións que se imparten neste nivel educativo. A proposta didáctica levouse á práctica nun centro de secundaria e os resultados obtidos na avaliación tamén se analizan no traballo. A raíz desta análise conclúese a eficacia parcial da proposta.

ALONSO TARRIO, LEOVIGILDO (Titoría)
ALONSO TARRIO, LEOVIGILDO (Titoría)
Tribunal
SALGADO SOMOZA, MARIA (Presidente/a)
RIVERO SALGADO, OSCAR (Secretario/a)
Rodríguez Vivero, Dolores (Vogal)
SALGADO SOMOZA, MARIA (Presidente/a)
RIVERO SALGADO, OSCAR (Secretario/a)
Rodríguez Vivero, Dolores (Vogal)
Os círculos restaurativos como resolución de conflitos: unha proposta dende o departamento de orientación para a mellora da convivencia do alumnado de ESO
Autoría
V.S.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
V.S.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
17.07.2025 11:00
17.07.2025 11:00
Resumo
A convivencia escolar é a capacidade que teñen as persoas de vivir con outras nun marco de respecto mutuo e de solidariedade recíproca, expresada na interacción harmoniosa e sen violencia entre os diferentes actores e estamentos da comunidade educativa. Son numerosas as investigacións sobre a convivencia escolar, cuxos resultados mostran a relevancia da resolución pacífica dos conflitos para a mellora da mesma, así como o respaldo lexislativo co que contan estas propostas. Por ende, formúlase unha proposta de intervención orientadora no marco do Plan de Acción Titorial e o Plan de Convivencia baseada nos círculos restaurativos, e destinada ao alumnado da Educación Secundaria Obrigatoria segundo as necesidades detectadas nun centro educativo galego. A través da mesma, preténdese mellorar a convivencia da aula e do centro, e dotar tanto ao alumnado como ao profesorado de estratexias de resolución pacífica de conflitos.
A convivencia escolar é a capacidade que teñen as persoas de vivir con outras nun marco de respecto mutuo e de solidariedade recíproca, expresada na interacción harmoniosa e sen violencia entre os diferentes actores e estamentos da comunidade educativa. Son numerosas as investigacións sobre a convivencia escolar, cuxos resultados mostran a relevancia da resolución pacífica dos conflitos para a mellora da mesma, así como o respaldo lexislativo co que contan estas propostas. Por ende, formúlase unha proposta de intervención orientadora no marco do Plan de Acción Titorial e o Plan de Convivencia baseada nos círculos restaurativos, e destinada ao alumnado da Educación Secundaria Obrigatoria segundo as necesidades detectadas nun centro educativo galego. A través da mesma, preténdese mellorar a convivencia da aula e do centro, e dotar tanto ao alumnado como ao profesorado de estratexias de resolución pacífica de conflitos.
Dirección
GARCIA ANTELO, BEATRIZ (Titoría)
GARCIA ANTELO, BEATRIZ (Titoría)
Tribunal
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Presidente/a)
PARADA GAÑETE, ANA (Secretario/a)
BASANTA CAMIÑO, SILVIA (Vogal)
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Presidente/a)
PARADA GAÑETE, ANA (Secretario/a)
BASANTA CAMIÑO, SILVIA (Vogal)
Deseño dunha intervención didáctica STEAM multudisciplinar para o adestramento das habilidades espaciais a través das acrobacias aéreas con perspectiva de xénero
Autoría
I.S.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
I.S.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
08.07.2025 18:00
08.07.2025 18:00
Resumo
As habilidades visoespaciais, a ansiedade matemática e o rendemento nesta materia conforman un trinomio estreitamente relacionado segundo a literatura científica, cunha clara fenda nas puntuacións medias en función do sexo. Está demostrado que as habilidades espaciais poden ser adestradas, e que a súa mellora pode ter un impacto positivo sobre o desempeño matemático. No presente Traballo de Fin de Mestrado deseñouse un proxecto STEAM multidisciplinar dirixido ao alumnado de 1º de Bacharelato da modalidade de Ciencias e Tecnoloxía, segundo a LOMLOE, na Comunidade Autónoma de Galicia. A proposta consiste nun programa de intervención de seis semanas de duración baseado na práctica de acrobacias aéreas no contexto do circo como medio de adestramento das habilidades visoespaciais. Complementariamente, empregaranse sesións das materias de Matemáticas I e Física e Química para analizar casos prácticos e resolver problemas contextualizados na práctica circense. O alumnado sería avaliado antes e despois da intervención mediante instrumentos específicos para medir habilidades espaciais, ansiedade matemática e rendemento matemático, co obxectivo de valorar o potencial das acrobacias aéreas como ferramenta pedagóxica integradora, tanto no plano cognitivo como no emocional.
As habilidades visoespaciais, a ansiedade matemática e o rendemento nesta materia conforman un trinomio estreitamente relacionado segundo a literatura científica, cunha clara fenda nas puntuacións medias en función do sexo. Está demostrado que as habilidades espaciais poden ser adestradas, e que a súa mellora pode ter un impacto positivo sobre o desempeño matemático. No presente Traballo de Fin de Mestrado deseñouse un proxecto STEAM multidisciplinar dirixido ao alumnado de 1º de Bacharelato da modalidade de Ciencias e Tecnoloxía, segundo a LOMLOE, na Comunidade Autónoma de Galicia. A proposta consiste nun programa de intervención de seis semanas de duración baseado na práctica de acrobacias aéreas no contexto do circo como medio de adestramento das habilidades visoespaciais. Complementariamente, empregaranse sesións das materias de Matemáticas I e Física e Química para analizar casos prácticos e resolver problemas contextualizados na práctica circense. O alumnado sería avaliado antes e despois da intervención mediante instrumentos específicos para medir habilidades espaciais, ansiedade matemática e rendemento matemático, co obxectivo de valorar o potencial das acrobacias aéreas como ferramenta pedagóxica integradora, tanto no plano cognitivo como no emocional.
Dirección
RODRIGUEZ RAPOSO, ANA BELEN (Titoría)
RODRIGUEZ RAPOSO, ANA BELEN (Titoría)
Tribunal
SALGADO SOMOZA, MARIA (Presidente/a)
RIVERO SALGADO, OSCAR (Secretario/a)
Rodríguez Vivero, Dolores (Vogal)
SALGADO SOMOZA, MARIA (Presidente/a)
RIVERO SALGADO, OSCAR (Secretario/a)
Rodríguez Vivero, Dolores (Vogal)
A concienciación do profesorado de Lingua Castelá e Literatura sobre a transversalidade da educación ambiental nun centro educativo de Secundaria en Galicia
Autoría
A.S.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
A.S.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
10.07.2025 11:00
10.07.2025 11:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster analiza o grao de coñecemento e concienciación do profesorado de Lingua Castelá e Literatura de Educación Secundaria en Galicia respecto ao tratamento transversal da educación ambiental, tal e como establece a LOMLOE (Lei Orgánica 3/2020) e o Decreto 156/2022 da Xunta de Galicia. A partir dun enfoque cualitativo, realízanse entrevistas a catro docentes dun centro educativo público situado nunha zona semiurbana da provincia da Coruña. A investigación estrutúrase ao redor de tres eixos: a sensibilización ambiental do profesorado, o coñecemento normativo sobre sustentabilidade no currículo e as prácticas docentes desenvolvidas na aula. Os resultados evidencian unha notable distancia entre o marco lexislativo e a súa aplicación real. Aínda que o profesorado recoñece a importancia de abordar os desafíos ambientais, o seu coñecemento sobre a normativa vixente é limitado, do mesmo xeito que a súa participación en proxectos institucionais vinculados á sustentabilidade. Ademais, a incorporación de contidos ecolóxicos na práctica docente é puntual e carece, na maioría dos casos, dunha planificación sistemática. Con todo, o estudo pon de relevo as múltiples posibilidades que ofrece a materia de Lingua Castelá e Literatura para traballar a educación ambiental, especialmente mediante a creación de itinerarios temáticos de lectura, o uso da ecocrítica como ferramenta pedagóxica e a integración de metodoloxías activas e interdisciplinares. O traballo conclúe cunha proposta de liñas de acción que permitan reforzar a formación do profesorado, fomentar a cooperación entre departamentos e consolidar a sustentabilidade como eixo vertebrador do proxecto educativo de centro.

Alternativas para achegar os procesos históricos ao alumnado de secundaria. A fin do Antigo Réxime en Santiago de Compostela a través dunha ollada microhistórica
Autoría
U.T.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
U.T.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
09.07.2025 12:00
09.07.2025 12:00
Resumo
Este traballo aborda o uso da microhistoria e da historia local como enfoques didácticos para o ensino da sociedade do Antigo Réxime e da Ilustración en secundaria. Analízase a súa fundamentación historiográfica e pedagóxica, e examínase o caso concreto de Santiago de Compostela como escenario de estudo. A proposta inclúe o deseño dunha intervención didáctica desenvolvida nunha aula de 3o da ESO, na que se empregaron fontes primarias, imaxes e elementos do contexto local para facilitar a comprensión do pasado e activar o pensamento histórico.
Este traballo aborda o uso da microhistoria e da historia local como enfoques didácticos para o ensino da sociedade do Antigo Réxime e da Ilustración en secundaria. Analízase a súa fundamentación historiográfica e pedagóxica, e examínase o caso concreto de Santiago de Compostela como escenario de estudo. A proposta inclúe o deseño dunha intervención didáctica desenvolvida nunha aula de 3o da ESO, na que se empregaron fontes primarias, imaxes e elementos do contexto local para facilitar a comprensión do pasado e activar o pensamento histórico.
Dirección
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Titoría)
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Titoría)
Tribunal
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Presidente/a)
CEINOS SANZ, MARIA CRISTINA (Secretario/a)
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Vogal)
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Presidente/a)
CEINOS SANZ, MARIA CRISTINA (Secretario/a)
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Vogal)
A amálgama cultural de Toronto: a cartografía como metodoloxía para ensinar inglés en Escolas Oficiais de Idiomas
Autoría
R.T.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
R.T.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
11.07.2025 11:00
11.07.2025 11:00
Resumo
Este traballo de fin de máster práctico explora o potencial pedagóxico da cartografía na ensinanza do inglés como lingua estranxeira (EFL) nas Escolas Oficiais de Idiomas (EOI). Mentres que o uso de mapas é habitual nas aulas de literatura, a súa aplicación na ensinanza de idiomas aínda non foi o suficientemente explorada. Por isto mesmo, este traballo céntrase no deseño dun mapa temático dos barrios étnicos de Toronto que se empregará como ferramenta didáctica nas clases de inglés do nivel C1.1. O mapa, estruturado coma un tríptico, compre funcións tanto espaciais como socioculturais, animando ao alumnado a reflexionar de xeito crítico sobre os conceptos de pluriculturalidade e interculturalidade. Alén da creación do mapa, deseñouse un conxunto de actividades seguindo o Decreto 81/2018, que promoven unha metodoloxía orientada á acción e baseada en tarefas que fomenta a autonomía del alumno e a aprendizaxe significativa. Esta proposta demostra como a cartografía pode ser un recurso valioso non só para a análise literaria, senón tamén para o fomento da conciencia intercultural e a aprendizaxe de competencias lingüísticas avanzadas nas aulas de inglés como lingua estranxeira.
Este traballo de fin de máster práctico explora o potencial pedagóxico da cartografía na ensinanza do inglés como lingua estranxeira (EFL) nas Escolas Oficiais de Idiomas (EOI). Mentres que o uso de mapas é habitual nas aulas de literatura, a súa aplicación na ensinanza de idiomas aínda non foi o suficientemente explorada. Por isto mesmo, este traballo céntrase no deseño dun mapa temático dos barrios étnicos de Toronto que se empregará como ferramenta didáctica nas clases de inglés do nivel C1.1. O mapa, estruturado coma un tríptico, compre funcións tanto espaciais como socioculturais, animando ao alumnado a reflexionar de xeito crítico sobre os conceptos de pluriculturalidade e interculturalidade. Alén da creación do mapa, deseñouse un conxunto de actividades seguindo o Decreto 81/2018, que promoven unha metodoloxía orientada á acción e baseada en tarefas que fomenta a autonomía del alumno e a aprendizaxe significativa. Esta proposta demostra como a cartografía pode ser un recurso valioso non só para a análise literaria, senón tamén para o fomento da conciencia intercultural e a aprendizaxe de competencias lingüísticas avanzadas nas aulas de inglés como lingua estranxeira.
Dirección
Fuentes Ríos, Aránzazu (Titoría)
Fuentes Ríos, Aránzazu (Titoría)
Tribunal
ZAS VARELA, MARIA LUZ (Presidente/a)
PEREIRA ROMASANTA, RAQUEL (Secretario/a)
FERNANDEZ VAZQUEZ, MARIA DEL MAR (Vogal)
ZAS VARELA, MARIA LUZ (Presidente/a)
PEREIRA ROMASANTA, RAQUEL (Secretario/a)
FERNANDEZ VAZQUEZ, MARIA DEL MAR (Vogal)
A filosofía, o senso e o arte: unha proposta didáctica
Autoría
Y.T.L.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Y.T.L.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
08.09.2025 12:00
08.09.2025 12:00
Resumo
O presente traballo consiste na descrición do desenvolvemento e do propio proxecto dunha situación de aprendizaxe que pretende a problematización e o estudo do sentido da existencia, particularmente mediante o tratamento de textos fonte de Kierkegaard e Nietzsche. Neste traballo ofrécese unha xustificación da situación de aprendizaxe, así como dos principais problemas tratados e dos obxectivos que a guían. Igualmente, exponse a fundamentación teórica da mesma, en liña cos obxectivos didácticos expostos. Posteriormente, describirase o proceso de deseño da proposta de ensinanza, facendo especial fincapé nos posibles problemas e nas vantaxes que a proposta podería ter no caso de ser aplicada, á luz dos resultados e das observacións do Prácticum II. A continuación, ofrécese unha recompilación dos resultados máis relevantes no proceso de elaboración e deseño da situación de aprendizaxe. Finalmente, preséntanse as conclusións resultantes.
O presente traballo consiste na descrición do desenvolvemento e do propio proxecto dunha situación de aprendizaxe que pretende a problematización e o estudo do sentido da existencia, particularmente mediante o tratamento de textos fonte de Kierkegaard e Nietzsche. Neste traballo ofrécese unha xustificación da situación de aprendizaxe, así como dos principais problemas tratados e dos obxectivos que a guían. Igualmente, exponse a fundamentación teórica da mesma, en liña cos obxectivos didácticos expostos. Posteriormente, describirase o proceso de deseño da proposta de ensinanza, facendo especial fincapé nos posibles problemas e nas vantaxes que a proposta podería ter no caso de ser aplicada, á luz dos resultados e das observacións do Prácticum II. A continuación, ofrécese unha recompilación dos resultados máis relevantes no proceso de elaboración e deseño da situación de aprendizaxe. Finalmente, preséntanse as conclusións resultantes.
Dirección
PASTORIZA ROZAS, JOSE LUIS (Titoría)
PASTORIZA ROZAS, JOSE LUIS (Titoría)
Tribunal
SOUTO BLANCO, MARIA JESUS (Presidente/a)
ARMAS QUINTA, FRANCISCO JOSE (Secretario/a)
GARCIA SOTO, LUIS MODESTO (Vogal)
SOUTO BLANCO, MARIA JESUS (Presidente/a)
ARMAS QUINTA, FRANCISCO JOSE (Secretario/a)
GARCIA SOTO, LUIS MODESTO (Vogal)
A formación en inclusión educativa do profesorado de Bioloxía, realidade ou mito?
Autoría
C.T.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
C.T.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
10.07.2025 12:30
10.07.2025 12:30
Resumo
Garantir unha educación inclusiva e equitativa require abordar de forma crítica a formación inicial do profesorado en materia de atención á diversidade, xa que esta constitúe as bases que permiten ofrecer unha resposta adecuada nunha contorna como é a aula de secundaria, especialmente dentro dun contexto que pretende apoiar a educación inclusiva. Este traballo trata de indagar acerca da formación sobre atención á diversidade na aula e inclusión educativa recibida polo profesorado de ensino secundario na materia de Bioloxía e Xeoloxía. Para iso, analizáronse guías docentes de estudos de grao e posgrao en procura de mencións dentro deste ámbito educativo. A análise, levado a cabo no Sistema Universitario Galego e a Universidade de Castilla-La Mancha, revela non só unha clara escaseza de contidos, senón diferenzas na súa repartición curricular. Coa finalidade de mellorar esta situación propóñense medidas como un acordo entre centros pertencentes ao mesmo distrito universitario para unificar e reforzar os contidos relativos á atención á diversidade e necesidades específicas de apoio educativo.
Garantir unha educación inclusiva e equitativa require abordar de forma crítica a formación inicial do profesorado en materia de atención á diversidade, xa que esta constitúe as bases que permiten ofrecer unha resposta adecuada nunha contorna como é a aula de secundaria, especialmente dentro dun contexto que pretende apoiar a educación inclusiva. Este traballo trata de indagar acerca da formación sobre atención á diversidade na aula e inclusión educativa recibida polo profesorado de ensino secundario na materia de Bioloxía e Xeoloxía. Para iso, analizáronse guías docentes de estudos de grao e posgrao en procura de mencións dentro deste ámbito educativo. A análise, levado a cabo no Sistema Universitario Galego e a Universidade de Castilla-La Mancha, revela non só unha clara escaseza de contidos, senón diferenzas na súa repartición curricular. Coa finalidade de mellorar esta situación propóñense medidas como un acordo entre centros pertencentes ao mesmo distrito universitario para unificar e reforzar os contidos relativos á atención á diversidade e necesidades específicas de apoio educativo.
Dirección
GARCIA DOCAMPO, LAURA (Titoría)
GARCIA DOCAMPO, LAURA (Titoría)
Tribunal
BROCOS MOSQUERA, PABLO (Presidente/a)
Couce Santalla, Ana Isabel (Secretario/a)
CASAS QUIROGA, LUCIA (Vogal)
BROCOS MOSQUERA, PABLO (Presidente/a)
Couce Santalla, Ana Isabel (Secretario/a)
CASAS QUIROGA, LUCIA (Vogal)
A lexislación laboral “protectora” da muller en España no tránsito do século XIX ao XX.
Autoría
M.T.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
M.T.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
Data da defensa
09.09.2025 12:00
09.09.2025 12:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Mestrado analiza a evolución da lexislación laboral "protectora" dirixida ás mulleres en España durante o tránsito do século XIX ao XX, cuestionando se estas normas responderon a unha vontade real de defensa dos dereitos laborais femininos ou se actuaron como mecanismos de control social e reforzo dos roles de xénero tradicionais. A través dunha revisión crítica, examínanse normativas como a Lei da Cadeira ou a prohibición do traballo nocturno, valorando o seu impacto real e a súa relevancia na actualidade. A parte aplicada, céntrase no deseño dunha situación de aprendizaxe, en adiante SA, para o Itinerario Para a Empregabilidade (IPE I), no ciclo superior de Sistemas Electrotécnicos e Automatizados, impartido no CIFP Universidade Laboral da Coruña. ASA. O seu obxectivo é simular unha posible aplicación nas aulas, posto que non se levou nin se levará a cabo, a través de introdución de contidos históricos e de xénero nun contexto de FP industrial, e cuxa integración nas aulas podería contribuir ao desenvolvemento de competencias clave como a análise crítica, a conciencia histórica, a comunicación oral e a igualdade no eido profesional. Para levar a cabo esa simulación, deseñáronse actividades mediante Aprendizaxe Baseada en Proxectos (en adiante ABP) e gamificación, metodoloxías activas que favorecen a motivación, a implicación do alumnado e o traballo cooperativo. Espérase que, a través delas, o alumnado poida mellorar tanto o coñecemento sobre os seus dereitos laborais actuais como a súa capacidade para identificar discriminacións estruturais no ámbito profesional.

A lexislación laboral “protectora” da muller en España no tránsito do século XIX ao XX
Autoría
M.T.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
M.T.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
Data da defensa
07.07.2025 18:00
07.07.2025 18:00
Resumo
Este traballo de fin de mestrado analiza a lexislación laboral “protectora” das mulleres en España no tránsito do século XIX ao XX, cuestionando o seu carácter realmente emancipador ou, pola contra, o seu papel como ferramenta de control social baixo unha lóxica patriarcal. A través dunha revisión historiográfica crítica e da contextualización das políticas públicas da época, examínanse as primeiras normas legais dirixidas ás mulleres traballadoras, como a Lei da Cadeira ou as restricións ao traballo nocturno. A proposta complétase cunha unidade didáctica deseñada para o ciclo formativo de Técnico Superior en Promoción da Igualdade de Xénero, empregando metodoloxías activas como a ABP e a gamificación. A finalidade educativa céntrase en fomentar a análise crítica, a perspectiva de xénero e o compromiso coa equidade e a xustiza social entre o alumnado da Formación Profesional. O estudo conclúe con que moitas das medidas aparentemente protectoras respondían a intereses morais e ideolóxicos, reproducindo estereotipos de xénero. Así mesmo, propón o uso da historia como ferramenta pedagóxica para entender os avances e desafíos pendentes en materia de igualdade laboral.

Deseño e Implementación dunha Intervención Educativa na Aula sobre a Lei de Hooke: Estratexias Didácticas e Avaliación do Impacto
Autoría
S.T.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
S.T.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
10.07.2025 13:30
10.07.2025 13:30
Resumo
Neste traballo analízase unha intervención didáctica dirixida ao alumnado de 2º da ESO, centrada na comprensión da Lei de Hooke. A proposta combina o uso de simuladores virtuais, cuestionarios e actividades prácticas co obxectivo de traballar contidos curriculares ao tempo que se promove o desenvolvemento da competencia científica e dixital. O impacto da proposta avaliouse mediante un cuestionario aplicado antes e despois da intervención, o que permitiu identificar as ideas previas do alumnado e valorar a súa evolución conceptual ao longo da secuencia. Ademais, analizáronse as principais dificultades de aprendizaxe detectadas, entre as que destacan a confusión no uso de termos físicos ou a dificultade para asociar leis co seu significado. Os resultados mostran unha evolución positiva no recoñecemento de relacións como a proporcionalidade directa entre forza e elongación, así como unha mellora na interpretación e representación de datos mediante táboas e gráficas. Todo isto pon de manifesto a utilidade de metodoloxías activas baseadas na experimentación guiada e no uso de recursos dixitais.
Neste traballo analízase unha intervención didáctica dirixida ao alumnado de 2º da ESO, centrada na comprensión da Lei de Hooke. A proposta combina o uso de simuladores virtuais, cuestionarios e actividades prácticas co obxectivo de traballar contidos curriculares ao tempo que se promove o desenvolvemento da competencia científica e dixital. O impacto da proposta avaliouse mediante un cuestionario aplicado antes e despois da intervención, o que permitiu identificar as ideas previas do alumnado e valorar a súa evolución conceptual ao longo da secuencia. Ademais, analizáronse as principais dificultades de aprendizaxe detectadas, entre as que destacan a confusión no uso de termos físicos ou a dificultade para asociar leis co seu significado. Os resultados mostran unha evolución positiva no recoñecemento de relacións como a proporcionalidade directa entre forza e elongación, así como unha mellora na interpretación e representación de datos mediante táboas e gráficas. Todo isto pon de manifesto a utilidade de metodoloxías activas baseadas na experimentación guiada e no uso de recursos dixitais.
Dirección
TORRON CASAL, CAROLINA (Titoría)
TORRON CASAL, CAROLINA (Titoría)
Tribunal
BROCOS MOSQUERA, PABLO (Presidente/a)
Couce Santalla, Ana Isabel (Secretario/a)
CASAS QUIROGA, LUCIA (Vogal)
BROCOS MOSQUERA, PABLO (Presidente/a)
Couce Santalla, Ana Isabel (Secretario/a)
CASAS QUIROGA, LUCIA (Vogal)
A competencia docente do profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria co alumnado en situación de discapacidade.
Autoría
L.T.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
L.T.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
17.07.2025 12:00
17.07.2025 12:00
Resumo
Este traballo presenta unha investigación de campo centrada na discapacidade e nas necesidades formativas do profesorado de Educación Secundaria en relación con esta temática. A educación inclusiva é un reto fundamental no ámbito educativo, e a preparación do profesorado resulta clave para garantir a adecuada atención á diversidade dentro da aula. Neste estudo, búscase analizar a percepción que teñen os orientadores sobre a formación do profesorado en materia de discapacidade dentro da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).Para iso, levouse a cabo un traballo de campo baseado na aplicación de entrevistas dirixidas a orientadores educativos de dez centros escolares da provincia de Ourense. A través destas entrevistas, preténdese identificar as fortalezas e carencias na formación docente respecto á atención ao alumnado con discapacidade, así como coñecer as necesidades e propostas de mellora neste eido. Os resultados obtidos permitirán xerar un diagnóstico sobre a situación actual da formación do profesorado en relación coa discapacidade e formular recomendacións que contribúan a mellorar a capacitación docente para favorecer unha educación máis inclusiva e equitativa.
Este traballo presenta unha investigación de campo centrada na discapacidade e nas necesidades formativas do profesorado de Educación Secundaria en relación con esta temática. A educación inclusiva é un reto fundamental no ámbito educativo, e a preparación do profesorado resulta clave para garantir a adecuada atención á diversidade dentro da aula. Neste estudo, búscase analizar a percepción que teñen os orientadores sobre a formación do profesorado en materia de discapacidade dentro da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).Para iso, levouse a cabo un traballo de campo baseado na aplicación de entrevistas dirixidas a orientadores educativos de dez centros escolares da provincia de Ourense. A través destas entrevistas, preténdese identificar as fortalezas e carencias na formación docente respecto á atención ao alumnado con discapacidade, así como coñecer as necesidades e propostas de mellora neste eido. Os resultados obtidos permitirán xerar un diagnóstico sobre a situación actual da formación do profesorado en relación coa discapacidade e formular recomendacións que contribúan a mellorar a capacitación docente para favorecer unha educación máis inclusiva e equitativa.
Dirección
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Titoría)
VALCARCE FERNANDEZ, MARGARITA Cotitoría
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Titoría)
VALCARCE FERNANDEZ, MARGARITA Cotitoría
Tribunal
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Presidente/a)
PARADA GAÑETE, ANA (Secretario/a)
BASANTA CAMIÑO, SILVIA (Vogal)
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Presidente/a)
PARADA GAÑETE, ANA (Secretario/a)
BASANTA CAMIÑO, SILVIA (Vogal)
A morfoloxía nominal grecolatina dende a lingüística comparativa: estudo e posibilidades de aplicación no bacharelato
Autoría
M.T.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
M.T.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
07.07.2025 10:00
07.07.2025 10:00
Resumo
O propósito deste Traballo de Fin de Mestrado é expor unha proposta de ensino para a materia Latín I (e transversalmente Grego I) en 1º de Bacharelato. Tomando como referencia o Decreto 157/2022 polo que se estabelece a ordenación e o currículo do Bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, preséntase unha unidade didáctica que trata de aproximar ao alumnado á lingüística indoeuropea a partir do estudo comparativo da morfoloxía nominal do grego e do latín, con particular énfase na reconstrución do sistema casual. Cando resulte procedente, proporcionaranse exemplos doutras linguas indoeuropeas para apoiar a devandita reconstrución. O traballo comprende tres seccións. En primeiro lugar realízase unha introdución ao parentesco do latín e do grego, así como á historia, metodoloxía e posibilidades de aplicación da lingüística indoeuropea no currículo de Bacharelato. A segunda sección expón os contidos para traballar na unidade didáctica: a estrutura e tipoloxía da palabra indoeuropea, así como a reconstrución do sistema casual. Por último, preséntase unha unidade didáctica sobre as 5 cuestións abordadas na sección anterior. Procurarase a súa aplicación nun 1º de Bacharelato, dando conta dos resultados na conclusión.

02.09.2025 16:00

Plurilingüismo inclusivo desde o galego a través da tradución: a tradución como ferramenta de reflexión interlingüística
Autoría
A.U.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
A.U.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
11.09.2025 18:00
11.09.2025 18:00
Resumo
O traballo ten por obxecto desenvolver, dentro do contexto dun proxecto lingüístico de centro e ao abeiro das directrices europeas en materia lingüística, unha liña de actuación para o cesamento da transculturación, para a mellora competencial tanto no idioma galego como en todos aqueles cos que convive no ámbito escolar e para a educación no valor da diversidade cultural a través do exercicio tradutivo. Esta liña de actuación vese directamente amparada polo novo marco curricular, que, entre outras prácticas docentes, preceptúa a reflexión interlingüística mais o Tratamento Integrado de Linguas (TIL). Alén diso, a devandita proposta didáctica salienta a utilidade da gramática contrastiva como ferramenta básica para poder xerar discursos idiomáticos.
O traballo ten por obxecto desenvolver, dentro do contexto dun proxecto lingüístico de centro e ao abeiro das directrices europeas en materia lingüística, unha liña de actuación para o cesamento da transculturación, para a mellora competencial tanto no idioma galego como en todos aqueles cos que convive no ámbito escolar e para a educación no valor da diversidade cultural a través do exercicio tradutivo. Esta liña de actuación vese directamente amparada polo novo marco curricular, que, entre outras prácticas docentes, preceptúa a reflexión interlingüística mais o Tratamento Integrado de Linguas (TIL). Alén diso, a devandita proposta didáctica salienta a utilidade da gramática contrastiva como ferramenta básica para poder xerar discursos idiomáticos.
Dirección
LOPEZ SANDEZ, MARIA (Titoría)
LOPEZ SANDEZ, MARIA (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ NIETO, SANDRA (Presidente/a)
PALACIOS MARTINEZ, IGNACIO MIGUEL (Secretario/a)
Fuentes Ríos, Aránzazu (Vogal)
RODRIGUEZ NIETO, SANDRA (Presidente/a)
PALACIOS MARTINEZ, IGNACIO MIGUEL (Secretario/a)
Fuentes Ríos, Aránzazu (Vogal)
Desmontando Roma: Unha experiencia de innovación didáctica dende o social e o ambiental
Autoría
D.V.A.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
D.V.A.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
08.07.2025 13:30
08.07.2025 13:30
Resumo
A historia da Antiga Roma preséntase coma unha excelente oportunidade para traballar a perspectiva crítica facendo conexións entre o pasado e o presente co obxectivo de desmontar un relato mitificado. Esta investigación educativa, derivada dunha actuación didáctica realizada en tres grupos de 1º da ESO dun centro da Comarca do Deza, focalízase en dúas cuestións de candente actualidade: a escravitude e o cambio climático. A través dunha metodoloxía que bebe do uso de estratexias activas como o traballo con fontes, o diálogo e a reflexión constantes e o traballo cooperativo, promóvese no alumnado unha mirada histórica crítica e fundamentada. Os resultados amosan unha ruptura co discurso tradicional, unha maior conciencia da inxustiza estrutural da sociedade romana e unha comprensión do clima como axente histórico, así como a capacidade de establecer pontes co presente e formular reflexións éticas.

PIÑEIRA MANTIÑAN, MARIA JOSE (Titoría)
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES Cotitoría
PIÑEIRA MANTIÑAN, MARIA JOSE (Titoría)
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES Cotitoría
Tribunal
Castro Fernández, Belén María (Presidente/a)
VARGAS CALLEJAS, GERMAN (Secretario/a)
Lopez , Lucrezia (Vogal)
Castro Fernández, Belén María (Presidente/a)
VARGAS CALLEJAS, GERMAN (Secretario/a)
Lopez , Lucrezia (Vogal)
Educar contra a guerra: Os medios audiovisuais e a reconstrución de relatos, memorias e imaxinarios bélicos coma plataformas para unha educación en valores de paz
Autoría
J.L.V.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
J.L.V.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
09.07.2025 11:00
09.07.2025 11:00
Resumo
O presente traballo desenvolve unha investigación educativa centrada na análise das potencialidades que a distintas escalas (académica, didáctica e cívica) observa o estudo da guerra contemporánea dende a educación en valores. A hipótese xira así en torno das aportación que a adopción do bélico coma tema faría á conformación dun ensino en Historia máis transversal, actual, útil e propenso ao afianzamento de valores. A investigación concrétase ademais nunha actuación en aula (curricularmente adscrita ás materias de Xeografía e Historia e Historia do Mundo Contemporáneo, de 4º da ESO e 1º de Bach.), coa que se comproban as teses; analizando actividades, materiais e outras escollas metodolóxicas. Así, a través dos datos obtidos, constátase como unha aproximación didáctica á educación en valores, combinada cunha selección temática centrada na guerra; permite non só unha educación máis aplicada, comprometida e significada, senón que fomenta tamén coñecementos e competencias de relevancia. Sobresaen os pensamentos histórico e crítico, o manexo de fontes, a memoria histórica ou a defensa dos valores de paz, democracia e DDHH. Todo elo sen desmerecer a aportación a un ensino máis participativo que logra o recurso a fontes (maiormente audiovisuais e primarias) ou a aposta por unha Historia máis emocional e cultural.
O presente traballo desenvolve unha investigación educativa centrada na análise das potencialidades que a distintas escalas (académica, didáctica e cívica) observa o estudo da guerra contemporánea dende a educación en valores. A hipótese xira así en torno das aportación que a adopción do bélico coma tema faría á conformación dun ensino en Historia máis transversal, actual, útil e propenso ao afianzamento de valores. A investigación concrétase ademais nunha actuación en aula (curricularmente adscrita ás materias de Xeografía e Historia e Historia do Mundo Contemporáneo, de 4º da ESO e 1º de Bach.), coa que se comproban as teses; analizando actividades, materiais e outras escollas metodolóxicas. Así, a través dos datos obtidos, constátase como unha aproximación didáctica á educación en valores, combinada cunha selección temática centrada na guerra; permite non só unha educación máis aplicada, comprometida e significada, senón que fomenta tamén coñecementos e competencias de relevancia. Sobresaen os pensamentos histórico e crítico, o manexo de fontes, a memoria histórica ou a defensa dos valores de paz, democracia e DDHH. Todo elo sen desmerecer a aportación a un ensino máis participativo que logra o recurso a fontes (maiormente audiovisuais e primarias) ou a aposta por unha Historia máis emocional e cultural.
Dirección
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Titoría)
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Titoría)
Tribunal
Castro Fernández, Belén María (Coordinador)
MIGUES RODRIGUEZ, VITOR MANUEL (Secretario/a)
SANJUAN ROCA, MARIA DEL MAR (Vogal)
Castro Fernández, Belén María (Coordinador)
MIGUES RODRIGUEZ, VITOR MANUEL (Secretario/a)
SANJUAN ROCA, MARIA DEL MAR (Vogal)
Literatura e perspectiva de xénero na aula de inglés como lingua estranxeira en educación secundaria
Autoría
E.V.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
E.V.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
11.07.2025 12:30
11.07.2025 12:30
Resumo
Na actualidade, contémplase o ensino de linguas estranxeiras como unha ferramenta que contribúe a eliminar fronteiras e á expansión da conciencia intercultural, ampliando así as perspectivas e expectativas do alumnado. Con todo, a literatura, sendo unha parte esencial da cultura, semella quedar relegada a un segundo plano dentro do currículo de Lingua Estranxeira (Inglés) na Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). O presente traballo pretende pór a literatura de relevo, explorando diferentes técnicas e o seu potencial como ferramenta educativa que contribúe ao enriquecemento e á expansión do coñecemento do alumnado sobre a lingua estranxeira a estudar. Ademais, a lexislación educativa dos últimos anos ten adoptado unha perspectiva cada vez máis feminista a prol da igualdade efectiva entre xéneros, o que constitúe unha meta primordial no contexto educativo actual. Este traballo de investigación analiza o lugar que a literatura ocupou nas estratexias pedagóxicas tradicionais e busca discernir o papel que se lle dá nos marcos lexislativos actuais, ao mesmo tempo que explora a lexislación educativa a prol do feminismo e a igualdade entre xéneros. Deste xeito, o traballo constitúe un estudo para a aula de inglés na educación secundaria que integra os dous aspectos presentados: explórase a literatura como instrumento pedagóxico a través do uso de fragmentos literarios de autoras feministas para incorporar a perspectiva de xénero, buscando que o alumnado desenvolva unha visión crítica cara as esixencias do presente mentres mellora as súas competencias en lingua inglesa.

Análise sobre experiencias de Aprendizaxe Servizo dende unha perspectiva de xénero na Formación Profesional
Autoría
S.V.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
S.V.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
Data da defensa
11.09.2025 13:00
11.09.2025 13:00
Resumo
A innovación docente é clave na Formación Profesional, e o Aprendizaxe Servizo pode contribuír como ferramenta metodolóxica eficaz. Con todo, como integrar a perspectiva de xénero require unha revisión profunda para a súa integración pedagóxica. O obxectivo foi analizar pedagoxicamente as experiencias de Aprendizaxe Servizo en Formación Profesional en España dende unha perspectiva de xénero para informar propostas docentes futuras. A metodoloxía é unha investigación documental en repositorios institucionais educativos, bases de datos e outras fontes, onde se incluíron experiencias que respondesen o obxectivo de estudo, publicadas en español ou inglés, desenvoltas en España. Analizáronse seguindo as características da Axencia Andaluza de Avaliación Educativa. Os resultados amosan 10 experiencias articuladas maiormente en ciclos feminizados co obxectivo de contribuír á comunidade educativa e á transformación social da comunidade, ademais, podemos ver que a perspectiva de xénero desenvolvíase a partir do fenómeno social abordado e como aspecto transversal ao proxecto educativo. Destaca o impacto na formación e o desenvolvemento de competencias transversais e persoais, sendo a falta de tempo o principal desafío. A análise conclúe a necesidade de ampliar as experiencias de Aprendizaxe Servizo con perspectiva de xénero na Formación Profesional.
A innovación docente é clave na Formación Profesional, e o Aprendizaxe Servizo pode contribuír como ferramenta metodolóxica eficaz. Con todo, como integrar a perspectiva de xénero require unha revisión profunda para a súa integración pedagóxica. O obxectivo foi analizar pedagoxicamente as experiencias de Aprendizaxe Servizo en Formación Profesional en España dende unha perspectiva de xénero para informar propostas docentes futuras. A metodoloxía é unha investigación documental en repositorios institucionais educativos, bases de datos e outras fontes, onde se incluíron experiencias que respondesen o obxectivo de estudo, publicadas en español ou inglés, desenvoltas en España. Analizáronse seguindo as características da Axencia Andaluza de Avaliación Educativa. Os resultados amosan 10 experiencias articuladas maiormente en ciclos feminizados co obxectivo de contribuír á comunidade educativa e á transformación social da comunidade, ademais, podemos ver que a perspectiva de xénero desenvolvíase a partir do fenómeno social abordado e como aspecto transversal ao proxecto educativo. Destaca o impacto na formación e o desenvolvemento de competencias transversais e persoais, sendo a falta de tempo o principal desafío. A análise conclúe a necesidade de ampliar as experiencias de Aprendizaxe Servizo con perspectiva de xénero na Formación Profesional.
Dirección
VARELA PORTELA, CRISTINA (Titoría)
VARELA PORTELA, CRISTINA (Titoría)
Tribunal
CAMBEIRO LOURIDO, MARIA DO CARMEN (Presidente/a)
CEINOS SANZ, MARIA CRISTINA (Secretario/a)
AMADO RODRIGUEZ, MARIA TERESA (Vogal)
CAMBEIRO LOURIDO, MARIA DO CARMEN (Presidente/a)
CEINOS SANZ, MARIA CRISTINA (Secretario/a)
AMADO RODRIGUEZ, MARIA TERESA (Vogal)
As maletas pedagóxicas. Unha ferramenta para achegar ás aulas de Educación Primaria referentes artísticos.
Autoría
A.V.C.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
A.V.C.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Data da defensa
14.07.2025 18:00
14.07.2025 18:00
Resumo
Este traballo de fin de mestrado tenta ofrecer unha posible aplicación das maletas pedagóxicas, empregadas en museos, nas aulas de Educación Primaria. Concretamente, pretende poñer o acento na área de Educación Plástica e Visual. O traballo revisa literatura sobre as maletas pedagóxicas. Tamén inclúe unha proposta didáctica deseñada para o terceiro curso da etapa de Educación Primaria, na que se pretende achegar referentes artísticos contemporáneos á aula a través da maleta pedagóxica, posibilitando o desenvolvemento do pensamento crítico así como de contidos curriculares dun xeito máis significativo.
Este traballo de fin de mestrado tenta ofrecer unha posible aplicación das maletas pedagóxicas, empregadas en museos, nas aulas de Educación Primaria. Concretamente, pretende poñer o acento na área de Educación Plástica e Visual. O traballo revisa literatura sobre as maletas pedagóxicas. Tamén inclúe unha proposta didáctica deseñada para o terceiro curso da etapa de Educación Primaria, na que se pretende achegar referentes artísticos contemporáneos á aula a través da maleta pedagóxica, posibilitando o desenvolvemento do pensamento crítico así como de contidos curriculares dun xeito máis significativo.
Dirección
Trigo Martínez, Cristina (Titoría)
Trigo Martínez, Cristina (Titoría)
Tribunal
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Secretario/a)
DIZ OTERO, MARIO (Vogal)
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Secretario/a)
DIZ OTERO, MARIO (Vogal)
O papel da música como elemento integrador en propostas educativas baseadas en enfoques STE(A)M e modelos interdisciplinarios: unha revisión sistemática
Autoría
L.V.B.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
L.V.B.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Data da defensa
16.07.2025 19:30
16.07.2025 19:30
Resumo
A música, dentro do ámbito da educación, sempre foi tratada como unha disciplina complementaria e illada, ocupando un lugar secundario dentro do currículo. Pese a isto, os estudos máis recentes demostraron que a través da mesma, pódense promulgar determinadas habilidades motoras e sociais, así como fomentar a creatividade ou o pensamento crítico, entre outros. No presente Traballo de Fin de Mestrado (TFM) realízase unha revisión documental seguindo o protocolo PRISMA acerca do papel da música como elemento integrador en propostas educativas baseadas en enfoques STE(A)M e modelos interdisciplinarios. Enténdese por enfoque STE(A)M unha aproximación á ensinanza das ciencias, tecnoloxías, enxeñerías e matemáticas de forma interdisciplinaria, onde a rigorosidade dos conceptos científicos é desenvolvida mediante actividades didácticas inmersivas aplicadas ao mundo real. Mentres que, a interdisciplinariedade, é entendida como unha metodoloxía pedagóxica que establece conexións entre as diferentes disciplinas académicas do currículo, para lograr un coñecemento máis significativo e integral.
A música, dentro do ámbito da educación, sempre foi tratada como unha disciplina complementaria e illada, ocupando un lugar secundario dentro do currículo. Pese a isto, os estudos máis recentes demostraron que a través da mesma, pódense promulgar determinadas habilidades motoras e sociais, así como fomentar a creatividade ou o pensamento crítico, entre outros. No presente Traballo de Fin de Mestrado (TFM) realízase unha revisión documental seguindo o protocolo PRISMA acerca do papel da música como elemento integrador en propostas educativas baseadas en enfoques STE(A)M e modelos interdisciplinarios. Enténdese por enfoque STE(A)M unha aproximación á ensinanza das ciencias, tecnoloxías, enxeñerías e matemáticas de forma interdisciplinaria, onde a rigorosidade dos conceptos científicos é desenvolvida mediante actividades didácticas inmersivas aplicadas ao mundo real. Mentres que, a interdisciplinariedade, é entendida como unha metodoloxía pedagóxica que establece conexións entre as diferentes disciplinas académicas do currículo, para lograr un coñecemento máis significativo e integral.
Dirección
DIZ OTERO, MARIO (Titoría)
DIZ OTERO, MARIO (Titoría)
Tribunal
LOPEZ MONDEJAR, MARIA LETICIA (Presidente/a)
LOPEZ CARRETERO, XOSÉ MARÍA (Secretario/a)
RICO DIAZ, JAVIER (Vogal)
LOPEZ MONDEJAR, MARIA LETICIA (Presidente/a)
LOPEZ CARRETERO, XOSÉ MARÍA (Secretario/a)
RICO DIAZ, JAVIER (Vogal)
A paisaxe sonora como ferramenta pedagóxica: Proposta didáctica para a materia de Análise Musical I
Autoría
S.J.V.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
S.J.V.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
Data da defensa
14.07.2025 13:30
14.07.2025 13:30
Resumo
Con este traballo preténdese explorar a utilización da paisaxe sonora como ferramenta pedagóxica, xunto á incorporación de tecnoloxías da información e a comunicación (TIC), a través dunha proposta didáctica deseñada para a materia de Análise Musical I. Primeiro, realízase unha revisión bibliográfica ao redor dos conceptos de deep listening, paisaxe sonora e un breve percorrido histórico sobre o uso de tecnoloxías na música do século XX. Posteriormente, defínese o deseño da proposta e avalíase o proceso de implementación nun centro de Santiago de Compostela. O proxecto ten como obxectivo fomentar a escoita activa e profunda do alumnado para así poder transitar de maneira máis consciente a súa contorna sonora. Así mesmo, búscase que estas actitudes sirvan como fonte de inspiración para a creación sonora a través do uso de TIC. Finalmente, preséntanse propostas de mellora expostas unha vez finalizada a implementación, incluíndo a extensión temporal da intervención para acadar unha correcta asimilación de todos os contidos.
Con este traballo preténdese explorar a utilización da paisaxe sonora como ferramenta pedagóxica, xunto á incorporación de tecnoloxías da información e a comunicación (TIC), a través dunha proposta didáctica deseñada para a materia de Análise Musical I. Primeiro, realízase unha revisión bibliográfica ao redor dos conceptos de deep listening, paisaxe sonora e un breve percorrido histórico sobre o uso de tecnoloxías na música do século XX. Posteriormente, defínese o deseño da proposta e avalíase o proceso de implementación nun centro de Santiago de Compostela. O proxecto ten como obxectivo fomentar a escoita activa e profunda do alumnado para así poder transitar de maneira máis consciente a súa contorna sonora. Así mesmo, búscase que estas actitudes sirvan como fonte de inspiración para a creación sonora a través do uso de TIC. Finalmente, preséntanse propostas de mellora expostas unha vez finalizada a implementación, incluíndo a extensión temporal da intervención para acadar unha correcta asimilación de todos os contidos.
Dirección
LOPEZ FERNANDEZ, CARME (Titoría)
LOPEZ FERNANDEZ, CARME (Titoría)
Tribunal
FRANCO VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Secretario/a)
LOPEZ CARRETERO, XOSÉ MARÍA (Vogal)
FRANCO VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Secretario/a)
LOPEZ CARRETERO, XOSÉ MARÍA (Vogal)
Uso da mediación lingüística nunha aula multigrao: L1 e L2.
Autoría
L.V.S.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
L.V.S.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Data da defensa
15.07.2025 10:00
15.07.2025 10:00
Resumo
Actualmente, atopamos unha crecente aparición do plurilingüismo nas aulas, motivado pola diversidade cultural e pola actual lexislación educativa. Ante isto, precisamos estratexias comunicativas que permitan reformular as mensaxes e chegar a todo o alumnado. Entre elas destaca a -mediación lingüística-, á cal o Volume Complementario ao Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas engade novos descritores para a súa definición. Por isto, e ante os escasos estudos neste ámbito, este Traballo de Fin de Máster pretende afondar e dar a coñecer esta situación comunicativa cada vez máis frecuente nas aulas. Así, realizouse unha investigación cualitativa cunha análise comparativa das intervencións de 9 persoas (profesorado e alumnado do segundo ciclo de educación infantil e do primeiro ciclo de primaria). Os datos mostran diferentes exemplos de mediación lingüística oral (comunicación, conceptos ou textos) e a maneira e finalidade ca que se presenta, o que reafirma a súa presenza cotiá nas aulas.
Actualmente, atopamos unha crecente aparición do plurilingüismo nas aulas, motivado pola diversidade cultural e pola actual lexislación educativa. Ante isto, precisamos estratexias comunicativas que permitan reformular as mensaxes e chegar a todo o alumnado. Entre elas destaca a -mediación lingüística-, á cal o Volume Complementario ao Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas engade novos descritores para a súa definición. Por isto, e ante os escasos estudos neste ámbito, este Traballo de Fin de Máster pretende afondar e dar a coñecer esta situación comunicativa cada vez máis frecuente nas aulas. Así, realizouse unha investigación cualitativa cunha análise comparativa das intervencións de 9 persoas (profesorado e alumnado do segundo ciclo de educación infantil e do primeiro ciclo de primaria). Os datos mostran diferentes exemplos de mediación lingüística oral (comunicación, conceptos ou textos) e a maneira e finalidade ca que se presenta, o que reafirma a súa presenza cotiá nas aulas.
Dirección
FAYA CERQUEIRO, FATIMA MARIA (Titoría)
FAYA CERQUEIRO, FATIMA MARIA (Titoría)
Tribunal
PENA PRESAS, MONSERRAT (Presidente/a)
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA (Secretario/a)
Trigo Martínez, Cristina (Vogal)
PENA PRESAS, MONSERRAT (Presidente/a)
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA (Secretario/a)
Trigo Martínez, Cristina (Vogal)
As escolas da emigración en Galicia
Autoría
N.V.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
N.V.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
09.07.2025 16:00
09.07.2025 16:00
Resumo
Durante o primeiro terzo do século XX, a comunidade galega emigrante en América xogou un rol importantísimo na dinamización educativa da Galicia rural, coa construción de máis de 300 escolas primarias en moitas aldeas das catro provincias, alí onde a rede escolar estatal aínda era moi deficiente. Isto foi posible grazas ao impulso asociativo dos emigrantes e á súa coordinación co movemento agrario que paralelamente se desenvolvía a nivel parroquial e expandíase por toda a comunidade. Este comportamento excepcional, único dunha comunidade emigrante foi amplamente investigado e documentado pola historiografía. Con todo, o coñecemento sobre estas experiencias raramente chega ás aulas da escola secundaria. Dáse así certo paradoxo na que, mentres no plano historiográfico sobran elementos para destacar os factores positivos que trouxo para Galicia o éxodo poboacional de finais do século XIX e principios do XX, no plano do sentido común segue primando unha narrativa do fenómeno migratorio que poné o acento nas súas consecuencias negativas. Á súa vez, no marco dunha Galicia que envellece, é grazas á chegada de inmigrantes que se mantén un saldo poboacional positivo. E moitos destes novos habitantes comparten as clases de secundaria coa poboación autóctona, algo que queda de manifesto na aula de Ámbito Social IV da Escola Secundaria de Adultos do IES Xelmírez I de Santiago de Compostela, sitio onde levamos adiante a situación de aprendizaxe deseñada sobre esta temática. Baseándonos en metodoloxías de ensino activo, utilizamos o coñecemento patrimonial da Escola de Tallós en Dodro para rescatar estas experiencias asociativas da historia recente, que foron unha vía para a solución de problemas sociais, no marco de coñecer un pasado migratorio do que se poden obter claves para pensar problemas actuais e construír novos lazos comunitarios nunha poboación con crecente peso inmigrante.

Educación inclusiva: proposta de intervención educativa para promover o benestar emocional en adolescentes con discapacidade física
Autoría
L.D.P.V.A.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
L.D.P.V.A.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
15.07.2025 13:30
15.07.2025 13:30
Resumo
A proposta de intervención educativa que se pretende desenvolver ten como obxectivo fomentar a inclusión de alumnos e alumnas de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) con discapacidade física, escolarizados/as en centros ordinarios da comunidade autónoma de Galiza. Para logralo, formularanse propostas dirixidas a promover o desenvolvemento da autoestima e dunha autopercepción positiva por parte dos/as adolescentes, especialmente aqueles/as que presentan unha discapacidade física. A través de dita proposta preténdese, así mesmo, fortalecer as relacións interpersoais e crear un ambiente escolar positivo e seguro, que axude a previr situacións de discriminación ou marxinación, promovendo un clima de respecto e inclusión en todo o centro escolar. En conclusión, a través de diversas dinámicas e actividades, buscarase non só o benestar individual dos/as adolescentes con discapacidade física, senón tamén o fortalecemento do tecido social no grupo escolar. Con esta proposta espérase contribuír á formación dunha comunidade educativa máis inclusiva, empática e cohesionada que teña en consideración todo tipo de diversidades. Ao promover o respecto e a comprensión mutua, créanse as bases para unha convivencia na que todos/as os/as estudantes poidan desenvolverse plenamente, libres de prexuízos e discriminación
A proposta de intervención educativa que se pretende desenvolver ten como obxectivo fomentar a inclusión de alumnos e alumnas de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) con discapacidade física, escolarizados/as en centros ordinarios da comunidade autónoma de Galiza. Para logralo, formularanse propostas dirixidas a promover o desenvolvemento da autoestima e dunha autopercepción positiva por parte dos/as adolescentes, especialmente aqueles/as que presentan unha discapacidade física. A través de dita proposta preténdese, así mesmo, fortalecer as relacións interpersoais e crear un ambiente escolar positivo e seguro, que axude a previr situacións de discriminación ou marxinación, promovendo un clima de respecto e inclusión en todo o centro escolar. En conclusión, a través de diversas dinámicas e actividades, buscarase non só o benestar individual dos/as adolescentes con discapacidade física, senón tamén o fortalecemento do tecido social no grupo escolar. Con esta proposta espérase contribuír á formación dunha comunidade educativa máis inclusiva, empática e cohesionada que teña en consideración todo tipo de diversidades. Ao promover o respecto e a comprensión mutua, créanse as bases para unha convivencia na que todos/as os/as estudantes poidan desenvolverse plenamente, libres de prexuízos e discriminación
Dirección
MAYO PAIS, MARIA EMMA (Titoría)
MAYO PAIS, MARIA EMMA (Titoría)
Tribunal
Taboada Ares, Eva María (Presidente/a)
CAMBEIRO LOURIDO, MARIA DO CARMEN (Secretario/a)
VARGAS CALLEJAS, GERMAN (Vogal)
Taboada Ares, Eva María (Presidente/a)
CAMBEIRO LOURIDO, MARIA DO CARMEN (Secretario/a)
VARGAS CALLEJAS, GERMAN (Vogal)
Homo sapiens á mesa: ensinar a evolución humana e a gastronomía a través dun enfoque AICLE
Autoría
D.V.A.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
D.V.A.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
11.09.2025 16:00
11.09.2025 16:00
Resumo
Este traballo propón unha unidade didáctica baseada na metodoloxía AICLE para o ensino integrado de contidos sobre a evolución humana e a alimentación na materia de Segunda Lingua Estranxeira (Francés) en 1 de Bacharelato. A proposta articúlase arredor dunha secuencia de actividades que permiten desenvolver competencias comunicativas, científicas e culturais a través de tarefas significativas. O traballo combina fundamentación teórica, deseño curricular e reflexión educativa no marco da LOMLOE e da realidade dunha aula diversa.
Este traballo propón unha unidade didáctica baseada na metodoloxía AICLE para o ensino integrado de contidos sobre a evolución humana e a alimentación na materia de Segunda Lingua Estranxeira (Francés) en 1 de Bacharelato. A proposta articúlase arredor dunha secuencia de actividades que permiten desenvolver competencias comunicativas, científicas e culturais a través de tarefas significativas. O traballo combina fundamentación teórica, deseño curricular e reflexión educativa no marco da LOMLOE e da realidade dunha aula diversa.
Dirección
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Titoría)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ NIETO, SANDRA (Presidente/a)
PALACIOS MARTINEZ, IGNACIO MIGUEL (Secretario/a)
Fuentes Ríos, Aránzazu (Vogal)
RODRIGUEZ NIETO, SANDRA (Presidente/a)
PALACIOS MARTINEZ, IGNACIO MIGUEL (Secretario/a)
Fuentes Ríos, Aránzazu (Vogal)
Os eternos mundos pedagóxicos de Roald Dahl: Transmedialidade na Educación Secundaria.
Autoría
C.V.Q.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
C.V.Q.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
09.07.2025 10:00
09.07.2025 10:00
Resumo
Este traballo explorará o valor pedagóxico da obra de Roald Dahl para a docencia da lingua inglesa na Educación Secundaria Obrigatoria. A análise centrarase non só nas novelas máis coñecidas do autor británico e as súas adaptacións cinematográficas, senón tamén nalgunhas historias curtas, non tan recoñecidas, que proporcionarían ó profesorado un maior rango de selección á hora de tratar diferentes temas na aula. O uso destas obras servirá, non só para fomentar a aprendizaxe do Inglés coma lingua estranxeira, senón tamén para tratar os temas que que Dahl suxire ou critica neles, e que resultan de grande relevancia nesta etapa educativa. Dada a natureza eterna (e popular de xeración en xeración) da obra literaria de Dahl e as diversas adaptacións artísticas que foron xurdindo co tempo, son posibles multitude de explotacións didácticas deste universo literario e algunhas propostas máis que interesantes para o ensino do Inglés nas aulas de secundaria hoxe en día. Ademais de servir de base para unha serie de discusións ou como punto de reflexión sobre as diferentes estratexias pedagóxicas, exploraranse o valor engadido de introducir a obra de Dahl no currículo de Lingua Inglesa e a transmedialidade no canto da lectura de adaptacións de clásicos.
Este traballo explorará o valor pedagóxico da obra de Roald Dahl para a docencia da lingua inglesa na Educación Secundaria Obrigatoria. A análise centrarase non só nas novelas máis coñecidas do autor británico e as súas adaptacións cinematográficas, senón tamén nalgunhas historias curtas, non tan recoñecidas, que proporcionarían ó profesorado un maior rango de selección á hora de tratar diferentes temas na aula. O uso destas obras servirá, non só para fomentar a aprendizaxe do Inglés coma lingua estranxeira, senón tamén para tratar os temas que que Dahl suxire ou critica neles, e que resultan de grande relevancia nesta etapa educativa. Dada a natureza eterna (e popular de xeración en xeración) da obra literaria de Dahl e as diversas adaptacións artísticas que foron xurdindo co tempo, son posibles multitude de explotacións didácticas deste universo literario e algunhas propostas máis que interesantes para o ensino do Inglés nas aulas de secundaria hoxe en día. Ademais de servir de base para unha serie de discusións ou como punto de reflexión sobre as diferentes estratexias pedagóxicas, exploraranse o valor engadido de introducir a obra de Dahl no currículo de Lingua Inglesa e a transmedialidade no canto da lectura de adaptacións de clásicos.
Dirección
RODRIGUEZ NIETO, SANDRA (Titoría)
RODRIGUEZ NIETO, SANDRA (Titoría)
Tribunal
LOPEZ SANDEZ, MARIA (Coordinador)
Fuentes Ríos, Aránzazu (Secretario/a)
PALACIOS MARTINEZ, IGNACIO MIGUEL (Vogal)
LOPEZ SANDEZ, MARIA (Coordinador)
Fuentes Ríos, Aránzazu (Secretario/a)
PALACIOS MARTINEZ, IGNACIO MIGUEL (Vogal)
A Controversia da Xornada Escolar en Galicia. Unha Análise da súa Representación na Prensa Xeral
Autoría
I.V.C.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
I.V.C.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
03.09.2025 13:45
03.09.2025 13:45
Resumo
A organización dos tempos escolares leva tempo sendo unha cuestión amplamente debatida na sociedade e vinculada a múltiples dimensións como poden ser a propiamente académica e curricular, a social, a organizativa ou a familiar. Por iso o obxectivo deste traballo é afondar na análise da actualidade da controversia da xornada escolar en Galicia, cunha atención especial á disputa recorrente entre xornada única e a xornada partida. A través dunha investigación cunha metodoloxía cualitativa, centrada na análise documental, que busca comprender como é abordada, esta cuestión nos medios de comunicación galegos. Desta investigación podemos concluír que os medios, solen situarse a favor da xornada partida, de maneira máis ou menos explícita, ofrecendo unha visión maioritariamente positiva deste modelo e criticando a implantación da xornada única. Tratan moitas das consecuencias negativas que afectan aos nenos e nenas, como poden ser as desigualdades sociais ou de xénero, a soidade e os seus perigos, tendo como aval discursos expertos. Ben é certo que entre as voces que se ven representadas nos textos xornalísticos están as dos principais actores involucrados; docentes, sindicatos, familias, comunidade científica, cada un poñendo en valor o seu punto de vista, que a miúdo son ben diferentes. Non obstante, seguen a faltar dúas voces moi importantes nesta controversia, como son a do alumando, como suxeito que podería opinar sendo o principal destinatario das decisións que se tomen, e a da administración educativa. Esta aparece escasamente representada ou de forma moi indirecta en procesos burocráticos ou interlocutora en casos de petición de cambios de xornada.

MEIRA CARTEA, PABLO ANGEL (Titoría)
MEIRA CARTEA, PABLO ANGEL (Titoría)
Tribunal
SOTELINO LOSADA, ALEJANDRO (Coordinador)
GRADAILLE PERNAS, RITA (Presidente/a)
LONGUEIRA MATOS, SILVANA (Secretario/a)
QUIROGA CARRILLO, ANAIS (Vogal)
SOTELINO LOSADA, ALEJANDRO (Coordinador)
GRADAILLE PERNAS, RITA (Presidente/a)
LONGUEIRA MATOS, SILVANA (Secretario/a)
QUIROGA CARRILLO, ANAIS (Vogal)
Desenvolvemento da lectura crítica e a competencia lectora na educación secundaria
Autoría
A.V.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
A.V.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
10.07.2025 10:00
10.07.2025 10:00
Resumo
Este traballo ten como obxectivo examinar o desempeño e desenvolvemento da competencia lectora e crítica do alumnado de educación secundaria utilizando o marco de avaliación PISA como referencia. A metodoloxía fundaméntase na investigación cualitativa e en particular dentro dos estudos de caso. Os participantes son 15 alumnos de 4º de Educación Secundaria Obrigatoria da materia lingua castelá e literatura. O estudo levarase a cabo durante o Practicum II, e a toma de datos incluirá unha proba confeccionada especificamente para a avaliación das competencias. Os datos examinaranse a través da estratexia de análise do contido, para o cal se elaborarán rúbricas que permitirán dar resposta ao propósito da investigación. Cómpre aclarar que este estudo, por motivos alleos ao mesmo, tivo que ser modificado, e, en lugar de contar cunha intervención na aula para comprobar se se producen cambios despois da mesma, a investigación terá un carácter diagnóstico que recollerá cal é a situación das competencias lectora e crítica ao final da etapa educativa obrigatoria.
Este traballo ten como obxectivo examinar o desempeño e desenvolvemento da competencia lectora e crítica do alumnado de educación secundaria utilizando o marco de avaliación PISA como referencia. A metodoloxía fundaméntase na investigación cualitativa e en particular dentro dos estudos de caso. Os participantes son 15 alumnos de 4º de Educación Secundaria Obrigatoria da materia lingua castelá e literatura. O estudo levarase a cabo durante o Practicum II, e a toma de datos incluirá unha proba confeccionada especificamente para a avaliación das competencias. Os datos examinaranse a través da estratexia de análise do contido, para o cal se elaborarán rúbricas que permitirán dar resposta ao propósito da investigación. Cómpre aclarar que este estudo, por motivos alleos ao mesmo, tivo que ser modificado, e, en lugar de contar cunha intervención na aula para comprobar se se producen cambios despois da mesma, a investigación terá un carácter diagnóstico que recollerá cal é a situación das competencias lectora e crítica ao final da etapa educativa obrigatoria.
Dirección
Crujeiras Pérez, Beatriz (Titoría)
Crujeiras Pérez, Beatriz (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA (Presidente/a)
BOURGOIN VERGONDY, EMMANUEL CLAUDE (Secretario/a)
LOPEZ GOMEZ, SILVIA (Vogal)
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA (Presidente/a)
BOURGOIN VERGONDY, EMMANUEL CLAUDE (Secretario/a)
LOPEZ GOMEZ, SILVIA (Vogal)
A segregación escolar e a atención educativa ao alumnado de orixe inmigrante: unha revisión sistemática da cuestión en España.
Autoría
A.V.R.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
A.V.R.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
15.07.2025 13:15
15.07.2025 13:15
Resumo
A segregación escolar do alumnado de orixe inmigrante é un tema que adquiriu relevancia no Estado español dado o auxe dos fluxos migratorios que, como non podía ser doutra forma, transformaron as institucións educativas, tanto no que se refire á propia composición dos centros educativos como ás políticas educativas que os regulan. De aí que o obxectivo deste traballo céntrese en explorar e sintetizar criticamente a literatura científica sobre este fenómeno no sistema educativo español non universitario. Para iso, empregouse unha metodoloxía de revisión sistemática seguindo as recomendacións do protocolo PRISMA (Preferred Reporting Items for Systematic Reviews and Meta-Analyses), que nos permitiu seleccionar 14 estudos nas bases de datos Dialnet, Scopus e Web of Science. Os resultados revelan, en primeiro lugar, unha tendencia xeral de diminución da segregación dende comezos do século, mais persisten niveis moderados cunha forte asimetría territorial que se intensifica cando se toma en consideración outros factores de vulnerabilidade. En segundo lugar, amósase que este fenómeno non pode ser explicado por un único mecanismo causal, senón pola interacción de factores contextuais, institucionais e socioculturais. Asemade, os achados constatan que este tipo de segregación ten efectos perniciosos sobre as traxectorias educativas do alumnado, tanto nativo coma non nativo, ao tempo que mingua as posibilidades dunha sociedade igualitaria e cohesionada. Finalmente, identifícanse propostas co fin de atenuar a situación que van dende a reformulación das políticas de admisión até medidas dirixidas aos propios centros, así como o reforzo do papel das autoridades locais para que poidan xestionar a situación dende a perspectiva micro, o que evidencia a necesidade de coordinación entre todos os actores implicados.

Deconstrución de estereotipos femininos a través da literatura grega: unha proposta de intervención didáctica
Autoría
L.V.A.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
L.V.A.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
07.07.2025 17:00
07.07.2025 17:00
Resumo
Os estereotipos de xénero son construcións socioculturais que gañan importancia e agudizan a súa rixidez na etapa da adolescencia e que, se se perpetúan, poden servir de base directa a actitudes sexistas e de violencia contra a muller. Amósase como unha necesidade a incorporación de propostas didácticas que aborden estes estereotipos de maneira crítica; e a literatura grecolatina resulta unha área moi produtiva para facelo. Polo tanto, neste traballo elaborarase unha proposta didáctica para a materia de Grego II (en 2º de Bacharelato) que permita ao alumnado familiarizarse cos trazos esenciais dos principais xéneros literarios gregos arcaicos e clásicos a partir de pasaxes relevantes e iluminadoras, utilizando como fío condutor as personaxes femininas e os estereotipos que as rodean. Tendo como elemento central a lectura e comentario crítico dos textos, nesta proposta incorporaranse tamén actividades e dinámicas de enfoques metodolóxicos diversos co obxectivo de que resulten gratificantes e significativas para o alumnado. Unha constante na unidade será o establecemento de conexións con realidades actuais e próximas ao universo social e cultural do alumnado e a incorporación de produtos da tradición clásica.
Os estereotipos de xénero son construcións socioculturais que gañan importancia e agudizan a súa rixidez na etapa da adolescencia e que, se se perpetúan, poden servir de base directa a actitudes sexistas e de violencia contra a muller. Amósase como unha necesidade a incorporación de propostas didácticas que aborden estes estereotipos de maneira crítica; e a literatura grecolatina resulta unha área moi produtiva para facelo. Polo tanto, neste traballo elaborarase unha proposta didáctica para a materia de Grego II (en 2º de Bacharelato) que permita ao alumnado familiarizarse cos trazos esenciais dos principais xéneros literarios gregos arcaicos e clásicos a partir de pasaxes relevantes e iluminadoras, utilizando como fío condutor as personaxes femininas e os estereotipos que as rodean. Tendo como elemento central a lectura e comentario crítico dos textos, nesta proposta incorporaranse tamén actividades e dinámicas de enfoques metodolóxicos diversos co obxectivo de que resulten gratificantes e significativas para o alumnado. Unha constante na unidade será o establecemento de conexións con realidades actuais e próximas ao universo social e cultural do alumnado e a incorporación de produtos da tradición clásica.
Dirección
AMADO RODRIGUEZ, MARIA TERESA (Titoría)
AMADO RODRIGUEZ, MARIA TERESA (Titoría)
Tribunal
ZAS VARELA, MARIA LUZ (Presidente/a)
VIDAL ESTEVEZ, BENJAMIN (Secretario/a)
Criado Boado, Cecilia (Vogal)
ZAS VARELA, MARIA LUZ (Presidente/a)
VIDAL ESTEVEZ, BENJAMIN (Secretario/a)
Criado Boado, Cecilia (Vogal)
O impacto das normas de xénero nas películas de animación sobre a identidade e as expectativas de xénero das nenas
Autoría
Q.W.
Máster Universitario en Igualdade, Xénero e Educación
Q.W.
Máster Universitario en Igualdade, Xénero e Educación
Data da defensa
14.02.2025 10:00
14.02.2025 10:00
Resumo
Este Traballo Fin de Máster pretende analizar as normas de xénero nas primeiras películas de animación de Disney, concretamente como estas normas afectan á constitución da identidade de xénero das nenas, á súa motivación de logro e ás súas eleccións profesionais. A través da análise das películas clásicas de princesas de Disney, podemos ver claramente que as películas de animación inflúen na personalidade e no comportamento das nenas. Os personaxes femininos destes filmes adoitan presentar a imaxe tradicional de dama, facendo fincapé en calidades como a mansedume, a obediencia e a dependencia dos homes. Este estereotipo de xénero refórzase a través da trama e dos roles definidos, afectando a identidade das nenas a medida que medran e a elección de futuras carreiras.
Este Traballo Fin de Máster pretende analizar as normas de xénero nas primeiras películas de animación de Disney, concretamente como estas normas afectan á constitución da identidade de xénero das nenas, á súa motivación de logro e ás súas eleccións profesionais. A través da análise das películas clásicas de princesas de Disney, podemos ver claramente que as películas de animación inflúen na personalidade e no comportamento das nenas. Os personaxes femininos destes filmes adoitan presentar a imaxe tradicional de dama, facendo fincapé en calidades como a mansedume, a obediencia e a dependencia dos homes. Este estereotipo de xénero refórzase a través da trama e dos roles definidos, afectando a identidade das nenas a medida que medran e a elección de futuras carreiras.
Dirección
Sampedro Vizcaya, María José (Titoría)
Sampedro Vizcaya, María José (Titoría)
Tribunal
GOMEZ VAZQUEZ, BEGOÑA (Presidente/a)
GARCIA MARIN, JORGE (Secretario/a)
ANTELO MARTELO, MONICA (Vogal)
GOMEZ VAZQUEZ, BEGOÑA (Presidente/a)
GARCIA MARIN, JORGE (Secretario/a)
ANTELO MARTELO, MONICA (Vogal)
Victimización secundaria nas prácticas xudiciais en China continental
Autoría
J.X.
Máster Universitario en Igualdade, Xénero e Educación
J.X.
Máster Universitario en Igualdade, Xénero e Educación
Data da defensa
08.09.2025 17:05
08.09.2025 17:05
Resumo
Nas últimas décadas, China coñeceu a violencia doméstica, unha forma de violencia de xénero e implementou diversas leis para combater este grave problema social. Sen embargo, a práctica xudicial aínda presenta un carácter androcéntrico e coidado dunha perspectiva de xénero. Este estudio analiza cómo el sistema judicial chino aborda estos casos y cómo las mujeres víctimas experimentan la victimización secundaria y la violencia institucional. A través dunha revisión teórica e unha análise de casos xudiciais, se identifican os principais obstáculos que enfrontan as mulleres culturais para acceder á xustiza e estudiar as súas raíces e sociais. El estudio también propone posibilidades para mejorar el sistema judicial chino, promoviendo un sistema de justicia más equitativo e inclusivo en materia de género que garantice eficazmente los derechos y la protección de las mujeres víctimas de violencia de género.

Alonso Salgado, Cristina (Titoría)
RODRIGUEZ ALVAREZ, ANA Cotitoría
Alonso Salgado, Cristina (Titoría)
RODRIGUEZ ALVAREZ, ANA Cotitoría
Tribunal
GOMEZ VAZQUEZ, BEGOÑA (Presidente/a)
AMMERMAN YEBRA, JULIA (Secretario/a)
GARCIA MARIN, JORGE (Vogal)
GOMEZ VAZQUEZ, BEGOÑA (Presidente/a)
AMMERMAN YEBRA, JULIA (Secretario/a)
GARCIA MARIN, JORGE (Vogal)
“SHEconomy” e alienación do consumo en China: o caso de Shanghai
Autoría
S.Z.
Máster Universitario en Igualdade, Xénero e Educación
S.Z.
Máster Universitario en Igualdade, Xénero e Educación
Data da defensa
08.09.2025 17:35
08.09.2025 17:35
Resumo
No contexto da chamada “SHEconomy”, asociada a unha maior influencia económica feminina, o problema da alienación do consumo faise máis evidente. A pesar da importancia da interacción entre estes dous fenómenos, existe unha falta de análise exhaustiva na literatura existente en China, particularmente no caso de Shanghai, unha cidade pioneira na modernización. O obxectivo desta investigación é analizar os patróns de consumo das mulleres de Shanghai en áreas como bens de luxo, marcas premium e turismo de alta gama, para comprender como estes reflicten procesos de alienación no contexto do consumo moderno, identificar as súas motivacións simbólicas e revelar as súas implicacións psicosociais. Metodoloxicamente, o traballo emprega un enfoque mixto, combinando unha revisión da literatura teórica existente coa análise de datos estatísticos e estudos de caso, para explorar as diferenzas de consumo entre grupos con distintos niveis de ingresos. Os resultados indican que, cunha maior independencia económica, o consum

AGUAYO LORENZO, EVA MARIA (Titoría)
AGUAYO LORENZO, EVA MARIA (Titoría)
Tribunal
GOMEZ VAZQUEZ, BEGOÑA (Presidente/a)
AMMERMAN YEBRA, JULIA (Secretario/a)
GARCIA MARIN, JORGE (Vogal)
GOMEZ VAZQUEZ, BEGOÑA (Presidente/a)
AMMERMAN YEBRA, JULIA (Secretario/a)
GARCIA MARIN, JORGE (Vogal)